Revista CEIP Monseivane 2010/11

Page 1



UNHA HISTORIA PARA O OUTONO NARRADOR-Hai moito... moitísimo tempo que isto pasou, e dende entón a historia repítese cada ano. CASTIÑEIRO-Ola!..Eu son un vello castiñeiro que levo aquí moitos anos. A miña orixe está en Turquía, ao surleste de Europa, no mar Mediterráneo. O meu nome científico é : castanea sativa. Agora vivo en lugares húmidos, onde non fai nin moita calor nin moito frío. As miñas follas son caducas, é dicir, no inverno díspome. Na primavera o meu traxe é de cor verde brillante. Pasado un tempo aparécenme os ourizos.

NARRADOR- Con todos nós temos o ourizo.


OURIZO- Efectivamente, son o ourizo . Gústame levar os pelos de punta para picar á xente, así protexo os froitos que teño no interior; unha, dúas ou tres castañas. Peitéome con gomina de cor verde que co paso do tempo se convirte en marrón cando perdo as castañas. NARRADOR- Velaquí o froito do ourizo. ¡ A castaña! CASTAÑA-Aquí estou, son o froito do castiñeiro . Podédesme comer crúa ou cociñada . Durante moito tempo fun un alimento imprescindible para a humanidade , ata a chegada da pataca, procedente de América. Por fóra son de cor marrón pero por dentro branca e engurrada .O meu sabor é doce e apetitoso. Consérvome durante todo o ano . De min tamén comen animais domésticos e salvaxes. NARRADOR- Caen e caen no souto . É preciso que alguén as recolla. Pero custa traballo. PERSOA QUE APAÑA- Uff!. Que cansa veño, estou farta de recoller... e... recoller castañas . En grandes sacos lévanas para outras comunidades autónomas. Cocíñanse para facer postres e acompañamentos para comidas.... Sabías que cada ano nos bosques galegos recóllense moitas toneladas de castañas que se venden en importantes Feiras de Santos coma a de Gontán e a de Monterroso? NARRADOR -De tódolos xeitos no bosque castañas. Que pasa con elas .?

quedan moitas

ANIMAIS DO BOSQUE- Que pasa con elas? .. Pois os animais comemos moitas . Eu, o xabarín, e os meus amigos coma o esquio, as vacas que se crían no monte, os cabalos, o ourizo cacho, a cabra montesa, imos dun lado para outro á procura delas. Pero vós, os humáns comedes moitas mais. Veredes!.. Veredes...! .


NARRADOR- Por suposto, non podía faltar un bo cociñeiro ou unha boa cociñeira.

COCIÑEIRO- Nos fogóns das boas cociñas atópanse os grandes mestres e mestras das artes culinarias. Alí cocíñanse infinidade de pratos combinados con castañas; capón recheo de castañas, capón asado con castañas, lebre con castañas, arceas con castañas, perdices con castañas. E para rematar, un finísimo suflé de castañas, un marrón glacé ou un exquisito pastel de castañas. Pero os nosos antepasados comíanas con leite, en caldo, asadas, e mesmo, crúas NARRADOR- Paseando polo bosque escóitase o ruxido das serras mecánicas..., posiblemente sexan madeireiros.


MADEIREIROS- Somos as persoas que nos dedicamos a cortar e cortar árbores. Esta madeira noble preparámola para os carpinteiros que dende tempos moi... moi... lonxanos veñen facendo mobles dunha calidade extraordinaria: armarios , chineros, escaleiras , pasamáns ...e tamén vigas para a construción de casas NARRADORA- Pasado un tempo... A CASTAÑA- Estou preparada para ser unha nova árbore!!!.

Na nosa escola asamos un gran magosto. Participamos todos/as, nunha gran xornada adicada as celebracións de outono

Nenas e nenos de terceiro ciclo de primaria


2ยบ de Primaria


VISITA AO MUSEO PROVINCIAL No mes de novembro visitamos o Museo Provincial. Vimos un montón de salas, pero o que máis nos chamou a atención foi unha sala na que había un cadro moi grande ”A escola de Doloriñas” que pintou unha artista de Lugo moi coñecida : Xulia Minguillón.

Os nenos e nenas ían con zocas e escribían con pizarras e pizarríns

Fixemos un puzle con todos os nenos e nenas da Escola de Doloriñas.


E xa na clase, puxémonos a traballar:

Punzamos

Recortamos

Pegamos Compuxemos o noso cadro e…¡un montón de cousas máis! Nenos e nenas infantil


O CAMIÑO DE SANTIAGO O día 21 de outubro fixemos un pedaciño do Camiño de Santiago . Aquí empezamos a nos camiñata.

Case comezando o camiño

atopamos un cabaliño, vacas, ovellas...

