Page 1

‘iLalelo’

Carlos Blanco & Budiño DJ

Xoves 4 ás 21:30 horas

4, 5 e 6 de outubro Auditório municipal Burela 2012

‘Chebrévere’

Xiii

O bo se breve dúas veces chévere

Xornadas de

teatro

Chévere

Carlos Blanco convertido en rapeiro e Budiño en dj. A fusión chámase iLalelo, o espectáculo que une entorno á palabra, a música e a improvisación a dúas figuras galegas dos escenarios. iLalelo, con i pequeno. Humor 2.0. Retranca para o século XXI.

Os monólogos de Carlos Blanco atopan acubillo e transfórmanse en hip-hop hipnótico nas bases de Budiño Dj. Dúas figuras da escena galega unen as súas forzas nun espectáculo singular.

> Xoves 4, ás 21:30 horas ‘iLalelo’ Carlos Blanco & Budiño DJ > Venres 5, ás 21:30 horas ‘Chebrévere. O bo se breve dúas veces chévere’ Grupo Chévere

Falando de redes sociais, de redeiras cibernéticas, de poemas imposibles. Facendo participar ao público de salas e festas. Con risas garantidas polo humor intelixente de Carlos Blanco unido á calidade musical de Budiño Dj, e aportando tamén a súa música en directo, iLalelo é un espectáculo chamado a mover masas e a exportar ‘Galicia calidade’ polo mundo. Un ‘show’ diferente a todos. Fresco, valente e vivo.

Sábado 6, ás 18:00 horas ‘Vacacións no Mar’ Mircromina Títeres >

Para non perdelo! iLalelo! Organiza

Patrocina

Colabora

Porque estamos no mundo.

Venres 5 ás 21:30 horas No 2012 o grupo de teatro Chévere cumpre 25 anos de actividade escénica. En tal data, a compañía non podía deixar de visitar Burela, pois foi esta vila unha das primeiras en confiar no seu talante teatral. Aquí atoparon un dos seus primeiros públicos cómplices.

Foi no desaparecido cine Mon, alá polo final dos anos oitenta, convidados polo C.C Buril, cando Chévere presentou a súa versión escénica dos míticos superheroes ‘O mal non acouga’. Un título premonitorio do que sería a historia de Galiza e, por extensión do resto do mundo, nestas últimas dúas décadas. Tempo no que Chévere tiveron que aprender a facer teatro de verdade para subsistir. Mellor ou peor, o feito é que chegaron ata aquí mantendo a súa independencia, deixando no camiño decenas de espectáculos, centos de actuacións e nada menos que 20 anos de actividade na Sala Nasa. Como nunha pequena festa de aniversario e como agasallo da compañía a todo o público burelá e da Mariña, Chévere ofrecerá unha escolma de pezas breves extraídas do seu repertorio clásico e recente. ‘Sketches’, cancións, personaxes e historias feitas a pé de escenario que retratan o xeito de entender o humor, o amor e os odios destes cómicos incansables que son os Chévere. En escena: Miguel de Lira, Patricia Lorenzo, Manuel Cortés e Xron. Músicos ao vivo: Xacobe Martínez, Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.

XIII XORNADAS DE TEATRO_BURELA  

Programa das XIII XORNADAS DE TEATRO DE BURELA, organizadas polo C.C. Buril. 4, 5 e 6 de outubro. Auditório Municipal. iLalelo. Carlos Bla...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you