Issuu on Google+

O MONTE MONFADAL

RESUMO FOTOCOPIABLE

RSF-06-L1

06

1. As relacións semánticas: a antonimia A antonimia consiste na oposición de significados entre dúas palabras distintas. Podemos distinguir: • Antónimos perfectos: un termo implica necesariamente ao outro en todos os contextos: impar/par. • Antónimos habituais: un termo implica ao outro pero non necesariamente en todos os casos (forte/débil) xa que por exemplo non podemos dicir *café débil como antónimo de café forte. • Antónimos contextuais: termos que só se opoñen nalgúns contextos. Por exemplo comportamento brando/ comportamento rudo, pero non podemos dicir comida branda/comida dura. Podemos dicir froita verde/froita madura pero non luz verde/luz madura haberá que dicir luz vermella. • Antónimos gramaticais: son termos que opoñen os seus significados mediante procedementos gramaticais como os prefixos in- (indiscreto), des- (desarmar), a- (amoral), contra- (contrarrevolucionario), extra- (extraordinario) e anti- (antidemocrático).

2. Os cultismos. Os semicultismos. As palabras patrimoniais Os cultismos son palabras que proceden do latín ou do grego e que, na súa evolución á nosa lingua, non sufriron cambios fonéticos importantes. Presentan as seguintes características:

© Material fotocopiable / TAMBRE - EDELVIVES

• Acentuación esdrúxula: oftalmólogo. • Presenza de ditongos crecentes: consciente. • Conservación dos grupos latinos qua- e gua-: cuaternario, minguar. • Conservación dos grupos consonánticos latinos: pl- (platino), cl- (clamar), fl- (flexión), bl- (blasfemar) e gl(gloria). • Conservación dos grupos latinos –ct- (lácteo), –ult- e –alt-: multitudinario, alteralidade. • Conservación dos grupos consonánticos –mn-, -bs-, -cc-, -pc-, -pt-: omnipotente, abstracto, obxección, opcional, óptimo. • Conservación do –l- e do –n- en posición intervocálica: popularidade, escena. • Presenza das terminación –ario e –aria: centenario, primaria e dos diminutivos –ículo, -ícula e –óculo: retícula, monóculo. Os semicultismos son palabras procedentes do latín que experimentaron pequenos cambios fonéticos debido á súa tardía incorporación á lingua. Presentan os grupos consonánticos pr (pracer), cr (cravo), fr (fraco), br (branco) e gr (igrexa) así como os grupos –ut- (doutor) e –it- (suxeitar). As palabras patrimoniais son as que sufriron unha maior evolución fonética xa que están presentes na nosa lingua desde a súa orixe e, polo tanto, experimentaron todos os cambios fonéticos posibles. Presentan as seguintes características: • Redución dos grupos latinos en –ca- e –ga-. • Palatalización dos grupos pl, fl e cl en ch (chorar, chama e chave). • Ausencia de grupos consonánticos. • Desaparición do –n- e do –l- en posición intervocálica.

Lingua galega e Literatura 2.º ESO

092-132_101458RD_RES_FOT.indd 111

111

31/05/12 16:47


As relacións semánticas a antonimia