Page 1

BoletĂ­n do Ceesg


Boletín do Ceesg Nº 110– xaneiro 2017 Neste boletín: Tema do mes: Aniversario do Ceesg. CGCEES:  Por que é necesaria unha Lei de Educación Social? Actualidade:  Comunicado ante o peche do CIM de Ponte Caldelas.  Potencialidades do deporte como ferramenta educativa. Fiadeiras.  4º Concurso Memorial Toni Julià, de proxectos de Educación Social. Formación:  Curso de ética aplicada á acción socioeducativa.  Formación con desconto para educadoras/es sociais do Ceesg. Emprego BloguES: O que queiran as e os adolescentes. Juan Francisco Berenguer Martínez. http://trabajarconjovenes.blogspot.com.es Para ler e reflexionar: Revista Galega de Educación, nº 66. (Nova Escola Galega) Actuacións Por que é imporantante colexiarse? Por que te colexiaches? Documentos profesionalizadores Avisos 2


XUNTA DE GOBERNO 2015 - 2019

Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795

Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850

Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089

Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103 Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389

Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892 Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286 Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195

Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979 Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999

Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118 3


TEMA DO MES

Aniversario do Ceesg

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia www.ceesg.gal @GaledusoCeesg Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Durante todo o 2016 estivemos celebrando o 15 aniversario do colexio. Sen ser unha longa tradición colexial, 15 anos si que confiren unha certa traxectoria, e quixemos botar a vista atrás para recordala. Así, unha das iniciativas que levamos a cabo foi a publicación dunha serie de artigos neste mesmo boletín, titulada “15 anos de educación social”, na que recordamos momentos como a aprobación da lei de creación do colexio e os seus primeiros pasos, a aprobación do código deontolóxico, a celebración do congreso estatal en Santiago, a inclusión do feminino na nomenclatura, a creación do CGCEES, as colexiadas e colexiados de honra, os grupos de traballo... Coincidindo co aniversario do colexio, editouse o nº 100 do Boletín do Ceesg, ao que se lle deu un novo deseño, e que recolleu un especial aniversario con artigos publicados polo presidente da Asociación Galega de Educación Social –precursora do Ceesg- (Federico Armenteros), o presidente da comisión xestora e primeiro presidente do Ceesg (Alberto Fernández de Sanmamed), e as presidentas do colexio que o sucederon nos anos seguintes (María José Fernández, Sofía Riveiro e Mónica Serrano) Tamén o Boletín do Ceesg, xa no número 101, recolleu un artigo do profesor universitario Xosé Manuel Cid, a través do cal conta a súa experiencia no colexio ao longo destes anos, dende a súa participación na comisión de habilitación ata a súa actual condición como Colexiado de Honra. Outra das iniciativas propostas para a celebración do aniversario foi o proxecto fotográfico Con qué soñabas aos 15?, que non puido chegar a realizarse por falta de demanda, e que pretendía dar a coñecer historias de vida 4


de educadoras e educadores sociais, a través da imaxinación, facendo a pregunta “con que soñabas aos 15 anos?” e comparando unha foto con 15 anos cunha foto actual feita por unha fotógrafa profesional. En relación ás cotas colexiais, o aniversario tamén tivo repercusión, pois quixemos ter un xesto de agradecemento e recoñecemento ás persoas que levan colexiadas dende o ano de creación do colexio, rebaixando unha das cotas semestrais a 15€. As persoas que se colexiaron no Ceesg no 2016 tamén o notaron, pois a súa cota de alta reduciuse en 15€. E quen solicitase o pago de cota nun único pago anual no 2017, viu reducida a súa cota en 15€ menos. Foi a campaña de colexiación e fidelización que chamamos “15-15-15”, facendo un xogo de palabras co nome dun fertilizante de uso estendido en Galicia, elemento fundamental para seguir mantendo unhas raíces firmes e fortes. Quen participou nestas campañas responderon a unha pregunta sobre a importancia da colegiación, e as súas respuestas estanse a publicar nunha sección temporal deste mismo boletín, que se manterá durante os próximos meses. Por último, a constante que nos recordou que o colexio estaba nun ano especial, foi o uso dunha imaxe corporativa específica que incluía o texto “15 anos” ou as datas “2001-2016”

O 22 de xaneiro de 2017, o Ceesg cumpriu os seus 16 anos.

