__MAIN_TEXT__

Page 1


Editorial Si, xa estamos aquí coa nova edición da nosa revista «Dtodo». Este ano tócanos a nós, 4º B, facer a revista. Nesta edición teremos humor, horóscopos, reportaxes sobre as nosas excursións, cousiñas que vaiamos escribindo na hora de titoría, concursos, festiñas, creacións literarias... e a nosa xa famosa Unidade de Vixilancia Intensiva! Tamén haberá entrevistas para saber da vida dos profesores, xa sabedes, cotilleos (que nunca está de máis), pasatempos, ecoloxía, e o tema do ano: Grecia e Roma.

E agora a mercala!!!!! Que non estivemos traballando todo o ano de balde. Equipo de redacción: Fer, Irene, Sofía, Miguel, Adrián, Iván, Antonio, Uxía, Ying Ying, Antía e Verónica.


1

Pobres Fragas!!! Como todos saberedes, dende o pasado 31 de marzo ata o 5 de abril, tivo lugar un dos maiores desastres forestais dos últimos tempos: o incendio das Fragas do Eume, un dos máis importantes bosques atlánticos europeos e un dos pulmóns da nosa Galicia. Segundo escoitei, o incendio foi intencionado. Cando me enterei disto invadiume un profundo sentimento de tristura. Estaban ardendo as Fragas, o lugar no que tantos momentos pasei!!! Que ser con dous dedos de frente pode ter tan pouco corazón para facer isto? Quen pode ser capaz de destruír tan fermoso lugar, a casa de tantos animais? O total da superficie queimada foron 1.500 hectáreas. Unha barbaridade! Unha vez que deron por extinguido o lume e permitiron o paso, non puiden resistirme a comprobalo cos meus propios ollos. Así que, o sábado 7 de abril, fun pasar o día á zona do Mosteiro de Caaveiro. O que alí vin deixoume desconcertada: a situación era moito peor a como a describiron os medios de comunicación: O chan da ladeira dereita do río estaba todo queimado. O lume estivo a escasos metros do Mosteiro. O tramo cara ao Concello da Capela estaba todo calcinado...

QUE PENIÑA! Nunca teriamos que consentir algo así!!! Seguirei indo ás Fragas para ver como evolucionan.

LUCÍA SEIJO


2

Recordando Acontecementos Ao longo do ano houbo moitos acontecementos divertidos

Primeiro contarémosvos o que pasou no primeiro trimestre: celebramos o samaín cun concurso de cabazas, había moitas cabazas raras.Tamén decoramos as nosas portas con deseños horripilantes. No magosto, tomamos castañas asadas e xogamos a moitos xogos divertidos. No outono, a profe pediunos que escribísemos receitas de outono, e as mellores subiríaas ao blog. No Nadal, representamos unha obra de teatro, chamada «A eclipse de sol». Os outros cursos fixeron moitas outras cousas divertidas, como a obra chamada «A clase de Ceboliño», representada por 5ºB. En tics, co noso profe de música Guti e Mª José fixemos un traballo dos nosos animais invertebrados favoritos para colgalo no noso blog, aprendemos a buscar información e seleccionala de internet, aparte doutras cousas. Ao longo do 2º trimestre, pasou isto: o primeiro que aconteceu foi o 30 de xaneiro, que foi o día da paz. Para celebralo representamos cun baile a canción «Paz paz paz» de Juanes, e os de secundaria fixeron 1.500 grullas de papel en honor a Sadako Sasaki. Agrupámonos todos os alumnos formando a palabra PAZ cos nosos corpos, e... saímos no Ideal Galego! O 2 de febreiro, celebramos A Candeloria: festa da luz e do amor escribindo SMS de cariño, amizade... No carnaval, nós disfrazámonos de Soldados Romanos, outras clases, por exemplo, disfrazáronse de participantes dos xogos olímpicos. O día de san Valentín (14 de febreiro) fomos a Lugo nunha visita turística co terceiro ciclo. Visitamos a exposición «ROMANORUM VITA», onde aprendemos como vivían os romanos, vimos a catedral, as murallas... O 21 de marzo, visitounos Teresa González Costa, a autora do libro «A filla do ladrón de bicicletas» que acabaramos de lelo. Respondeunos a todo o que lle preguntamos, asinounos no libro... Foi un honor coñecela. Fixemos concursos coma: «A pregunta do día» na que os grupos participantes teñen que acertar unha serie de preguntas.Tamén fixemos outro chamado «rimos un pouquiño» no que tiñamos que traer imaxes divertidas cunha frase nunha cartolina . E para rematar, a derradeira excursión ao concerto no Rosalía de Castro (Coruña) onde vimos a representación das viaxes de Gulliver. Isto é ao remate do 2º trimestre, pero no 3º trimestre... quen sabe o que pasará! CRISTIAN, DIEGO, SILVIA E MARÍA. 5ºA


3

Nenos ex soldado Como todos os anos, fixemos:

Un rastrillo na vila: o día 21 de decembro. Ía moito frío pero alí estabamos...

Un rastrillo no cole: Aínda que había festival, seguiamos ao pé do canón...

E despois, enviamos os cartiños a Modestine. Ese día tamén enviamos a nosa mensaxe de PAZ a Hiroshima: un sobre cheo de grullas, aquelas coas que adornamos o cole para pedir a paz mundial.

GRUPO SOLIDARIO DE 4º ESO


4 Estes son os «nosos» nenos e nenas ex soldado da República Democrática do Congo, para que os coñezades mellor. A ver se sabedes cal é MODESTINE!!!!!

E esta é unha das postais que nos enviaron para celebrar o Nadal e darnos as grazas.


5

Festiñas no cole Chegou o Nadal! E Mary Carmen montou un nacemento xenial!

No concurso de portas de Secundaria... de Bioloxía, o departamento, foi elixido como o mellor dese momento!

Aínda que a máis currada... foi a de galego, non é por nada!!

O día da Paz fixemos grullas de papel e escribimos a palabra coa nosa pel!


6

A CANDELORIA. Escribimos sms de aprezo, amizade e amor para todos vós!

Entroido: vestímonos de romanos e tamén de faunos:

E aínda nos queda a FESTA DA PALABRA, unha celebración que vimos facendo dende hai anos no noso cole, grazas ao traballo do noso profesor de Lingua galega, José Luís Graña, que nos ensaia e dirixe durante moito tempo para que todo saia PERFECTO! Nela recitamos poesías, contamos relatos, representamos obriñas de teatro, cantamos e ata bailamos! Non sairán fotos nesta revista porque hai que entregala para a súa maquetación antes de que a Festa da Palabra teña lugar no noso cole, pero dende aquí queremos facerlle unha pequena homenaxe. GRAZAS, PROFE!

O GRUPO DE REDACCIÓN DA REVISTA


7

Vivamos como ghaleghos!! Ola a todos e todas: este ano o noso Samaín foi máis alá, é dicir, chegou ás portas das aulas en forma de follas, cabazas, castañas, meigas, morcegos, pantasmas, monstros e moitas cousas máis. Pero, imos facer un alto!

Preguntarédesvos: que pintan os monstros ou as pantasmas no Samaín??? Pois nada de nada, que volo dicimos nós! Aínda así, algunhas aulas quixeron viaxar a América e fixeron o seu particular «JALOGÜÍN», unha parvada, vamos... Porque estamos en Galicia, non si? Pois daquela, centrémonos nas castañas, nas follas, nas meigas e deixade a Obama coas súas cousas... Así o fixo UNHA AULA en concreto, non imos dicir que foi 4º B, pero tampouco o imos negar... Esta aula da que falamos transformou a porta en Galicia e por todo isto cremos que debeu ser a aula gañadora! Dicímolo dende o maior respecto ao xurado, eh? Pero así o pensamos e así volo contamos!!! E agora, antes de rematar este magnífico artigo reivindicativo, REFLEXIONADE para o curso que vén e PENSADE onde vivimos. Pois xa está. Para outro ano, xa sabedes como tedes que decorar a vosa aula. Un bico.

MIGUEL, ANTONIO E IVÁN, 4º B ESO


8

Testamento Eu, o notario de don Fachuco Recheo Daspallas, teño a honra de ler en voz alta as derradeiras vontades do finado, falecido no día de onte a primeira hora da mañá: Ás profesoras de Infantil, tan amiguiñas, déixolles a todas elas un somnífero para que ata os nenos máis bravos queden calados. ¡E que o repartan! Aos mestres de primaria, por separado, que chos hai tan raros... Empezo polos titores dos meus amores: -A Pilar, que non se queixe, por ir primeiro, unha colección de bolsos modernos. -A Mª Ermitas, o meu videoxogo SingStar para que non perda o vicio de cantar. -A Verónica, un espello, que ela aínda non mete medo. -A Juan Beceiro, a miña máquina cortapelo. Mellor cortalo de golpe ca deixalo caer de cote. -A Rosa, un quilo de alegría para que se ría. -A Lola, a miña nova chaqueta para que deixe esa tan vella, se lle peta. -A Esther un salón de beleza para que cambie a cabeza, perdón..., a melena. -A Mª Jesús, a nova, unhas clases de moda e que sexa a profe que máis mola. -A Teresa, a xefa, un tranquilizante porque tanto mandar éche moi estresante. -A Mª José Dopico, unha saia curta, xa que tanto lle gusta levar roupa chula. -A Olga déixolle unha caixa grande de maquillaxe, non vaia ser que se lle acabe... -A Edita, un broche de abreviaturas, que Mª Dolores Edita Nogueira Tallón deixa a calquera sen respiración. Agora vou cos especialistas, a ver se non me queda ningún da lista...


