Page 1


Érase unha vez un bosque encantado onde vivía, un lobo moi, pero que moi feroz, aínda que non o parecese.


AUUUHHHHH!!!!!


No bosque vivían tamén diferentes tipos de animais, algúns deles eran moi estraños, pero claro, sendo un bosque encantado, todo era posible.


O lobo sempre estaba famento e non lle quedaba máis remedio que comer a todos cantos animais atopaba. Pero a súa comida favorita eran os porquiños gordiños e rosadiños, e nunca conseguía atrapalos porque vivían todos xuntos nunha gran casa.


Estaba o porqui単o pequeno.


Estaba o porqui単o mediano.


E estaba o porqui単o grande.


E así pasaban os días, as semanas, os meses… …o lobo comía e comía diferentes animais, pero nunca aos porquiños.


Un día, aburrido de non poder cazalos, decidiu buscar outro bosque, aínda que non estivese encantado, no que polo menos puidese comer algún que outro porquiño gordiño e rosadiño.


O día que marchou os demais animais pensaron que quedarían aliviados, xa que non terían que preocuparse máis polo lobo, pero non sabían moi ben por que , sentíanse un pouco tristes, xa que o lobo non era tan malo, o que pasaba era que sempre tiña moita fame.


Como xa non había perigo, os porquiños decidiron que cada un tivese a súa propia casa. En menos do que canta un galo puxéronse mans á obra e empezaron a construilas.


KIKIRIKIIIIIIIIIII


O porqui単o pequeno, que non quixo traballar moito, fixo unha casa de palla.


O porquiĂąo mediano, que traballou un pouco mĂĄis, fixo unha casa de madeira.


E o porquiĂąo grande, que traballou moitĂ­simo, fixo unha casa de ladrillo.


Os porquiños vivían moi felices, cada un na súa casa e cada día da semana xuntábanse para cear.


Os luns e os martes xuntĂĄbanse na casa do porquiĂąo pequeno.


Os mércores e os xoves xuntábanse na casa do porquiño mediano.


Os venres e os sábados xuntábanse na casa do porquiño grande.


E os domingos os 3 porquiĂąos ceaban no mellor restaurante que habĂ­a no bosque.


E así pasaban os días, as semanas, os meses… …ata que chegou a nova. O lobo, que tivo noticias de que os porquiños xa non vivían xuntos na gran casa, estaba de novo no bosque.


Os porquiños estaban mortos de medo e non se atrevían a saír de casa.


RelamĂŠndose de gusto o primeiro que fixo o lobo foi ir a casa do porquiĂąo pequeno. Cando chegou petou na porta.


PUM PUM PUM PUM, テ。REME PORQUIテ前!!!


O porqui単o pequeno tremendo de medo dixo:


AI LOBO NON, NON TE DEIXO ENTRAR!!!!


O lobo moi enfadado decidiu tirar a casa utilizando o seu soprido. Soprarei e resoprarei e a casa derrubarei!


Uuuuuuhhh hhhhhhhhhh hhhhh!!!!!


E soprou e resoprou e a casa derrubou.


O porquiño pequeno escapou correndo e conseguiu refuxiarse na casa do porquiño mediano. O lobo quedou moi fastidiado e perseguiuno ata alí.

Cando chegou petou na porta.


PUM PUM PUM PUM, テ。REME PORQUIテ前!!!


O porqui単o pequeno e o porqui単o mediano tremendo de medo dixeron:


AI LOBO NON, NON TE DEIXO ENTRAR!!!!

AI LOBO NON, NON TE DEIXO ENTRAR!!!!


O lobo moi enfadado decidiu tirar a casa utilizando o seu soprido. Soprarei e resoprarei e a casa derrubarei!


Uuuuuuhhh hhhhhhhhhh hhhhh!!!!!

Uuuuuuhhh hhhhhhhhhh hhhhh!!!!!


E soprou e resoprou e a casa derrubou.


O porquiño pequeno e o mediano escaparon correndo e conseguiron refuxiarse na casa do porquiño grande.

O lobo quedou moi fastidiado e perseguiunos ata alí. Cando chegou petou na porta.


PUM PUM PUM PUM, テ。REME PORQUIテ前!!!


O porqui単o pequeno, o mediano e o grande, que xa non ti単an medo, dixeron:


AI LOBO NON, NON TE DEIXO ENTRAR!!!!

AI LOBO NON, NON TE DEIXO ENTRAR!!!!

AI LOBO NON, NON TE DEIXO ENTRAR!!!!


O lobo moi enfadado decidiu tirar a casa utilizando o seu soprido. Soprarei e resoprarei e a casa derrubarei!


Uuuuuuhhh hhhhhhhhhh hhhhh!!!!!

Uuuuuuhhh hhhhhhhhhh hhhhh!!!!!


E soprou e resoprou e a casa non derrubou.


O lobo ouveaba enfadado porque ti単a moita fame.


Auuuuuu uuuuuuu uuuu!!!!

Auuuuuu uuuuuuu uuuu!!!! Auuuuuu uuuuuuu uuuu!!!!


Empezou a pensar como podía entrar na casa, xa que non era capaz de derrubala cos seus sopridos… …cando, de pronto, tivo unha gran idea.


EntrarĂ­a pola cheminea!!!!


Os porquiños, que estaban mirando pola ventá, viron o que quería facer e puxeron ao lume un caldeiro cheo de auga.


A auga quentouse e empezou a ferver e cando o lobo baixou pola cheminea caeu dentro do caldeiro e queimou o rabo e o cu.


Saíu correndo coma un foguete e foi a sentarse a un río que había alí cerca.


Mentres estaba alĂ­ sentado sentiuse moi triste porque todos os animais lle tiĂąan medo e empezou a chorar. Choraba tan forte que se lle escoitaba por todo o bosque e os animais empezaron a achegarse a el.


O porquiño grande preguntoulle porque choraba e o lobo explicoulle que si comía a tantos animais era porque tiña sempre moita fame e non sabía que outra cousa podía facer.


O porquiño grande que ademais de moi traballador era moi sabio empezou a pensar… …de repente tivo unha gran idea.


O lobo axudaría ao porquiño pequeno a construir outra casa de palla máis forte e despois axudaría ao porquiño mediano a construir outra casa de madeira tamén máis forte.

Aceptou encantado e traballou moito axudando aos porquiños.


Fixeron unha casa de palla mรกis forte.


Fixeron unha casa de madeira mรกis forte.


Os porquiños estaban moi contentos polo ben que traballara o lobo e os tres xuntos puxéronse a pensar… …entón tiveron unha gran idea.


Os luns e os martes o lobo comerĂ­a na casa do porquiĂąo pequeno.


Os mércores e os xoves o lobo comería na casa do porquiño mediano.


Os venres e os sábados o lobo comería na casa do porquiño grande.


E os domingos comerĂ­an todos xuntos no mellor restaurante do bosque.


Hoxe en d鱈a o lobo vive feliz cos seus amigos os animais do bosque encantado, e sobre todo cos tres porqui単os gordi単os e rosadi単os que lle fan unhas comidas pero que moi ricas.


E sabedes unha cousa? Se pasades polo bosque encantado e abrides moito os ollos poderedes ver ao lobo paseando cos seus amigos.


O LOBO E OS 3 PORQUIÑOS  

NOVA VERSIÓN DO CONTO DO LOBO E OS PORQUIÑOS

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you