Feliz aniversario! 5


Por que é necesaria unha Lei de Educación Social?

CGCEES

K Porque

a educación é un tema moi serio que precisa de control e supervisión para que se dean servizos de calidade.

K

Porque evitariamos o intrusismo que dificulta o noso traballo e desvirtúa a nosa función socioeducativa.

K

Porque unha profesión regulada é garantía de profesionalidade, neste caso, no acompañamento, trato e atención ás persoas.

K

Porque permitiranos dar a coñecer a educación social como unha profesión transformadora de contextos e de persoas.

K

Porque as posibilidades para acreditar os nosos ámbitos de traballo deben ser diversos, de xeito que se permitan activar os mecanismos que regulen cada un dos servizos que ofrecemos en cada contexto socioeducativo que traballamos.

K

Para evitar a precariedade laboral nos nosos ámbitos de traballo (infancia, servizos sociais, maiores, cultura, educación regrada e non regrada, sanidade, discapacidade, prisións, mulleres, inmigrantes...)

6


Comunicado do Ceesg ante o peche do CIM de Ponte Caldelas

ACTUALIDADE

Ante o anuncio do peche do CIM de Ponte Caldelas, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia manifesta: Nos últimos anos, os Centros de Información á Muller convertéronse nunha ferramenta clave para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. A súa actividade sensibilizadora e preventiva, e a intervención global prestada a mulleres que sofren violencia ou en situación de vulnerabilidade fai dos CIM un recurso insubstituíble nas administracións locais. Os 81 CIMs que existían ata agora en toda Galicia parecen de feito insuficientes para atender as necesidades reais de toda a poboación, tendo en conta o número de casos de violencia de xénero e a prevalencia do machismo na nosa sociedade. Agora, o peche do CIM de Ponte Caldelas deixa a unha parte da poboación sen un servizo específico de prevención e de apoio ás vítimas, o que temos calificar como un retroceso na loita contra a violencia de xénero. A atención integral das mulleres que se presta nos CIM, próxima e especializada, non pode ser substituída por un servizo xenérico prestado unha vez por semana por profesionais sen especialización. Nun momento no que a igualdade debe ser asunto prioritario nas axendas políticas, e no que os servizos de prevención e atención ás vítimas de violencia machista se deberían blindar e reforzar, medidas coma esta demostran o descoñecemento, o desinterese, e a escasa conciencia de xénero por parte do concello que tomou esta decisión. Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia 10 de xaneiro de 2017 7


Potencialidades do deporte como ferramenta educativa. O deporte é unha actividade propicia para a promoción de valores persoais e sociais que favorecen un crecemento saudábel das persoas, contribuíndo á mellora da autoestima e as relacións sociais. Ademais, o deporte facilita a liberdade de movemento corporal, estimula o abandono do espazo privado doméstico e promove as relacións sociais e persoais.

Fiadeiras. Grupo de Traballo sobre Igualdade, do Ceesg.

Polo xeral, o deporte ocupa parte do chamado tempo libre das persoas. Se poñemos as manidas “lentes violetas” cabe cuestionarse canto tempo libre teñen as mulleres para a práctica de deporte e cales son as actividades deportivas practicadas, en caso de existir unha segregación por sexos neste eido. Sobre a primeira das cuestións, a referida ao tempo libre, a Enquisa de Emprego do Tempo publicada en 2010 polo Instituto Nacional de Estatística (INE), reflicte unha clara diferenciación na distribución do tempo en función das actividades en base ao sexo, sendo así, apréciase unha clara fenda no tempo dedicado polas mulleres ao fogar e á familia que repercute no tempo que dedicamos a outras actividades como a vida social, deportes e afeccións.

8


A incorporación masiva da muller ao mercado laboral, trouxo importantes cambios na estrutura social e na distribución dos tempos. Deste modo, rompéronse as barreiras que mantiñan unha separación das esferas públicas e privadas. Sen embargo, as estruturas mentais e familiares do patriarcado apenas teñen mudado. Así, mentres as mulleres sofren a xa coñecida “dobre xornada” – remunerada e doméstica – os homes continúan na súa “illa” de traballo remunerado sen ter incluído nas súas axendas o traballo doméstico e de coidados. En canto á segunda cuestión, de igual xeito no plano das actividades físicas e deportivas tamén se dá unha clara división sexual. Tal como recolle o “Estudo sobre actitudes e prácticas deportivas das mulleres españolas (1990-2005)” realizado polo Instituto da Muller, as prácticas deportivas maioritarias nas mulleres son andar ou deportes relacionados co atletismo e a montaña e a ximnasia.