9 -A Antón Rey, vaqueiros ou traxe de gala ¿Onde se viu un secretario con chándal? -A Ricardo, unha cinta de correr, que o michelín xa se lle empeza a ver. -A Bea, a de inglés, un pasaporte a Inglaterra e que deixe de dar guerra. -A Iván, unhas clases de xaponés, non todo vai ser inglés, inglés, inglés... -A Guti, o novo músico, unhas longas vacacións que os alumnos non queren dar baile de salón... -A Mª Carmen, a de relixión, voulle deixar unhas botas de tacón para que estea á altura dos alumnos. É que medran un montón... -A José Antonio, unha peluca, que lle está quedando a cabeza núa. -A Maribel, déixolle un actimel, porque rima... e, de paso, sentaralle ben. -A Jose Casanova, non lle deixo nada, que ligará coa miña viuva e dáme moita rabia. Seguimos cos de secundaria: -A María, a de sociais, unha viaxe por todas as capitais. -A Carmen Sánchez, un micrófono para que siga cantando -A Elvira, laranxas da china e un xamón -Para a Prese, unha bolsa que non pese. -A Antón Prego, unha recompilación de boleros -A Mikel, unha perruca para que non teña que levar o gorro da piscina. -A Ana andrés, un dicionario coloquial, para que a podamos entender mellor. -A Margarita, uns zapatos planos para que non vaia de puntillas. -A Magdalena, unha pinza para que recolla a melena -A Begoña, unha viaxe a Trasdoroña. Estades de coña!? -A Graña, nada, que ben se apaña. -A José Manuel, unha lección de mecanet. -A Flor, unha libreta de caligrafía para escribir mellor -A Rosa, un ralentizador de voz para que se lle entenda mellor -A Fran, un repertorio de chistes novos -A Concepción, un furón para o zoo de Juan que veremos a continuación -A Susana, un ratón chiquitín -A Patricia Cubillo, un organillo -A Belén Ferreiro, un casco ben feito.


10 -A María Orientadora, a brúxula de Dora a exploradora -A Juan, unha viaxe a Taiwán para que traia un caimán. -A Begoña, a secre, outro caimán para que xogue co de Juan -A Chus, un clínex -Para Cristina, a miña Biblia -A Elena, unha melena. Xa sei que queda máis xente, pero non vos tedes que preocupar. A todos os aquí presentes, os restantes e demais, déixovos... déixovos... ¡que aplaudades ata máis non dar!

ENQUISA NO COLE Seguro que algunha vez discutiches cun amig@ sobre quen é o mellor cantante, a cor máis bonita, o mellor equipo de fútbol... Pois ben, a min e a Adrián ocorréusenos a grandiosa idea de facer esta enquisa para a nosa revista escolar e resolver así todas as dúbidas! Poñémosvos aquí os resultados que sacamos despois de preguntar en toda a ESO:

Cor: azul Cantante: Melendi Deporte: Fútbol Equipo: Deportivo Carne ou Peixe: Carne Libro ou Película: Película Película: Súper 8 Libro: El niño con el pijama de rayas Lugar a onde viaxarías: Bélxica Serie de televisión: La que se avecina Ídolo-s: Adrián e Fer, porque ninguén puxo a un único ídolo común, jejeje…

FER E ADRIÁN 4º B ESO


11

As nosas creacións O meu soño Eu quero ser bombeira, eu quero ser flautista, pero o que máis quero é ser unha gran artista! ANDREA PÉREZ AMADO

Se queres ser bicicleta, come a galleta. Se queres o tesouro, dáme ese ouro. Vendo o calendario, para que saibas os meses do ano. Se queres o armario, compra o diario. UXÍA

Quixera ser Quixera ser un barco, para poder navegar, ver o Océano Atlántico e, entre as augas, poder xogar. Tamén quixera ver, o sol ao atardecer.

E

LARA

Quixera ser cabalo e libre poder trotar, pacer no campo a herba e pola nosa terra relinchar. Percorrería Galicia nun trote sen parar, para ver toda esa ledicia que esperto me fai soñar. CRISTINA VIDAL E MARIO PAZ

GABRIELA AMADO E SONIA IGLESIAS

4º B PRIMARIA


12

Microrrelatos encadeados A BONECA FALADORA Unha nena encontrou unha boneca que lle parecía fermosa e levouna para a casa. Un día a boneca empezou a moverse e a parolar. A nena alegrouse moito porque tiña con quen falar. INÉS A NENA E A SÚA AMIGA A nena alegrouse moito porque tiña con quen falar. Foron dar un paseo, mentres coñecían un pouco máis da vida de cada unha delas. A nena invitou á súa amiga a merendar na súa casa. Era a primeira vez que alguén ía ao seu fogar. Aquela vivenza só a experimentara na súa imaxinación. Por fin entendía o que significa a amizade. ALEJANDRO LAURA TEN AMIGOS Por fin entendía o que significa a amizade. Despois de coñecer a eses nenos tan bos e simpáticos no colexio, sabía que a súa relación duraría para sempre. Ademais, desde que Laura ten amigos, xa non é tan tímida e relaciónase cada vez máis cos rapaces da clase. DAVID O NENO NOVO Relaciónase cada vez máis cos rapaces da clase. Eddy non se levaba ben con el porque lle quitara a noiva. Pero entón vingouse del lanzándolle un cubo á cabeza, e todos quedaron en paz. MARTÍN O INVERNO Todos quedaron en paz dende que acabou a guerra de bólas de neve. Consistía en que, mentres houbese neve, un equipo loitaría conta outro. Pero decidiron acabar a batalla porque se decataron de que ¡o inverno é para xogar! MARCOS TARDE DE MEDO «O inverno é para xogar». Así se titulaba o libro de medo que Adrián estaba lendo unha tarde no seu cuarto, ata que oíu un ruído estraño que viña do faiado. Subiu moi asustado mirar o que pasaba e, ante el, alzouse unha sombra terrorífica. ¡Case se mata polas escaleiras abaixo! Cando chegou ao fondo, sentiu unha gargallada coñecida. Fora unha broma da súa nai. ADRIÁN O SUSTO Fora unha broma da súa nai. Ainda lle tremaban as pernas ao recordar aquela rúa escura e sombría que tiña que percorrer cada tarde ao volver da escola. De repente alguén tocoulle por detrás. Era a mamá meténdolle o maior susto que levara na súa vida. PABLO CAMIÓN FÓRA DE CONTROL O maior susto que levara na súa vida fora cando se lle escapara o camión por aquela costa tan grande. Contoume que, para paralo, tivo que meterse debaixo del. Eu sei que Xosé é bastante bromista, espero que non fora de verdade… JOSE NON NOS IMOS Espero que non fora de verdade o que dixo o meu pai de irnos para Madrid. Eu botaría de menos os meus amigos. A miña irmá o mesmo, que ten moitos e máis un noivo moi guapo. O noso gato tamén estaría triste. Por iso non nos queremos ir. RUBÉN


13 MEDO Non nos queremos ir con papá. Estabamos xogando na pista cando chegou el. Xa nos comentara que quería ir dar un paseo pero nós non queriamos. Cando miramos para el, vímoslle a cara de enfado e Mariña e eu saimos correndo cara a mamá. ¡Daba medo! RAÚL A REVISIÓN DE LOIS Daba medo oír chorar aquel neno sen parar de patear, e todo porque María Xosé, a pediatra, o quería vacinar. A súa nai explicáballe a María Xosé que era un neno moi inquieto e difícil de controlar. Nada máis rematar a frase, Lois, que así se chamaba o neno, pegoulle tal patada coa punta do zapato ao brazo da pediatra, que o enbase da vacina foise estampar contra o flexo de iluminarche a gorxa e quedou feito anacos. MIGUEL O XARRÓN CARÍSIMO Quedou feito anacos aquel xarrón de cinco mil euros. Eu, como non sabía que facer, mirei en internet e conseguín que me mandaran unha copia de plástico. Meus pais volveron de facer os recados, tocárono e viron que non pesaba nada. Descubríronme! Entón aprendín que non se debe mentir e sempre hai que dicir a verdade. IVÁN SEMPRE A VERDADE Sempre hai que decir a verdade, porque as mentiras soen descubrirse. Eu tiña un cadeliño que un día desapareceu. Miña nai contoume que marchara e eu chorei moito. Ao día seguinte entereime pola veciña que o atropelara un coche. Aínda chorei máis e enfadeime moito con miña nai, por contarme unha mentira. SUSI MARCHEI PERO VOLVÍN Por contarme unha mentira que eu crin, escapei da casa. Cando pasaron dous días e non tiña onde durmir, nin comida, nin bebida, nin roupa limpa, decidín volver á casa. Unha vez alí, aínda seguía enfadada pola mentira, pero enfadeime moito máis cando me enterei de que esa bóla era todo unha broma de miña nai, e todos quedaron ríndose de min. ESTHER UN NENO MALO Todos quedaron ríndose de min cando o neno máis malo do colexo me tirou nunha poza de lama que había no xardín. Pero a el castigárono facendo copias e a min deixáronme xogar. NACHO CANDO ME MUDEI A MIÑO A min deixáronme xogar a primeira vez que estiven na praza de Miño. Meus pais viñeran vivir aquí e eu non coñecía a ninguén. Deume moita alegría ver que axiña tiven amigos con quen enredar. Ademais, aquí hai moitas persoas ás que lles apaixona o fútbol. E a min é o que máis me gusta. ¡Encántame vivir nesta vila! DANIEL ÁS ESCONDIDAS Encántame vivir nesta vila. Antes, na cidade, non me deixaban ter unha mascota. Agora podo enredar coa miña cadela todos os días. O malo é que é moi rebuldeira e nunca se cansa de brincar. Hoxe pola mañá cando lle fun dar de comer, desaparecera do seu cuarto. Estívena buscando por toda a casa. Cando a encontrei, vin que estaba xogando ás agochadas. ¡Que traste é! CARMEN MEU PRIMO ¡Que traste é o meu primo pequeno! Un día que estaba na miña casa, ía coa súa moto de xoguete e deu coa cabeza contra a barra da cociña de ferro. Como lle gustou, empezou a bater nela moitas veces seguidas. Cando nos decatamos, tivemos que apartalo para que non se fixera dano. Agora, cada vez que vén á nosa casa, vai dereito á cociña. LUCÍA

