Page 1

PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

INDICE

Contextualización e xustificación Obxectivos Metodoloxía Recursos Actividades Avaliación Bibliografía e documentación

1


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN

A Lama é un concello extenso (112 km2) e montañoso, lonxe das vías de comunicación máis importantes, e cunha densidade de poboación das máis baixas de Galicia, xa que hai un total de 3.143 habitantes. A poboación está atendida cunhas estruturas claramente insuficientes en todos os ámbitos. No tocante á educación conta cun só centro de Educación Infantil e Primaria, no que desenrolamos este Proxecto Lector. O CEIP “A Lama” é un centro de titularidade pública (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) cunha media neste últimos anos de 100 nenos. O Proxecto Lector desenvólvese dende o 2007/2008, pero é neste curso escolar, 2009/2010, no que renace cun novo punto de vista e unha dinámica máis adaptada ás necesidades, características e intereses da nosa comunidade educativa e da nosa práctica docente, ademais de por ser esta a data límite imposta pola Consellería para a súa implantación definitiva nos centros. A diversidade e multiplicidade informativa na que a sociedade está inmersa esixe novos procesos de aprendizaxe que incidan no desenvolvemento de habilidades e competencias lingüísticas e lectoras, que son a base para a adquisición do coñecemento e do aprendizaxe para o longo da vida. É por elo imprescindible dotar aos nosos alumnos de hábitos de lectura fundamentados en competencias lectoras sólidas, na alfabetización nas tecnoloxías avanzadas e novas linguaxes, na capacidade de acceso a unha variada tipoloxía textual e visual, en actitudes críticas, reflexivas e creativas así como no manexo de estratexias para acceder á información e a súa posterior reelaboración.

2


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

Neste contexto o desenvolvemento dos contidos das diferentes áreas é o marco máis apropiado para o aprendizaxe da lectura eficaz. Os centros contamos con diferentes instrumentos para a adquisición do hábito lector e o manexo da información e canto máis adquirido estea este hábito, máis posibilidades terá o alumno de avanzar no camiño do coñecemento. Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei Orgánica de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia sinala: “que os centros educativos deberán elaborar e incluír nos seus proxectos educativos de centro, proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas”. Será un documento destinado a desenvolver a un medio prazo, dun xeito flexible, realista e operativo e no que se vai a partir do análise do contexto en materia de lectura e coa participación do profesorado das distintas áreas, ciclos e departamentos e incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais.

3


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

OBXECTIVOS

O obxectivo xeral e último é formar aos nosos alumnos como lectores competentes en todos os soportes e contextos, entendendo por estes aos que manifestan unha serie de habilidades: -

Empregan os coñecementos previos para darlle sentido á lectura Dirixen de xeito autónomo a súa lectura: atención, consciencia sobre a comprensión, corrección dos erros… Empregan estratexias para acadar a comprensión Distinguen o importante do que non o é en función da finalidade da lectura realizada Resumen o lido como estratexia de comprensión Realizan inferencias: comprensión de termos polo contexto Realizan preguntas e hipóteses sobre o lido

Para que os lectores presenten ditas habilidades é preciso traballar a adquisición dos seguintes obxectivos:      

Desenvolver a competencia lectora Favorecer a competencia literaria Educar no uso crítico da información Fomentar o hábito da lectura Apoiar a adquisición das competencias básicas Consolidar a biblioteca como o centro de recursos e cultural do colexio

Máis polo miúdo entendemos que estes obxectivos se desenvolven do seguinte xeito: 

Desenvolver a competencia lectora: Formar aos nosos alumnos na competencia lectora implica que realicen o aprendizaxe dos distintos códigos escritos, visuais, sonoros, cinematográficos…

4


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

Traballando con moitos tipos de soportes: textos narrativos, poemas, cancións, cómic, imaxes, fotografías, pintura, gráficos, textos informativos, esquemáticos, publicitarios, xornalísticos… e integrando as TIC e prácticas lectoras en todos os soportes e situacións contextualizadas. 

Favorecer a competencia literaria: É un traballo enfocado para que os nenos lean literatura polo propio pracer de ler, para que lean co fin de realizar determinadas tarefas con obxectivos curriculares en progresión de dificultade e que o fagan en diversos soportes. Empregando itinerarios lectores, que son unha selección de títulos axeitados para cada nivel dos nenos, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos neste mesmo proxecto. Son os libros que “non queremos que se perda o noso alumnado” e que permanecerán nun listado aberto e flexible, cunha duración media de dous anos, como está establecido.