Empezamos a encher as nosas bolsas con follas, castañas, ourizos...


Encontramos peregrinos andando polo camiño. Uns viñan de Francia, outros de Austria, de Cuenca… Aprendemos os sinais do camiño que nos levan ata Santiago. Por fin chegamos á nosa meta:

Pontevella.

Nenos e nenas de infantil


UN DÍA, NO CAMIÑO DE SANTIAGO Un soleado e bonito día de outono fomos a facer o tramo do camiño Norte hacia Santiago. Comezamos no punto P.K 133.087, andivemos un pouco e cando cegamos a Ponte Vella de Martiñán, atopámonos unha parella de peregrinos, un mozo e unha moza; ela era de Zaragoza, o rapaz era de Cuenca. Pouco despois chegaba outra parella de peregrinos que eran un home que viña de Francia e falounos un pouco a súa lengua; a chica era de Austria e tamén sabía falar francés. Dixéronnos que lles gustaba moito a nosa paisaxe, os nosos carballos, os nosos ríos, a xente…, Que Galicia era moi fermosa! Polo camiño pasa xente a diario de España e de distintos lugares de Europa. E todos cun mesmo destino… chegar a Santiago de Compostela para abrazar ao apóstolo na catedral. Estaba sinalado con pequenas columnas de pedras nas que estaba debuxada unha pequena cuncha e o punto quilométrico no que estabamos.

Os

peregrinos con estas sinais non se perderán. Puiden observar ben de cerca de paisaxe, a paisaxe é de interior. Por debaixo da Ponte de Martiñán, por debauixo desta, pasa o río Batán que leva bastante auga e ten unhas troitas moi ricas! Vimos distintos tipos de árbores, por ejemplo: o salgueiro, eucalipto, abidueiras, piñeiros coas pinaretas roidas polos esquíos; tamén vimos castiñeiros cheos de ourizos e castañas que servirán para facer o magosto; vimos tamén carballos con landras. Esto é a flora. Tamén vimos distintos tipos de animais: cabalos, vacas, paxaros, moscas, peixes no río, rebaños de ovillas, cabras… eso é a fauna. As xentes que viven por xunto ó camiño

sempre

ven

peregrinos,

comunícanse con eles e ofrécenlles caousas. Atopamos terras cultivas con millo e nabos. Uxía Rodríguez García 4º


SAMAĂ?N-HALLOWEEN Elaboramos murais, valeiramos cabazas.

Interpretamos peciĂąas de teatro e danzas.



Excursión á Coruña O día 20 de xaneiro de 2011 fixemos unha excursión á Coruña. Foi unha viaxe chea de experiencias novas: No Acuario metémonos na boca dun tiburón, vimos daban de comer a unhas focas, camiñamos polo interior dun submarino.

No Museo do Home medímonos ao lado do home máis alto do mundo, comprobamos a nosa forza…

Na Casa das Ciencias vimos unha película moi entretida: “A noite dos vampiros“ e moitas cousa máis. De volta a casa traíamos un montón de cousas que contar.





NADAL Bos días nenos/as, pais e nais, mestres e mestras, demais publico en xeral. Coma tódolos anos, estamos aquí reunidos para celebrar o nadal. Preparamos estas actividades con moito esmero e cariño. Puxemos todo o noso interese para que este festival saia o mellor posible. Esperamos que saibades disculpar os nosos erros. A musica, o teatro, o baile, dalgún xeito están presentes nas nosas vidas. Queremos describir entre todos o que somos capaces de facer. Os nenos e nenas de infantil cantan un villancico tradicional e moi coñecido por todos nos titulado: Arre borriquito. Un forte aplauso.

Os nenos e nenas de 1º e 2º rescatan a Papa Noel do seu secuestro. Observade como lle axudan. A sua peciña de teatro nomease: Secuestraron a Papa Noel.


Este villancico moi coñecido, non por eso menos fermoso, a súa interpretación corre a cargo do terceiro ciclo e titulase: Campanitas del lugar.

Hai que ver… Que ben soan estos instrumentos. Daquí …seguro…seguro… sae algún músico. Coa obriña interpretada polos nenos/as de 3º e 4º, que por titulo leva Navidad Dulce Navidad chegaremos ao descanso. Recuperados os folgos, que boa falta nos fan, transformaremonos nestes bailaríns. Con todos vostedes procedentes de Angola, Lucenzo e Don Omar. A danza Kuduro e un baile orixinario de Angola con ritmo de tribus Africanas cantadas en portugués. Deseguido prepararemonos para escoitar un conto musical interpretado por 3º e 4º titulado O sombreiro. Un veciño noso, Agustín Fernandez Paz, escribiu un teatrito para nenos titulado Dende o corazón do bosque. Con ela quere animarnos a cuidar a nosa casa o noso planeta, A Terra. Animémonos.


