Issuu on Google+

MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS

MEMORIA FINAL DE ACTUACIÓNS PARA A ATENCIÓN AO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO E/OU AO ALUMNADO DE MINORÍAS ÉTNICAS DURANTE O ANO 2011 DO CEIP CASÁS DE LUGO

CEIP CASÁS LUGO

1


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS

Actuacións con respecto ao alumnado procedente do estranxeiro e/ou alumnado pertencente a minorías étnicas CEIP CASÁS Lugo. O CENTRO E O SEU CONTORNO O Ceip de Casás de Lugo está situado no barrio do seu nome, nunha zona periférica da cidade de Lugo. O recinto escolar está pechado cun valo de cemento que sería desexable fose máis alto para evitar o fácil acceso ó mesmo coas portas pechadas. As instalacións son as seguintes: •

Edificio principal ten dous andares. No andar baixo atópanse a vivenda da conserxe, cociña, comedor, sa de profesorado, área administrativa, seis aulas con capacidade para 25 alumn@s. A pranta alta distribúese con 8 aulas con capacidade para 25 alumn@s (1 aula específica para alumn@s con TXD), aula de informática, biblioteca, laboratorio,... Edificio Anexo: Edificio dun so andar situado fronte ó principal. Na parte dereita está o ximnasio e na outra parte hai un aula que se utiliza para actividades extraescolares, reunións para actividades da ANPA e sala de xogos nos momentos de lecer á saída do comedor. Na parte posterior deste atópase a aula de música. Novo aulario (chalet): Edificio construido no curso 87-88 está situado frente ó terceiro módulo do edificio principal. Consta de dous andares. O andar baixo dispón dun soporte cuberto. Dentro do edificio atopamos unha zona de servizos e vestiarios con duchas para os alumn@s, con saída ó patio, e unha sa de caldeiras da calefacción. Hai tamén unha pequena sa con servizos hixiénicos que é empregada pola profesora de AL para traballar con alumn@s con n.e.e. No andar alto atópanse 4 aulas: 1 aula de psicomotricidade e 3 aulas que están sen utilizar e 2 bloques de servizos. Edificio de Educación Infantil (aulario): Edificio dun so andar, está situado detrás da pista cuberta e nel están as dúas aulas de Educación Infantil de 4 anos. Neste edificio hai unha sa de caldeiras de calefacción con porta independente, unha pequena titoría, un rocho e os correspondentes servizos hixiénicos. Ten na súa entrada un soportal cuberto. Pista Polideportiva: O colexio consta de dúas pistas polideportivas situadas entre o edificio principal e o aulario. Unha delas está cuberta e pechada na súa totalidade. Anexo a ésta hai un almacén para material deportivo e detrás ten un soportal cuberto. Horto escolar: É un espacio pechado e acondicionado duns 70 metros cuadrados, situado entre o novo aulario e o peche sur do recinto.

CEIP CASÁS LUGO

2


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS •

Zonas verdes, xardíns, aparcadoiros e patios de recreo.: Conta o colexio cunha zona verde e árbores na entrada pola rúa Orquídea, onde están soterrados os tanques de propano para a cociña e gasóleo para a calefacción. O resto do espacio está adicado para aparcadoiro dos coches. O patio de recreo atópase situado detrás da pista cuberta.

REFERENCIA AO PROXECTO EDUCATIVO: O Proxecto Educativo do “CEIP CASÁS DE LUGO”. Pretende ser un instrumento que aglutine as diversas facetas que constitúen a nosa Comunidade Educativa e dea unha maior coherencia á mesma. •

XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO

A Lei Orgánica de Educación do 3 de maio de 2006 (LOE), establece os principios que debe inspirar o sistema educativo (calidade, equidade, flexibilidade, etc..) e a finalidade do mesmo: conseguir que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional. Este obxectivo só se pode acadar se partimos do recoñecemento, a atención e a valoración da diversidade. Entendendo por atención á diversidade o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situación sociais e culturais de todo o alumnado. Temos unha realidade educativa diversa porque a realidade social, económica e cultural na que se atopa o noso centro, tamén é diversa. Este é un centro que ten unha proporción significativa de alumnado en situación de desventaxe educativa: familia de baixo nivel cultural ou económico, contorno con escasez de recursos educativos, desestructuración familiar (familias monoparentais...), minorías étnicas, inmigrantes con importantes carencias económicas. Ao longo de cada curso prodúcese un constante goteo de alumnado procedente de minorías étnicas e estranxeiro cunhas características particulares que precisan dunha atención diferenciada. Tamén aumentou nos últimos anos o alumnado con necesidades educativas especiais que se matricula no centro e que require uns medios materiais e humanos adaptados e específicos que garantan os mellores resultados posibles no seu desenvolvemento. A Resposta Educativa aos alumn@s con Necesidade Específica de Apoio Educativo intentamos que sexa o máis normalizada posible, defendendo sempre os principios de integración, inclusión, individualización... (darlle máis axuda a quen máis o precisa), favorecendo o desenvolvemento de todos os alumn@s de acordo coas súas características persoais e as do seu entorno. As necesidades son consideradas como interactivas porque dependen das condicións persoais do alumnado e das características do entorno familiar, social e escolar. Intentamos que sexa unha escola inclusiva que vaia máis alá da integración, adaptando os sistemas e estructuras para satisfacer as necesidades do alumnado.

CEIP CASÁS LUGO

3


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS

CONCRECIÓNS CURRICULARES A atención á diversidade quérese dar resposta axeitada as distintas necesidades, intereses e capacidades do alumnado dentro dunha mesma aula. Os principios que rexen a atención á diversidade no noso centro son: • Comunicación promovendo a empatía, acordos e a asunción de compromisos. • Autonomía dotando ao alumnado de protagonismo no seu proceso de ensinanza, partindo das súas necesidades, capacidades, intereses... • Personalización axustando a resposta educativa ás condicións do alumnado para promover o máximo crecemento e desenvolvemento persoal. • Intervención global contemplando ao suxeito non de xeisto aislado senón no marco dun contexto social máis amplo. • Actividade mediante actuacións que promovan a implicación do alumnado, profesorado e familias para responder as súas necesidades, intereses... A atención céntrase de maneira máis específica no caso dos alumnos con necesidades educativas específicas de apoio educativo e as medidas a desenvolver como resposta á atención á diversidade son nos tres niveis: centro, aula e alumn@. As respostas a nivel de centro: dentro das medidas referidas ao centro e con carácter xeral, temos progresivos niveis de concreción do currículum a través da elaboración dos diversos instrumentos que concretizan o currículum, tales como o Proxecto do Centro cos documentos que o integran e que son as finalidades educativas, as programacións de ciclo e departamentos, a programación de aula... e que serven de marco de referencia e guía de traballo para o profesorado do centro. As respostas a nivel de aula: a realización da programación de aula, supón outro nivel de concreción curricular, tras o realizado primeiramente a nivel da Administración Educativa, e o realizado a nivel de centro educativo. Nesa programación de aula o/a profesor concreta os obxectivos do ciclo, organiza e secuencia os contidos do ciclo, determina os principios metodolóxicos a utilizar cos alumn@s, establece os criterios da avaliación a utilizar. As respostas a nivel de alumn@: ademáis destas respostas de carácter xeral que dan os profesores, tamén se dan unha serie de medidas: reforzo educativo que se da de modo puntual e esporádico a algún alumn@ no seu proceso de aprendizaxe. As adaptacións curriculares que consisten nun proceso de toma de decisións sobre os elementos curriculares para buscar respostas educativas ás necesidades educativas dos alumn@s. A escolarización de alumnado con NEE ríxese polos principios de normalización e inclusión asegurando a súa non discriminación e igualdade efectiva no acceso e permanencia no sistema educativo. A identificación e a valoración das NEE realízase o máis pronto posible por persoal coa debida cualificación. Ó finalizar cada curso avaliaranse os resultados conseguidos por cada un dos alumn@s en función dos obxectivos propostos a partir da valoración inicial. CEIP CASÁS LUGO