6º B


14

Poemas feitos de retallos Tal me acoden as soidades, tal me queren aflixir... Mentres eu tan sólo penso si me olvidarías, ti fías nunha cousiña lonxana. Quérote -sempre che repetía-, pero ti, que, de amores sedento, nunca viñas onda min... Agora xa non estou namorada. HELENA BECEIRO CAGIAO

Un repoludo gaiteiro viaxando por siudades sin par... Pasa un río, pasa un río que o leva ao Brasil para traballar de profesor, ata que coñece unha fiandeira que lle ensina a fiar. Fía un calcetín e vive coma un ratiño que lle dicía á Lúa: -Para que veño ao Brasil se o todo non o vou conseguir? BREZO FERNÁNDEZ SHEPHARD NOTA: Os poemas respectan a linguaxe dos textos orixinais, ás veces sen normativizar.


15

A historia do meu coche Por fin chegara o día, o meu 18º aniversario. Ó aniversario invitara a moita xente: meus curmáns, Anxo e Unai; miñas curmás, Sandra, Sara, Nerea e Eli, e as miñas amigas, Nuria, Sere, Fresa e Himar. Cando xa chegaran todos, comémo-la torta e abrímo-los agasallos. Logo baixamos dar unha volta por Miño. Primeiro, ás pistas; logo, á praia. Tamén fomos ó porto a bañarnos e pasámolo xenial. Cando nos demos de conta, xa era tarde e tiñamos que ir ó «Pukis» para que nos recollera a miña nai, pero cando saímos da auga faltaban os meus curmáns pequenos, Unai e Anxo. Volvémonos tolos buscándoos por todo Miño. Para buscar mellor, dividímonos en catro grupos. Nerea e Nuria buscaron polas praias; Sere e Fresa buscaron polo colexio; Sandra e Himar buscaron polas pistas e no parque vello; Sara, Eli e mais eu buscamos pola zona de arriba, nos supermercados, no «Pukis» Pero nada, nin que os tragara o mar. Cando só quedaba media hora para que a miña nai e o meu irmán nos viñesen buscar, xuntámonos para saber como fora a procura, pero ningunha de nós os vira por ningures. Eu, que xa sabía o que acontecería de volta á casa, asusteime e púxenme a correr por todo Miño á busca deles. Antes de marchar dixenlles que cando foran para o «Pukis» xunta da miña nai, a entretiveran para darme tempo para atopalos. Á media hora chámanme e dinme que ían mirar se chegara a miña nai. Eu, correndo, fun xuntarme con elas sen esperanzas de obter regalo ningún da miña nai como castigo por perdelos. Cando cheguei arriba, estaban todos alí. Todo fora unha broma por amolarme. Fomos ó Pukis cear. Ó acabar de cear vimos o partido do ano: Barça-Manchester City, a final da champions, con tanta coincidencia que cadrou co meu 18 cumpreanos. O día sería perfecto se gañasen o partido. No último minuto ían empatados a 2, cando de repente, Antón, o mellor xogador do Barça, marcou un golazo que xamais esquecerei. Antón era amigo da miña curmá e tamén meu, asi que me dedicou o gol. Cando o vin, sentín ganas de correr como unha tola ata Barcelona para abrazalo e darlle as grazas. Fora un día perfecto, insuperable. Bueno, case… Cando saímos da pizzería había un coche, máis ben o coche, dos meus soños. Levaba dicindo que o quería dende os 13 anos. Cando o vin, supuxen que sería o de Roberto, un amigo do meu pai, que ten un exactamente igual, un peugeot 2006 vermello con alerón. A miña nai acercouse a min e dixo: -Co contenta que estás, supoño que xa non quererás isto, non si? – preguntoume dándome as chaves do meu coche, o coche dos meus soños. -Home… no cho vou facer devolver. A cabalo regalado non lle mires o dente, ghe ghe ghe – contesteille máis feliz que nunca. Parecía que o día non se podía superar, pero agora son feliz co meu cochazo. AROA REY FERNÁNDEZ


16

No verán Coñecinte en verán, en verán gustáchesme a min, en verán namoreime de ti. No verán, no verán, no verán…

En verán pedinche saír, en verán dixeches que si. A partir de alí, empecei a ser feliz. No verán, no verán, no verán…

En verán comprendín que o amor era así, un sentimendo para revivir. No verán, no verán, no verán…

En verán quíxente, quíxente como a ninguén neste mundo, a ti, só a ti. No verán, no verán, no verán…

IVÁN SÁNCHEZ LAGO


17

Poema de amor Non me atrevo. Non teño valor. Gustaríame facelo, pero non podo. Ela gústame, pero… O seu corazón é inalcanzable. Claro que me gustaría, pero… Non me atrevo. Non teño valor. Ela é demasiado para min. Os seus ollos son tan distantes e afastados á vez… Non me atrevo. Non teño valor. Gustaríame facelo, pero non podo. Os seus beizos, máis brillantes cá luz do sol. O seu pelo, máis bonito que o meu amor. Claro que me gustaría, pero… Non me atrevo. Non teño valor. Se me declaro, ¿que pasará? Seguramente me dirá que non. Non quero pasar por esa humillación. Non me atrevo. Non teño valor. Gustaríame facelo, pero non podo.

HELENA FERNÁNDEZ VALES


18

Soños. Cariño. Xogo. Respiro. Fidelidade. Sedución. Sorpresa. Amor. Costume. Miradas. SHH. Orgullo. Risas. Aloumiños. Amabilidades. Sensibilidade. Latidos. Complicidade. Especial. Únicos. Silencio. Apertas. Amizade. Escoitar. Respiración. Palabras. Feitos. Compartir. Promesas. Realidade. Segredos. Convivencia. Arriba. Esforzo. Sinceridade. Mimos. Debaixo. Normas. Loucura. Baches. Cordura. Responsabilidade. Verdade. Compromiso. Relación. Axuda. Ciúmes. Perigo. Paixón. Confianza. Unión. Posesión. Compañía. Alegría. Humildade. Forza. Gozo. Importante. Felicidade. Apoio. Pelexas. Seguridade. Cego. Certeza. Falar. Torpeza. Ilusión. Novidade. Sabiduría. Tempo. Dúbida. Desexo. Imaxinación. Fantasía. Coherencia. Reconciliación. Incoherencia. Mentiras piadosas. Dozura...

TODO ISTO É O AMOR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

IRENE TARACIDO, 4º B ESO


19

24 de Xuño Unha noite de san Xoán, dous mozos foron dar unha volta á praia para ver as lumeiradas. Festexaron, divertíronse e falaron. Uns minutos máis tarde, xa pasadas as doce da noite, os mozos viron na praia da Ribeira unha cola dunha serea. Os mozos abraiados preguntáronse que facía unha serea alí, na ribeira, ao carón da nosa praia, preto do noso mar. Ó longo da noite, entre tanta festa e tanta música esquecéronse do que viran había xa unhas horas. Días máis tarde, nas festas do patrón, alá polas sete da tardiña foron outra vez á praia da Ribeira. Xa caera a noite e aínda non vían a ninguén preto deles. Decidiron esperar, estaban cansos de tanta festa e quedaron durmidos. A iso das 2 da mañá espertaron co canto da serea da outra noite e outra vez máis quedaron abraiados. Pero non pola súa cola e demais, senón pola súa beleza e mais polo seu cantar. O día seguinte, Xoán, un dos mozos, cando espertou estaba moi nervioso, pero ao ver que estaba na súa casa e na súa cama, deuse conta de que todo o ocorrido fora nin máis nin menos ca un soño. Chamou ao seu amigo Pedro para contarllo, pero non lle collía o teléfono. Xoán decidiu saír a buscalo. Pedro estaba no mesmo sitio daquela noite, mirando para a nada, pensativo. Xoán preguntoulle que lle ocorría e o seu amigo contoullo. Contoulle o sono daquela noite e Xoán quedou coa boca aberta. Nada máis reaccionar, díxolle que el tamén soñara o mesmo. Era algo raro… Ben, eu diría que algo moi raro. Pedro, ó final do verán tivo que voltar para a súa terra, Rianxo. Un 14 de novembro, frío e chuvioso, chamou a Xoán para pregutarlle como lle ía no colexio, e se volvera a soñar coa serea daquela noite. El respondeulle que non. E así seguiron falando durante dúas horas [...]. O verán seguinte Pedro voltou a Miño polo San Xoán, xa como era tradición dende había anos. Pola noite foron ás lumeiradas e á verbena amenizada polos Machucambos do Eume. A iso da unha e media da mañá, despois de saltar as fogueiras, foron dar un paseo e falar do curso pasado, de como fora o Nadal... Sentaron alí, nuns banquiños algo descontrumiñados pero que ben sostiñan a calquera que puxese alí un pedrolo. De repente escoitaron un ruído no mar, pensaron que fora un peixe e non lle deron a máis mínima importancia, pero logo duns minutos volvérono escoitar. Foron ver que ocorría e viron a serea do soño que tiveran os dous a mesma noite, o San Xoán pasado. Preguntáronse por que lles soaba tanto esa cola se no soño fora todo moi rápido e así, sen máis. Pero a serea comezou a cantar e os dous rapaces quedaron namorados daquela fermosa serea de pelo louro e rizado. Logo déronse conta de que o ano pasado non o soñaran senón que fora a simple realidade.[…] Queridos amigos: esta é unha historia na que dúas realidades se mesturan na vida de dous rapaces galegos e que demostra que un pequeno e simple ruído pode ser algo nunca visto, algo fermoso, exótico, indescritible... e que só pode ser UNHA SEREA. IRENE TARACIDO PANTÍN


20

Homenaxe a VAN GOGH Vicente, Vicente, gústanche as pipas? O teu cadro «mola que lo flipas». O das pipas é polo xirasol... É gracioso, si ou non?