9


O estudo tamén recolle os motivos polos que non se realiza a práctica deportiva, no que destaca a gran diferenza entre homes e mulleres no ítem referido á “falta de tempo para conciliar con responsabilidades familiares”, o que nos remite ao anteriormente exposto cando mencionamos a “dobre axenda ou xornada” das mulleres.

Se continuamos analizando o citado estudo, tamén se aprecian diferenzas en canto ao lugar de realización das actividades físicas ou deportivas, sendo significativas as que se refiren á realización destas actividades en instalacións públicas – maioritariamente os homes – e na casa, maioría de mulleres.

10


Outra diferenza significativa e que garda relación coas prácticas deportivas das mulleres, que son maioritariamente individuais, é a pertenza a algún tipo de club ou asociación, onde tamén se aprecia diferenza entre mulleres e homes. Esta diferenza acentúase se nos referimos a Federacións e moito máis a cargos directivos nas mesmas, sendo menos do 10% as mulleres que ocupan postos de responsabilidade no deporte español segundo o estudo “Muller e Deporte” do 2007.

Xa para rematar, outro dato significativo do estudo, é a diferenza na práctica deportiva fóra do colexio por parte de nenas e nenos sendo inferior nestas últimas.

11


Moitas especialistas sinalan a adolescencia como un momento crucial no que os índices de práctica deportiva entre rapazas e rapaces comeza a separarse. Durante a escola, a participación é semellante, mais na adolescencia refórzanse os roles femininos e presiónase ás mozas cara unha feminidade separada da práctica deportiva. Moitos rapaces teñen amplos e exitosos exemplos de deportistas de elite namentres as mozas teñen modelos de imitación ou referentes alleos á práctica deportiva, se acaso, algunha “noiva de”. É máis, cando algunha muller destaca no deporte de competición preséntase como un pouco masculinas ou destacando valores supostamente masculinos, cando non se verbaliza que detrás dese triunfo está a valía dun varón adestrador. Alén da sabida mellora na saúde que supón a práctica deportiva, como xa se mencionou, o deporte facilita a socialización e a apropiación de espazos fóra do ámbito privado- doméstico. Mais, cabe preguntarse se na esfera deportiva, as mulleres que practican deporte tamén se ven afectadas polas estruturas 12


patriarcais e os roles machistas. Efectivamente, sobre a práctica deportiva das mulleres tamén pesan visións sexistas que englobamos en catro ítems, entrecruzados entre si e que non deixan de ser distintas manifestacións do machismo: Corpo: o corpo deportivo das mulleres é un corpo estético, é dicir, condicionado a unha vestimenta que destaque as formas femininas, a maquillaxe e incluso os sentimentos estereotipados de dozura e fraxilidade, como no patinaxe ou na ximnasia rítmica. Mesmo fóra destas disciplinas, o corpo da muller deportista é sexualizado tanto polo tratamento mediático das deportistas, como pola aparencia, é dicir, a roupa deportiva feminina preséntase a miúdo “marcando formas”. Recente é aínda a polémica pola redución do tamaño das prendas das xogadoras de voleibol e balonmán praia. Ademais da sexualización da indumentaria deportiva destinada ás mulleres, é de destacar tamén a falta de roupa axeitada para certas prácticas deportivas. En ocasións, o corpo ou os atributos físicos -biolóxicos das mulleres son empregados como argumento para sustentar as desigualdades, sexa por unha suposta menor competitividade, menos forza ou a existencia da menstruación, un tema totalmente tabú. Neste senso, en relación á regra, alén do debate de se inflúe ou non no rendemento deportivo, o feito é que é unha cuestión totalmente esquecida e non poucas veces tenta ser regulada a través de métodos hormonais para evitar que coincida con eventos ou competicións deportivas. Tamén a capacidade de decisión das mulleres para ser nais tamén se ve influída ou mesmo prohibida a través de “cláusulas antiembarazo”. Feminización de deportes: as supostas diferenzas fisiolóxicas das mulleres orientan a súa elección deportiva de tal xeito que hai deportes que se feminizan, no que só hai mulleres como patinaxe artístico ou a ximnasia rítmica; e deportes onde as mulleres están ausentes, como o mundo do motor ou deportes de combate. Son exemplos de como se definen socialmente espazos vetados ás mulleres e que coinciden con esferas da identidade e de afirmación masculina. É máis habitual que unha muller entre nesa “esfera masculina” – deportes practicados maioritariamente por homes – do que acontece á inversa, é dicir, homes que practiquen deportes maioritarios entre as mulleres. 13


