Page 1

CEIP. ALEXANDRE Bテ天EDA

PROXECTO

LECTOR


● Xustificación e Contexto Este proxecto realízase seguindo as directrices establecidas no Anexo IV do decreto 130/2007, de 28 de xuño polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O establecemento deste proxecto lector parte dun análise da lectura e da escritura no centro dende distintos ámbitos: ( sesións de avaliación, depto. orientación, biblioteca de centro, seguimento na ESO, enquisas ao alumnado e as familias, informes de avaliación diagnóstica,etc) chegando as seguintes consideracións:

*Hai unha necesidade de mellorar os hábitos lectores do noso alumnado. *Hai unha necesidade de mellorar o nivel de competencia lingüística. *Xorde coa incorporación do concepto “competencia lingüística “ a necesidade de revisión da práctica docente. Paralelamente falamos de autonomía no traballo e procesamento da información. O concepto comprensión lectora amplíase. *Como consecuencia requirese aumentar o grao de coordinación entre etapas e niveis para establecer criterios de secuenciación e de estratexias metodolóxicas e emprego de recursos. *Compre iniciar este proceso a partires da posta en común, da reflexión e do debate e paralelamente da formación do profesorado.


*Necesariamente requírese da colaboración de todos os equipos, comisións e departamentos. *As familias son parte esencial deste proceso e non poden quedar ao marxen.

Despois destas consideracións compartidas valoramos o punto do que partimos. Temos a favor:

• Unha biblioteca de centro que leva anos funcionando no centro e que dende hai dous cursos conta co Plan de Mellora, e polo tanto con espazo, presuposto, organización e coordinación propia. • Un Departamento de Orientación no centro que pode establecer dinámicas de avaliación , asesoramento e intervención de xeito sistemático. • Unhas dinámicas de fomento da lectura xa establecidas dende hai anos no Proxecto de Centro. • A meirande parte do profesorado implicado na realización de proxectos . • Unha comunidade escolar participativa.


Plantexamos por tanto este plan co seguinte

Obxectivo xeral de:

Fomentar o hábito lector e mellorar a competencia lingüística do noso alumnado

liñas de actuación como marco xeral que se concretarán en actividades dentro do Plan anual de lectura e outros plans que forman parte do PEC. e establecemos as seguintes

Educación Infantil O profesorado de infantil establece para a etapa o plan lector que figura no Anexo I.

Educación Primaria:

Biblioteca


 Continuarase co Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares , que establece a biblioteca como centro de recursos e elemento dinamizador. Todos os cursos estableceranse actividades especificas de dinamización lectora: contacontos. charla con autores, actividades coordinadas co IES de Chapela, etc.  A biblioteca realiza préstamos de fondos para o traballo nas aulas.  Realización anual dun proxecto integrado de centro .  Dentro do Plan de Acción Titorial cada titor/a incluirá o traballo da educación emocional, das habilidades sociais, da interculturalidade e das distintos tipos de familias empregando os fondos dispoñibles na biblioteca.  Itinerarios lectores: cada curso establecerase en cada nivel a lectura obrigatoria dun libro en galego e outro en castelán. Cada titor/a elaborará a súa propia guía de traballo.  Mochilas viaxeiras: esta actividade é coordinada dende a biblioteca en colaboración cos titores/as que realizarán co alumnado actividades de aula a partires dos materias da mochila.  Programaranse actividades especificas para a celebración do día do libro, das poesía, das bibliotecas escolares e da muller traballadora. As propostas poderán facerse dende a biblioteca, os ciclos ou outros departamentos. Cada titor/a comprometese a realizar a lo menos unha das actividades propostas na súa titoría.

Dpto Orientación 

Avaliará os niveis de comprensión lectora a través de


probas colectivas en todos os niveis de Primaria. Os datos desta avaliación servirán para establecer programas de reforzo. Estas probas realizaranse no primeiro trimestre de cada curso, agás no 1º nivel.  Avaliará o nivel de mecánica lectora nos niveis de 3º e 5º de Primaria e en función desta avaliación estableceranse programas para mellorar velocidade , fluidez, ritmo e entonación na lectura.  Dentro das actividades de prevención das dificultades de aprendizaxe prestarase especial atención ao alumnado do último nivel de Educación Infantil.  Facilitará en colaboración coa coordinación da biblioteca a todo o profesorado documentación e información sobre distintas estratexias de comprensión lectora para incluír dentro das programacións de aula.  Empregarase a literatura infantil como recurso para abordar o tratamento de distintos problemas do desenvolvemento persoal, afectivo e social do alumnado ( os celos,a morte,os medos, a ira etc:) tanto co alumnado como coas familias.