Lindo xirasol: Flor estival e de luz. Sempre tras do sol. BRAIS E CARLOS PENA

Vicentiño, eras o ídolo de Facundo. Non me cres? Sábeo todo o mundo! O teu cadro é artístico. Ben pensado: unhas pipas e listo! MIGUEL FORCELLEDO

Uns pechados, outros abertos, pero cando o sol se ergue eles víranse para admiralo. Van Gogh avisóullelo: «Tede coidado, o sol queima e vós marchitádesvos» LUCÍA E ALBA DE BERNARDO

Con moita inspiración, un toque de emoción e un chisco de perfección, Van Gogh pintou xirasoles nun xarrón. VERÓNICA FACHAL E ANTÍA PAZ FLORES de artesanía con cores de pena e alegría. Que lle pasou a esa flor que tal disgusto ten na vida? As cores da súa vida teñen cansazo do día a día. Porque a súa amiga, o xirasol, fai no verán o seu paseo tralo sol mentres ela está aí, nese xarrón!? Que tristeza! Que medo! Que inxustiza! Que pena me dá esta historia de «amistá»! KATHY, CARLOS E ANTÓN SENTIMENTOS Flores murchas. Morren con dor. No verán teñen sede, piden axuda e as flores agáchanse pola súa tristeza. O xarrón amarelo dálle claridade ao xirasol. O sentimento do amor era tan grande como o sol! TAMARA E IVANNA


21


22


23


24


25


26


27


28


29

A egua Lucera

Unha mañá soleada do mes de marzo fomos visitar a egua que estaba no monte. Alí xa nos esperaba Juan que contestou as preguntas que lle fixemos para coñecela mellor. · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · · ·

Cal é o seu nome? Non ten nome aínda. Na clase pensamos que podería chamarse Luna ou Lucera; a ti, cal che gusta máis? Lucera. Cantos anos ten? Ten catro anos. Cantos anos viven as eguas? Poden vivir máis de vinte anos. Canto pesa? Aproximadamente trescentos quilos. De que se alimenta? De herba (tanto seca coma verde) e millo. Canta auga bebe cada día? Uns vinte litros. Tivo algunha cría? Non, esperamos unha para xuño. Cantas crías teñen en cada parto? Unha. Canto dura a xestación? Once meses. Que proveito nos dá? Utílizase para transporte, traballos agrícolas e carne. Que coidados necesita? Cepillado, cortar os cascos e desparasitar. Aprovéitase o seu leite? Non, só é para as crías.

Lucera é moi tranquila; déixase acariñar por todos e facemos fotos con ela. Rematamos a visita dándolle as grazas a Juan pola súa amabilidade. CLASE

DE

1º A


30

Entrevista a Flor Unha das persoas que escollemos este curso para entrevistar foi Flor, a nosa mestra de Sociais. Fixémoslle unhas preguntas que agora ides ler para coñecela un pouco mellor. Primeiro as persoais: -Que prefires...? E por que? -mar ou montaña -frío ou calor -doce ou salgado -carne o peixe -sol ou nubes – Prefiro o frío, pois non me gusta nada o sol. De feito na praia sempre busco unha sombra. – De comer prefiro o doce e encántame o peixe. – O de mar e montaña resúltame complicado de elixir, pois encántame ir pescar cos meus e este verán divertiume moito andar en canoa. O que máis me relaxa é ir andar polo monte. Se tivese que escoller... creo que escollería o monte. Si, non hai dúbida. -Gústanche os animais? -Non moito, a verdade, mais se tivera unha finca tería sen dúbida un can, un cabalo e unhas galiñas. -Que animal é o teu preferido? Por que? -O can. É un amigo fiel. -Practicas algún deporte? -Camiñar ou andar en bici. -Que tipo de música escoitas principalmente? Cal é o teu cantante ou grupo preferido? -Non escoito moita música, mais cando o fago escoito cantautores –xa sabedes, cousas de vellos–, aínda que os meus fillos toléanme todo o día con «Fito e os Fitipaldis». -Que lugares che gustaría visitar? -Todos. Boto moito de menos viaxar máis. Quero coñecer mellor cada recuncho de España. Se tivese que elixir un país creo que diría Kenia ou Costa Rica. -Que outra profesión escollerías se non traballases no ensino? -Enfermeira. De feito dubidei moito entre estas dúas profesións aparentemente tan dispares, aínda que nas dúas traballas con xente. -Cando estás preocupada, que fas para relaxarte? -Ler un libro ou ir pasear polo monte.


31 -Dinos tres adxectivos que te describan. - Nerviosa, reflexiva e afortunada. -Cal é o teu actor favorito? -Jack Nicholson, por dicir un, aínda que eu sempre fun moi mala nas preguntas «rosas» do Trivial. -Que libro che gustou moito? - Son tantos... Gústame especialmente a novela histórica, como non podería ser doutro xeito nunha profesora de Historia. Estes días rematei «Sol de Inverno», un premio xerais de novela de Rosa Aneiros, que me impresionou moito. É a historia dunha nena que tivo que medrar a toda velocidade porque lle tocou vivir a guerra Civil Española e o exilio en Cuba. Lembroume moitas cousas que non deberiamos esquecer nunca. -Cal é a túa cor? -A vermella E agora unhas preguntiñas doutro tipo: -Por que escolliches este traballo? -Desde nena sempre quixen ser mestra. Só tiven que pensar de que especialidade. -Polo xeral, que impresión tes dos teus alumnos actuais? -Son una marabilla. Presumo deles diante dos meus amigos. Realmente somos afortunados pois temos un rapaces educados, respectuosos, participativos,... É un relax traballar con eles. Non hai nin que subir a voz nas aulas. Nada semellante ao que oio doutras escolas. -Que mellorarías do teu lugar de traballo? -En todos os sitios hai cousas que mellorar, mais aquí trabállase moi a gusto, moi relaxadamente. Quizá que os rapaces participasen máis activamente na organización do centro, impulsasen e coordinasen máis iniciativas de cambio, e que nós, os profes coordinasemos mellor e deramos máis a coñecer todas as actividades que facemos (Club de lectura, pregunta do día, saídas, concursos, actividades en torno ao tema de cada ano do centro...) e que traballaramos máis en contacto cos pais. -Como decidiches dedicarte a esta profesión? -Xa a miña bisavoa e a miña nai eran mestras. Lévoo no sangue. Grazas pola túa colaboración con esta revista e por tantas cousas interesantes que nos contas nela. UXÍA

E

ANTIA, 4º B ESO


32

Entrevista no máis alá Algúns vos preguntaredes quen foi Alvaro Cunqueiro. Ou mellor: como foi ese home? Pois despois desta breve entrevista no máis alá, coñecerémolo un pouco mellor. Comezamos: -Bos días, señor Cunqueiro, fálenos un pouco de vostede. -Bos días. Algúns considéranme novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo; outros, como un dos grandes da literatura galega.

Estatua de A. Cunqueiro en Mondoñedo.

-Cando lle dedicaron a vostede o Día das Letras Galegas? -Hai 20 anos, no 1991. -E por que é tan importante para vostede este ano no que estamos? -Supoño que porque... hai 100 anos que nacín. Eu nacín o 22 de decembro de 1991 en Mondoñedo. Son como vedes, unha faia, segundo o horóscopo celta. -Falemos algo máis da súa traxectoria, dos seus estudos, por exemplo. -Estudei bacharelato no Instituto Xeral e técnico de Lugo, matriculeime despois na Facultade de Filosofía e Letras na universidade de Santiago, pero abandonei a carreira para dedicarme ao xornalismo. Escribín nalgúns xornais e revistas como «El pueblo gallego». -Con cantas revistas máis colaborou? -Promovín as revistas «Papel de Color» e «Galiza». Desta última editei o primeiro número o 25 de xullo de 1930. -Que premios recibiu e cales foron os máis importantes? -Para min todos os premios son importantes, pero destacaría o Premio da Crítica española ou cando me nomearon membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. -Agora imos con algo máis persoal. Quen foron os seus mellores amigos? -Mmm... Quizais... Domingo García Sabell, Gonzalo Torrente Ballester e Ricardo Carballo Calero. Tamén hai máis, pero eses son os máis importantes para min. -Grazas, señor Cunqueiro, por concedernos esta entrevista. Fágalle un favor aos galegos e siga escribindo dende o máis alá. Todos agardamos unha nova historia sacada da súa gran imaxinación e fantasía. ADRIÁN RAMOS, 4ºB ESO


33

Entrevista a Neira Vilas O alumnado de 3ºA, 3ºB, 4ºA e 4ºB fixémoslle unhas preguntiñas polo correo-e a Neira Vilas que el moi amablemente enviou polas ondas cibernéticas e aquí tedes as súas respostas: 1) Verónica e Antía: -En cal das súas obras aparece máis claramente algunha etapa da súa vida? Na novela Aqueles anos do Moncho. -Cal foi a súa experiencia ao entrar no mundo da literatura? Foi unha experiencia moi bonita e un compromiso grande. Sempre me gustou a palabra escrita. 2) Irene e Sofía: -Que lle levou a ser escritor? O interese en comunicarme por escrito. Denantes de publicar libros escribín moito na prensa galega de Buenos Aires. -Sabemos que emigrou a América. Foi moi difícil deixar familia, amigos...? Foi difícil. Pero había que seguir. 3) Iván: -Como ve un mozo de 21 anos a vida nun país novo, cunha nova cultura e sen apoios afectivos? Como unha necesidade de rachar para adiante. Había que afacerse. Non había volta atrás. En primeiro lugar tiña que afacerme a vivir nunha cidade de varios millóns de habitantes pois eu viña dunha aldea. 4) Forcelledo: -Cal foi a etapa da súa vida na que lle resultou máis difícil escribir? A etapa da emigración -Xa que a súa vida estivo marcada pola emigración, gustaríame saber se os temas dos seus libros dependen do lugar no que vivía no momento de escribir. Non necesariamente. Na Habana escribín tres libros a partir das experiencias de anos anteriores en Buenos Aires.