4


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS

Na Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedento do estranxeiro. Ao comenzar a escolarización todo o alumnado será obxecto dunha avaliación inicial coas medidas de atención específica, este alumnado ten as seguintes características: descoñecemento das duas linguas oficiais da CCAA de Galicia, desfase curricular de dous ou máis cursos con respecto ao que lle corresponde pola súa idade. •

ALUMN@S QUE SE ESCOLARIZAN POR PRIMEIRA VEZ: En Educación Infantil (3 anos). O primeiro contacto co Centro prodúcese o día que os pais/nais/titores legais do alumn@ achéganse ao centro para a súa matrícula. O secretari@ facilita o impreso para a formalización da matrícula así como a relación de documentos que son necesarios que aporten, axudándolles a cumprimentalos se é necesario. No caso de que descoñezan as nosas linguas tratamos de buscar, a través do Concello ou outros organismos mediadores para facer posible a comunicación.

Unha vez feito o trámite da matrícula, procédese a informar á familia por escrito sobre outras cuestións de organización do centro: calendario escolar, horario xeral do centro, de atención a pais, do alumn@ e de ser o caso o do período de adaptación, xustificación de faltas de asistencia, lugares de entrada e saída do alumnado, instalacións do centro, servizo e funcionamento do comedor escolar (prezos e subvencións, menús e posibilidade de adecualos a peculiaridades concretas...), información sobre as axudas sobre material escolar, transporte e comedor, información sobre as funcións e actividades das ANPAS, información sobre a existencia dos Servizos Sociais do Concello. O momento da matriculación poderase aproveitar para a recollida de datos da familia, dunha información máis precisa sobre a súa procedencia, lingua, escolarización previa, situación laboral e familiara e intencións de futuro, de maneira que o coñecemento das circunstancias do novo alumn@ axude a determinar as súas necesidades educativas. Para o Período de Adaptación de Educación Infantil (3 anos) tómase como referente a duración establecida do período de adaptación no calendario escolar do curso correspondente. O equipo de ciclo de Educación Infantil establece e acorda ao comenzo de cada curso aquelas pautas que considera máis convintes para proporcionar aos pais, sobre como favorecer a incorporación dos nen@s a escola. Estas pautas fanse de xeito oral (charlas, entrevistas, …) e/ou de xeito escrito. No terceiro trimestre de cada curso académico, previo acordo do equipo de ciclo e aprobación da CCP, establecese unha Xornada de portas abertas, convocatoria que se fai por carta-invitación personalizada a cada alumn@, para que as familias, acompañadas dos seus fill@s coñezan o centro e teñan unha primeira toma de contacto cos seus futuros mestr@s e orientador. Explícaselles normas xerais de funcionamento e recóllense aquelas suxerencias relacionadas co período de adaptación. Realízase unha convocatoria por carta para unha reunión cos titores/as de Infantil nos primeiros días de setembro. A devandita carta especifica o listado de material, presentación do equipo docente, criterios de avaliación e datas de rvisión dos resultados de avaliación, normas de convivencia, recórdaselles a separación traumática das figuras de