Educar no uso crítico da información: A información é aquilo que percibimos e sintetizamos despois de interiorizar un documento lido, sendo ademais un elemento fundamental no proceso de comunicación. Así, para que os alumnos sexan lectores competentes, deben ler dun xeito autónomo, crítico, construtivo, selectivo… e isto procurarase cun traballo previo, durante e despois da lectura para esta fin, e ir así consolidando estes hábitos. Podemos alcanzar dito fin a través da Educación Documental xa que engloba todas as actividades que buscan a capacitación do alumnado para o uso crítico das diversas fontes informativas.

Fomentar o hábito da lectura: A idades temperás a adquisición dun hábito é interiorizado para o resto da vida, de aí a importancia de traballar este obxectivo nos alumnos de educación infantil e primaria.

5


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

O fin é que o neno, despois da súa escolarización, de forma autónoma, lea diferentes soportes e en diversos contextos, e que o faga dunha forma habitual e cotiá na súa vida, que interioricen a necesidade e os beneficios destas condutas lectoras. 

Apoiar a adquisición das competencias básicas: Considerando que as competencias básicas rodean todas as propostas e dinámicas do centro, quedan definidas especialmente para este proxecto como: -

A comunicación lingüística O tratamento da información e a competencia dixital A competencia cultural e artística A competencia para aprender a aprender

Consolidar a biblioteca como o centro de recursos e cultural do colexio: A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 113, fai unha mención específica ás bibliotecas escolares sinalando: “os centros de ensinanza disporán dunha biblioteca escolar, que estes recursos educativos contribuirán a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e outros recursos para a aprendizaxe das demais areas… debendo contribuír estas bibliotecas escolares a facer efectivos os principios pedagóxicos… a utilización dos recursos da biblioteca escolar supón un importante factor para o logro da competencia en comunicación lingüística” Queda de manifesto que para a posta en práctica dos proxectos lectores, a biblioteca é un instrumento imprescindible, que as comunidades escolares deben organizar e dinamizar como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de carácter dinámico e en constante actualización. Así entendida a biblioteca escolar pode ser un elemento estratéxico para a innovación pedagóxica que axude a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural dos centros, proporcionando ao profesorado e ao alumnado a oportunidade para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe e na lectura.

6


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

Ademais das diferentes dinámicas xa establecidas dende o Equipo de Biblioteca e levadas a cabo no centro, cabe destacar o PDI ( Proxecto Documental Integrado). Trátase dun proxecto interdisciplinar no que se inclúen actividades de fomento da lectura, procura documental e traballo curricular. Empregándose fontes documentais diversas de carácter oral, ou en soporte impreso e electrónico, estimúlase a propia produción. Realizaranse dous no ano e con diferentes temáticas cunha duración aproximada de 4 meses.

7


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

METODOLOXÍA

Fundamentamos o traballo nos mesmos criterios metodolóxicos que impregnarán a labor docente que desenrolamos no centro:           

Unha actividade adaptada ás necesidades, características e intereses da comunidade escolar. Un enfoque funcional e operativo. Ser o resultado dunha reflexión e un traballo conxunto e coordinado por todos os membros. Ser flexibles ás melloras e cambios que a propia dinámica provoque. Empregar todos os novos recursos, soportes e contextos que sexan posibles, sendo dinámicos e estimulantes para o alumnado. Crearase un diálogo coas familias potenciando a súa participación no proceso. Motivar á comunidade educativa coas súas achegas e producións coa fin de darlle unha relevancia ao traballo feito. Cargar de significado calquera experiencia lectora. Crear un ambiente lector que favoreza o achegamento aos libros e á lectura, onde se poña en valor esta actividade. Potenciando o uso da biblioteca escolar e a biblioteca de aula. Fomentando a creación dunha visión do mestre como o modelo lector dos alumnos.

8


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

RECURSOS

Esta é unha estimación hipotética e xenérica dos recursos que prevemos necesarios pero poden ser ampliados ou reducidos en función duns criterios de calidade, funcionalidade e necesidade. Estes recursos, son entendidos como os medios que nos facilitarán o achegamento a nosa fin. De forma xeral destacamos:

Recursos humanos: -

A propia comunidade educativa: os mestres, alumnos, familias… todos eles de forma persoal aportan as súas experiencias e vivencias a cerca do proxecto; son á vez o obxecto de traballo e o recurso.

-

O Equipo de Biblioteca: debido a gran relación existente entre o Proxecto Lector de Centro e a Biblioteca, é fundamental que o coordinador e os membros do equipo de biblioteca faciliten e aporten os recursos necesarios para facilitar o alcance dos nosos obxectivos.