Dende o Departamento de Orientación establecerase un Plan de Mellora da Competencia Lingüística , que dende a posta en común, a reflexión, a formación e o debate serva para establecer criterios comúns para a secuenciación de contidos e


a incorporación de estratexias didácticas en canto a: - Metodoloxía e recursos que favorezan a transición entre a etapa de infantil e a primaria. - Secuenciación de contidos e criterios común no tratamento da ortografía e da composición de textos nos distintos niveis de Primaria. -Valoración da competencia lectora na lingua galega e castelán e elaboración de criterios diferenciadores das dúas linguas. - Desenvolvemento da expresión oral en lingua galega.

PT/AL  O alumnado valorado como de nee recibirá programas de reforzo educativo con apoio da especialista de PT do centro establecendo como criterio de atención preferente: - alumnado do primeiro ciclo


-alumnado con trastornos da lectura  O alumnado que recibe apoio por parte da especialista de AL e que presenta dificultades na lectoescritura desenvolverá programas de mellora da conciencia fonolóxica.

Titorias ● Hora de ler: adicase un tempo diario fixo para a lectura. Este tempo será de lectura libre e por pracer pero en cada titoría dirixirase tratando de combinar a lectura silenciosa, coa lectura compartida en voz alta, coa lectura por parte do mestre/a, coa presentación de libros dos alumnos/as, lectura de xornais, etc. ● Horario da biblioteca: todas as titorías dispoñen dun horario semanal de utilización do espazo da biblioteca para realizar actividades. Deberán incluírse actividades de búsqueda de información en distintos soportes e trimestralmente algunha actividade de formación de usuarios. ● Estratexias nas distintas áreas do currículum: dentro das programacións de aula das distintas áreas o profesorado incluirá estratexias específicas para o traballo da comprensión lectora :

1. Antes, durante e despois da lectura. 2. Comprensión lectora que abrangue a literal, a inferencial , a de reorganización da información e a crítica. 3. A comprensión lectora en distintos tipos de textos: expositivos, narrativos, matemáticos, gráficos, poéticos, etc.


4. Comprensión de textos empregando distintos soportes.Uso das TIC para a búsqueda e presentación da información.

Normalización Lingüística  Programaranse actividades específicas de lectoescritura con motivo do día das Letras Galegas  Publicase a revista escolar.  Colaborarase co Departamento de Orientación na valoración da comprensión lectora e da expresión oral en lingua galega.

Familias ● Dende a biblioteca entregaranse periodicamente boletíns con recomendacións de lectura para as familias. ● Entregarase as familias coa formalización da matrícula a publicación “Caderno de bitácora para familias lectoras” elaborado polo centro. ● Recomendacións para á casa ● Darase información as familias e farase asesoramento en


canto a como motivar e axudar ao alumnado tanto na aprendizaxe da lectoescritura como na realización das tarefas escolares para realizar aprendizaxes autónomos. Este asesoramento realizarase dende as titorías e o departamento de orientación. ● Todos os cursos realizarase a lo menos unha actividade de lectura que inclúa a participación das familias. ● Incluirase nas mochilas viaxeiras lectura para adultos sobre temas educativos.

● Avaliación Este plan será revisado anualmente e avaliado de xeito continuo podendo establecer modificacións de mellora. Como criterios para a avaliación empregaremos: 1. A consecución do obxectivo plantexado inicialmente tomando como referencia para a mesma as avaliacións trimestrais. Nestas avaliacións teranse en conta os avances en canto a hábitos lectores, mecánica lectora, competencia literaria, actitude ante a


lectura tanto como medio de aprendizaxe como de fonte pracer e desenvolvemento persoal. 2. O grado de cumprimento dos compromisos acadados e a súa concreción no Plan Anual de Lectura. 3. A valoración do grado de aportación de cada actividade á consecución do obxectivo xeral. 4. As valoracións que o profesorado faga da posta en práctica do plan. 5. A resposta do alumnado e das familias en canto a participación. 6. O seguimento que se faga do cumprimento destes acordos dende a xefatura de estudos. ****** Este proxecto foi aprobado polo Claustro e polo Consello Escolar con data 25 de Maio de 2010.

