Page 1

iBroLiT – Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology

Lupe Gómez: libre e estranxeira Estudos e traducións Burghard Baltrusch (ed.)

Frank & Timme Verlag für wissenschaftliche Literatur


Resumo No contexto da variada poesía galega contemporánea e do boom das escritoras no período posfranquista, Lupe Gómez ocupa unha posición destacada. Inicialmente controvertida por ser provocadora e refutar o canon estético, converteuse en autora de culto, que construíu desde Pornografía (autoeditado en 1995) unha obra anticulturalista, feminista, libertaria, mais tamén con matices surrealistas e existencialistas. Na súa estética innovadora aparecen liberdade, outredade, transición ou repetición como topoi fundamentais. Este volume reúne practicamente todas as análises da obra até o momento, unha entrevista coa autora, un glosario de conceptos centrais da súa escrita, xunto con catro traducións de dous poemarios (inglés, francés, portugués e alemán). Zusammenfassung Innerhalb des Booms von Autorinnen in der reichhaltigen galicischen Dichtung der Nach-Franco-Zeit nimmt Lupe Gómez eine Sonderstellung ein. Zunächst umstritten aufgrund ihrer Provokationen und Ablehnungen der etablierten literarischen Ästhetik, ist sie zur Kultautorin avanciert und hat, seit dem 1995 selbstedierten Gedichtband Pornographie, ein antikulturalistisch, feministisch, libertär, doch auch surrealistisch und existentialistisch gefärbtes Werk vorgelegt. In ihrer innovativen Ästhetik stellen Freiheit, Andersheit, Übergang oder Wiederholung zentrale topoi dar. Dieser Band vereint fast alle bisherigen Werkanalysen, ein Interview mit der Autorin, ein Glossar der Leitbegriffe ihrer Dichtung und vier Übersetzungen zweier Gedichtbände (englisch, französisch, portugiesisch und deutsch). Abstract Within the varied context of Galician contemporary poetry and its boom of women writers Lupe Gómez holds a privileged position. Initially controversial because of her provocative themes and her refutation of the established aesthetic norms, she has turned into a cult author who managed to build, since the self-edition of Pornography in 1995, an oeuvre that is anticulturalist, feminist, libertarian, but also characterized by surrealist and existentialist overtones. Some of the principal literary topoi within her innovative aesthetics are freedom, otherness, transition or repetition. This volume combines most of the studies of the oeuvre up to now, an interview with the author, a glossary of her poetry’s key concepts together with four translations of two volumes of poems (English, French, Portuguese and German).


Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology – Studies in Contemporary Literature, vol. I. Series editors: Camiño Noia Campos, Burghard Baltrusch, Teresa Bermúdez and Gabriel Pérez Durán

iBroLiT Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology Honorary Editor: Camiño Noia Campos Editorial Board: Burghard Baltrusch, Teresa Bermúdez Montes, Gabriel Pérez Durán Advisory Board: Silvia Bermúdez Ana Paula Ferreira Susana Kampff Lages Ria Lemaire Mertens Inocência Mata Lênia Márcia Mongelli Cláudia Pazos Alonso John Rutherford Kathrin Sartingen Fernando Venâncio Yara Frateschi Vieira Michaela Wolf

(University of California, Santa Barbara) (University of Minnesota) (Universidade Federal Fluminense) (Université de Poitiers) (Universidade de Lisboa) (Universidade de São Paulo) (University of Oxford) (University of Oxford) (Universität Wien) (Universiteit van Amsterdam) (Universidade Estadual de Campinas) (Karl-Franzens-Universität Graz)

Editorial Contacts: GAELT Universidade de Vigo, Facultade de Filoloxía e Tradución 36310 Vigo, Galiza / España bermudezteresa@uvigo.es | http//:gaelt-uvigo.blogspot.com


© Illustrations: Gabriel Pérez Durán © Cover Photo: Teresa Bermúdez Montes © Series Design: X. Bieito Arias Freixedo & Gabriel Pérez Durán © Pornografía: Lupe Gómez Arto; Edicións Positivas. © Os meus dedos na miña braga con regra: Lupe Gómez Arto; Edicións Xerais de Galicia. © Translations Pornografía: Rebeca Lema Martínez & Erín Moure (English); Rebeca Lema Martínez (French). © Translations Os teus dedos na miña braga con regra: Ana Bela Simões de Almeida (Portuguese); Burghard Baltrusch (German).

