Page 1


NUN LUGAR DO UNIVERSO NON MOI LONXE DA TERRA, ESTABA O PLANETA DA MÚSICA.


A RAIÑA DO PLANETA DA MÚSICA CHAMÁBASE PIZPIRETA E O QUE MÁIS LLE GUSTABA ERA BAILAR.


UN DÍA A MÚSICA DESAPARECEU E SÓ QUEDOU O SILENCIO.


PIZPIRETA E OS HABITANTES DO PLANETA DA MÚSICA XA NON PODÍAN BAILAR NIN CANTAR NIN TOCAR. TODOS ESTABAN MOI TRISTES E DESCONCERTADOS.


ENTÓN CHEGOULLES A NOTICIA DE QUE FAUNO ROUBARA A MÚSICA E TIÑA PRISIONEIRAS ÁS FIGURAS E ÁS NOTAS NOS SEUS PAISES:

E


PIZPIRETA DECIDIU VIAXAR A FIGURALANDIA E A NOTALANDIA PARA LIBERAR Á MÚSICA.


PERO NON IRÍA SOA XA QUE ELFO, QUE ERA MOI AVENTUREIRO, DECIDIU ACOMPAÑALA NA SÚA VIAXE.


ATA CHEGAR A FIGURALANDIA PASARON POR DIFERENTES PAISES ONDE SI HABÍA MÚSICA.


O PAIS DOS PAVOS REAIS.


O PAIS DOS UNICORNIOS.


O PAIS DOS MOUCHOS.


E O PAIS DAS FADAS.


CANDO CHEGARON A FIGURALANDIA TODO ESTABA MOI SILENCIOSO. NON HABÍA NINGUNHA FIGURA POLA RÚA PORQUE ESTABAN PRISIONEIRAS NO CASTELO.


FAUNO VIXIABA A PORTA PARA QUE NINGUNHA PUIDERA ESCAPAR.


PIZPIRETA E ELFO NON SABÍAN QUE FACER E MENTRES PENSABAN NUN PLAN ACHEGOUSE A ELES UNHA PEQUENA FADA QUE LLES DIXO QUE OS PODÍA AXUDAR. FAREI UN ESCONXURO E CONVERTIREI A FAUNO NUN SAPO!!!


ACHEGARONSE AO CASTELO E A FADA DIXO O SEU ESCONXURO:

TROUPO TROUPO TROUPO DESTROUPO QUERO QUE FAUNO AGORA SEXA UN SAPO!


E DITO E FEITO. FAUNO CONVERTIUSE NUN ENORME SAPO, QUE PEGOU UN GRAN SALTO E DESAPARECEU.


ELFO FOI CORRENDO DETRÁS DEL PARA ASEGURARSE DE QUE NON VOLVERA NUNCA XAMAIS.


GRAZAS AO ESCONXURO EMPEZARON A SAIR AS FIGURAS MUSICAIS DO CASTELO.


ELFO, PIZPIRETA E AS FIGURAS MUSICAIS EMPRENDERON A MARCHA CARA A NOTALANDIA, XA QUE SEN AS NOTAS NON PODÍAN CONSTRUIR MELODÍAS.


CANDO CHEGARON TODO ESTABA MOI SILENCIOSO. NON HABÍA NINGUNHA NOTA POLA RÚA PORQUE ESTABAN PRISIONEIRAS NO CASTELO.


FAUNO, CONVERTIDO EN SAPO, VIXIABA A PORTA PARA QUE NINGUNHA PUIDERA ESCAPAR.


PIZPIRETA, ELFO E AS FIGURAS MUSICAIS NON SABÍAN QUE FACER E MENTRES PENSABAN NUN PLAN ACHEGOUSE A ELES OUTRA FADA QUE LLES DIXO QUE OS PODÍA AXUDAR. FAREI UN ESCONXURO E CONVERTIREI AO SAPO NUN RATO.


ACHEGARONSE AO CASTELO E A FADA DIXO O SEU ESCONXURO:

TROUPO TROUPO TROUPO DESTROUPO QUERO QUE SAPO AGORA SEXA UN RATO!


E DITO E FEITO. O SAPO CONVERTIUSE NUN ENORME RATO.


O RATO EMPEZOU A CORRER ATA QUE DESAPARECEU.


COMO POR ARTE DE MAXIA, AS NOTAS MUSICAIS SAIRON DO CASTELO.


AS NOTAS XA ESTABAN LIBRES PERO NECESITABAN AO PENTAGRAMA E Á CLAVE DE SOL. ASUBIARON E APARECERON OS DOUS.


CADA NOTA OCUPOU O SEU LUGAR NA CASA PENTAGRAMA. QUE CÓMODAS ESTABAN ALÍ!!!


QUE CONTENTOS ESTABAN TODOS!!!


AGORA AS NOTAS E AS FIGURAS MUSICAIS PODERÍAN XUNTARSE PARA COMPOÑER BONITAS MELODÍAS!!!


NO PLANETA DA MÚSICA VOLVERÍAN A ESCOITARSE MILLÓNS E MILLÓNS DE SONS DIFERENTES.


A RAIÑA PIZPIRETA E OS HABITANTES DO PLANETA VOLVERÍAN A ESTAR CONTENTOS.


E TODOS OS QUE VIVIMOS NO PLANETA TERRA PODEREMOS DISFRUTAR DA MÚSICA POR SEMPRE XAMAIS.


Autora: Mercedes Rivera RodrĂ­guez


AVENTURA NO PLANETA DA MÚSICA  

CONTO SOBRE LINGUAXE MUSICAL

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you