Ppa gp clá por cursos

Page 67

MATERIA: DANZA DE CARÁCTER CONTIDOS -O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( danza húngara ou mazurca)coa música correspondente, que inclua traballo cos zapatos de carácter( punta, tacón, pivots, plantas, choques cos talóns, promenades e saltos), e traballo dos brazos e da cabeza. Terá coñecemento da orixe destas danza o ritmo musical das mesmas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a variedade de estilos das danza de carácter ( danza húngara ou mazurca) así como o seu ritmo musical. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas de carñacter e recoñeza a través do seu visionado (pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico da mazurca ou a danza húngara. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - interpretar unha danza de carácter, que inclúa os braceos, cabezas e estilo da mazurca ou da danza húngara. Con este criterio, comprobarase que o alumno acadou o concepto de estilo necesario para a danza de carácter no seu conxunto. MATERIA: PANTOMIMA E INTERPRETACIÓN

CONTIDOS - Posibilidades do corpo expresivo e comunicativo en varias manifestacións. - Códigos e símbolos da comunicación no verbal. - Centros corporais de expresión, xestos e posturas. - A pantomima como manifestación da linguaxe corporal: orixe e historia. - Práctica de exercicios, xogos, improvisacións individuais e en grupo aplicados en concreto aos personaxes que se vaian representar.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.