Deporte como finalidade estética: unha das tendencias máis destacables na práctica deportiva recente das mulleres é a instrumentalización do deporte como medio de coidado físico, como un modo de estar e manter a silueta. As características do deporte nas mulleres estiveron vinculadas sobre todo á súa dimensión estética, menos á súa dimensión de lecer e moito menos á súa capacidade de adestramento competitivo. Invisibilización de deporte feminino e falta de profesionalización: segundo o último estudo de audiencia e publicidade en televisión da Axencia de Medios Carta, os deportes ocupan o 9,4% do tempo de emisión de televisión e desa cifra, só unha pequena porcentaxe se refire a eventos deportivos femininos. Non só se trata dunha cuestión de cantidade de tempo, senón de calidade, é dicir, de como se informa. A miúdo estas referencias están impregnadas de paternalismo e dirixen a súa ollada a trazos estéticos e físicos das deportivas, como xa mencionamos antes referíndonos á sexualización dos corpos femininos. Alén disto, Fontecha sinala que no deporte se produce unha situación anómala en tanto que persisten cotas de desigualdade impensables hoxe en día noutras esferas da vida social. Un exemplo dos máis significativos é a falta de mulleres en órganos directivos ou técnicos, xa non só na elite deportiva, senón que moitas deportistas teñen dificultades para dedicarse profesionalmente ao deporte, poucas veces chegan a ser profesionais e, aínda séndoo, non poden ter dedicación exclusiva ao deporte de alto rendemento e competición por que non teñen a debida remuneración por esa actividade profesional. Con todo isto, semella que poderiamos concluír que o deporte feminino non é deporte. Se nos centramos nos resultados é evidente a distancia entre homes e mulleres. Mais centrarse nos resultados e nesta visión do deporte como competición é unha visión moi reducionista do mesmo. Tamén poderiamos dicir que o deporte feminino, non é feminino, é dicir, non encaixa no concepto de feminidade, máis pasiva e evorcada en cuestións afectivas e de coidado. Se ben é certo que na década dos 90 producíronse avances na relación muller e deporte, podemos sentenciar que son ámbitos distantes. Entre estes avances habería que destacar a Conferencia Internacional “Mujer y deporte: 14


el desafío del cambio” en 1994 do que xurdiu o Grupo Internacional sobre muller e deporte e a Declaración de Brighton, que persegue desenvolver unha cultura deportiva para a participación plena das mulleres neste ámbito da vida. Un ano antes, en 1993 fúndase a European Women Sport (EWS) que é o referente a nivel europeo. No 2003 o Parlamento europeo dita unha resolución. Xa no ámbito estatal, no 2005 créase a Comisión Mujer y Deporte do Comité Olímpico Español e a Unidade Mujer y Deporte do Consejo Superior de Deportes, no ano 2008. Cabe mencionar, o artigo29, referido a deportes da Ley Orgánica para a Igualdade efectiva de mulleres e homes do 2007 e que establece que tódolos programas públicos de desenvolvemento deportivo deberán incorporar a efectiva consideración do principio de igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no seu deseño e execución e que o Goberno promoverá o deporte feminino e favorecerá a efectiva apertura das disciplinas deportivas ás mulleres. Por tanto, efectivamente estanse producindo avances dende os estamentos deportivos e as administracións públicas a prol da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no deporte. Mais, que acontece co feminismo? Fontecha sinala no seu artigo de “Pikara magazine” titulado “Deporte y feminismo: una relación difícil” varios motivos: un deles é o rexeitamento ao deporte mediático e, como outro motivo, a negación do pracer corporal, aquel pracer derivado do corpo en movemento e, igualmente, a propia vivencia das feministas que tiveron practicado deporte mais non como unha actividade de goce. O feminismo, en verbas de Fontecha, ten abordado a necesidade de tomar o control dos nosos corpos, grazas ao cal se avanzou nos dereitos sexuais e reprodutivos mais, esqueceu a importancia da competencia motriz como parte indispensábel da identidade e autonomía das mulleres. Sen a xestión do propio corpo non é posible desmontar a desigualdade estrutural que a somete, mais neste exercicio de facernos donas do propio corpo, esquecemos que a autonomía corporal precisa desenvolvemento motriz. Con todo, o deporte por si mesmo non vai acadar estes obxectivos, é preciso de profesionais que desenvolvan as actividades físicas e do deporte cun enfoque libertador e igualitario. Nesta intersección é onde pode entrar a 15