This edition has been funded by the Spanish Ministry of Science and Innovation / FEDER (FFI2009-08475), by the Xunta de Galicia (INCITE09-204127PR), and by the GAELT research group of the University of Vigo (H012, 2010–2013). Revision of the Galician texts: María Comesaña Besteiros. Revision of the Portuguese texts: Burghard Baltrusch. Layout: Rita Bugallo. ISSN 2194-752X ISBN 978-3-86596-464-9 © Frank & Timme GmbH Verlag für wissenschaftliche Literatur Berlin 2013. Alle Rechte vorbehalten. Das Werk einschließlich aller Teile ist urheberrechtlich geschützt. Jede Verwertung außerhalb der engen Grenzen des Urheberrechtsgesetzes ist ohne Zustimmung des Verlags unzulässig und straf bar. Das gilt insbesondere für Vervielfältigungen, Übersetzungen, Mikroverfilmungen und die Einspeicherung und Verarbeitung in elektronischen Systemen. Herstellung durch das atelier eilenberger, Taucha bei Leipzig. Printed in Germany. Gedruckt auf säurefreiem, alterungsbeständigem Papier. www.frank-timme.de


Para min os días, todos os días, son de cor AZUL. (Lupe Gómez Arto)


Índice Lupe Gómez: libre e estranxeira – unha introdución Burghard Baltrusch………………………………………………...........................

9

I. Estudos ............................................................................................................

17

Nus literarios con vacas dentro: Lupe Gómez e a renovación poética dos anos noventa María Xesús Nogueira Pereira……………………………………...........................

19

Atentado ao culturalismo – aproximación crítica á obra de Lupe Gómez Ana Bela Simões de Almeida & Burghard Baltrusch……….............................................

35

“E facemos regos, facemos versos”: achegamento á autopoética da transgresión na obra de Lupe Gómez Teresa Bermúdez Montes……………………………………..................................

63

Unha biografía da multitude: Luz e Lupe Helena González Fernández……………………………………..............................

77

“Libres, abertas, faladoras”: presenza do corpo e da menstruación na obra de Lupe Gómez Teresa Seara..………………………………………………………......................... 91

As vacas e os elefantes na obra poética de Lupe Gómez: a construção do eu perante o outro absoluto Ana Bela Simões de Almeida…………………………………................................. 103

Do cuestionamento á performance. Aproximación á representación do xénero na poesía galega de muller: Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Lupe Gómez María Comesaña Besteiros……………………………………………....................

111

“Onde o desejo arde sem escrúpulos / na tempestade das roupas pelo chão”: Lupe Gómez e Olga Savary Marleine Paula Marcondes e Ferreira de Toledo…………......................................... 133

7


II. Repertorios......................................................................................................

149

A escritora e a viaxe. Con Lupe Gómez en Santiago de Compostela Manuela Palacios González [entrevista]………………….........................................

151

Glosario para lupenautas Arturo Casas……………………………………………………............................. 159

III. Traducións.....................................................................................................

181

Pornography (translated by Rebeca Lema Martínez & Erín Moure)………….....................

183

Pornographie (traduit par Rebeca Lema Martínez)…………........................

183

Os teus dedos nas minhas cuecas com o período (traduzido por Ana Bela Simões de Almeida)…………………....................... 245 Deine Finger in meinem Slip, wenn ich die Tage habe (übersetzt von Burghard Baltrusch).................................................................

245

Autoras e autores………………………………………………….........................

303

Bibliografía……………………………………………………………..................

309

Índice temático e onomástico……………………………………….....................

323

8


Lupe Gómez: libre e estranxeira – unha introdución Burghard Baltrusch Ás veces síntome a persoa máis libre do mundo. Na soidade aprendo versos e ensaio a risa, unha risa que cada vez é mais alta e máis indecente. (L. Gómez, O útero dos cabalos: 112) Os amantes están tristes e divírtense xogando cos xoguetes que ninguén lles compra, que eles rouban. Os amantes andan por aí como estranxeiros. (L. Gómez, Azul e estranxeira: 52)

Foi en 1995, con Pornografía, que a obra de Lupe Gómez Arto entrou de golpe na literatura galega. A súa provocación temática e refutación das exixencias estéticas (ou líricas) do consumo poético institucionalizado deixaron unha marca profunda na poesía dos anos 90 en Galiza: “Eu no meu primeiro libro Pornografía decidín ser unha puta e esa palabra é un pecado moi grande. Para min ese pecado absoluto era unha liberación necesaria.” (Gómez en Palacios neste volume). Para maior desconcerto, tratábase dunha edición de autora, o que a colocaba, en todos os sentidos, á marxe do sistema literario. A súa frescura e forza expresivas, o anticulturalismo, o feminismo decidido e non convencional e a súa epistemoloxía libertaria fixeron que Pornografía se tornase un libro de culto. O que aínda lle faltaba era a tradución a outras linguas, que é precisamente o que aquí quixemos engadir a unha antoloxía de estudos que procura compaxinar a análise académica coa divulgación.