CEIP CASÁS LUGO

5


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS apego que conleva graves consecuencias, polo que un bo desenvolvemento do período de adaptación determinará a posterior relación do alumnado coa escola. A progresiva incorporación dos nen@s ao colexio durante este período de adaptación podrá darse certa flexibilidade de acollida para garantir a conciliación da vida familiar e laboral. Cando se produce a escolarización de alumnado inmigrante no centro, este é remitido ao Departamento de Orientación para valorar o seu nivel de competencia curricular e o grao de coñecemento das lignuas oficiais, así como si presenta graves dificultades de adaptación ao medio escolar debidas a razóns sociais ou culturais. Así poderánse adoptar medidas de tipo curricular e/ou organizativo. O profesorado deste centro ten presente que o primeiro día de clase é un momento moi importante para o alumnado que chega de fóra e, ás veces, co curso xa iniciado. A súa rápida integración vai depender en boa medida de como se sinta acollido e de como se relacione os primeiros días cos seus compañeiros e co seu tit@r, correspóndelle ser o dinamizados do grupo e facilitador da relación entre todos apoiando en todo momento ao novo alumn@ para lograr a súa integración nun prazo curto (presentación aos compañeiros, fala clara, percorrido polos espazos do centro, xogos cooperativos...) Durante os primeiros días asígnaselle un compañeir@ que sexa unha persoa ben predisposta, acolledora e comunicativa para sentar ao seu lado e axudarlle, ao que podamos chamar alumn@ titor/a. Pode ser fixo ou variando ó longo do curso entre os demáis compañeiros. Intentamos que todo o profesorado do centro colabore co profes@r titor comunicándolle as dificultades que se van detectando (na aula e fóra dela). Temos en conta a idade do grupo para levar a cabo as funcións que implica esta tarefa, que son as seguintes: facilitar a integración do novo alumn@ evitando o seu illamento inicial dentro e fóra da aula, presentalo a outros compañeir@s, profesorado, persoal non docente, tratar de resolver as dificultades iniciais de comunicación, axudarlle a entender as tarefas escolares que debe realizar e orientalo sobre o funcionamento do centro: horarios, material de traballo, dependenzas e espazos. Cando se produce a escolarización de alumnado procedente doutros centros, que en gran parte é de etnia xitana, realizamos as mesmas actuacións que co alumnado estranxeiro, agás as medidas específicas destinadas a éste. •

ALUMN@S EN EDUCACIÓN PRIMARIA ao comenzar a escolarización obligatoria lévase a cabo coa adecuación ás características ao alumnado e da etapa escolar, a avaliación inicial do alumnado que se escolariza no centro sempre e cando non fose avaliado xa na etapa de Educación Infantil e unha vez realizada esta avaliación inicial e/ou psicopedagóxica propóñense as medidas curriculares e organizativas máis axeitadas. Os alumn@s que veñen doutros centros, sobre todo de minorías étnicas e procedencia estranxeira, realízaselles unha avaliación inicial por parte do mestre titor, revisando o seu expediente académico e os informes de avaliación, pedindo ao centro de procedencia un informe individualizado sobre este alumn@ no que consten os datos máis relevantes e as medidas de

CEIP CASÁS LUGO

6


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS atención á diversidade propostas. O Departamento de Orientación do centro revisa o informe psicopedagóxico do alumn@ e propón en colaboración co mestre titor, coa PT, coa AL e aqueloutros profesionais implicados, as medidas de atención á diversidade máis oportunas. En canto aos criterios para a escolarización de alumnado con integración tardía no caso de idade de escolarización obrigatoria, a escolarización prodúcese no momento que chega o comunicado da Comisión de Escolarización da Inspección Educativa, sen esperar ao inicio do novo curso no que se incorpora inicialmente e determínase tendo en conta a súa idade e o nivel máis axeitado para dar resposta as súas necesidades. A atención educativa deste alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo inténtase a maior colaboración entre todos os profesionais. En canto ás funcións do mestre/a titor/a destacamos a participación no desenvolvemento dos PAT e nas actividades de orientación, coñecemento dos aspectos da situación familiar e escolares que repercuten no rendemento académico de cada alumn@, levando a cabo a avaliación inicial do alumnado que ten asignado e elabora en coordinación coa PT, AL, orientador e demáis profesor@s de área os apoios, as medidas de reforzo e no caso de detectar alumnado con NEE as Adaptacións Curriculares que se consideren oportunas e que estean debidamente xustificadas, elaborando e adaptando o material preciso e controlar as faltas de puntualidade, de asistencia e de conducta do alumnado. PLAN DE ORIENTACIÓN (MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO CENTRO) Tendo en conta as directrices que aparecen no Plan de Orientación do Centro e analizadas e valoradas as necesidades educativas que presenta o alumnado priorizamos as seguintes actuacións para o curso 2011/2012. En canto ao Plan de Mellora do Proceso de Ensino-Aprendizaxe (Análise de Necesidades) O centro conta no actual curso con 6 unidades de Educación Infantil, 8 de Educación Primaria e 1 aula específica de TXD. Tendo en conta as necesidades detectadas polo Departamento de Orientación, a información aportada polas profesoras de PT e AL..., sobra a súa intervención cos alumn@s e información facilitada polas Titoras, os alumn@s que presentan algún tipo de necesidade educativa especial son: • Educación Infantil 8 alumn@s con dificultades da linguaxe oral, 3 alumn@s con trastorno xeralizado do desenvolvemento, 4 alumn@s con dificultades importantes no idioma, 5 alumn@s con ámbito socio-familiar desfavorecido e 3 alumn@s con importante absentismo escolar. • Educación Primaria (Primeiro ciclo) 6 alumn@s con dificultade da linguaxe oral, 1 alumno con retraso madurativo grave, 2 alumn@s con problemas de adaptación e/ou conducta, 9 alumn@s con retraso escolar significativo, 3 alumn@s con dificultades importantes no idioma, 7 alumn@s con ámbito familiar desfavorecido e 1 alumno con importante absentismo escolar. (Segundo ciclo) 2 alumnos con trastorno xeralizado do desenvolvemento, 3 alumn@s con retraso escolar significativo, 3 alumn@s con ámbito socio-familiar desfavorecido, 1 alumno con problemas de adaptación e/ou conducta, 2 alumn@s con grave absentismo escolar. (Terceiro ciclo) 11 alumn@s con retraso