figura da educadora social como facilitadora de cara a dotar das prácticas deportivas desta necesaria perspectiva social e feminista. Baseándonos no informe “Mujeres en forma contra la exclusión social” que establece un conxunto de trazos comúns e unhas pautas de acción despois de analizar diversas prácticas a nivel europeo de uso do deporte como ferramenta de traballo en prol da inclusión social consideramos oportuno enunciar os seguintes principios vertebradores da práctica educadora no eido deportivo: 1. Proximidade: é dicir, que as responsables deben ter vínculos estreitos cas participantes. Nas experiencias analizadas, estas responsables eran educadoras de rúa ou doutras institucións da zona ou barrio, nalgunhas ocasións, postos que deberían ser desempeñados por educadoras sociais. 2. Creación de relacións institucionais: o que supón por en contacto diferentes servizos e recursos, o que en Educación Social referimos como traballo en rede e que debería formar parte do noso “repertorio” de habilidades e métodos de acción. 3. Busca de persoal competente e ben formado: nas experiencias recollidas neste informe, apréciase certo voluntarismo, é dicir, con moita vontade mais non sempre con capacidades e recursos técnicos. É importante contar con persoal técnico formado, como poden ser as tituladas en Ciencias do Deporte e de Educación Social, constituíndo unha equipa interdisciplinar que aporte as dúas “vertentes” técnicas. 4. Non descoidar a planificación nin os obxectivos. Por moito que sexa un proxecto baseado no deporte, cun compoñente hedonista e lúdico, iso non supón deixar a planificación para a improvisación. É preciso coñecer o grupo, adecuar as actividades, elixir os recursos precisos, sistematizar os recursos de avaliación, etc. E garantir a continuidade da actividade de cara á súa consolidación. No que se refire ao deseño de programas, as educadoras sociais reúnen as competencias precisas para facelo. 5. Protagonismo das mulleres: as mulleres deben estar en postos de responsabilidade e xestión, posto que favorece a empatía e serven de 16


exemplo ás participantes. Nalgunhas das experiencias deste informe, amósanse como favorecedoras iniciativas de carácter mixto posto que fan medrar a ambos xéneros. Por tanto, o empoderamento integral supón rachar co modelo de beleza que obriga a “sufrir” para alcanzar ese ideal e, por outra banda, desenvolver a competencia motriz, é dicir, que as mulleres realicen actividade físicadeportiva para divertirse, para a autoxestión corporal, o cal fomenta o seu empoderamento: mulleres en movemento, mulleres libres. — BIBLIOGRAFIA:  Merelas, T. (2011). ¿Tiene género el tiempo? Congreso Internacional Jóvenes Construyendo Mundos UNED. Libro de Actas.  Varias autoras (2013). Mujeres en forma contra la exclusión. Universidad de Alicante: centro de estudios de la mujer.  Telecyl Estudios (2006). Actitudes y prácticas deportivas de las mujeres en España (19902005). Ministerio de trabajo y asuntos sociales: Instituto de la Mujer.  Fontecha, M. (2016). Deporte y feminismo: una relación difícil. Pikara Magazine.  Élida Alfaro. Seminario “Mujer y deporte”: El liderazgo de las mujeres en el deporte. Implicaciones de la Ley de Igualdad (2010). Universidad Politécnica de Madrid.

17


4º Concurso de proxectos de Educación Social

Memorial Toni Juliá Prazo: 1 de marzo de 2017

Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educación social.

Premiaranse os máis interesantes e innovadores, facilitando a súa futura difusión.