34 5) Uxía: -Cal diría que é a súa mellor obra? Non podo sinalar cal é a preferida. Tal vez Querido Tomás ou Castelao en Cuba -Cal é o seu lugar favorito para escribir? Traballo sobre todo na miña casa, pero calquera lugar me sirve. 6) Fer e Adrián: Como ve, a nós gústannos máis as preguntas «persoais»… -Cal é o seu equipo favorito: Non sigo o deporte. -Prefire praia ou montaña? Montaña. -A súa bebida favorita? A auga. -Comida favorita? Como sobre todo peixe. -Libro preferido? Moitos. Non podo sinalar un en particular. 7) Carlos Martínez -Por que escribiu o libro de Memorias dun neno labrego? Tiña necesidade de contar como era a vida na aldea e conteino a través dun rapaz. 8) Carlos Bouza -Que se sente ao ter un lugar na Wikipedia? Alégrame. 9) Cristina: -Por que cre que o seu libro gustou a tantos lectores? Supoño que porque é sincero e coido que está ben escrito. Revela a vida de moitos rapaces da miña época. 9) Tamara: -Cal é o seu lugar preferido de Galicia? O Val do Ulla, onde vivo. 10) Alba: -Que é o que máis lle gusta de Galicia? Os nenos e as nenas.


35 11) Carlos Pena e Brais: -Por que comezou a escribir? E cando escribiu algo publicable por primeira vez? E que foi iso primeiro que escribiu? Porque tiña ganas de comunicar os meus pensamentos e o que sentía. Alegroume moito o primeiro que publiquei. Non recordo o primeiro que escribín. O primeiro que publiquei foron uns versos titulados «Amanecer» e publiqueinos en Buenos Aires. 12) Noelia: -Que trucos emprega cando non está inspirado? Case sempre estou inspirado. 13) Sara: -Que sentiu mentres escribía as Memorias dun neno labrego? Sentía que estaba contando o que lle pasaba a moitos rapaces de Galicia. 14) Laura: -Que foi o máis importante de todo canto aprendeu na vida? Que hai que ser solidario cos demais, que é bonito sentir o pracer de dar e de axudar. -Serviulle algunha persoa de «musa», de inspiración? Non 15) Bea: -Antes de escribir o libro, pensou que ía ter tanta importancia na literatura galega? Nin remotamente. Nunca pensei que ía ter tanta transcendencia, nin que o ía ler tanta xente nin que ía ser traducido a tantos idiomas. 16) Xosé: -Pasou aquí a Guerra Civil? Que pensa desa época da nosa historia? Paseina aquí, na miña aldea. Tiña sete anos cando empezou. Foi unha época moi triste. Unha época tráxica. 17) Lucía: -Cal é o recordo máis bonito da súa infancia? Teño moitos recordos: a paisaxe, os amigos, meus irmáns, os xogos, a escola...


36 18) Antón: -Ten algún «hobby»? Nun tempo fun filatelista. En todo caso, o que máis me gusta é ler, camiñar e escoitar música. -Recorda cantos libros escribiu? Non os contei. Andan polos cincuenta... 19) Damián: -Escribiu algún libro en castelán? Non. Sempre utilicei a lingua galega, incluso nos 43 anos que pasei en América. 20) -Gústalle escribir libros infantís? Si. Escribín varios libros para nenos e nenas. Coido que uns oito ou nove. 21) Carlos Jeria: -Esquerdas ou dereitas? Esquerdas. -Cal é o mellor recordo dos países nos que estivo? O haber dirixido en Cuba a revista Zunzún para nenos e nenas. 22) Katty: -Tivo fillos? Cantos? Ningún -En cantas casas viviu e cal lle gustou máis? Vivín nunhas dez ou doce casas. A que máis me gusta é a que ocupo agora, en Gres. 23) Iago: Porque decidiu volver a Galicia? Volvín porque se creara aquí un centro cultural, unha fundación, e debía atender o seu funcionamento. 24) Andrea Piñeiro: Identifícase con Balbino nalgunha das pasaxes da súa novela Memorias dun neno labrego? Identifícome co total da novela.


37 25) Andrea Seijas: Como se sentiu cando soubo que o seu libro Memorias dun neno labrego era o máis lido da historia da literatura galega? Sentínme e síntome moi satisfeito, sobre todo por tratarse dun libro en galego que ten de protagonista a un rapaz. 26) Jose: Con cal dos libros que escribiu se sentiu máis identificado? Identifícome con todos pero en especial con Memorias dun neno labrego, Aqueles

anos do Moncho e Querido Tomás. 27) Noelia: Cal dos seus traballos lle levou máis tempo escribir?

Galegos no Golfo de México e Castelao en Cuba. 28) Victoria: Cal é, neste momento da súa vida, a valoración da súa traxectoria profesional? Síntome ben cando reconto o que fixen, pero sigo traballando. 29) Ángela: Que costumes, tradicións, comidas... lle gustaban máis na emigración? A nosa música, a nosa poesía e por veces as nosas comidas. 30) Nerea: Que bota en falta da emigración? Os amigos que deixei en diferentes países de América. 31) Sheherezade: Que foi o que máis o impactou ao volver a Galicia? Que houbese mellores escolas que as que eu tiven de rapaz. 32) Carlota: En que está a traballar neste momento? Nun libro de homenaxe a Francisco Fernández del Riego. DENDE AQUÍ, aínda que xa o fixemos anteriormente, DÁMOSLLE AS GRAZAS SINCEIRAMENTE, XOSÉ. Esperamos velo pronto en Gres. ALUMNADO DE 3º E 4º ESO


38

Imos á cociña???

Hoxe imos cociñar un pouco. Sempre coa nosa cebola CHATA, claro!!! A ver... Esta vez ................. CEBOLAS CARAMELIZADAS! Ingredientes: -1 k. de ceboliñas pequenas -1/2 taza de auga -1 taza de vinagre -4 culleradas de aceite -4 culleradas de azucre -sal -pementa Preparación: Poñer aceite nunha cazola e dorar as cebolas enteiras e peladas. Despois de ben fritas, engadimos o resto dos ingredientes e salpementamos. Mesturamos ben todo e deixámolas cocer durante 5 minutos. Cando pase ese tempiño, quitamos a tapa e cocemos ata que se consuma o líquido. Pódense usar frías ou quentes, para acompañar carnes ou peixes. IRENE E SOFÍA (4º B ESO)


39

Obradoiro de cociña O alumnado de 2º de Educación Primaria, ao longo deste curso, puxémonos «mans á obra» e levamos a cabo un obradoiro de cociña. Aproveitamos os nosos coñecementos nas distintas áreas para elaborar receitas sinxelas, pero saborosísimas! Aprendemos a escribir receitas, a pesar, pelar, cortar, amasar, bater... e tamén a recoller e limpar. Unha das receitas máis exitosas foi a dos amendoados. Aquí a tedes: animádevos a facelos.

Amendoados Ingredientes: -Un cuarto de quilo de améndoa moída. -Tres claras de ovo. -Un cuarto de quilo de azucre. Preparación: Batemos as claras de ovo. Engadimos a améndoa moída pouco a pouco, remexendo sen parar. O azucre vaise botando amodo, e procuramos que non faga boliñas a pasta resultante, facendo montonciños coa masa. Metemos a bandexa ao forno (previamente quente) cos montonciños. Deixamos uns 20 minutos, aproximadamente (ata que vexamos que collen unha cor torrada.

2º EP. PROFES: VERÓNICA E JUAN


40

Os nosos traballos No PDC de 3º ESO, Katty, Tamara, Carlos, Damián e Antón fixemos este curso un rueiro da nosa vila. Levounos un trimestre, pero conseguímolo! Tamén fixemos un xogo «Coñeces ben Miño»? E escribimos contos que despois fomos contar aos máis pequerrechos do noso cole. Aquí vos ensinamos o rueiro e máis cousiñas!!!