-

O Claustro de Mestres: todos eles de forma conxunta e coordinada son a ferramenta clave para facer realidade a posta en práctica do Proxecto Lector do Centro, así mesmo incluirán nas súas programacións as actividades previstas segundo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación diaria para a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura .

-

O Departamento de Orientación e a Comisión de Coordinación Pedagóxica: as súas indicación axudarán a adaptar o proxecto ás características específicas dos alumnos con NEE así como ao resto do alumnado, paliando na medida do posible as diferenzas persoais, así como na orientación ás familias e o entorno máis próximo do neno.

9


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

-

O Equipo Directivo: son quen de facilitar a tarefa e os medios que se precisen a nivel organizativo e material.

-

Entidades culturais do entorno: a biblioteca do concello, as bibliotecas familiares ou calquera outra infraestrutura cultural que poidan aportar coñecemento e contidos para o proxecto.

Recursos materiais: -

Todo o material funxible que existe no centro ou no entorno pode ser, nun momento puntual ou de forma permanente, empregado para esta fin.

-

A biblioteca escolar é un recurso fundamental xa que aporta un gran número de recursos en moitos soportes diferentes que servirán de apoio e medio para o proxecto. Sen a existencia da mesma non sería posible a posta en marcha do proxecto lector. É á vez un recurso de incalculable valor e requisito fundamental.

10


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

ACTIVIDADES

As propostas de actividades serán flexibles e abertas á realidade educativa do noso centro. Ditas actividade terán ás veces un carácter permanente e outras puntual dependendo de diferentes criterios como: o resultado, a participación, os contidos… Así mesmo as propostas levaranse a cabo en diferentes espazos en función das características da actividade. Todos estes criterios serán definidos no momento inicial da actividade e serán debatidos e comunicados nas reunións do claustro. Propostas de actividades:

Cóntoche un conto? Unha afección moi arraigada entre o alumnado do centro é a de contar contos. Son os propios nenos e nenas os que os preparan para relatarllos aos seus compañeiros. Estableceuse o recreo de comedor dos venres para a realización desta actividade, que se encargarán de preparar nos recreos do mediodía. Escóllese o conto, faise un reparto dos personaxes, lese detidamente… En moitas ocasións empregan o teatro de monicreques, que está a súa disposición con unha colección ampla de personaxes. Cabe salientar que os alumnos van aprendendo uns dos outros este arte de contar contos, e os maiores van introducindo aos máis pequenos, co que te podes atopar nenos de 3º ciclo preparando a súa representación con outros de 1º ciclo.

Biblioinstante Consiste en habilitar períodos de tempo que sexan un espazo para a oralidade aberto a alumnos e a profesores. Neles poden contar unha pequena historia, recitar un poema, facer unha breve exposición sobre algún tema, ler calquera tipo de creación literaria propia…

11


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

Hora de ler Esta actividade da “Hora de ler” púxose en práctica a mediados do curso 2009/2010, como ferramenta básica para crear o hábito lector entre o noso alumnado. Debateuse no equipo de biblioteca e fíxoselle unha proposta ao claustro que a aceptou. Para levala a cabo houbo que refacer o horario académico acurtando as sesións e o recreo da mañá en 5 min. Desta decisión resultaron 20 minutos antes do recreo que dedicamos obrigatoriamente á lectura. Cada mestre ten que adaptar a dinámica á súa particularidade: se é especialista ou titor, se está nun ciclo ou noutro, se imparte clase de unha ou outra materia. Moi ligado a esta actividade está a sección de biblioteca das aulas, que aportará a meirande parte das lecturas, aínda que os lectores tamén as poidan traer das súas casas.

Cámbiocho por un conto Con motivo do Día do Libro a biblioteca cambiaralle a todo o alumnado que participe, un libro por unha creación literaria. É totalmente aberto: un conto, unha poesía, unha ilustración, unhas adiviñas… pero o requisito será que veña feito da casa coa colaboración da familia.

Producións propias En colaboración co equipo de Normalización Lingüística estanse a elaborar ao longo do curso unha serie de contos que nós chamamos viaxeiros. Sempre xiran entorno a un tema e cada curso vai escribindo unha parte. Xeralmente comezan os de 3º ciclo e vaise baixando. Primeiro ciclo e Educación Infantil encárganse das ilustracións. Unha vez rematado, recóllese nun “maxi+libro” de edición propia.

Mochilas viaxeiras Actividade moi estendida que consiste en deixar en empréstito unhas mochilas cun lote variado de documentos da biblioteca: narrativa, poesía, teatro, música… a ser posible tamén, en distintos soportes.