9


Este volume representa un proxecto certamente atrevido tratándose dunha poeta aínda nova, controvertida e que escribe, ademais, nunha lingua minorizada. Con todo, nas case dúas décadas que se seguiron ao seu primeiro poemario, que xa conta con dúas reedicións, xurdiron 13 libros máis, basicamente poesía pero tamén prosa e teatro. O útero dos cabalos (2003) e Azul e estranxeira (2004) recibiron os premios Johán Carballeira e Eusebio Lorenzo Baleirón, respectivamente, e a progresiva aceptación e proxección da súa obra ficou tamén confirmada polo crecente interese que lle ía dedicando a crítica académica, aquel “proceso enriquecedor” no que “os outros inventan poemas distintos a partires dos teus” (Gómez 2001a: 118). En varios sentidos, a obra de Lupe Gómez (LG) destaca dentro do que podiamos chamar vagamente poesía galega posfranquista e o seu encaixe literario-historiográfico e xeracional no contexto da literatura galega ten as súas complicacións.1 A pesar de ser parte deste contexto, sería demasiado fácil subsumir a súa obra baixo o boom da poesía de mulleres que caracteriza a literatura galega dos últimos 30 anos. Neste período deuse unha tal riqueza de voces e estilos, novidosos na historia literaria galega contemporánea, que as tentativas de clasificación e xeneralización, sobre todo cando se trata da escrita de mulleres, carrexan o perigo de invisibilizar as características individuais. En relación á obra de LG estas características incluirían, por exemplo: • o reducido retoricismo e a procura dunha expresión máis directa a través dunha escritura do corpo (cf. Nogueira neste volume); • a negación de mediacións, como a editorial-institucional, do culturalismo e outros discursos (cf. Almeida & Baltrusch neste volume); • a creación dunha obra que debe ser lida como macrotexto e como arte do facto (cf. Bermúdez e Comesaña neste número); • unha aproximación innovadora da tentación totalizadora da ilusión biográfica (cf. González neste volume); • a escrita ao xeito da regra e cun uso simbólico do seu sangue (cf. Seara neste volume); • a tentativa de superación do dualismo entre o humano e o animal a través dun especismo ecofeminista (cf. Almeida neste volume); • unha obra ‘pornógrafa’ por transgresión que aínda así busca o éros (cf. Toledo neste volume); • a práctica do estrañamento para incorporar o estranxeiro (cf. Palacios neste volume); • ou o cuestionamento dunha contraposición entre lirismo e refutación do lirismo na súa poética (cf. Casas neste volume).

1

Cf. por exemplo González 2005, mais tamén Nogueira ou Comesaña neste volume.

10


Así, a obra de LG preséntase como un breviario dos discursos non-líricos na poesía contemporánea,2 sendo a subversión do discurso androcéntrico un dos aspectos destacados. Como acontece tamén nas obras de María Xosé Queizán, Chus Pato, Ana Romaní, Olga Novo, Emma Pedreira, entre moitas outras, tamén a poesía de LG revisa e subverte a tradicional representación literaria da muller moldeada por perspectivas patriarcais. Mais a súa reivindicación dunha diferenza transgresora en relación á linguaxe, aos arquetipos tradicionais e ao físico feminino, por exemplo (Seara 2001: 128), non participa do traballo co mito que caracteriza as obras das súas contemporáneas ou predecesoras directas, desta revisión e reescritura de mitos e imaxinarios asociados á muller (Penélope, Rosalía de Castro, terra nai etc., cf. tamén Nogueira neste volume). Naturalmente, esta circunstancia requirirá futuras análises, alén das que aquí se ofrecen e a pesar de xa existiren propostas de explicación (cf. sobre todo González 2005): entre os sistemas literarios veciños (español, portugués ou francés), a literatura galega sobresae por dispor dunha autora como mito fundacional da súa época moderna. É Rosalía de Castro quen encarna o Rexurdimento da literatura galega desde mediados do século XIX, un feito que condicionou a construción dun canon literario galego e que, máis tarde, facilitou o desenvolvemento dun discurso feminista relacionado. A maioría das culturas próximas non dispuña de modelos aceptados para formar unha xenealoxía literaria de mulleres. Porén, mentres que por exemplo en Portugal as autoras das Novas Cartas Portuguesas3 tiveron de construír un modelo de seu a partir dunha Mariana de Alcoforado, que fora probabelmente unha escritora inventada, en Galiza o modelo real e recoñecido dunha Rosalía de Castro tamén carrexaba unha desvantaxe. Era un modelo suxeito á mitificación e manipulación dun discurso patriarcal que se apropiara del, creando unha crítica literaria (nacionalista) orientada polos seus intereses e que tardou en ser cuestionada. Esta ocupación ideolóxica foille restando idoneidade á figura de Rosalía de Castro como modelo subversivo e transgresor para as autoras actuais que quixesen escribir en lingua galega (cf. Blanco 1999, March 2000, González 2005). En comparación, resulta sumamente interesante ver como a obra de LG prescinde tanto da busca xenealóxica en si como da revisión do que foi mitificado. Non parece necesitar modelos directos, xa que a súa obra asenta o seu fundamento ontolóxico, ético e estético nunha forza vital nominalista e no hic et nunc do suxeito feminino (cf. “Inventei o meu / vitalismo”, O útero: 117). A obra de LG raramente se orienta por persoas, nunca por mitos e moitas veces por animais, xa que a identificación con estes últimos O “non-lírico” pode ser definido como “a question of refusing the reduction of the poetic phenomenon to the postulates with Romantic-Hegelian overtones that are widespread for the lyric genre. […] Thus, the openings created, in a heuristic and methodological sense, by the notion of the non-lyric can be found in the recognition of poetic subjects and subjectivities marked by factors of alterity and difference, and in the corresponding incorporation of discursive modulations and modalities that propose definitions of models of artistic production or transference that are different from the canonized and institutionalized ones.” (Baltrusch & Lourido 2012:15). En relación a LG cf. tamén a entrada “Lírico” en Casas neste volume. 3 Maria Teresa Horta, Maria Isabel Barreno e Maria Velho da Costa (1972).