Este é un dos contos que escribimos. De Kathy: As cores e os seus amigos

Coñéceas! Nun pequeno lugar no que ás veces había felicidade e outras tristeza, estaban as nosas amigas: as cores. Seguro que as coñecedes e tamén sabedes os seus nomes. Sabedes quen son os pernonaxes deste conto? As cores !!!! Pero as cores non estaban soas. Tiñan amigos que lles axudaban a facer debuxos fermosos, por exemplo un cunha punta de cor gris. Quen vos parece que será este personaxe? O lapis, si!!! As cores sempre estaban nas mans das persoas, pero aos que lles gustaban máis era aos nenos pequenos coma vós porque pintaban moito e as cores e os lapis pasábano moi ben con eles. Aos animais tamén lles encanta pintar, pero isto é un segredo entre vós e eu porque... senón van deixar de pintar Como o noso amigo Bas, o lagartiño, que sempre colle as cores do meu caixón ... Ás veces as cores andan tristes e entón os debuxos están en branco e negro. Pero nós podemos poñelas contentas e facer que pinten se cantamos a canción das cores. Sabedes cal é?


41 Pois vainos axudar a cantala a cor rosa. Imos comezar pero temos que cantar en voz moi baixa para que as cores oian como as chamamos. Comenza así a canción:

«Verde, verde son los arbolitos. Verdes, verdes sus hojitas son. Verde, verde, verde es mi color. Amarillo es el color del trigo, amarillos mis patitos son, por eso yo quiero todo lo amarillo como el tibio rayito del sol. Rosa, rosa, son todas mis cosas. Rosa, rosa mis vestidos son. Por eso yo quiero todo lo que es rosa, como ramas de durazno en flor. Rojo, rojo es mi sombrerito. Rojo, rojo el botón en flor. Por eso yo quiero todo lo que es rojo. Rojo rojo es mi corazón. El celeste es el color del cielo. Celestitos tus ojitos son. Por eso yo quiero todo lo celeste por que es el color de la ilusión. Blanca, blanca es la nube viajera. Blancos, blancos mis dientitos son. Por eso yo quiero todo lo que es blanco, como suave copo de algodón. KATHY SAGARDUY. B

E AGORA REFRANEANDO co meu avó O outro día, ceando, comentei co meu avó esta frase que acababa de ler nun libro: «El amor es como una goma elástica que aguantan dos personas, una de cada extremo. Van tirando de ella, van tirando, hasta que una de las dos se cansa y la suelta... Entonces la goma le da al otro en los morros». El díxome: «O que non arrisca, non gaña» e comezou a contarme historias de cando el navegaba e, tirando do fío, saíron todos estes refráns e frases feitas: Din que despois da treboada chega a calma, pero ao fin e ao cabo as cousas nunca cambian e todo o que sobe, baixa. Tamén din que todo o mundo merece unha segunda oportunidade, pero segundas partes nunca foron boas. Así que quen ten boca, erra e tamén se di que rectificar é de sabios e que querer é poder e que fai máis quen quere que quen pode. O que todo o quere, todo o perde. Ademais, de onde non hai non se pode sacar nada. E quen a segue, conséguea. Que non por moito madrugar, amence máis cedo, pero a quen madruga Deus o axuda. Que se che pica, rascas e que todo o que proe, cura. Que non hai máis cego có que non quere ver e que a palabras necias, oídos xordos. A bo entendedor, poucas palabras bastan. Quen non corre, voa. Que as aparencias enganan e que non é ouro todo o que reloce. Que queres que che diga? Quen avisa non é traidor. Que se te vin, non me lembro e a rei morto, rei posto. E, por suposto, máis vale só que mal acompañado. Verdade que é listo o meu avó?

TAMARA TENREIRO, 3º B ESO


42

Curiosidades romanas e gregas

Como este curso é o tema, imos con el: Os romanos distinguían tres tipos de bicos: o «osculum», que se daban na meixela e entre amigos; o «basium», nos beizos; e o «suavem», que se daban os amantes e os namorados. KATHY SAGARDUY Nerón mandaba aos seus corredores máis veloces que lle trouxeran neve das montañas para mesturala con froitas e mel. (Foi o inventor do sorbete!!). ANTÓN ABUÍN «O vomitorum» era o lugar onde os romanos, despois dos banquetes, vomitaban a comida axúndandose cunha pluma de pavo real, para poder seguir comendo. (Hala, veña a comer!!!). CARLOS JERIA Os gregos, cuspían para alonxar un mal presaxio. (Normal que se fora o mal presaxio, co noxo que dá!) DAMIÁN FERNÁNDEZ Para manifestar alegría, os gregos chasqueaban os dedos coa man levantada. KATHY Entre os romanos, para perfumar a súa señora, unha escrava enchía de perfume a boca e pulverizábao sobre a súa ama. TAMARA TENREIRO Os romanos adoptaron dos gregos o costume de tinguir o pelo de cor amarelo-vermello coa «spuma caústica» ou «batava», feita de unto e cinzas. Os romanos preocupábanse polo aspecto físico e a beleza. Este truco para tinguir o pelo collérono dos gregos, o mesmo que colleron deles outras cousas como: a arte, os deuses... DAMIÁN FERNÁNDEZ


43

O paciente X Os alumnos de 4ºA de Primaria estudamos o corpo humano dun xeito particular. Fabricamos o noso propio corpo de ensaio. Decidimos chamarlle «O Paciente X».

Dividímonos en varios grupos, e cada un encargouse de fabricar un dos seus aparatos: dixestivo, excretor, circulatorio e respiratorio. Como modelo collemos a Diego, un dos nosos compañeiros.

Deseñamos cada un dos órganos do seu corpo e fixemos etiquetas explicativas cos nomes e as funcións de cada un. Aquí o podedes ver con detalle.

E aquí...


44

E mais aquí:

Ao remate, para fixar ben na memoria todo o aprendido, escribimos por parellas a súa historia. Nela contamos como o pobre do Paciente X comía unha galleta envelenada e tiña que ir ao hospital para que o curasen. Así aproveitamos e describimos todos os procesos que esa galleta atravesaba dentro do seu corpo, desde que entra pola boca ata que sae polo ano. Traballamos así mesmo a estructura dos textos narrativos, as súas partes, e algunhas construccións lingüísticas que se utilizan para introducir contos. Fixemos incluso ilustracións. Quedáronnos así de ben.

4ºA PRIMARIA


45

Club de lectura un ano máis

Estes somos os salicornianos-as do curso 2011-2012. Aínda que ao longo do curso houbo alguna despedida, tamén houbo alguna incorporación tardía. Pero o certo é que este curso somos moitos máis (30)! E fixemos tantas ou máis cousas que en cursos anteriores: -Un paseo de inauguración pola Praia ata a Ponte do porco -Unha conta en tuenti, pola que nos comunicamos, rimos e comentamos cousas de interese -Unha tarta de fresa -Unha saída a Pontedeume para realizar o roteiro de La casa de la linterna, de Carlos de Castro -Un concurso de palabras -Unha exposición cos debuxos que fixemos a partir do que nos suxeriron os poemas lidos -Aínda nos queda, despois de que esta revista saia á luz, a visita aos avós e avoas de Laraxe E, como o club de lectura, é para LER, estes foron os libros que lemos este curso: -Unha Escolma poética, La casa de la linterna, La importancia de llamarse Ernesto,

Los espejos venecianos e Caperucita en Manhatan.

ANIMÁDEVOS PARA O CURSO QUE VÉN!


46

Palabras estrafalarias Explicámosvos de que vai isto das palabras estrafalarias: Ás profes do noso Club de lectura ocorréuselles, entre outras moitas ideas, facer unha conta en TUENTI para comunicarnos avisos, ideas, opinións... subir poemas, facer concursos... E... falando de concursos... Ana Andrés tivo a feliz idea de inventar un concurso de palabras ESTRAFALARIAS. E que era isto? Pois palabras que nos soaban estrañas, raras, diferentes, iso: ES-TRA-FA-LA-RIAS!!! nunha palabra. Tanto en galego como en castelán, co seu significado POR SUPOSTO! Así que no tuenti puxémonos mans á obra e foron aparecendo estas: En castelán: Fratricida, Apastragarse, Hepatomegalia, Eslabón, Providencia, Picio, Zipizape, Zanguango, Mandrias, Borborigmo, Yuxtaponer. En galego: Notoriedade, Tabernáculo, Carambuña, Enchoupar, Topenexar, Nácara, Zalasprán, Garrafello, Xenuflexión, Esparaván, Esmuxicar... NON DIGADES QUE NON SON ES-TRA-FA-LA-RIAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Animámonos moito porque nos «engadaron» cos premios... jejeje... Que se un premio «OPíPARO», que se un premio «SUCULENTO», que se un premio tal e cal... Así que en total participamos 18 salicornianos-as. E o premioooooooo.....................!!! O premio foi tal e como nos dixeran: OPÍPARO, SUCULENTO.....................

UNHA CEA NO PUKIS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Unha cea á que fomos: Andrea Piñeiro, Tamara Bello, Carmen Valiño, Cristian Martínez, Alba González, Brais López, Iago Pena, Iván Pena, Alex Vázquez, Claudia Paz, Andrea Seijas, Adrián Ramos, Ángela Alage, Lucía Seijo, Irene de Ron (?), Carlos Bouza, Miguel Forcelledo, Sofía Schwaige. TODO MOI RICO E PASÁMOLO EN GRANDE! Agora mirade o «bordado» que Ana Andrés fixo con elas:

CLUB DE LECTURA SALICONIA


47

Vida para os nosos mares Os denunciantes denunciados O pasado 19 de outubro, mentres ía para a escola, sorprendeume unha imaxe cando menos insólita: un barco verde fondeado no medio da ría, cun arco da vella deixado por unha pomba branca e unhas grandes letras que dicían: GREENPEACE. Dáballe cor á ría e, atreveríame a dicir, vida, acostumada a ver mercantes, petroleiros e algún gaseiro. Mais que estivese alí, dábame un mal presaxio. Efectivamente. Ese día, por ser mércores, déronnos o xornal no colexio e atopei unha noticia: «Os armadores incitan a Madrid para que sancionen a Greenpeace». O barco era o Arctic Sunrise e veu para denunciar os danos que provoca a pesca de arrastre nas profundidades mariñas e caladoiros e pedir ao Goberno español e á Comisión europea que deixen de subvencionar os barcos de arrastre e apoien a pesca artesanal.