12


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

Disponse dunha por clase, e ao longo do curso os nenos vanse pasando a mochila cada 15 días. Dentro irá, ademais dos documentos, un “caderno de bitácora” para que as familias deixen escritas as súas impresións sobre a experiencia, o que leron… 

Obradoiro do bo narrador Para potenciar actividades como “Cóntoche un conto?”, “Biblioinstante” e “Radiopatio”. Esta experiencia pretende mellorar a expresión oral do noso alumnado, traballando a dicción, o control da postura e a linguaxe corporal.

Competición de lectura Xogo que ten como obxectivo o traballo da comprensión arredor dunha lectura colectiva. Cada equipo redactará unhas preguntas para facerlle ao outro logo de ler un capítulo. Vanse sumando puntos por cada resposta acertada. Remátase o xogo cando se remata de ler o libro.

Proxectos documentais integrados Pequenas investigacións nas que o alumnado traballa directamente coa documentación, independentemente do soporte (libros, DVD, internet, CD-ROM…), aprendendo a aprender e a traballar autonomamente. Ademais de investigar sobre un tema concreto, familiarízanse cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando os recursos que a biblioteca pon á súa disposición: documentos e ordenadores con conexión a internet.

Laboratorio de comunicación Logo de ter varias experiencias en medios de comunicación queremos conxugar os distintos ámbitos nos que traballamos nun laboratorio sobre a comunicación que os inclúa a todos. Serán: -

Blogue: “O recanto de Leo”

Blogue creado no curso 2009/2010 que nace para ser unha ventá da nosa biblioteca “aberta ao mundo”.

13


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

Ademais de valer para comunicar as nosas experiencias e actividades, tamén valerá para formar ao noso alumnado no emprego da web 2.0, manexo correcto do xénero textual que se emprega nas entradas deste tipo de páxinas web, formar no sentido crítico á hora de empregar imaxes, ler en hipertexto e con hipervínculos.

-

Radiopatio: “A persiana”

Pequenos programas de radio escolar para colgar na web e no blogue do centro a modo de podcast. Neles traballarase a entrevista, a crónica, a conversa, o debate… -

Saímos na revista

A revista escolar CEIBE ten xa máis de 25 anos de existencia, e está moi arraigada na comunidade escolar. Está editada polo Equipo de Normalización Lingüística do centro, do que a súa coordinación non sempre coincidirá coa da Biblioteca. A idea é que se manteña unha sección na que se poidan expoñer distintas actividades da biblioteca. Os voluntarios formarán o equipo de redacción desta sección.

14


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

AVALIACIÓN

O proceso de avaliación será sempre flexible, global e continuo. Realizarase en diferentes momento do proxecto; un primeiro contacto inicial para estudar a realidade concreta do centro, en diferentes momentos ao longo do curso (ao menos unha vez por trimestre) e ao finalizar o curso para valorar o traballo feito e os aspecto de mellora cara o vindeiro ano. Entre os aspectos susceptibles de avaliación contaranse os seguintes :        

O deseño do proxecto A intervención e efectividade dos recursos O clima de traballo A metodoloxía proposta A efectividade e organización das actividades Grao de consecución dos obxectivos planificados e o nivel de coñecementos adquiridos. A produción e calidade do traballo xerado As posibilidades de modificación e mellora do proxecto

Os medios para a medición son:   

Enquisas aos membros da comunidade educativa adaptándoas as diferentes características dos membros. O debate e a conversa xurdida espontaneamente ou de maneira guiada en diferentes contextos. A través da observación directa.

15


PROXECTO LECTOR DE CENTRO CEIP A LAMA

BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN

Empregamos diferentes recursos bibliográfico:

        

COLOMER, Teresa (2006) Andar entre libros: la lectura literaria en la escuela. México: FCE. SOLÉ, Isabel (2001) Estrategias de lectura. Barcelona: Graó. MUÑOZ, Rafael (1998) Animar a escribir para animar a leer. Revista Educación y Biblioteca. MATA, Juan (2008) Diez ideas claras: hacer de la lectura una práctica feliz, trascendente y deseable. Barcelona: Graó. MARINA, J.A. y VALGOMA, María de la (2005) La magia de leer. Barcelona: Plaza y Janés . http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ http://www.edu.xunta.es Lei Orgánica de Educación vixente Asesoría de Bibliotecas do CFR de Pontevedra

16

Proxecto Lector de Centro  

Docuemento que recolle as liñas para traballar a lectura en Educación Infantil e Primaria no CEIP A LAMA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you