2

11


lle fornece unha forza transgresora -sexa física, psíquica ou anímica-: “Eu son un cabalo triste rompendo as liñas da música, pegándolle ao camareiro e tamén ao que pon os discos. / Odio as cousas que están ordenadas e descoloco todo.” (Azul e estranxeira: 97); ou: “As vacas camiñan en min moi contentas.” (Azul e estranxeira: 81); ou tamén: “Cruzar o universo. / Esconderme / no ventre / do cabalo.” (O útero: 21). En LG, non só a busca xenealóxica mais tamén o compromiso nacionalista aparece subordinado a un proxecto poiético e á construción dun novo suxeito feminino que conta cun “empowering” de seu. Esta autonomía estético-ideolóxica4 adoita retomar ás veces a postura vanguardista da identificación de vida e arte (surrealista ou existencialista, por exemplo), sen nunca perder unha marca claramente persoal: “Os meus libros foron desafogos. Foi cuspir. Unha catarse“ (Gómez en Anónimo 2004).5 Así, entre os moitos aspectos que tornan a obra de LG representativa para unha poesía galega do novo milenio, están as ideas da estranxeiría ou da outredade (“Dalgún xeito unha muller é un hotel”, Gómez en Palacios neste volume) e tamén os aspectos do transitorio en xeral e do corpo fluído en especial, que se asocian a un sensacionismo en constante movemento: “Exiliada. / Podes comprenderme? / Podes comprender / as miñas razóns / para estar sempre no barco? / Estou sempre no barco.” (O útero: 19). A liberdade, o eterno retorno (a repetición), o Outro (estranxeiro), a (e)migración maila viaxe (o momento de transición) son algunhas das constantes deste vaivén de sensacións que é o mundo contemporáneo e onde o paradoxo ha de ser aguantado sen querer buscarlle solución: “Gústame este lugar, / estou cómoda. / na estructura / da pregunta. / Na poesía / circular. / Neste lugar / abandonado.” (ibid.: 22).

Estudos Nos estudos aquí reunidos, varias e varios especialistas en poesía contemporánea ofrecen propostas de análise dos aspectos que acabamos de esbozar, indicando tamén vieiros para futuros enfoques. Unha primeira aproximación ofrécenos María Xesús Nogueira Pereira, en “Nus literarios con vacas dentro: Lupe Gómez e a renovación poética dos anos noventa”, cun ollar historiográfico. Pártese do feito de as autoras máis novas que conviven -xeracionalmente- na década dos 90 (LG, María Lado ou María do Cebreiro, entre outras) recuperaren motivos que foran abondo tratados na literatura universal escrita por mulleres (a figura da nai ou a casa), na especificamente galega e tamén nas poéticas máis intimistas da década anterior (Nogueira 2007: 250). Para unha periodoloxía da literatura galega recente, polo momento inconclusa, propón seguir as liñas mestras trazadas até o de agora para ordenar a poesía última, diferenciando Tamén en relación a unha historia e unha epistemoloxía androcéntrica. Xa Rosalía de Castro arelara esta independencia en termos estético-ideolóxicos, como se manifesta por exemplo nos seus textos en castelán. 5 Cf. tamén Casas (neste volume) que fala dunha “poética da identificación e da definición [en Lupe Gómez], que se estende alén do eu que fala en composicións como estas: «O pasado / é / unha feira» (Levantar as tetas: 20, toda unha filosofía da historia), «Escribir / é / violación» (ibid.: 22, unha estética), «A copulación, / ese templo» (O útero dos cabalos: 103, unha teoloxía)”. 4

