Ppa gp clá por cursos

Page 5

- Realizar no centro pequenas variacións con ritmos diferentes que o alumnado debe memorizar e reproducir. Este criterio pretende comprobar a súa memoria e o seu sentido rítmico. - Realizar unha improvisación dun fragmento musical que o pianista toque no momento, a partir dunha escoita previa. A través deste criterio, comprobarase se o alumnado desenvolveu a súa creatividade e expresión artística, así como tamén a musicalidade, a sensibilidade e o correcto emprego do espazo. - En todos os exercicios valorarase o correcto emprego da respiración, así como a capacidade artística, a sensibilidade e a musicalidade do alumnado.

MATERIA: DANZA GALEGA, DANZA DE CARÁCTER OU DANZA ESPAÑOLA O alumno traerá unha peza a elexir entre estas danzas: - Danza Galega (xota ou muiñeira) -Danza de carácter (Danza rusa, Polonesa ou Tarantela) -Danza Española ( Escola bolera ou Flamenco ) CRITERIOS DE AVALIACIÓN Realizar a danza elexida tendo en conta a correcta colocación dos pés, os brazos, o torso e a cabeza. Con este criterio preténdese comprobar que os alumnos e alumnas teñen comprendido o carácter e o estilo destas danzas e as executan sen perder a colocación, empregando correctamente o espazo, nas suas dimensións e dirección.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.