O Arctic Sunrise foi un pesqueiro de focas adquirido pola organización no 1995 e botado un ano despois. Navega ás ordes de Peter Wilcox, capitán do Rainbow Warrior I, afundido no 1985 polos servizos secretos franceses.

LUCÍA SEIJO

DE

BERNARDO. 4º A ESO


48

Visita ao Acuarium Finisterrae O día 2 de marzo, os nenos e nenas do 1º nivel de Educación Primaria fixemos una visita á Casa dos Peixes da Coruña, coas nosas profesoras María e Pilar. Alí fomos atendidos por unha monitora que nos estivo explicando moitas cousas, especialmente sobre os tiburóns. Ensinounos dentes, cachos de pel, ovos e ata puidemos tocar un deles, pequeno, que estaba nunha vitrina. Logo acompañounos ata a sala Nautilus, onde non se podía facer ruído para non molestar os peixes. Tamén saímos ao exterior e vimos como lles daban de comer ás focas. Despois, aproveitando que ía bo tempo, tomamos fóra a merenda e as profes deixáronnos xogar un pouquiño. Antes de irnos sacamos unhas fotos do grupo.

Pasámolo moi ben nesta saída!


49

Visita á Torre de Hércules O día 22 de novembro, tras varios intentos de ir visitar a torre de Hércules e o monte de San Pedro, por fin... fomos!!! E claro, como era de esperar, escollemos o mellor día!!! Choveu sen parar, caeron chuzos de punta e acabamos mollados ata os ósos. Cando estabamos chegando á torre diluviaba e, aínda así, valentes como somos, subimos ata enriba de todo por unhas escaleiras que non remataban nunca, saímos fóra para sacar fotos e... CASE SAÍMOS VOANDO. Menudo desastre. A Sergio rompeulle o paraugas, que risa!! Ao saír da torre, como era cedo e non podiamos pasear nin nada, Susana e Begoña decidiron levarnos ata o centro comercial ESPACIO CORUÑA e así secariamos un pouco. A excursión foi xenial! Rimos moito e pasámolo en grande. Grazas, profes, por esta gran excursión! ÁNGELA ALAGE, ANTÓN ABUÍN, CARLOS JERIA, NOELIA GARCÍA E ELSA ALLEGUE

Ben, molladiños como pitos, chegamos da excursión á Coruña, que foi moi moi divertida. Primeiro queriamos ir ao Monte de San Pedro, pero os do persoal non se responsabilizaban da nosa morte a causa do vento e non nos deixaron entrar. Despois fomos á Torre de Hércules, onde non voamos de milagre!!! Un vento terrible, un mar precioso aínda que moi picado e impresionante (como se debe ver a torre e os seus arredores) e, COMO NON!, caían chuzos de punta! Despois fomos a Espacio Coruña, onde estivemos un bo tempiño dando voltas por alí. Foi unha das mellores excursións coa que case puidemos facer un programa que se podía titular: «O último supervivinte: como saír seco da Torre de Hércules». ANDREA PIÑEIRO

Os de 3º A e B fomos á Torre de Hércules. Chovía a máis non dar e tivemos que subir un mogollón de escaleiras para ver... a néboa, o mar e, de paso, mollarnos ben mollados!!! Aquí estamos «secando» no Centro Comercial. LAURA LÓPEZ


50

Visita ao museo de Belas Artes e á Cociña Económica Este ano, acudimos os de 4ª da ESO e 3º B de ESO á cociña económica da Coruña e ao museo de Belas Artes. Ao primeiro lugar ao que fomos foi á Cociña Económica, a que iamos deixar unha gran cantidade de alimentos que recadamos no cole coa axuda de alumnos, pais, profes... coa fin de levar unha pequena axuda. Para que saibades un pouco máis da cociña económica, coméntovos que existe dende o ano 1886, hai pouquiño, non si? Hoxe en día ten 3.300 socios, de calquera lugar, xa que calquera pode axudar. O obxectivo é dar de comer a xente que non pode permitirse ese gasto así tamén como proporcinarlle un lugar onde asearse e pasar ratos de ocio. Hai duchas, comedor, lavandería e acceso a Internet, para que algunhas persoas, por exemplo os inmigrantes, poidan comunicarse co seu país. Tamén é importante saber que a cociña económica non posúe ningunha subvención, tan só a do concello, que nin chega para pagar a luz de cada ano. Por iso é importante que poidamos colaborar con ela, xa que reparten 650 racións diarias e ao ano poden gastar 45.000 barras de pan ou 32.000 maquiniñas de afeitar. Así que, xa sabedes: se podedes, colaborade, porque un pouco cada un, é moito para a xente que non pode permitirse moitas cousas. Despois de rematar na cociña económica, fomos ao Museo de Belas Artes. Alí dividímonos en dous grupos para que a visita se fixese máis amena e así poder percorrer a arte , pasando polas etapas do tempo máis importantes ata chegar á actualidade. O mellor do museu foi que tivemos a gran sorte de ser as primeiras persoas que vían uns cadros, realmente preciosos, que acababan de chegar dun intercambio co museo do Prado de Madrid. Aprendemos moito. Foi unha excursión para repetir!

TAMARA BELLO, 4º A ESO


51

Na Cidade Eterna Este ano os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. viaxamos a Roma como viaxe de fin de curso. As profesoras que nos acompañaron foron Patricia Cubillo, profesora de música, Rosa Sierra, profesora de matemáticas, e María Gómez, a orientadora. Esta excursión estivo marcada polo cansazo xa que tivemos que andar o impensable, só collemos o bus o mércores pola mañá e porque tiñamos presa e o mércores á noitiña porque comezou a chover. Para ser unha excursión tan curta, vimos moitas máis cousas das que podedes pensar. O luns, primeiro día, fixemos unha visita nocturna panorámica da cidade en bus, particularmente do barrio do Eur. Nesta visita fixemos unha paradiña breve na Fontana de Trevi. O martes pola mañá visitamos o Coliseo Romano e o Foro coa nosa guía Pina. Pola tarde fixemos un paseo con Pina visitando un sen fin de fontes, estruturas, igrexas, etc. Nesas visitas houbo unha igrexa que nos deixou moi sorprendidos porque o suposto teito e a cúpula, que deberían estar en relevo, estaban pintados sobre plano! O mércores pola mañá visitamos as catacumbas de Domitilla. Pola tarde fomos ó Vaticano onde vimos os papas «momificados», a igrexa, o museo e a Capilla Sixtina que a moitos de nós nos decepcionou un pouco xa que esperabamos algo moito máis grande e espectacular... aínda que tamén pode ser que como foi o último que vimos, a nosa capacidade de sorpresa xa estaba esgotada. No Vaticano algúns quedamos coas ganas de subir á cúpula. Despois do Vaticano fomos ata a praza de Venezia e alí dividímonos: un grupo de oito persoas fomos ata o famoso Hard Rock Café e os demais compañeiros quedaron nos arredores comprando agasallos ou simplemente foron tomar un xeado (entre os do xeado seguro que estaban as profes que durante toda a excursión fixeron gala dunha gran obsesión polos xeados romanos!) O xoves pola mañá fixemos unha visita rápida á igrexa de Sta. María a Maior e despois fomos ao aeroporto para volver á casa. Creo que todos os que fomos estaremos de acordo en que a excursión tivo dúas pegas fundamentais: as estrafalarias «técnicas de conducción» dos romanos e o aburrimento que pasamos no aeroporto de Madrid debido a que os responsables dos vos se aburrían e comezaron a xogar coa hora do noso. Podedes ver na foto que ben o pasamos! Ben, D-todos e D-todas, este é o derradeiro texto dunha persoa que está «moi adolescente» ;) Ata sempre! IVÁN PENA


52

Volta a China Hai semanas fun ao meu país, China. Cóntovos algo del. Foi unha viaxe moi longa e tiven que facer transbordos en Moscú. Cando cheguei a casa xa era moi tarde. Aínda que estaba moi cansa, paseino moi ben durante aqueles días, e teño ganas de volver!!! Un día fun coa miña irmá e a miña curmá a Qian Si Yan. É unha montaña moi bonita e natural. Ten fervenzas e, debido ás caídas de auga que se parecen a paredes de seda, recibe ese nome que significa «miles de sedas». A maioría das escaleiras eran empinadas. Tan só para chegar á porta Tian, xa hai 148 pasos. Alí hai tamén unha parede moi alta, con 18 budas, e cada un con distintas formas, talladas en granito. Aínda que nos custou moitísimo subir as escaleiras, cando chegamos enriba de todo, só pensabamos que merecera a pena. Uns días despois, fun ao Hendian World Studios. É o centro máis grande de China para facer películas, o «Hollywood chinés». Moitas películas están feitas neste lugar (ata agora xa se fixeron máis de 16000 películas). É moi normal atopar algún famoso. Eu tamén vin algún deles e alí ensináronnos algunhas cousas sobre o cine e vimos varios espectáculos. Un dos que máis me gustou foi o «Sono de Tai Chi», que trata de imitar o inicio do universo, representando as catro estacións mediante unha especie de baile de acrobacia. Tamén imita realmente un estourido volcánico. Foi xenial!!! Durante o espectáculo empregaron lume (case me queimaba coa calor que ía!), burbullas (que caían do ceo, que me provocaron unha sensación fantástica!), auga (cando a auga se abriu como un abano e proxectou dentro dela a palabra Tai Chi, sorprendinme moito!)... E moitos máis efectos visuais. Ao final, todos aplaudimos de pé durante un bo tempo. Tamén estiven nun lugar que se chama «Ming y Qing palacio» no que a guía nos explicou a historia dalgúns emperadores. Grazas a ela aprendín moitas cousas que antes non sabía. Era un palacio enorme! Case me perdín! E alí tamén entendín por que os antigos emperadores sempre ían en silla de mans... Porque... senón tamén se perderían!!! Esta viaxe foi unha das mellores que fixen, e non a olvidarei nunca!!!!!