O concurso é a nivel estatal, pero ten unha fase autonómica (ata dous proxectos galegos poderían pasar á final estatal).

Tamén haberá un recoñecemento para as persoas que superen a fase galega. Máis información

O teu labor na Educación Social ten valor.

! 18


Curso de ética aplicada á acción socioeducativa.

FORMACIÓN

No mes de xaneiro e primeira fin de semana de febreiro tivo lugar o curso de ética, no que afondamos nas implicacións e dilemas éticos que podemos atoparnos na acción socioeducativa. Recollemos aquí algúns dos comentarios do alumnado, que nos trasladan a través do cuestionario de valoración da formación:

C

En xeral, a formación foime de moita utilidade para min como persoa e como profesional.

J

D

Que os cursos se fagan en lugares onde poidamos ter aparcamento gratuíto.

A

O encontro estivo tan ben que precisaría de darlle continuidade periódica.

L Melloras na accesibilidade.

Foto de grupo. Alumnado xunto a un dos docentes, Joan Canimas.

19


Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os A Educación Social nos servizos sociais comunitarios. En liña. 6 de marzo a 7 de abril. Inscrición ata 1 de marzo. Universidade de Las Palmas de Gran Canaria. Máis información

Intervención en situacións de trauma relacional desde a perspectiva do apego: escollos e oportunidades. A Coruña. 26, 27 e 28 de outubro de 2017. International Attachment Network Iberoamericana (IANI). http://www.jornadasianiacoruna.es/

Información detallada destas accións formativas en www.ceesg.org 20


EMPREGO Estas son as ofertas de emprego publicadas o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada, recorda consultar frecuentemente a web do Ceesg

Orientador/a laboral. Santiago Monitor/a sociocultural. Ribeira Técnica/o educación. Galicia Animador/a sociocultural. Salceda de Caselas Orientador/a para a inserción. Salceda de Caselas Educador/a social. Vigo Operaria/o Centro coordinador de emerxencias. A Coruña Dinamizador/a sociocultural. Guitiriz Educador/a. Lugo Técnica/o de proxectos sociais. Ourense Educador/a social. Vigo 21


Educador/a social. Lugo Educador/a social. Tomiño Técnica/o social. Ferrol

22


O que queiran os e as adolescentes

BloguES

Isto é o que oímos a unha boa cantidade de representantes políticos que traballan na área de Mocidade, pero non estou de acordo. Se de verdade queren facer o que moitos/as adolescentes quererían que fixesen, prepárense a perder votos: copas gratis, dispensarios de marihuana, horario libre para regresar a casa, non facer deberes, que os deixen en paz, que os Juan F. Berenguer Martínez Animador sociocultural. Educador social. Trabajar con jóvenes

adultos calen, lugares para ter sexo en condicións, instalacións abertas para cando eles/as queiran, lugares habilitados para beber onde os/as adultos/as só sirvan para limpar, que poidan campar ás súas anchas en redes sociais... En fin, son adolescentes, como vostedes e eu o fomos. Non é a isto ao que nos dedicamos, nin vostedes, Concelleiros de Mocidade

Trabajar con jóvenes

ou Directores Xerais de Xuventude, nin os e as profesionais que traballamos

@Trabaconjovenes

con mozas e mozas. Quero crer que o noso labor vai sobre aprendizaxes, sobre construír cidadanía e se me apuran, consumidores críticos. Quero crer, ademais, que nos esforzamos, vostedes e nós, por propiciar que aprendan a desenvolver habilidades de vida que lles sirvan para expresarse, para saber como funciona a sociedade, para buscar un emprego, para relacionarse e ser o que son: seres sociais. Quero pensar que estamos para incorporalos/as aos procesos de toma de decisións, para acompañalos/as nestes tempos de cambio e propiciar que sexan persoas interesadas no que lles rodea: o seu barrio, a súa localidade, o seu país, o mundo no que habitan. Desexaría estar no certo cando penso que desde Xuventude trabállase en programas de dinamización e participación xuvenil, en proxectos antirumores, de emancipación, de igualdade, de promoción da saúde, de cultura e 23