12


apolíneos e dionisíacos (Cochón 2001), ou para identificar un nós en torno ao que se dispón a actividade poética (Lourido 2008). Tal circunstancia leva a esta especialista en poesía galega contemporánea a seguir utilizando, con algunhas reservas, o termo poesía dos noventa para se referir a unha serie de actitudes compartidas por voces na súa maioría novas en canto á idade, e en xeral innovadoras en canto a rexistros, entre as que figura desde ben cedo LG. Esta localización periodolóxica complétana Ana Bela Simões de Almeida e Burghard Baltrusch, de cara a unha avaliación crítica da obra literaria de LG Arto dende un punto de vista máis universal, en “Atentado ao culturalismo – aproximación crítica á obra de Lupe Gómez”. Arguméntase que o feito diferencial desta obra se atopa nunha autopoiese caracterizada por unha orixinal mestizaxe de elementos feministas, surrealistas, libertarios, existencialistas e autobiográficos a partir dos leitmotivs do corpo, da puta, da vaca e do berro. Rexéitanse as críticas iniciais, dirixidas á presunta simplicidade e repetitividade do seu discurso poético, que, sobre todo dende O útero dos cabalos, vive un momento de profundización importante. Esbózanse posíbeis comparacións (Artaud, Simone Weil, Adília Lopes, Rolf-Dieter Brinkmann etc.) para subliñar o argumento de a forte idiosincrasia desta obra incluír unha mensaxe universal, e tamén renovadora respecto dos paraugas nacional e patriarcal galegos, como incluso tocante ao canon estético-literario xeral. O seguinte estudo, “«E facemos regos, facemos versos»: Achegamento á autopoética da transgresión na obra de Lupe Gómez”, de Teresa Bermúdez Montes, centra a súa atención, por unha banda, na transgresión, nesa ruptura coas convencións e cos moldes establecidos. Pola outra, propón máis claves para unha contextualización da obra, tan -aparentemente- inclasificábel, marxinal, provocadora e periférica. Identifícanse tres eixes sobre os que se artella a procura da construción textual da identidade na obra: 1) a asunción rotunda da ruralidade (que leva aparellada a reivindicación do universo rural), 2) a autorreferencialidade (acompañada da recorrente exposición dunha autopoética coherente co labor de procura discursivo e de definición identitaria) e 3) a toma de posición sobre a obra literaria desde unha perspectiva de xénero. Conclúese que a ruptura e a forte visibilización dun corpo-voz dotado de marcas de xénero lévase a cabo cunha violencia directamente proporcional á potencia das normas establecidas, ao seu poder de sumisión, negación e silenciamento. Helena González Fernández, quen xa dedicou innúmeros e importantísimos estudos á poesía actual de mulleres en Galiza, analiza en “Unha biografía da multitude: Luz e Lupe”, un dos libros máis recentes da autora. Caracterízase Luz e Lupe como unha auto/biografía híbrida sobre mulleres na emigración, na escrita e na cidade, mostrando como a súa fragmentariedade a achega á lóxica da constelación do blog literario de autoría feminina, e como, ao tempo, corrixe a ilusión biográfica, unha noción que Bourdieu pon baixo sospeita. Destácanse os bares como espazos intermedios entre o público e o privado, e deféndese que a mención a outras persoas alarga a narración en primeira persoa até constituír unha biografía da multitude, como resultado da flânerie contemporánea e o efecto de recoñecemento especular para as mulleres. Conclúese 13