O DIA DA PAZ O día 30 de XANEIRO DE 1964 quedou instituido o día escolar da Paz e a non violencia. Este día coincide coa morte de Mahatma Gandhi , loitador incansable pola paz en todo o Mundo, el foi víctima da violencia xa que o asasinou un veciño seu, un militar hindu, o 30 de xañeiro de 1948. Escribiu frases como : Ollo por ollo e todo o mundo rematará cego. Os cobardes morren moitas veces antes de morrer. Non hai camiño cara a Paz, a Paz e o camiño. O amor universal e mellor que o egoismo, a non violencia e mellor que a violencia e a Paz e mellor ca guerra. Acumular armamento para asegurar a Paz e tan contradictorio coma chocar ovos de crocodilo e esperar que deles nazan andoriñas. Imos celebrar dun xeito especial este dia da Paz. . Con contos como: El peso de la nada . Poesias como : la Paz del pescador, Non aos xoguetes feos, 30 xaneiro ( escrita por nós). Entre todos cantaremos a canción No dudaría .

Nenos/as de 5º e 6º


RIMAS DE PAZ

Chegou o meu amigo Xaneiro, cheo de Paz e amabilidade, fiel e leal compañeiro ao que lle gusta a fraternidade

Meu bo amigo , cheo de amor, cheo de ledicia, viaxa con valor en busca dunha caricia. Busca un mundo cheo de harmonía no que abunde a amizade con persoas feitas de ledicia que canten e rían en liberdade

Quixera ser animoso e loitar por un mundo mais amoroso Quixera ser arriscado


para navegar en lugares complicados Quixera ser valente para loitar neste continente Quixera ser audaz para converter as guerras en Paz

Quixeramos ser pombas e nos nosos picos dourados

levar os namorados. En...fin..... Xogando e respectando. Convivindo e colaborando. Estudando e estudando.

Pola Paz...... os nenos e nenas, imos chamando.

Nenos e nenas de 5ยบ e 6ยบ


Tamén fixemos: “ O

Murais..

tren da Paz”


• • • • • • • •

Bordes de papel de xornal sen tinta. Botella de plástico. Auga. Tinte de cores. Pao de madeira. Cubeta de plástico. Cribo. Trapos.

1. Cortamos o papel en anacos moi pequenos. 2. Mesturamos a auga co papel na botella. 3. Batemos co pao. 4. Botamos tinte para darlle a cor desexada. 5. Cando xa está feito pasta botámola na cubeta con máis auga. 6. Co cribo sacamos pasta escorrémola ben. 7. Colocamos xornais para absorber a auga e un trapo. 8. Volteamos a pasta do cribo e colocamos outro trapo. 9. Durante días imos cambiando os xornais ata que o papel seque de todo e poida ser utilizalo.

Alumnos/as do 2º ciclo


O tema que escollemos este ano foi “Unha voda”. Así, os de infantil disfrazáronse de tortas nupciais, os de 1º ciclo de invitados e invitadas, os de 2º ciclo de camareiros e camareiras e os do 3º ciclo foron o padriño,a madriña, testigos, cura...


A voda

Estamos aquí reunidos para celebrar o casamento de Don Entroido e Dona Entroida,. despois dunha moi longa relación. Por iso se alguén ten algo que dicir que alegue, cando lle pregunten, ou cale para sempre. Don Antroido, natural das Pedras coñece moi ben a súa parienta , Dona Entroida, que esta farta de camiñar pola sua aldea natal, Vilapedre. Ámbolos dous estiveron viaxando polo mundo adiante, onde fixeron grandes e terribles falcatruadas, sin que ningunha delas lles impida contraer casamento. Alguén ten algo que contar destes dous personaxes mundanos? Non!...Non!...Noooooooon.!!!!!!. Pois se ninguén alega nada de nada, continuamos coa voda. Proceda Sr. Cura!. Xuntamos dous entroidos, para sempre, sempre; que non terán permiso para copiar dalgúns famosos que casan e descasan cando queren. Diante de todo este público, en xeral, pregúntovos: Querédesvos de verdade ata arder na fogueira? Prefiro bailar antes de casar? Ou caso agora ou nuuuuuuunca ........ xamáis!!!!.... Traede os vosos anéis. Vanche booooooss!.....! E logoooooooooo.......?????????????. Non te recordas que os tiramos na Ponte Vella de Martiñán, cando fomos facer o Camiño de Santiago?. Alí prometémonos amor eterno. Entón continuamos a voda sen anéis. Imos ver..... que pasa coas moedas...... Troúxestes as arras.