expresión xuvenil, de solidariedade, de lecer creativo, de defensa dos seus dereitos e imaxe, de xestión de espazos xuvenís por asociacións ou grupos de mozos e mozas non estruturados, de crear espazos para a participación. De formarnos continuamente, vostedes e nós, para traballar con nativos dixitais, de promocionar hábitos saudables para a mente como a lectura e o coñecemento. Quero crer que os miles de estudos que se realizan ao cabo do ano, a maioría encargados pola propia administración, non quedan gardando po nun estante ou engordando curriculum senón que sempre buscarán a súa implementación na vida dos mozos e mozas. Se non é así , para que nos serven? De confeccionar Plans de Mocidade que non queden nunha preciosa publicación ou web carísima que morre de inanición. Plans que sexan unha ferramenta viva e en continuo proceso de creación onde as mozas e mozos que o desexen poidan ter unha canle de expresión para propoñer accións que melloren a súa cidade. Que o camiño sexa tan importante ou máis que o resultado. Quero convencerme de que o noso traballo consiste en todo isto e non en montar viaxes á neve, nin ao musical de moda, nin ás carreiras de cores ou os zombis, nin a zumba, nin a espectáculos carísimos que valerían para traballar todo un ano algún dos temas que aquí se enumeran e si son traballo noso. Para o outro, xa temos a outros departamentos (Festexos, Cultura, Deportes..) e, sobre todo, á omnipresente industria do entretemento que por máis que queiramos xamais poderemos competir con ela. Que andamos preocupados en analizar como poden acceder mellor á información e que a entendan e asimilen no marco das canles que adoitan utilizar. A información non pode ser unha ladaíña de ofertas coma se fósemos un supermercado. Necesito ilusionarme con que nisto é no que traballamos, vostedes e nós. Creo que é un traballo máis que digno e importante para a sociedade como 24


para perder o noso tempo e escaso orzamento en facer actuacións que non nos corresponden. Hai tempo que moitos/as profesionais se deron conta que non importa tanto o resultado final como o itinerario para conseguilo. Quen traballamos a participación sabémolo dabondo: non é máis importante o resultado dunha actividade que o vivido por un grupo de mozos e mozas que a idearon, planificaron, xestionaron, executaron e avaliaron, co acompañamento de profesionais aos que deixaron traballar. Rógolles que me crean cando lles digo que uns mozos e mozas que asistiron a unha actividade xuvenil esquecerana ás poucas horas de realizala, pero se esa mesma actividade é montada por ese grupo de mozos e mozas, non se lles esquecerá e as aprendizaxes conseguidas marcaranse cunha liña indeleble que lembrarán sempre. Entre o entretemento institucional e a participación desde os departamentos de Mocidade, sempre quedarei co segundo, aínda que me quede só. PD: Tras moito tempo buscando na Constitución, Leis, Acordos Internacionais, Recomendacións da Comisión Europea, tese, estudos e demais documentos referentes sobre políticas de mocidade, non atopei nada que fale da importancia que ten para os servizos de mocidade a zumba, os zombis, as carreiras de cores, as viaxes á neve ou os concertos do coach de moda. Nin rastro. Entón, por que o facemos?

PD: Con este post acabo a serie de entretemento vs aprendizaxes. Xa está ben. Artigo publicado no blog http://trabajarconjovenes.blogspot.com.es/ o 30 de novembro de 2016

25


PARA LER E REFLEXIONAR

Revista Galega de Educación, nº 66.

Nova Escola Galega Ano: 2016

A Revista Galega de Educación xa tivo o seu espazo hai tempo neste recuncho do Boletín do Ceesg, pero a temática de contidos escollidos para o seu último monográfico, fai que chamemos de novo a atención sobre ela. Este número 66 trata sobre “Infancias, desprotección social e educación”. No sumario, comprobamos que a Educación Social ten, como non podía ser doutro xeito neste caso, un papel protagonista. Moitos dos artigos están asinados por compañeiras/os de profesión que relatan dende o enfoque teóricopráctico que caracteriza a revista, experiencias de atención socioeducativa á infancia en diferentes contextos (servizos sociais comunitarios, equipos técnicos, recursos de protección...) Un número 100% Educación Social e de recomendada lectura.