que, visto con distancia, o libro vai gañando en importancia, tanto desde un punto de vista formal, xa que propón unha hibridación de xéneros literarios que resiste calquera clasificación, e por esa mesma razón debía ser tido en conta nunha teoría da escrita auto/ biográfica no abrente do século XXI, como polo que este texto significa de cambio de rumbo na traxectoria literaria da autora. Outro aspecto específico e innovador da obra lupiana é analizado por Teresa Seara en “«Libres, abertas, faladoras»: presenza do corpo e da menstruación na obra de Lupe Gómez”. O punto de partida é a constatación de que até hai pouco o corpo feminino e os seus procesos fisiolóxicos ficaban excluídos da escrita, xa que non estaba ben visto que as autoras os aludisen explicitamente. Móstrase como LG rompe con este tabú e transforma o corpo en centro da súa poética ao tempo que plasma a menstruación a cotío nos seus versos. A ruptura co imposto, nos temas e na linguaxe, acada así status de leitmotiv. Agora, o eu reivindícase nu e libre para falar sen eufemismo, sexa das putas (como exemplo da muller-suxeito), do corpo ou da menstruación que é bandeira de dor, índice de fertilidade, metáfora da escrita, símbolo de vida e concepto máximo da liberdade. Outro leitmotiv central da obra de LG é abordado por Ana Bela Simões de Almeida en “As vacas e os elefantes na obra poética de Lupe Gómez: a construção do eu perante o outro absoluto”. Móstrase como a obra poética da autora está marcada pola presenza constante da representación do animal, nun bestiario doméstico (a vaca) -Pornografía (1995), Os teus dedos na miña braga con regra (1999) e Fisteus era un mundo (2001)-, até se tornar progresivamente nun bestiario máis “desfamiliarizado” e exótico (elefantes e crocodilos) en O útero dos cabalos (2005). Analízase o proceso de transfiguración da presenza do animal ao longo da obra poética e a súa importancia para a construción dunha autobiografía poética que se podería caracterizar como “cyborg” (Haraway), ou sexa como violación da fronteira entre o humano e o animal. LG, en canto construción autobiográfica na obra poética da autora LG, ocupa este non-lugar entre o humano e o animal. Arguméntase que a súa obra poética, ao procurar o punto de vista do animal sobre o ser humano, constrúe un espazo no que a diferenza entre ambos se desvanece e no cal se prefigura unha outra humanidade desde a perspectiva do outro absoluto (Derrida 2008). En “Do cuestionamento á performance. Aproximación á representación do xénero na poesía galega de muller: Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Lupe Gómez”, María Comesaña Besteiros retoma e profundiza o debate contextualizador e comparativo, iniciado neste volume por Nogueira, agora desde a perspectiva do xénero. Á luz dos traballos de Gale Rubin, Judith Butler e Thomas Laqueur sobre os conceptos do xénero e da performance, analízanse as obras de Yolanda Castaño, Emma Pedreira e LG. Contextualízanse estas análises no tratamento do corpo e do abxecto na poesía galega actual de mulleres, concluíndo que os fenómenos vencellados directamente ó xénero e ó corpo se erixiron en protagonistas indiscutíbeis da práctica totalidade dos últimos poemarios publicados por mulleres en Galiza. Esta circunstancia proxecta os textos destas autoras máis alá do ámbito galego, ó compartir o obxectivo común de reivindicar a posibilidade dun novo suxeito feminino. 14


Outro ollar comparativo, desta vez cara á poesía actual brasileira, empréndeo Marleine Paula Marcondes e Ferreira de Toledo con “«Onde o desejo arde sem escrúpulos / na tempestade das roupas pelo chão»: Lupe Gómez e Olga Savary”. O obxectivo é unha confrontación entre Pornografía de LG e Magma da poeta brasileira Olga Savary, evidenciando que a primeira procura ser substancialmente pornógrafa e a última erógrafa. Mentres en LG predomina a exposición e a ferida, en Olga Savary sobresae a sensualidade e a éxtase. A ambas se procura aplicar o dístico de Manuel Bandeira: “Porque os corpos se entendem / mas as almas não”. No caso de Savary pode ser aplicado porque é unha poeta case non-contemplativa, mais tamén se resiste á aplicación, porque nos seus versos non é soamente o corpo que goza, mais a persoa enteira. Aplícase a Gómez debido á carnalidade dos seus versos, mais non se aplica, porque neles non hai entendemento entre os amantes senón mutua agresión. En Savary, o pórnos colócase ao servizo do éros, pois ela non se dá desvencellado do envolvemento pasional; en Gómez, hai irrupcións do éros en medio do pórnos, configurando un conflito interior e profunda dor. Conclúese mostrando a vitoria do éros que para Platón é a forza propulsora que conduce o ser humano cara á súa ansia máis profunda: o ben, o xusto e o Belo. Por medio do éros, ambas as autoras contemplan unha “beleza en si” e transfigúrana nos seus versos.

Repertorios Os estudos da obra de LG complétanse cunha serie de repertorios importantes. Un deles é unha entrevista a LG, dirixida por Manuela Palacios González e titulada “Con Lupe Gómez Arto en Santiago de Compostela. A escritora e a viaxe”. Neste diálogo, fálase da relación entre a experiencia galega da emigración e a actitude actual cara á viaxe. Por outra banda, trátase de comprobar se o desenvolvemento económico en Galiza desde os anos noventa favoreceu que a escritora tivese novas oportunidades de viaxar. Indáganse nos destinos que escolle a autora e naqueles espazos que teiman en escollela a ela. Pregúntase pola relación entre escrita e viaxe -se os lugares visitados son o xermolo de páxinas futuras- e especialmente pola relación entre muller e viaxe e se, despois de séculos de limitación ao espazo doméstico, a muller actual atopa na viaxe unha canle de liberación e autonomía. Unha ferramenta moi útil para futuros estudos da obra da autora é o “Glosario para lupenautas” de Arturo Casas. Como posíbel aproximación para sinalar e interpretar algúns dos puntos de apoio da poética de intervención de LG e o seu lugar social como práctica cultural e política na Galiza dos últimos dous decenios, seleccionouse unha serie de termos chave da obra e desenvolvéronse estes en forma de glosario necesariamente incompleto e ampliábel. De fondo, existe a aspiración a que o conxunto desas definicións e descricións alcance unha certa sistematicidade nos marcos sociocrítico e poetolóxico, lonxe en todo caso de calquera propósito histórico-literario. O glosario subliña tamén a irredutibilidade da poética de LG aos sociolectos e ideolectos prevalentes no sistema literario entre 1995 e a actualidade.