CEIP CASÁS LUGO

7


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS escolar importante, 4 alumn@s con problemas de adaptación e /ou conducta, 1 alumna con importante absentismo escolar, 6 alumn@s con ámbito socio-familiar desfavorecido. OBXECTIVOS, ACTUACIÓNS E TEMPORALIZACIÓN. Contribuir á detención temperá de necesidades, identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con n.e.e., coordinar as respostas educativas axeitadas ás necesidades dos alumn@s, impulsar medios dirixidos á atención á diversidade, coordinar o seguemento dos alumn@s con n.e.e. e favorecer o desenvolvemento da comprensión e eficacia lectora. En canto ás actuacións da colaboración na avaliación inicial (setembro-outubro), na cumplimentación de escalas de observación por parte das titoras de E. Infantil para os alumn@s que se incorporande novo ao Centro (1º trimestre), recadar a información necesaria das titoras (1º trimestre), colaboración coas titoras e profesores especialistas na programación de respostas educativas que se adecúen ós resultados de avaliación (RE, ACS, Apoios...). •

En canto aos Recursos: o Lexislativos: LOE, Orde 20 de febreiro de 2004, Orde 27 de decembro de 2002, Decreto 120/98, Orde 31 de outubro de 1996, Orde 24 de xullo de 1998, Ordes 5 e 6 de maio de 1993 e Orde 6 de outubro de 1995. o Documentais: DCB/DCP, PE, PAT, POE, PXA, Programación de Aula. o Curriculares:RE, AC. o Organizativos: Apoios, Horarios, Espazos, tempos. o Humáns: titora, profesores de PT, AL, Profesores de apoio e Departamento de Orientación, EOE, servizo de saúde mental, Concello, familias, os compañeir@s dos ANEAE. o Materiais: protocolos de competencia curricular, probas de avaliación inicial,libros de texto, fichas elaboradas, ordenador, programas informáticos, xogos manipulables, cadernos, probas psicopedagóxicas estanderizadas, material escolar de reforzo adaptado ao nivel do alumn@ que recibe atención especial, xa sexa elaborado polo profesorado ou impreso e adaptado ao nivel curricular.

En canto aos Criterios de avaliación o Indicadores: consecución de obxectivos, persoal implicado, idoneidade dos recursos empregados, problemas detectados, resultados cualitativos e cuantitativos na avaliación dos alumn@s e idoneidad da secuenciación temporal. o Instrumento: reunións do Departamento de Orientación, documentación elaborada, memoria final do curso...

