Issuu on Google+

OS MUテ催前S DA CANCELA 1ツコ CICLO DE PRIMARIA CEIP CABANAS-SALCEDO CURSO 2011-2012


O alumnado do 1º Ciclo de Primaria do CEIP Cabanas- Salcedo estivemos coñecendo os Muíños da Cancela, que son parte do noso Patrimonio Industrial. Nas nosas aulas, fomos anotando o que xa sabiamos sobre os muíños e o que queriamos aprender.


Nas casas, con axuda dos nosos familiares, investigamos sobre os muíños de auga, e trouxemos a información a clase.


En Salcedo hai nove muíños de auga, dos que tres están rehabilitados, e outro máis está en vías de recuperación. O día 29 de Novembro, despois de bastantes días de chuvia,fixemos unha saída guiada por Ramón Laxe, un veciño de Salcedo e membro da Asociación Ecoloxista “Vai polo río”, que desinteresadamente abriunos os muíños da Cancela e explicounos o proceso da moenda.

Chave

canle


moega

moa

volante


moega

quenlla

quenlla tarabelo moa

eixo rodicio

inferno


Tamén debullamos mazarocas de millo para ter o gran que se moe no muíño e facer a fariña.


O QUE APRENDIMOS  Os muíños da Cancela son muíños

hidráulicos.Quere dicir que se moven coa forza da auga.


•Son chamados tamén muíños de rodicio ou de regato. •Os muíños da Cancela están dentro dun edificio de pedra, e teñen o tellado de tella.


•A porta é de madeira cunha chave de ferro moi grande.

• Ao

lado da porta hai unha pedra plana que sobresae e se chama pousadoiro.

Pousadoiro


A parte de abaixo do muíño chámase INFERNO e por alí pasa a auga que move o RODICIO. Tremiñado

Inferno


A parte de arriba do muíño, chámase TREMIÑADO. O tremiñado está enriba do inferno, e é o espazo onde se fai a MOENDA. Dentro do tremiñado está a peza de moer, que ten varias partes: • A MOEGA , que é unha caixa de madeira con forma de pirámide invertida onde o muiñeiro bota o gran.

MOEGA


•O gran cae da moega nunha pequena canle que se chama QUENLLA. •Na quenlla hai un TARABELO que é un pao de madeira. •O tarabelo móvese sobre a MOA e fai que caian máis ou menos grans dende a QUENLLA no OLLO DA MOA.

Ollo da moa. Quenlla Tarabelo


•A MOA é a pedra de arriba da RODA. É a pedra que se move para triturar o gran enriba da outra pedra que se chama PÉ. •O PÉ é a pedra de abaixo, e non se move.

Moa


COMO FUNCIONA O MUÍÑO  O muíño funciona grazas á auga que vai pola

CANLE e bate contra o RODICIO e o fai xirar.  Cando se move o RODICIO, móvese tamén o EIXO

que une o rodicio coa roda que está no tremiñado.  O gran que estaba na MOEGA vai caendo no OLLO

DA MOA a través da QUENLLA.  A MOA xira e esmaga o gran contra o PÉ.


AS MUIÑADAS  Os veciños dos lugares, ían ao muíño coas colleitas

de gran para moelos e facer fariña.  Mentras o muíño estaba moendo, as persoas que

esperaban, falaban,facían labores de agulla, contaban chistes, cantaban e bailaban para pasar mellor o tempo. A isto chamábaselle “muiñada”.  As muiñadas facíanse principalmente polas noites,

polo que ían en grupo, para pasalo mellor, estar acompañados e evitar perigos.


No cole fixemos moitas actividades

Explicamos…

Fixemos traballos…

Debuxamos


Puxemos os nomes das partes nas maquetas

TamĂŠn aprendimos cantigas e rimas.


E fixemos un muĂ­Ăąo grande para non esquecernos do que aprendimos.


Bibliografía: -Libro dos muíños: Muíños de río das terras de Pontevedra. Autor: Ramiro Barros Justo. -Lerias e enredos para os máis pequenos ( Ed. Galaxia) - En Internet:

http://www.rios-galegos.com http://es.wikipedia.org/wiki/Molino http://www.galiciaencantada.com


OS MUÍÑOS DA CANCELA