15


Traducións Alén de estudos e repertorios específicos, este volume pretende fomentar a divulgación da obra de LG a través de catro traducións. A tradución ao inglés de Pornografía (Pornography) foi realizada por Erín Moure e Rebeca Lema Martínez e está acompañada dun prefacio da primeira,6 mentres que a segunda asina a versión francesa (Pornographie). De Os teus dedos na miña braga con regra ofrécense dúas versións: unha portuguesa de Ana Bela Simões de Almeida (Os teus dedos nas minhas cuecas com o período) e outra alemá de Burghard Baltrusch (Deine Finger in meinem Slip, wenn ich die Tage habe).

Agradecementos e coda O editor quere agradecer ás autor/as e tradutoras o seu compromiso; ó Anuario de Estudos Literarios Galegos e Boletín de Literatura Galega, ás Edicións Positivas e Edicións Xerais de Galicia polas autorizacións de reprodución de certos textos; ao grupo do proxecto de investigación “Nos-outras: Discursos das escritoras irlandesas e galegas sobre a estranxeiría (1980-2007)” e á súa investigadora principal, Manuela Palacios González, como tamén ao Grupo de Análise e Estudo da Literatura e Tradutoloxía (GAELT) da Universidade de Vigo o interese en apostar por esta edición; a María Comesaña Besteiros polas revisións atentas dos textos galegos; a Gabriel Pérez Durán polas ilustracións e polo seu dedicado traballo como coeditor desta colección; a Ana Bela Almeida, que me puxera en contacto coa obra de LG e que tantas e tan certeiras liñas de interpretación me suxeriu; e moi especialmente a Lupe Gómez Arto polo entusiasmo co que acompañou este proxecto. Á fin de contas, foron este entusiasmo e o seu vitalismo libertario que deron o impulso para este libro: o seu constante desafío aos (pre)xuízos e (pre)conceptos que esconden etiquetas tan hipotecadas como poesía, muller, realidade, entre outras; o seu rexeitamento incansábel de ditados sobre o que pode ou non ser poesía; a súa recusa innegociábel de evolucionar segundo padróns e significados prefabricados e a súa instalación na perpetua revolución -unha revolución que nunca evoluciona para un estado de confort, mais que existe sempre como obra aberta e en proceso e cuxa verdade se atopa no hic et nunc-. É aí onde se crean novos suxeitos: Porque a poesía, tan idolatrada, tan sobada, non é unha igrexa. A poesía non é divina, é humana. A poesía é suicidio. As poetas non somos deusas nun paraninfo, debemos loitar contra esa visión pérfida [...]. Escribir é descubrir as caras tapadas. Non é unha meta, é un reto. (Poesía fea: 32)

A premiada poeta e tradutora canadiense Erín Moure, de orixe galega, tamén traduciu tres poemarios de Chus Pato ao inglés: Charenton (2007), m-Talá (2009) e Hordes of Writing/Hordas de escritura (2011). 6

16


The iBroLiT series | A colección iBroLiT iBroLiT is a peer reviewed book series founded by the GAELT research group at the University of Vigo. The library aims to stimulate research in Ibero-Romance cultures and literatures. It is located at the methodological crossroads between literary and translation studies among other (sub)disciplines. This transdisciplinary conception is thought to approach the many different forms and manifestations of Ibero-Romance cultural phenomena, with a special focus on Galician and Lusophone Studies, along with the related gender and translatological aspects. The Contemporary Literature Studies (LiCo), the Medieval Studies (MedS) and the Translatology Studies (TranS) subseries are specific publication channels within iBroLiT to optimize its function as a forum for the Ibero-Romance contemporary literature and translation research community. iBroLiT é unha colección creada polo Grupo de investigación GAELT da Universidade de Vigo, dentro dos estándares da revisión por pares. O seu obxectivo principal é estimular a investigación no eido dos estudos literarios iberorrománicos, dos estudos de tradución e da intersección entre ambos, xunto con outras (sub)disciplinas. A súa concepción transdisciplinar tenta aproximar as diferentes formas e manifestacións de fenómenos culturais iberorrománicos, con especial atención ao galego, á lusofonía e aos estudos de tradución. Estudos de Literatura Contemporánea (LiCo), Estudos Medievais (MedS) e Estudos de Tradutoloxía (TranS) son as tres subseries mediante as cales se artella iBroLiT e que pretenden constituír un punto de encontro da comunidade investigadora no campo da literatura iberorrománica e da tradutoloxía.