Con esto da crise...........Fanme falta a min, non quero compartir con ela Pero home, mira, pouco ben repartido da para moitos. Serás tacaño, e logo.... para que queres o caixón de moedas que tes debaixo da cama? Vou comprar unha moto!!!!!! E...Para que a queres ?????????.....unha moooooto....uuunha moto....uuunhaaaa....... moooooooooto Ai muller!!!!. Para pasearte.....!. Sexa vostede serio.....Silencio..........Comparte as moedas ou non??????..... Non terei mais remedio .....Compartirei looooooooogo.... Aquí diante de todos e todas pregunto a estas testemuñas: Culpades a don Entroido e dona Entroida dalgunha falcatruada? Eu....EEEEuuuu....De termos que comer bocadillos algunha vez. Yo....Yoooooo de....an an andaaaar cambiando nas cociñeiras. Uuuummmmmm........aquiiii.....aquí......!De rompernos os xoguetes que nos trouxeron os Reis. Aaa aaquii.....aaa aaqui. De tanto frio, neve e xeadas que nos deixou na casa. Uuuufffffff. Uf. Uf........De andar a fozar no compo de fútbol e despois ter que sacudir os pés. Estes lambóns e falcatrueiros non nos deixaron rematar o camiño de Santigo, trouxéronnos de volta para a escola. De que nevou pouco e choveu moito. De moitas mais andanzas e inxustizas que preferimos calar para sempre........!!!!!!!! Escoitados os empedimentos, este cura decide casalos igual, xa que están ben vestidos e preparados e.... así non decepcionar aos invitados. Van ser casados e seguidamente queimados, para cumplir os seus desexos de xuntos arder ata morrer. Por iso pregúntolles: Don Entroido, quere por dona súa a esta Antroida de : cabelo laranxa, beizos vermellos, ollos verdes e mirada rebirada. Quero para seeeeeeempre.......!!!!!!!!.


Eeee........Vostede Dona Entroida, quere por home seu a este Entroido flacucho, larguirucho, de cabelo mouro, ollos azĂşis, ben afeitado e un pouco rebirado?. Queeeeeeeeeero.....ooo.............................!!!!!!!!!!!. Dende este preciso momento, declarovos casados para proceder a ser queimados


TESTAMENTO Proceda , a súa lectura Sr.Notario

Tanto nos queremos que na fogueira ardemos. Non esquezades os presentes que algunha falcatruada fixestes

Arrepentídevos canda nós e procurade ser bós. Lévade para as vosas casas unha présa das nosas cinsas para cando esteñades mortos de risa Acordádevos desta parella ben composta e preparada. Feita algo de presa elegante e competente para a vista de moita xente PÚBLICO Lume......lumeeee..................luuuumee!!!!!!........

Nenos e nenas de 5º e 6º


HOXE LEMOS…

INFANTIL 3 ANOS:

Os catro porquiños.

INFANTIL 4-5 ANOS:

Os tres osos.

1º PRIMARIA:A Merla

2º PRIMARIA: Ovelliña, dame lá.

3º E 4º NIVEL: A clase de ceboliño.


5ยบ e 6ยบ NIVEL




A FESTA DOS MAIOS Este é o noso Maio

Vestímonos para a ocasión

Homenaxeamos ao rei e á raíña

E adicamoslle unha danza




REPOSTEIROS/AS POR UN DÍA Na semana adicada as sobremesas feitas con froitos do outono, os nenos e nenas de infantil, elaboramos “Espetos de froitas da tempada con chocolate”. Despois de poñer os traxes de reposteiros/as, por certo … ¡que ben nos sentaban!. Puxémonos mans á obra : .Pelamos as mandarinas.

.Sacamos as uvas do acio e lavámolas.


.Demos forma kivis e as mazás.

aos

.Atravesamos co espeto os anacos de froita.

.Por último, bañámolos coa crema de chocolate. E …listos para comer. ¡Bo proveito!.

Nenos e nenas de infantil







Crema de castañas: Ingredientes: 250 g castañas cocidas e peladas. 1 l de leite. 175 g azucre Vainilla / Canela.

Preparación: Escaldar 10 minutos as castañas, adentadas como para asalas. Despois pelalas ben, quitando as dúas peles e botalas a cocer no leite co azucre e vainilla ou canela ata que vaian tenras. Bater coa batidora e gardar a crema en tarros ata consumila., Se a queres máis solta, bótalle máis leite.

• Esta foi a primeira torta que fixemos e sabía moi ben.

• É moi fácil : Mollas as galletas en zume ou en leite e vas botando capa de galletas, capa de crema de castañas; capa de galletas e capa de chocolate e así ata rematar. Podes adornala con fideos de cores, coco, azucre glace, froitas da época…

Sabe moi ben!

Alumnos/as do 2º ciclo