Qian Si Yan

Ming y Qing palacio

Unha escena do Sono de Tai Chi

YING YING LI


53

Unidade de Vixilancia Lingüística (UVL) Como todos os cursos… vixiamos os vosos pasos e aquí están os resultados das vosas «meteduras de pata»:

-Ana Andrés: Que es una exhortación? -Fer: La niña del exorcista... No?

-Ana Andrés: Porqué se llama consola? -Miguel: Porque sirve para consolar.

-Rosa: Mikel se va a Lanzarote -Adrián: Si, al «are» «ce» «fourtyfour»» -Rosa: Noooo! Se va al «erre» «ce» «cuarenta y cuatro» -Adrián: Valeeeeeee, es lo mismo!

-Fer: Rosa, que no da tiempo!! -Rosa: Tranquilicidad… eh!

Falando na clase con Elvira dos terremotos e tsunamis… -Elvira: A ver, un lugar que empieza por «H» donde se produjo un terremoto muy importante. -C. Bouza: ATENAS! -Elvira: Por H, Carlos…

Falabamos do S. XIX en Historia. -Flor: A ver, quién era María Antonieta? -Adrián: Pero María Antonieta no es la de la noria?

Na clase de Música un día de calor, á última hora da mañá. Patricia tiña una camisa cuns petos sen fondo… -Patricia: Eh, chicos, puedo volaar!!!!!!!!!!!!!!!!

Fer: Me duelen los «isquiotimbales» EQUIPO

DE REDACCIÓN,

4º B ESO


54

Pasatempos Procura a frase agochada seguindo as pistas


55

Humor e adiviñas ADIVIÑAS -Roe os nabos, roe as berzas e tamén roe os cañotos das xestas. -Por máis que se soa, o moco lle colga. -Sen saír da súa casa, por todos os sitios pasa. -Canto máis quente, máis fresco e cruxinte. -Que animal anda cos pés na cabeza? -Que cousa é que se pon na mesa, se parte e se reparte e nunca se come? ALBA VARÓN GONZÁLEZ (O porcobravo, pavo real, caracol, pan, piollo, cartas)

-Que é negro coma a noite e longo coma o mar? ROI E JUANJO (autovía)

-Quen salta máis alto có monte? Todos, porque o monte non salta. -Se un avión se estrelara na fronteira de Portugal e España, onde enterrarían os supervivintes? Pois non os enterran porque están vivos. ANTÓN RIVEIRO E DAVID ROCA

HUMOR Un día Nadie, Nada e Tonto foron pescar e Nada caeu ao lago e Nadie estáballe axudando. Tonto chamou a un policía e díxolle: -Nada caeu ao lago e Nadie lle está axudando. Di o policía: -Que es, Tonto? -Si, encantado de coñecelo! JUAN V.V


56 Esto era un español, un francés e un inglés. O inglés di «espaguetis», e cáenlle do ceo. O francés di «macarróns» e cáenlle do ceo. Vai o español, dáse coa pata da silla e di «raios» e, cáenlle do ceo. ADRIÁN R.V.

Doutor, síntome mal. Pois séntese ben. ADRIÁN G. E DANIEL

Que lle di un bombeiro a outro? Aí vén o bombeiro coa mangueira. GERALDÍN

4º B PRIMARIA


57

Xeroglíficos

(Solucións: Eurovisión, unha pataleta, «peli-roxa», parchís)


58

Ponlles un nome a estes animali単os tan especiais!!!

(Os debuxos son da nosa profe Elvira)


59

Aburiño!!!

Chegou a hora de marchar. Nós, que formamos unha gran familia, gústenos ou non, temos que separarnos e seguir camiños diferentes. Agora toca dicir adeus aos momentos vividos xuntos e gardar os recordos como un tesouro. Algúns comezamos o noso camiño neste cole con tres aniños e outros case acaban de chegar. Pero é igual. Todos formamos un grupo e todos fomos tamén despedíndonos daquelas persoas que tiveron que marchar, por unha cousa ou por outras. Estes anos vividos están cheos de anécdotas e historias que recordaremos sempre cun sorriso. Agora dicímosvos adeus, un a un: -Pronunciar un adeus para recibir un ola! (ALBA GONZÁLEZ) -Pase o que pase non será un adeus definitivo, será un ata logo (BEA ANIDO) -A pesar de todo, os bos recordos permanecerán sempre nas nosas vidas. Ata sempre! (TAMARA) -Hai moitos recordos de bos compañeiros, de profesores, de momentos... Pero ante todo, nunca esquencerei a Milagros que, aínda que só puido estar aquí medio curso, marcounos moito. Biquiños a todos. Aburiño! (CARLOS BOUZA) -Sempre quedará nas nosas mentes un mar de recordos, dende a nosa infancia ata agora e estarán presentes no noso desenrolo. E... unha grandísima aperta para todos e deica outra! (CARLOS PENA). -Aínda que nos coñezamos dende hai menos de tres anos... facedes que me sinta como na casa. (BRAIS) -Tantos anos aquí e agora ter que marchar é complicado. Este colexio é e será como a miña casa. Grazas por tantas anécdotas divertidas, por tantos bos recordos, por ter uns compañeiros que valen ouro. Unha aperta e ata sempre! (SARA)


60 -Un saúdo, pasádeo ben... (HÉCTOR) -Adeus! Espero que as xeracións seguintes se divirtan tanto coma nós aquí. (JUAN MATA) -Despois de trece anos chegou a hora de marchar e o certo é que vou botar de menos este colexio... é broma... non pensedes mal!!! (CARLOS MARTÍNEZ) -Levo aquí dende os 2 aniños e voume con 15! A miña vida está aquí. A este centro débolle a miña formación como persoa e tamén lle debo coñecer as persoas máis importantes da miña vida: os meus amigos e amigas. (LAURA) -Parece mentira... Levo case toda a miña vida aquí. Cando entrei na escola con 2 anos, o momento de marchar parecía estar moi lonxe pero agora, con 15 anos, quedan apenas uns meses para saír de Miño. A hora de marchar chegou e agora hai que enfrontarse ao descoñecido. Van facer falta moitos paquetes de «clínex» en xuño... (NOELIA) -Tantos aniños aquí e agora ter que marchar... Pero non imos esquecer os bos momentos que pasamos neste colexio. Quero recordar amizades que fixen aquí e tamén aos profesores que tanto me axudaron a saír adiante a pesar do túzara que son... Non quero esquecer nada e sempre terei estes anos no meu recordo. Ata sempre! (Mª JOSÉ) -Begoña: voute botar de menos! «Dos puntos paréntesis abierto» (FER) -Nunca esquecerei este colexio nin as experiencias vividas aquí. Algúns profesores e alumnos son marabillosos! (VERÓNICA) -Dedicado ao colexio: Sei que ao principio non te tiña moito agarimo, pero fixémonos amigos, contámonos segredos e vivimos moitas cousas xuntos. Agora que me vou, neste preciso instante, sei que te vou botar de menos. Deica sempre a todos! (MIGUEL) -Despois de moitos anos, ímonos, marchamos! Persoalmente vou botar isto de menos. Todas as nosas vivencias e en xeral a gran familia que forma o colexio Castro Baxoi. Aos que quedan, que desfruten disto mentres poidan, que non atoparán outro cole igual! Deica logo! (IVÁN) -Neste colexio chorei, rin, aprendín... Estes son os mellores recordos que podo ter na miña vida e que nunca esquencerei. Agora digo adeus a todos! Pero que saibades que nunca esquencerei o que desfrutei aquí. Bicos a todos! (YING YING) -Despois de seis anos neste cole, despídome. O mellor ano que recordo é este, non só por ser o derradeiro senón pola cantidade de amigos e amigas que fixen. Aínda que non todo é bo... porque nunca máis volveremos estar todos xuntos... Un saúdo a todos! (UXÍA) -Profesores, compañeiros, grazas por todos estes anos que pasei aquí, grazas por ensinarnos a ser persoas e grazas tamén por todos os recordos que nunca esquecerei. (IRENE) -Grazas por todos os amigos, profesores e bos momentos que levo comigo para sempre, grazas por todo! (Sofía) ATA SEMPRE, Juan! Adeus, gatiños. Adeus, cabras, cabalos e patos. Adeus á nosa Begoña e a Flor, que foron moi boas titoras. Adeus a todos os demais profes. Adeus ás limpadoras e a Begoña, a secretaria. ATA SEMPRE!!!


Nunca teriamos que consentir algo así!!! LUCÍA SEIJO


Profile for cpi castro baxoi

Dtodo 2011-12  

Revista Dtodo do curso 2011-12

Dtodo 2011-12  

Revista Dtodo do curso 2011-12

Advertisement