Information for authors | Información para autoras/es The series welcomes submissions in English, French, Galician, German, Portuguese or Spanish language. Book proposals can be sent to the acquisition editor, Teresa Bermúdez Montes (bermudezteresa@uvigo.es), and will be submitted to a peer review process. More information at <http//:gaelt-uvigo.blogspot.com>. A colección está aberta a propostas de edicións en inglés, francés, galego, alemán, portugués e español. As propostas enviaranse á responsable da coordinación editorial, Teresa Bermúdez Montes (bermudezteresa@uvigo.es) e serán sometidas a un proceso de revisión por pares. Máis información en <http//:gaelt-uvigo.blogspot.com>.

Coming soon | No prelo Anxo Angueira: Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento (LiCo, vol. II). Manuela Palacios González: Us & Them: Women Writers' Discourses on Foreignness (LiCo, vol. III). Manuel Forcadela: Dama Saudade e o Cavaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea (LiCo, vol. IV). Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna: Presenças e novas representações do corpo e da mulher: uma (re) visão na obra de Maria Teresa Horta (LiCo, vol. V). Teresa Bermúdez Montes & Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna (eds.): Letras escarlate. A representación da menstruación e do corpo feminino na literatura contemporánea (LiCo, vol. VI). Burghard Baltrusch (ed.): “O que transformou o mundo não foi uma utopia, foi uma necessidade” - Utopia e Ficção em José Saramago (LiCo, vol. VII). X. Bieito Arias Freixedo: Per força de foder. O sexo nas cantigas de escarnio galego-portuguesas (MedS, vol. I).


Burghard Baltrusch (ed.)

Lupe Gómez: libre e estranxeira

Order Form

Estudos e traducións

Burghard Baltrusch (ed.)

(iBroLiT – Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology/Studies in Contemporary Literature, vol. I) 334 pages, EUR 49.80, hardcover, ISBN 978-3-86596-464-9

Estudos e traducións

No contexto da variada poesía galega contemporánea e do boom das escritoras no período posfranquista, Lupe Gómez ocupa unha posición destacada. Inicialmente controvertida por ser provocadora e refutar o canon estético, converteuse en autora de culto, que construíu desde Pornografía (autoeditado en 1995) unha obra anticulturalista, feminista, libertaria, mais tamén con matices surrealistas e existencialistas. Na súa estética innovadora aparecen liberdade, outredade, transición ou repetición como topoi fundamentais. Este volume reúne practicamente todas as análises da obra até o momento, unha entrevista coa autora, un glosario de conceptos centrais da súa escrita, xunto con catro traducións de dous poemarios (inglés, francés, portugués e alemán). Within the varied context of Galician contemporary poetry and its boom of women writers Lupe Gómez holds a privileged position. Initially controversial because of her provocative themes and her refutation of the established aesthetic norms, she has turned into a cult author who managed to build, since the self-edition of Pornography in 1995, an œuvre that is anticulturalist, feminist, libertarian, but also characterized by surrealist and existentialist overtones. Some of the principal literary topoi within her innovative aesthetics are freedom, otherness, transition or repetition. This volume combines most of the studies of the œuvre up to now, an interview with the author, a glossary of her poetry’s key concepts together with four translations of two volumes of poems (English, French, Portuguese and German).

Lupe Gómez: libre e estranxeira (iBroLiT – Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology/Studies in Contemporary Literature, vol. I) 334 pages, EUR 49.80, hardcover, ISBN 978-3-86596-464-9 Please order through: LKG, Ms. Christine Falk, phone +49(0)34206-65 129, fax +49(0)34206-65 1736, e-mail cfalk@lkg-service.de Or order directly from publisher: e-mail: buchbestellung@frank-timme.de fax: +49(0)30-86 39 87 31; phone: +49(0)30-88 66 79 11 mail address: Frank & Timme GmbH, Wittelsbacherstraße 27a, D-10707 Berlin Herewith I order ____ copies of the above mentioned book (p&p will be added to the bill). Address: Name: Street: City: Country:

________________________________

Profile for Burghard Baltrusch

Lupe Gómez book info  

Lupe Gómez: libre e estranxeira - estudos e traducións, ed. by Burghard Baltrusch, Berlin Frank & Timme 2013, iBroLiT, vol. I

Lupe Gómez book info  

Lupe Gómez: libre e estranxeira - estudos e traducións, ed. by Burghard Baltrusch, Berlin Frank & Timme 2013, iBroLiT, vol. I

Advertisement