➢ Anexos

PLAN LECTOR EN INFANTIL En educación infantil traballamos por proxectos integrados que parten da proposta de tema que fai a biblioteca cada ano. A partir desta temática artellamos todos os materiais que usamos, os nomes das aulas e as decoracións destas. Como actividades específicas do plan lector facemos as seguintes: ∗HORA DE LER: dende educación infantil consideramos que esta actividade é máis aproveitable cando a realizamos á primeira hora.


POSIBILIDADES Á HORA DE LER: • Facer un rexistro de actitudes ante á lectura: quen le?, quen ollea?, que interese mostran?, que tipo de libros len?… • Para iniciar a HORA DE LER (ANEXO 1) en tres anos facer un CLUBE DE LECTURA coan poucas normas e moi claras (tratar ben os libros, non molestar aos compañeir@s, ter ganas de ler, e recoller o recanto da lectura ao rematar); se as normas cúmplense a Caracola Tola daranos unha pegatina cada semana

Se conseguimos un mínimo de pegatinas, ao rematar o curso a Caracola daranos un premio. • En 5 anos poderíamos deixar un día á semana para que cada neno/a lera unha páxina dun libro en voz alta. ∗HORA DO CONTO: todos os días nas aulas de educación infantil deixamos un tempo para un conto. Este conto está narrado pol@ mestre/a e os soportes son variados, de maneira que un día lemos un libro, outro día non temos texto, outro usamos un monicreque… E o tipo de texto tamén é variado, pois intentamos introducir na aula poesía, narrativa, texto informativo, etc.

∗PRÉSTAMO DOS VENRES (ANEXO 2): Durante todo o ano, os venres, a Caracola Tola déixanos levar un libro para casa para ler coa familia, buscando así a implicación desta nunha parte da vida escolar. Unha vez lido, en asamblea falamos sobre os argumentos dos libros, e despois, realízase un traballo de comprensión lectora na que se traballa a ilustración, a data, o título e número do libro e unha valoración crítica. A finalidade destas fichas é a creación dun catálogo persoal dos libros lidos da biblioteca. ∗COMUNICACIÓN a través de cartas coa Caracola Tola e o personaxe máxico. ∗OBRADOIRO DO CONTO: como mínimo facemos un ao ano. Esta actividade consiste na realización de diversos obradoiros simultáneos partindo da


narración dun conto.(ANEXO 3). ∗BUSCA INFORMATIVA relacionada con algún tema do proxecto. Está busca pode facerse na biblioteca, na aula de informática, ou ben motivando aos nenos e nenas para que fagan a busca coa súa familia e traian e expliquen o material que atoparon. ∗Aproveitamos o Nadal traballaremos DIFERENTES TIPOS DE TEXTO. Observando previamente diferentes cartas faremos unha para enviarlla aos Reis Magos. Ademais elaboraremos unha postal para felicitar as festas ás familias. ∗OBRADOIRO DE COCIÑA: como mínimo faremos un ao ano (entroido) no que traballaremos o texto das receitas. ∗RECANTO DE LITERATURA: todas as aulas terán un recanto de literatura no que está incluída a biblioteca de aula con diferentes tipos de textos (xornais, revistas, catálogos, cartas, folletos de publicidade, libros…) e onde o alumnado disporá de letras móbiles para traballar con elas. ∗Achegamento ao texto escrito a través de CARTEIS na decoración da aula. ∗LECTURA das notas informativas que se mandan á casa para as familias. ∗COLABORACIÓN coa revista do centro elaborando un artigo por aula. ∗Celebración do DÍA DA POESÍA e do DÍA DO LIBRO con diferentes actividades

PROXECTO LECTOR  

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you