En canto ao Plan de Medidas de Atención á Diversidade e Organización de Actividades de Apoio. Para prestar atención á diversidade de necesidades para a elaboración de actividades de apoio teranse en conta os seguintes criterios metodolóxicos: dar prioridade ao alumnado con necesidades CEIP CASÁS LUGO

8


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS permanentes, prestar atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe que requiran apoio especializado das profesoras de PT e AL..., dando prioridade aos alumn@s dos primeiros niveis. En canto aos alumn@s con retraso instructivo moi significativo terán apoios preferentemente e sempre que sexa posible, coincidindo coas horas de lingua e/ou matemáticas de horario da súa clase. A distribución horaria é variable segundo a evolución dos alumn@s e a disponibilidade do profesorado do centro e a organización dos apoios será aberta, flexible e suxeita a modificacións ao longo do curso.

Para os alumn@s con expectativas de progreso semellantes aos seus compañeir@s de ciclo, pero por razóns sensoriais, motrices e outras que acadan os obxectivos máis tarde que o resto elaboran programas de Reforzo Educativo que é feito polo profesor titor de aula ordinaria coa colaboración de outros profesor@s e coa aportaciónde materiais por parte do Departamento de Orientación sempre que sexan demandados. Para o Grupo de adquisición das linguas para alumn@s inmigrantes, co obxectivo de integrar ao alumnado inmigrante na dinámica do centro, tendo en conta as directrices que se suxiren no Plan de Acollida para alumn@s inmigrantes, o Departamento de Orientación colabora na elaboración de actuacións e respostas educativas para “a inmersión lingüística” de inmigrantes que descoñecen o español.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. Tendo en conta o PAT do centro e que a acción titorial non pode desenvolverse nun contexto illado, senón como unha planificación que ten en conta unha multiplicidade de accións educativas, no presente curso incidimos nos seguintes aspectos: o

o

o

“Obxectivos referidos ao alumnado” impulsar a integración e interacción grupal, colaborar na integración do alumnado novo no centro ou inmigrante, contribuir á posta en práctica de habilidades sociais para mellorar a convivencia e o clima escolar, impulsar activides relacionadas coa orientación académica, impulsar actividades para mellorar os hábitos e habilidades de estudio, impulsar actuacións para aumentar a atención na realización das tarefas. Referidos ao equipo de profesor@s contribuir a potenciar a colaboración docente, colaborar cos profesores titores na planificación de actividades para o desenvolvemento da función titorial e colaborar na coordinación do proceso avaliador do alumnado. Referentes ás familias. Fomentar a cooperación dos pais/nais no seu labor educativo, contribuir ao establecemento de relacións fluidas que faciliten a conexión entre o centro e as familias, informar e orientar en todos os aspectos que afectan á educación dos seus fillos.

CEIP CASÁS LUGO

9


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS •

Os apoios na aula de Audición e Linguaxe siguen criterios diferentes sin esquecer de que ningún nen@ debe de ser atendido sen un informe previo por parte do Departamento de Orientación: Prioridade ao alumnado que amose dificultades na linguaxe oral, atendendo aos criterios de intervención temperá, terán prioridade os alumn@s de Educación Infantil (programa de estimulación do linguaxe oral), apoios que sexan precisos e primeiro ciclo de Educación Primaria, continuarase co alumnado que presente dificultades na linguaxe oral de 2º e 3º ciclo e finalmente atenderase ao alumnado que amose dificultades na linguaxe escrita. Áreas prioritarias para levar a cabo os apoios: Segundo as características do alumnado, priorízase os apoios dunhas áreas sobre outras. Por regra xeral apoiaranse nas área instrumentais básicas: lingua e matemáticas. Modalidades de Apoio: priorizadas sempre do seguinte xeito: o Aula ordinaria con apoio/reforzo por parte do mestre titor. o Aula ordinaria con apoio por parte de calquera mestre, dependendo das horas libres e, sempre e cando sexa posible, deberá pertencer ao mesmo ciclo. o Aula ordinaria con apoio especializado por parte da mestra de PT e/ou AL (sobre todo na Educación Infantil) o Aula de PT ou AL a tempo parcial. Tendo en conta que o horario destes apoios non poderá exceder un terzo do tempo da xornada escolare (8 horas semanais)

PLAN DE ACOLLIDA AO ALUMNADO ESTRANXEIRO CON INCORPORACIÓN TARDÍA.