Publicación dispoñible na

26


Reunión coa Subdirección Xeral de Centros, da Consellería de Educación

ACTUACIÓNS

O asunto a tratar foi a convocatoria de subvencións para contratación de persoal de apoio a necesidades específicas de atención para centros concertados, onde se exclúe a educadoras/es sociais. Comprometéronse a estudar a documentación aportada e valorar a pertinencia de incluírnos en próximas convocatorias.

Curso de ética aplicada á acción socioeducativa A formación tiña por obxectivo introducir a profesionais da acción socioeducativa na reflexión ética aplicada ou práctica vinculada ao exercicio da súa actividade, aprendendo a identificar, clarificar e afrontar os conflitos éticos derivados da mesma. 23 persoas participaron desta formación, que tivo unha valoración moi positiva por parte do propio alumnado.

E tamén...  Asistencia á presentación pública en Santiago de

 Xuntanza cos colexios profesionais de Traballo Social

‘Vida’ e ‘Máis ca Vida’, na que participou o presidente do CGCEES, Xavier Puig.

e Psicoloxía, na que presentaron unha proposta de liña de traballo conxunta.

 Colaboración con Claqueta Coqueta, para a

 Reunións do Foro de Inmigración (entidades da zona

planificación da elaboración dun material didáctico baseado nos materiais audiovisuais de ‘Vida’ e ‘Máis ca Vida’

de Santiago e tamén a nivel autonómico)  Participación na II Feira das profesións organizada

polo IES Rosalía de Castro de Santiago, para orientar ao seu alumnado.

 Reunión de entidades feministas para organización

dos actos do 8 de marzo.

 Achegas ao borrador de Lei de Educación Social, para

 Reunións de traballo de A Eira do Ceesg e da área de

o CGCEES.

Comunicación e Participación colexial.

 Servizo de asesoramento xurídico, para persoas

27

colexiadas.


POR QUE CRES QUE É IMPORTANTE COLEXIARSE Considero que debemos unirnos como profesionais e facer visible esta nosa profesión que se considera comodín doutras e non recibe o respecto que merece. Ademais, temos moita información sobre educadoras e educadores sociais reunida nunha mesma entidade que proporciona información, encontros, congresos, ...etc, para seguir formándonos e avanzar no camiño que temos por diante. Silvia García Mouriño, colex. Nº 4870

POR QUE TE COLEXIACHES

Respostas de educadoras/es sociais que se colexiaron no 2016

Penso que é importante para loitar pola nosa profesión e que vaia adquirindo o valor e dignificación que se merece.

Fabiola Pájaro Pajón Colex. n. 4877

Respostas de educadoras/es sociais que se colexiaron no 2001

Foron os anos onde eu comezaba a traballar como Educadora social e vía nece sa contar co apoio do Colexio rio , sobre todo, en tempos onde ao INEM a inscribirte com ías o demandante de emprego e coñecían a nosa profesión, non non existíamos!! Natalia Domínguez Galán, colex. Nº 398

Por corporativismo. Por loitar de forma conxunta e organizada pola Educación Social. Lourdes González Vázquez Colex. Nº 169 28


«O/A educador/a social, ao traballar en equipos e/ou en redes, farao dunha forma coordinada. Será consciente da súa función dentro do equipo, así como da posición que ocupa dentro da rede e será consciente da medida en que a súa actuación pode influír no traballo do resto dos membros, do propio equipo e dos profesionais ou servizos. Formularase unha actuación interdisciplinar tendo en conta os criterios, coñecementos e competencias dos outros membros do equipo ou rede. Toda actuación dun profesional da educación social estará definida por unha actitude constante e sistemática de coordinación co fin de que o resultado das diferentes accións socioeducativas coa persoa ou o colectivo sexa coherente e construtivo.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES Código Deontolóxico do educador e a educadora social. Principios deontolóxicos xerais

Principio de complementariedade de funcións e coordinación.

29


AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.

Novo horario do servizo xurídico A partir de agora, o servizo xurídico do Ceesg atenderá presencialmente na sede do colexio os primeiros e últimos xoves de cada mes, en horario de 17:00 a 19:00h.

30


ceesg.gal Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia @GaledusoCeesg

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas) 15707 Santiago de Compostela 981552206

Geix Ceesg Escaravellando Grupo de Infancia e Adolescencia aBeira Ceesg http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/ Fiadeiras Ceesg A Eira do Ceesg

31

Boletín do Ceesg

Boletín do Ceesg nº 110  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you