PROCEDENTE

DO

Para facilitar a adaptación do alumnado que procede do estranxeiro, o centro está elaborando unha serie de actuacións para que queden recollidas no Plan de Acollida, e este quedará englobado dentro do Plan de Atención á Diversidade do centro. Ambos plans van quedar recollidos dentro do PE do centro. • CANLES DE COORDINACIÓN. •

Coordinación entre mestres/titores, mestres de área ou materia, PT, AL e orientador. Reunións semanais no Departamento de Orientación, reunións de ciclo, CCP, reunións de claustro. Coordinación coas familias: Mediante reunións periódicas co mestre/titor, reunións co Orientador, informes escritos, chamadas telefónicas, a través da Dirección do centro, notas nos cadernos dos nen@s, aproveitar os momentos das entradas e saídas para intercambiar información. Coordinación cos servizos externos á escola: EOE: a través do D.O. e/ou a directora do centro. O orientador/ directora demanda por escrito os servizos do EOE a través dun informe escrito que remitimos ao servizo de inspección correspondente e información por vía telefónica para asesoramento de probas, estratexias, recursos metodolóxicos, materiais...

CEIP CASÁS LUGO

10


MEMORIA ACTUACIÓN ALUMNADO ESTRANXEIRO E MINORÍAS ÉTNICAS • •

Unidade de saúde mental: mediante chamadas telefónicas, mediante envío de informes sobre a situación escolar do alumn@. Servizos sociais do Concello: Mediante reunións mensuais, chamadas telefónicas, informes escritos...

Algunha actuación do PLAN DE CONVIVENCIA. Á vista da realidade social e cultural descrita, chegamos á conclusión de que se queremos ir a máis na calidade educativa que ofrece o Centro, intentamos concentrar os nosos esforzos nunha mellora da educación. Salientando neste senso algún aspecto como: • O respecto cara ós demáis intentando menos agresividade entre os alumn@s, tanto dende o puntos de vista físico como verbal, a nosa finalidade para toda a Comunidade Educativa Aprender a escoitar. • A educación medioambiental como a necesidade de coñecer a influencia do ser humano no seu entorno e así valorar a necesidade de manter o noso planeta sen contaminación. • Por parte de alumn@s mellorar algúns hábitos de hixiene e de alimentación e consumo e tamén de hábitos de limpeza e orde nos seus traballos. • Intentamos que os alumn@s adquiran maior responsabilidade na realización de tarefas escolares, na organización de estudio e que se valoren como persoas que adquiran unha alta autoestima e así tamén poder facer uso do tempo de lecer que sexa cada vez máis enriquecedor para unha boa formación da súa personalidade e que a maior parte dos alumn@s participen en actividades deportivas, lecturas, traballos en equipo... • A transmisión e posta en práctica de valores que favorezan a responsabilidade, a solidariedade, a tolerancia, a equidade, que garante a igualdade de oportunidades, a inclusión educativa e a non discriminación. O exposto, lévanos á idea de que todo isto só é posible se na Comunidade Educativa existe un clima de diálogo e participación. ACTUACIÓNS A NIVEL DE DOTACIÓN. O noso colexio Ceip de Casás recibe unha dotación de 2500€ de minorías étnicas de de 525€ para alumnado estranxeiro, cuxo ingreso foi de 3025€. Adxuntamos fotocopia das facturas: - Nivola libros y ediciones, s.l. (709,79€) - Bit Lugo (2.315,21€)

CEIP CASÁS LUGO

11


MEMORIA FINAL DE ACTUACIÓN PARA ATENCIÓN DO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO