Dtodo 12 13 nº6

Page 1


Debuxo de Sergio Laxe

EDITORIAL

1

CARTAS DE EX ALUMNOS-AS

2

AS QUE ORGANIZAMOS NO CLUB DE LECTURA

4

COUSAS DO COLE

10

FESTAS E CELEBRACIÓNS

21

APARTADO INFANTIL

32

ENTREVISTAS

38

SOMOS ESCRITORES

44

ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE

51

SOMOS LECTORES

57

SOMOS PINTORES

58

VIAXES E VISITAS

59

ARTIGO DEPORTIVO

66

PARA PASAR O RATO

68

COCIÑAMOS

75

DESEXOS E LEMBRANZAS

78

ADEUSES

79


1

Editorial

Outro ano máis, os de cuarto levamos o peso da revista. Como é o noso último ano temos moitas ganas de facer algo que vos guste moito, por iso curramos tanto. Como queremos que vos quede un bo recordo de nós, fixemos unha revista ben completa: con deportes, cousas do cole, celebracións, club de lectura, pasatempos, o recuncho solidario, un apartado de cociña, debuxos, entrevistas, poesías... e COMO NON!!! a imprescindible UVL (unidade de vixilancia lingüística), dende a cal vos estamos vixiando atentamente! Pero ademais... este ano hai un pelotón lingüístico co que defendemos o noso, o galego, e no que o pasamos xenial. Organizamos un montón de actividades relacionadas co galego que vos farán pasalo moi ben pero tamén parsaredes algún «mal momento», especialmente os profes... jejeje. Tocaravos sufrir un pouquiño! Tamén leredes nela as cousas que pasan e imos facendo no cole, tanto en Secundaria como en Primaria e Infantil, así que esta será unha plataforma para coñercernos máis e darnos conta de todo o que se fai ao longo do curso neste cole. En resumo, a ler e gozade da nosa revista!

Atte.: 4ºA e B


2

Unhas cartiñas de ex alumnos-as

Hola a tod@s!: En primeiro lugar, felicitarvos polo gran labor que realizades nesta revista que segue a ser igual de interesante e xenial que nos seus primeiros anos! Son Andrea, antiga estudante do Castro Baxoi. Vouvos contar un pouco a miña experiencia como estudante, xa que, ao parecer, nin fóra do cole me libro das tarefas de Begoña… ;P Jajajaja ¡!!! Mentiría se dixese que xa hai tempo que abandonei o niño, figuradamente falando, xa que aínda que para min parece unha eternidade, hai escasos tres anos que rematei a ensinanza obrigatoria. Creo que todo o mundo garda bos recordos da súa infancia na escola, polo menos eu, persoalmente, teño moitos e moi bos, dende as miñas primeiras andainas como párvulo, pasando por primaria ata chegar aos últimos anos da ESO. Podería contar todos e cada un deses recordos pero creo que basta con dicir que son recordos que, sen dúbida, terán sempre un oco na miña memoria. Por todo isto, hoxe, podo dicir que o Castro Baxoi foi como unha segunda casa para min, o lugar onde pasei as miñas primeiras experiencias e onde me ensinaron os coñecementos que, pouco a pouco, foron sendo ampliados e que me levaron a estar onde hoxe estou. Un consello en referencia ao futuro, se mo permitides: tomade as cousas con calma e tede sentidiño xa que estades a pasar por un momento decisivo nas vosas vidas. Non é cuestión de metervos medo no corpo, soamente é que chega o momento de «cambiar de marcha» e facer as cousas coa cabeza no seu sitio. Segundo a miña experiencia, pódovos dicir que as cousas sempre se pintan peor do que son; por exemplo, iso do bacharelato e da selectividade, que soa un pouco a MEDO, por iso da fama que teñen... O importante é tirar para adiante e intentar conseguir o que un se propoña, sen ter en conta os «disque, disque». Sen ir máis lonxe, eu era unha desas que estaban «cagaditas» á hora de deixar o cole, botar as ás a voar e aceptar que unha xa non era tan nena e que xa chegara á hora de tomar decisións importantes para a propia vida, e actualmente son estudante de Educación Social, mirade a onde cheguei! Con isto simplemente quero facervos ver que se nos propoñemos metas, TODOS somos capaces de chegar a onde queiramos. Eu estou contentísima co que estudo, foi algo que me propuxen e que conseguín (aí o tedes ;D). É unha carreira feita á miña medida e, aínda que dura, moi gratificante; saber que podes axudar a mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas é unha sensación incrible e moito máis hoxe en día debido á situación pola que estamos a pasar. Remato xa dicindo que disfrutedes ao máximo de todas e cada unha das experiencias que vos ofrece a educación, sabendo que sodes uns privilexiados e que non podedes desperdiciar e tirar ao lixo a posibilidade de estudar. Simplemente me gustaría que vos quedasedes coa idea de que un pode chegar a conseguir o que desexa con esforzo e, sobre todo, con moitas ganas!!!! Unha aperta de ANDREA MONTERO


3

A miña etapa na Eso no Castro Baxoi foi a mellor de todas. Algunhas asignaturas custaban máis que outras e había que estudar tamén pero, sen dúbida, foron os meus compañeiros e compañeiras os que fixeron que teña uns recordos que nunca olvidarei. Cando cheguei a bacharelato, en Betanzos, supuxo un gran cambio, en certo modo un gran reto que non dubidei en que superaría. A verdade é que tiven a sorte de ir na clase con unha compañeira que xa viña comigo de Miño, polo que non foi tan duro como esperaba. Inmediatamente coñecín outra xente e fixen novas amizades. Sen dúbida, o curso que máis dificl me pareceu de toda a miña vida foi segundo de bacharelato debido á falta de tempo para explicar as materias e coa selectividade á volta da esquina, o que facía que estiveses en tensión case todo o tempo, con exames cada dúas semanas e case sen tempo para preaparalos. Pero todo esforzo ten a súa recompensa e a miña foron as boas notas nos exames do bacharelato e da selectividade, o que me permitiu entrar en todas as carreiras -salvo en 5- e sobretodo permitíronme entrar na carreira que elixín: Enfermaría na Coruña. Esta xa é outra etapa máis á que me enfrento. De momento non podo falar moito xa que levo escasos 5 meses e carezo de experiencia. Unicamente podo dicir que si, que hai moita festa pero que tamén hai exames e estudos que quitar adiante e traballo, moito traballo. Traballo para estudar e traballo para defender o dereito aos estudos públicos. Coa supresión de becas na educación pública e coa suba nas taxas, estudar parece máis un privilexio que un dereito. Se o ensino non o defendemos os estudantes, quen o vai facer? Por último, dicir que estudar non é malo, é algo que nos permitirá ter un futuro practicamente asegurado e que nos permitirá tamén conseguir un bo traballo. Así que… pasádeo ben pero aproveitade o tempiño!

BRAIS CHAO MASEDA


4

As que organizamos no Club de Lectura FOMOS CONTACONTOS NO NOSO COLE Durante a tan «marabillosa» semana de exames que organizaron os xefes e a semana antes da Semana Santa, algúns membros do Club de Lectura de 1º e 4º e tamén algúns membros do Pelotón Lingüístico, fomos ás clases de Infantil para contarlles aos pequenos contos «ao modo medieval», por dicilo dalgunha maneira. Fixemos de xograres, que eran personaxes da sociedade medieval que se dedicaban a contar historias e a cantar cantigas. Isto todo foi cousa de Chus e das profes de Infantil, que se organizaron para que todo fose posible. Contamos tres contos: «O frautista de Hamelín», «El rey de papel», que tamén contaron na Feira Medieval do cole, e «El encantador de serpientes» (que quizais foi o que máis lles gustou aos nenos). Como era de esperar, todos fomos vestidos de xograres, ladróns, frautistas... Esta Chus é moito!!!!! As caras de «medo» cando viron a serpe, o sorriso cando viron o rei de papel, o interese dos nenos co conto tan sumamente coñecido como é o do frautista... Todos quedamos encantados con eles e eles tamén con nós! Que pena que algúns nos imos este ano (Andrea Seijas, Ángela Alage, Iago Pena, Noelia Tojeiro, Marta Dapena, Sheherezade Fernández e Andrea Piñeiro), é un pracer contarlles contos! Oxalá os compañeiros do Club de lectura e do pelotón lingüístico que quedan no cole tomen o relevo e o fagan tan ben coma nós!!! Jejejejejejeje...

NOELIA TOJEIRO e ANDREA PIÑEIRO


5

VISITAMOS O MOSTEIRO DE MONFERO O día 20 de Novembro, os membros do Clube de Lectura Salicornia fomos visitar o Mosteiro de Monfero. O día non se prestaba moito para facer a visita: parecía que ía chover e ía moitííííísimo frío! Pero grazas a Deus, non caeron «chuzos de punta». Durante a visita, Patricia e Henrique, os papás de Tomás (2ºESO) e arquitectos que levan a restauración do mosteiro, fixeron de guías turísticos e explicáronnos a historia do mosteiro. Tamén nos contaron algunhas anécdotas. Percorremos as distintas estancias: os claustros, a igrexa, o coro, a sacristía … Os que non estiveramos nunca alí, pareceunos maxestoso e impresionante. Daba un pouco de arrepío, a dicir verdade. Xa iamos coa antena posta porque algo uliamos do que ía pasar durante ou ao remate da visita. Patricia e Henrique foron moi atentos e explicáronnos con todo detalle as reformas que nel ían facer (como sabedes, vai ser reformado para converterse nun hotel con spa, pero por culpa da crise económica, as obras están paralizadas) e deixaron a visita á antiga cociña do mosteiro para o final. Pensando que a nosa visita xa finalizara e sacando a merendola para comer un «piscolabis» antes de volver ao cole, fomos arrastrados ata a cociña. Alí estaba «A Feiticeira de Monfero». A súa estancia era un tanto arrepiante e peculiar: estaba chea de ratos, candeas, tearañas, brebaxes e apócemas … Moi atenta ela, leunos un contiño de medo e regalounos un caderniño onde as bruxas anotan as súas receitas e esconxuros, e tamén nos deu uns pequenos conselliños de maxia para ter sorte nos estudos, no amor… PASÁMOLO MOI BEN! Ah! E moitas grazas a Patricia e Henrique por explicarnos tan ben a historia do mosteiro.

ANDREA PIÑEIRO

E isto é só unha pequena mostra... por iso recomendámosvos que vos apuntedes ao Club de Lectura!!! É xenial! E por riba as profes –e tamén algún de nós– cociñan e tomamos chocolate, biscoitos, magdalenas...


6

Galletas salicornianas Durante a lectura do libro Compostela, de David Pintor, no club de lectura tivemos o pracer de probar algúns postres feitos polas profes (biscoitos, magdalenas...). Pero, algúns alumnos-as trouxemos tamén algunhas cousiñas ricas, como estas galletas feitas por Andrea Piñeiro, que nos pasa a receita: Ingredientes: • 400 gramos de azucre. • 600 gramos de fariña. • 4 ovos. • 1 cullerada de bicarbonato sódico ou lévedo en po. • 250 gramos de manteiga con sal ou margarina. • Pebidas de chocolate ou trociños dunha tableta ao gusto.

Elaboración: Comezamos por engadir o azucre e a margarina ou manteiga a un bol para remexer todo. Posteriormente engadimos os ovos e a fariña mesturada co bicarbonato ou o lévedo. Seguimos mesturando ata que nos quede unha masa homoxénea*. Cando teñamos a masa finalizada, engadimos as pebidas ao recipiente para que nos queden enteiras ao remate da receita. Botámolas na placa do forno cunha separación duns 3 cm. aproximadamente e co forno previamente quente a uns 180ºC. Cocemos durante 15 minutos, máis ou menos.

Deixamos arrefriar e xa podemos degustar as marabillosas galletas salicornianas!!!!

*Aquí pódesenos presentar un problema: se empregamos margarina vainos quedar máis lixeira a masa; nese caso, deberemos empregar unha culler para botar a masa sobre a placa do forno. Se empregamos manteiga, quedaranos unha pasta dura e faremos boliñas coas mans e esmagarémolas sobre a placa do forno.


7

Mondoñedo

Vintetrés, día do libro, preparámonos ben cedo. Para saber de Cunqueiro marchamos a Mondoñedo.

Diante da súa casa comenzamos a lectura, coñecer vida e obra esta será a aventura,

Fonte Vella, barbería Praza Maior, Catedral dentro, a profe María, mostra saber sen igual.


8

O músico e Dona Inés da noite vai coma un río, sentados no seminario declaran o seu amorío.

Ó cemiterio chegamos, alí Cunqueiro repousa qué fermosa frase vemos gravada na súa lousa.

E como broche do día, a Cervo fomos xantar. Ó pé de suave fervenza limos para rematar.

CHUS


9

E por suposto, LEMOS! Este ano no Club de lectura Salicornia, como de costume, lemos bastantes libros que nos gustaron moito. Aquí vos contamos: 1. O primeiro foi unha escolma de contos de terror que nos prepararon as profes. Despois da lectura fixemos a visita ao mosteiro de Monfero. Foi unha experiencia xenial, na que coñecemos a «feiticeira de Monfero». 2. A segunda lectura foi El haiku de las palabras perdidas, de Andrés Pascual, que tamén nos gustou moito e soubemos con el a historia paralela que rodea o libro xa que en Historia demos as guerras mundiais e falamos das bombas de Hiroshima e Nagasaki.

3. A terceira foi unha novela gráfica, Compostela, de Xavier Pintor. Esta foi quizais a que máis nos gustou xa que por orde do autor había que ler tomando un café! Café, café non tomamos pero tomamos biscoito, magdalenas, chocolate.. (hmmmmmmm :P).

4. O día que fomos a Mondoñedo lemos A noite vai coma un río, de Cunqueiro. A lectura fixémola o alumnado paseando polas rúas da vila, diante da Catedral, nas portas do Seminario...

A raíz da lectura de Compostela, o 16 de maio realizaremos unha saída a Santiago onde percorreremos os lugares que aparecen no libro. Esperamos que o ano que vén o Club de lectura teña máis membros!! (Aínda que con moderación, eh?? que logo non colleredes para reunirvos!!!). Asdo. NOELIA e ANDREA P.


10

Cousas do cole Qué cambio! Neste novo curso houbo moitos cambios no cole. Comecemos polo principio: o cambio de dirección: Temos un novo director, Espi, ese profe de Naturais e Informática de pelo branco... Pois si, ese é o noso director (moi bo profe, por certo, jejeje). E unha nova xefa de estudos: María Méndez, o terror de todos os nenos de primeiro da ESO, pero nós que estamos en cuarto xa lle temos cariño, aínda que é algo esixente. Ademais destes dous cambios, o novo xefe de estudos é Antón Rey, ese profe tan guai de Educación Física. E tamén hai unha secretaria, Cristina Graña, que aínda que non a coñecemos sabemos que é moi boa. As que levan as actividades extraescolares son Teresa (de Primaria) e Carmen Sánchez, profe de inglés. Esta nova dirección cambiou o cole por completo. Puxeron a escola patas arriba!!! Na ESO incorporaron taquillas, eses ‘armarios’ das escolas americanas que nos gustan tanto... Pois eses. Tamén cambiaron a forma de organizar as aulas. Ala! Agora xa NON temos aulas propias! Cada departamento ten a súa (que cómodos os profes!) e nós toda a mañá a correr dun lado para outro... Acabamos cansos coma burros despois dun día de arado!!! Ademais disto tamén houbo utros cambios menores, pero importantes. Por exemplo, puxeron cortinas no vestíbulo de Secundaria; cambiaron a cor das cortinas na aula de Ciencias e puxeron portas a modo de ventás... (algo difícil de explicar, pero así foi!). Tamén temos algunha critica, por suposto. A primeira é que nos pecharon a porta que vai á aula de Música para non facer cousas «indebidas», xa que iso dos bicos aos profes non lles mola! E non imos queixarnos máis que algo de bondade aínda temos!

Pinkie de plástico Hoxe, día sete de novembro de 2012, tivemos unha clase de matemáticas algo especial... «Rous», a nosa querida profesora de matemáticas (tamén apodada Pinkie), foi substituída pola boneca diabólica. Despois dalgunhas semanas intentando que se olvidase da clase, hoxe conseguímolo. Primeiro apagamos todas as luces e escondemos todas as mochilas. Deseguido puxémonos na parede, onde está a porta, para que non se nos vise. Fixemos algunha que outra burrada: había unha boneca que deixaran os de terceiro da festa do magosto e puxémola na típica postura de Pinkie. Rimos e rimos e... Sacamos algunha fotiño tamén (cousa que non se pode, dicímolo para as xeracións seguintes). Pero claro, Rous (ou Pinkie, como prefirades) acordouse de nós, apareceu na clase e rematou todo... E partiuse de risa coa boneca. Aquí deixamos esta anécdota! IAGO e ÁNGELA


11

O pelotón lingüístico

O Pelotón Lingüístico forma parte do EDLG do noso cole e é un grupo formado este curso por alumnos de 4º da ESO que ten como propósito manter e animar o uso do galego na vida cotiá realizando diferentes actividades: • conservar as palabras que máis nos gustan, soterrándoas no patio nun acto no que participamos todo o cole. • propoñer retos aos profes e aos alumnos relacionados co idioma, como coas tarxetas «TocToc». • xogar en galego, • recolectar frases ou palabras, as que máis nos gustan, • gravar vídeos que reflexan as situacións cotiás nas que aparece o noso idioma... Dende a voz da experiencia, dicímosvos que é moi divertido e que deberiades participar. Aínda que perdemos seguido o recreo dos luns, paga a pena porque rimos moito, sobre todo coas tarxetas Toc Toc ao ver con satisfación que os profes cumpren o que lles mandamos :-) e tamén cando gravamos os vídeos... (pero hai que traballar arreo eh??). VEÑA, ANIMÁDEVOS E CONTINUADE CO NOSO LABOR!!!!!

Asinado: O PELOTÓN LINGÜÍSTICO


12

Galegueando con OWEY

Si, como o oídes, estivemos galegueando, ben, máis ben rapeando, en galego!!! A velada de rapeo tivo lugar no noso colexio, o CPI Castro Baxoi o 22 de Outubro. Asistimos 3º e 4º da ESO. Os nosos instrutores foron David (nome rapeiro: «Owey») e a súa compañeira Virxinia, que nos mantiveron animados toda a sesión. Aquilo foi coma un soplo de aire fresco para nós. Despois de tantas clases veunos moi ben realizar unha actividade lúdica. O máis sorprendente foi que todos descubrimos que se nos daba medianamente ben rapear, algúns mesmo o intentaron acompañados de David. Tanto nos animamos que ata rapeamos a Rosalia de Castro e o seu «Negra sombra». De feito o nome do taller era «Se Rosalía soubese rapear...» Xa era hora de que alguén a modernizase! Esta foi unha experiencia moi boa para todos que, acompañados pola nosa mestra Begoña, descubrimos unha nova forma de escritura e de aprender literatura galega que nos pareceu moi entretida, divertida e interesantísima.

TAMARA ALLEGUE


13 ESTAS SON AS NOSAS RIMAS «RAPEIRAS», feitas a partir dunha palabra collida ao chou do dicionario de Lingua Galega (a palabra vai en maiúsculas). A VER SE SODES CAPACES DE RAPEALAS!!! Estes son algúns dos raps que fixemos despois de desfrutar do taller de David «Owey»: Ese BERCE no que está a vida pouco a pouco quence coa nosa ira. O ENUNCIADO da miña vida toléame cada día. Neste xogo NECROLÓXICO xogo vivo, xogo morto. A miña mente vaise estragar, non paro de DELIRAR. Canto máis me poño a pensar, só consigo esvarar.

Somos amantes. Perdemos un COMBATE noutra parte perto da morte con arte. Sociedade emerxente, políticos ADXACENTES para toda a miña xente. Dende Miño, con cariño. Ti creste SUPERIOR cando es un ser evidentemente inferior... Sentes envexa do meu talento. Un punto ao meu favor!

E aquí algúns dos raps que compuxemos: O que queira vivir, ou cantar, ou volver soñar… Pode rezar ou tamén suplicar… porque a vida non lle vai dar unha segunda oportunidade se fixo algo mal. (Francisco Doural)

Este é o da nosa «rapeira» favorita (Tamara Allegue López, de 3º A ESO): Este mundo de ignorantes, está cheo de principiantes que non saben de que falan: Uns escoitan e outros calan. É tan difícil destacar e ser recoñecido… Pero non debes rendirte, non te deas por vencido!!! Non te sintas pequena, ti sempre serás grande. Agora vouche dicir algo importante: Es fermosa por dentro, pero … tamén por fóra, o meu raio de luz, a miña nena, a miña aurora!


14

Cosendo

Pois si, este ano ata aprendemos a coser! Fixémolo para axudar na organización da «Feira medieval» que celebramos no cole con motivo do tema ao que dedicamos este curso, que xa todos-as sabedes cal é. NOOOOONNNN??? (Será polas veces que os profes nos falaron del…!!!). Pois iso. Aprendemos a coser, e por certo gustounos moito, e fixemos bolsiñas para gardar herbas aromáticas e olorosas, que se venderon TODAS na feira!!! KATHY, TAMARA, ANTÓN, CARLOS e DAMIÁN


15

Habilidades sociais Ao longo de marzo, Viviana (si, con dous «V»), visitou o noso centro para facer con nós un obradoiro de habilidades sociais, ou sexa... para domarnos un pouco. Fixemos moitísimas actividades divertidas: coñecémonos melllor, aprendemos conceptos novos, aprendemos a relacionarnos de forma asertiva... e tamén houbo algún indicente que outro. A medida que pasaron os días íanos gustando máis, pero como toda cousa boa, rematou. Despedímonos facendo un decálogo para mellorar o ambiente da clase e o noso colocámolo na aula de LGL porque é a aula da nosa titora.

BOTÁMOSTE DE MENOS, VIVIANA!! 4º A ESO


16

Teatro «musical»

Como todos os anos, o alumnado de 4º que imos a Música, argallamos algo para fin de curso. A Patricia ocorréuselle representar a obra «El profesor Desinflado». E aínda que a obra sexa de teatro, ao montala vai tirando máis a musical de Broadway. Collemos cancións desas que coñece todo o mundo e, por suposto, tocámolas nós! Pasamos o terceiro trimestre ensaiando para que saia todo perfecto pero xa veredes o resultado... (o 20 de xuño será a extraordinaria función). Mentres tanto aquí vos deixamos unha foto dun dos ensaios. Xa vedes que case nos cargamos un dos altofalantes que hai dentro da aula. Por sorte, non pasou nada e todo quedou nun susto. Así que, dende aquí, esperamos que o día 20 veñades a vernos e que vos guste. Ata entón... seguiremos ensaiando!!!!!!!!!!!!

Biquiños de ANDREA SEIJAS e MARTA


17

Rachando coa porta! Este ano, o alumnado de 1Âş de E.P. rachou coa porta que daba entrada ĂĄ Idade Media. AsĂ­ iniciamos os nenos e nenas no tema proposto pola Biblioteca do Centro. Foi moi divertido porque, para entrar na aula, houbo que romper unha gran porta debuxada en papel. Deste xeito xa estabamos todos imaxinando que viviamos noutro tempo.


18

Unha vez no interior,coa axuda de Clara (1ºA) e Javi (1ºB) contamos a historia dun castelo. Coñecemos personaxes típicos desta época: unha princesa, un cabaleiro... e ata unha pantasma! O certo é que o pasamos moi ben!!!!!


19

UVL (Unidade de Vixilancia Lingüística)

NEREA CON MARÍA MÉNDEZ Nerea: Y si te nace una piedra? María Méndez: Nerea, las piedras no nacen... ANA ANDRÉS, ELA SOA...: Felonía... qué bonito! Como insulto es maravilloso... FELÓN! MARGARITA E ÁNGELA: Margarita: El otro día, estuve sentada en un claustro en una silla de las vuestras y dije: «¡Pobres rapaces!» Ángela: Así no nos quedamos dormidos... Margarita: Bueno, también tenéis las carnes más prietas... ANA ANDRÉS dirixíndose a Pablo: Pero, Pablo, ¿a quién le importa lo que usted piense? NEREA E NOELIA Nerea: Profe, ¿lo contrario de pacífico? Noelia: Atlántico! ÁNGELA E NOELIA Ángela: Y si no me sé el año exacto? Noelia: Pues pones... 1000 y pico aprox. ELVIRA: Déjame a mí esa silla porque estos ordenadores son más lentos que una ‘tartaruga mutante’. ROSA: Saca la calculadora, enciéndela, ENCHÚFALA… ELVIRA: Como dice el otro: pistonudo.


20 CUBILLO: Te voy a mandar para delante para que en vez de estar en las berzas estés en las fresas! PREGO: (Poñendo música) No es apto para menores, es PORNO-FOLK. BEGOÑA: Sodes uns cegaratos! ELVIRA: Adelante, como los de Alicante. MARGARITA: Estás hablando más pija que la Reina Madre! NEREA: Fastidia pensar que te vas a levantar y no vas a volver a ver tu alfombra. (Nerea chora, o resto da clase méxase de risa). (Fran comete unha falta falando, dicímosllo á profe de lengua, dános a razón e…) ANDREA: Se lo volvemos a decir el lunes. ANA ANDRÉS: Por qué no lo dejan ustedes pasar? Son ustedes encantadores… NOELIA: Dinosaurios, sí, esa especie de bichos que había antes. NEREA: Hectárea: Cacho de dimensión de terreno. MARÍA MÉNDEZ: Hoxe temos unha declaración de dereitos humanos? NOELIA: Si, La Pepa. ÁNGELA: Te voy a meter un fotón… IAGO: Como? Si no tienes cámara… MARÍA MÉNDEZ: PABLO!!! PABLO: Por lo menos mírame cuando me grites. CUBILLO: Vaya protozoos estáis hechos! BEGOÑA: Sodes pesados coma moscas cojoneras! CARMEN PRESEDO: Mon Dieu, mon dieu, tedes unha torta hoxe… PIÑAS: Ese niño es como Covadonga, si le ponen una pinza en el medio de la boca canta a dúo! FRAN: Jose María, me cago en la leche negra!

Frases recollidas por ÁNGELA e ANDREA SEIJAS (xa vedes a que se dedican nas clases!!!)


21

Festas e celebracións

Dicimos NON á violencia machista! El pasa do odio ao amor cando a súa mente enfría. Pero cando as ideas están quentes moito te vacila!!!

Cartel no cole

Tes que erguer a frente e denunciar sen medo a ser ferida unha vez máis. Pensas que podes acostumarte, pero se non o paras pensará que isto é unha arte. Isto non pode ser, un home ten os mesmos dereitos que ten unha muller. Pero para el son distintos... Nena, dáte conta de que a túa vida é un labirinto que ten unha única saída: denunciar a ese pallaso, deixar de facerlle caso. olvídao, bórrao da túa memoria porque nela ten que haber bos recordos, non escoria!

Grafitti na cidade de El Cairo (Exipto)

Cando comezou, pensaches que pronto remataría, pero agora dáste conta que é o teu día a día. Paréceche impensable. El cre que es demasiado vulnerable. Ti demóstralle que es valente e que el perde unha muller decente. Por iso: ÉRGUETE, CERRA A PORTA! Porque a este home verdadeiramente non lle importas!

AROA REY


22

Magosto 2012 O día 31 de Outubro celebramos o noso magosto, típico xa no CPI Castro Baxoi. Coma sempre, nós, os maiores, preparamos uns xogos para os máis pequeniños. O xogo das «sillas» modernizámolo un pouco porque ERAN RODAS!! Tamén xogamos ao baloncesto con castañas, fixemos unha xincana coas mazás na frente, xogamos ao oso pescador, ao xogo do pano... moitas cousas. E por segundo ano consecutivo volvemos facer o concurso de portas. En primaria déronlles un accésit ao corredor de 1º, 2º e 3º e o primeiro premio ao corredor de 4º, 5º e 6º. Na ESO gañaron os alumnos de 3ºA coa súa «ouija» e tamén cunha pouca axuda de Rosa («Pinkie» para nós). Para rematar, como gran final, comemos castañas e por primeira vez dende hai moito tempo SOBRARON!! Ata aquí o noso comunicado sobre o magosto. Volveremos a atoparnos ao longo da revista! Ata logo!

Aquí tedes a nosa «castañeira» particular: A señora Andrea! A artista foi Rosa Tenreiro, mestra de EP.

ANDREA S., ÁNGELA, IAGO e MARTA


23

Isto é o que pasa no cole cando chega o Nadal... Como todos os anos, Mary Carmen (mestra de Primaria) montou o Belén, que –coma sempre– quedou precioso. Tamén tivemos no vestíbulo unha fermosa árbore:

E despois fixemos un concurso de panxoliñas, dirixido por Patri, a nosa profe musical.

Pero vaiamos amodo. Explicámosvos en que consiste isto do que falamos. Por cuarto ano consecutivo celebrouse o concurso de panxoliñas da ESO (para o cal ensaiamos todos moitísimo). Chegada a hora, todos os cursos (1º, 2ºA, 2ºB, 3ºA e 4º) actuamos diante de pais, nais, profes... de todo aquel que quixo vernos. Todas foron unhas actuacións fantásticas pero o xurado tivo que tomar unha decisión despois de que escoitaron a canción de gospel «Oh, Happy Day» que cantamos todos os alumnos de música. Finalmente, logo de rir e cantar moito, chegou a hora de dicir que curso era o gañador. E o gañador foi (redobre de tambores)... 4º de ESO!!!!! Nese momento estoupamos de emoción, berramos, saltamos e ata nos demos apertas! Que emocionados estabamos! Evidentemente volvemos a repetir a panxoliña, pero Patricia non atopaba a partitura!! Parou de tocar o piano e deixounos sós. Iso si, seguimos tocando e cantando coma profesionais JEJEJE... Nótase que nos ten ben adestrados...Ó día seguinte interpretamos a nosa panxoliña, «Oh, Happy Day» e dúas panxoliñas máis diante de todo o cole e houbo unha sorpresa: os reis, os seus paxes e todos os profes tamén cantaron! Foi un bo comezo de vacacións!!! E con isto e un biscoito, ata outra reportaxe, corazóns!! Atentamente: MARTA e ANDREA S., 4ºA


24

O Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no cole, todos traballamos moito para que todo saíse perfecto porque... viña o inspector e tiña que atopalo todo de 10! Puxémonos todos a traballar: nós, os de 4ºA, fixemos un manifesto que lemos por megafonía. Aquí está:

Os alumnos e alumnas deste Colexio

MANIFESTÁMONOS POLA PAZ: Contra todas aquelas guerras que hai no mundo sen razón, sen motivo aparente,

Contra aquelas persoas que dirixen as matanzas e logo as xustifican.

Contra todo aquel tempo que vivimos como ricos sen selo. Contra a inxustiza, a discriminación, o racismo, a violencia de xénero, o maltrato animal, a escravitude…

QUEREMOS que a Princesa da Sonatina non estea triste, Queremos tocar Queremos

as nubes,

ver paxaros aniñando no arco da vella, Queremos chegar ao infinito por unha escada de cores, Queremos querer querendo,


25 Queremos abrir portas, dar a man, pechar feridas, dar apertas, bicos, aloumiños…

Queremos que os problemas se derritan como gotas de limón, baixarlles o volume e subírllelo á música, ás palabras, aos sentimentos...

Poderedes dicir que somos soñadores, pero non somos os únicos. Esta é a forma de salvar as nosas vidas.

TIVEMOS UN SOÑO.

E ESIXIMOS SER FELICES. 4º ESO A , CPI Castro Baxoi Miño.

30 xaneiro 2013.

Os de 1º da ESO deixaron mensaxes na oliveira e logo Lukas, (4ºA ESO) colgou outra máis grande. Antón Prego e dous alumnos pintaron no chan do patio as siluetas das letras e da pomba da paz para que todos os alumnos se metesen dentro delas. Os nenos de Primaria colleron a música do «Himno da Alegría» de Bethoven e puxéronlle letra... E vaia letra!! Que bonita era!! Logo, todos os alumnos cantámola no patio; tamén recitamos poemas, soltamos globos de helio e ata pombas! Brancas, iso si. Fixemos tantas cousas que seguramente estaremos esquecendo algunha, pero con todo isto, malo será que non vos fagades unha idea do ben que o pasamos e o bonita que quedou a celebración.

Biquiños de ANDREA S. e MARTA. Ata logo!


26

Entroido Amiguiños, non vexades o que montamos este ano polo entroido! Fixemos un mercado medieval no mesmo patio do cole! Si, si, como volo contamos, UN MERCADO MEDIEVAL, con maravedís (as moedas empregadas na época) e todo. Ata tiñamos xograres e bufóns, príncipes e princesas, reis e raíñas, meigas e feiticeiros, monxas e monxes, curas e bispos... só nos faltaba o Papa! Primeiramente, fixemos o desfile de todos os anos comezando polos máis pequeniños e rematando polos que non o son tanto. Os máis «peques» (3, 4 e 5 anos) foron de reis e raíñas. Que bonitiños ían! Os de 1º A e B de primaria foron de xograres. 2º de primaria foi de sociedade medieval e fixéronnos un baile e todo! Os de 3º foron de feiticeiros. Tivemos sorte de que non nos botaran un meigallo! Os nenos de 4º foron de bufóns e percorreron o patio facendo acrobacias. 5º foi da Santa Compaña. Que medo!!! E como era de esperar os de 6º fixeron o enterro do Entroido, pero este ano o testamento foi cantado. Os de 1º ESO A celebraron unha voda ao estilo medieval mentres que 1ºB foi da Santa Inquisición. 2º ESO A contou e representou un conto medieval. E os da clase de 2ºB foron de bufóns. 3ºA disfrazouse de xadrez e bailaron unha canción moi pegadiza que todos cantamos. Mentres eles ían de xadrez, os de 3ºB ían de aldea medieval. E finalmente, nós, os de 4º ESO A e B, que iamos de sociedade medieval marcámonos un baile ao son de «Party Rock» de LMFAO. Se non o vedes non o credes! Vaia pintas levabamos todos... AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA!!! :-) ——————————————> Despois de todos estes desfiles e bailes queimamos o momo e abrimos o noso grandioso mercado medieval de forma oficial para que todo o mundo puidese entrar a ver e mercar todo o que había (filloas, roscas, biscoitos, cestas feitas a man, xabróns, bolsas de herbas aromáticas... e moitísimas cousas máis).


27 E como inauguración do noso mercado, Brais -o fillo de Antón Rey- fixo un discurso para todos e contou contos.

Tamén houbo un malabarista (Xampito, de Pontedeume), trucos de maxia (o fillo e os sobriños de Chus), adiviñas, talleres... Tantas cousas que non sabemos como nos chegou a mañá!

Veña, ata outra. Atentamente, MARTA e ANDREA S.


28

Festa da palabra Este curso podemos escribir algo sobre a nosa Festa da palabra porque se celebrou antes de que rematasemos a revista escolar. Así que... imos alá. Toda a festa xirou arredor deste precioso poema de Curros que tedes a continuación. A partir del todo se foi ensarillando: poemas e monólogos escritos polos rapaces e rapazas que participaron; textos e poemas tamén dos profes (Edita e Graña) e tamén poemas dos nosos autores (Manuel María, García Lorca... e por suposto, o gran Curros Enríquez). Tamén saíron del bailes e cantos, marabillosamente interpretados por un grupo de rapaces e rapazas e pola nosa profe de Inglés, Carmen Sánchez, acompañada dunha ex alumna, Cristina Fernández. Vamos, todo un luxo (tedes toda a información nos dípticos que se fixeron para a Festa da Palabra).

TEN A SERENA O CANTO Ten a serena o canto i a serpe o alento; o lago ten a onda, Dios ten o inferno. Ti tes de abondo co que tes escondido neses teus ollos. O trono dos monarcas, do sabio os trunfos, a groria do poeta, o ouro do mundo: Dera eso todo por sólo unha mirada deses teus ollos. Buscan os pitorreises pra faguer niño, a herba santa que nace veira dos ríos. Eu busco sólo unha mirada meiga deses teus ollos. Cando se pon a lúa tras dos penedos, choran as estreliñas todas do ceo. Tamén eu choro cando non me alumean eses teus ollos. Curros Enríquez, Manuel (1992). Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia


29 Agora contámosvos un pouquiño as nosas actuacións: « Foi un acto moi respectuoso: todo o mundo escoitaba coa máxima atención. As pequenas incidencias do ‘directo’ foron incluso divertidas.» (Pepe, Martín F., David). « Eu quero destacar o feito de que nos axudamos moito uns a outros: á hora de aprender os textos, cando ensaiabamos, todos o tomabamos moi en serio.» (Iván I., Esther, Iván R., Martín F.) « Para min foi un reto ser capaz de narrar un conto tan longo.» (Nacho, Esther). « Creo que entendo mellor a poesía, xa que escoitamos e aprendemos uns poemas fermosísimos.» (María, David, Yolanda, Marcos, Martín F., María, Miguel Casanova, Lucas G., Adrián M., Martín López...) « Sentínme ben no escenario..., e dominei os nervios sen problemas. Logo gustáronme os aplausos (je,je,je). Falando en serio, o público estivo moi atento, colaborador, e iso encantounos» (David, Rubén, Raúl, Martín L., Iván I., Alejandro, Lucas García, Nathaly, Carmen, Pepe) «Foi unha experiencia nova para todos. Encantoume ter participado na X Festa da Palabra, actuando, por suposto, e tamén como espectado@r . Hai que ver do que sssssomos capaces!!! (Todos) «A función foi moi variada, emotiva, alegre, divertida; os números musicais estiveron xenial.» (Todos). « Queremos seguir moitos anos máis participando e celebrando a Festa da Palabra, e ter o noso propio auditorio.» (Todos) «Aprendemos a recitar, a representar pequenos papeis sobre o escenario. Estabamos nerviosos e iso que o público eran os nosos compañeiros, profesores e pais. Ademais, era a primeira vez.» (Sara e Paula M.) «A Festa da Palabra é máis divertida participando nela.» (Todos) «Moita xente felicitounos polo noso traballo, así que foron uns días nos que estabamos felices.» (Todos) «Estamos preparados para a próxima.» (Todos) «Encantoume participar, xunto con Cristina, nesta función escolar porque tanto o poema como a canción son moi, moi fermosos, e porque creo que os profes tamén temos que superar o medo escénico e iso é un bo exemplo para os alumnos.» (Carmen Sánchez) «Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Departamento e Lingua Galega e Literatura traballamos coa intención de que esta actividade cultural do CPI Castro Baxoi sirva para que o noso alumnado adquira o gusto polo texto literario. Parabéns para os/as alumnos/as que puxeron a voz nas funcións desta edición, e agradecemento ós máis pola súa contribución imprescindible e mais ás familias de todos eles, pola súa colaboración incondicional. Igualmente, agradecemos a todo o profesorado a súa colaboración e a súa paciencia no desenvolvemento da actividade». (José Luís Graña)

Abril de 2013, ALUMNADO

DE

1º ESO


30

Soterramento da nosas PALABRAS EN CONSERVA Por fin chegou o día! E o venres 3 de maio as nosas Palabras en conserva introducíronse nun burato ao lado da oliveira para a posteridade. Así comezou o acto, con Andrea P. ao micro: Para comezar, os alumnos de Primaria: Noa Ramallo (2º A), Eneko Iglesias (4º B) e Luís Cal (5º A), introduciron a cápsula no burato. A continuación, os alumnos de Secundaria: Alba Riveiro (1º B ESO), Adérito dos Santos (2º B ESO) e Carmen Valiño (3º A ESO) taparon o burato. E xa por último, os alumnos de Infantil: Indara Brocos, Antonio dos Santos e Rocío López (de 4 anos A) axudaron a Juan a «colocar» a pedra co texto gravado por Tamara Tenreiro, de 4º B) ——————> Como «broche» final: José Juan, Fernando e Fran (3º A ESO), xunto con Lucía Amado, Elena Abella (2º A ESO) e Nathaly Franco (1º B ESO) bailaron ao son da música de Carlos Núñez («Feira do Mangaio») que Noryis e Lucía (3º ESO B) e Natalia (2º ESO A) cantaron con letra de José Luís Graña. A letra é a seguinte: Lingua antiga, lingua nobre, lingua doce, lingua nosa, idioma humilde dun vello país. Panxoliña, bolboreta, tartaruga, gargallada, viravolta,... Nunca morrerán. Lingua galega, fala milenaria, un pobo esforzado ben te criou. Merecedora es desta homenaxe que hoxe facemos no Castro Baxoi. Palabras vellas pa preguntarmos, palabras nobres pa responder, vello tesouro que aquí gardamos pois ninguén de nós quixera perder. Lingua... Doce mestura doutras moitas linguas, código harmonioso, fala do amor, (bis) cando te falo sinto fachenda, e cando te oio vénme a emoción. (bis) Fuches a verba dos cancioneiros, facho común na Xeración Nós, lírica amarga en Rosalía, e prosa enxebre en Blanco Amor. (bis) Lingua antiga... COMO FINAL, TODOS E TODAS BUSCAMOS PARELLA E PARTICIPAMOS BAILANDO. Pasámolo xenial, aínda que nos gustaría seguir bailando un pouquiño máis... GRUPO

REDACTOR


31

Letras Galegas 2013 Este ano o día das Letras Galegas está dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Como xa sabemos, Serxio Laxe (3º A ESO) fíxolle unha boísima caricatura que serviu de imaxe ao concurso organizado polo Concello e a moitas cousas máis das que fixemos no cole (recordamos que Serxio tamén foi o creador dos logos para o EDLG e Pelotón lingüístico. Un artista !!! Grazas!)

Este ano iremos celebrar o día a Santiago, como era de esperar xa que de aí era o noso autor homenaxeado. A nosa revista Dtodo sairá antes das Letras Galegas, polo que non podemos facer unha reportaxe gráfica do día, pero sabemos que o pasaremos ben xa que imos facer un xogo arredor do precioso libro de David Pintor, Compostela, co que traballamos no Club de Lectura. O

GRUPO EDITOR


32


33


34

6º de Educación Infantil Os nenos e nenas de 5 anos fixemos moitas cousas neste curso, aquí tedes unha pequena mostra:

Celebramos o Magosto e o Samaín

Fixemos un pequeno proxecto sobre os dinosauros e visitamos o «Dinosaurios Park» en Narón!!


35

O 12-12-12 celebramos o dĂ­a mĂĄis doce!

Participamos no festival do Nadal cantando a canciĂłn do Apalpador, que por certo, veu visitarnos ao cole!!


36

No Entroido disfrazámonos de Reis e Raíñas medievais.

Tamén visitamos o Aquarium Finisterrae!!


37

Fixemos varias actividades pl谩sticas como por exemplo as portadas dos nosos traballos:

Chegou a primavera!!! E adornamos os corredores con flores para darlle color a esta estaci贸n tan fermosa.

Canto traballamos!!!


38

Entrevistas

Ao noso dire Como xa sabedes, este ano cambiamos de equipo directivo e, polo tanto, fixémoslle a entrevista ao novo director para que o coñezades un pouquiño máis.

Que estudaches? Primeiro Maxisterio e despois Bioloxía e un Doutorado. Cantos anos levas sendo mestre? Comecei a traballar no 1976, ou sexa que levo 36 anos. En que centros traballaches antes deste? Só en 3. Estiven 5 anos en Culleredo; 1 ano no Courel, no medio da montaña, e despois xa vin para aquí. Como te atopas sendo o «rei e señor» do cole? Eu só formo parte dun equipo que traballa un montón para axudar a que o colexio funcione. Eu só me limito a coordinar o equipo. Este ano os alumnos damos moito a lata? Non, que va. Sodes bos alumnos, boa xente, educados... e desexo que siga sendo así!


39 Pasemos a unhas preguntas máis persoais... Estás casado? Sí, estou casado dende hai moito tempo. Tes fillos? Sí, dous, e ata teño netos! Con tantas cousas que fas, tes tempo libre? Sempre me queda algún, é cuestión de organizarse. Cales son as túas afeccións? Gústame ler, sempre ando cun libro; gústame o cine e gustábame facer deporte pero últimamente non o podo facer.

Agora unhas preguntas rápidas... Praia ou montaña? Montaña. Non vou á praia no verán, pero gústame. Carne ou peixe? Peixe. Ir ao cine ou «peli» en casa? Ir ao cine. Can ou gato? Gato. Serie ou película favorita? A miña película favorita é «2001: Unha odisea espacial.»

Preguntas porque si, porque nos dá a gana... Escoitas música? Sí, pero son un pouco raro para iso, gústame a de cantautores coma Sabina, Silvio Rodríguez, Lluis Llach... Se gañases unha viaxe gratis a onde ti quixeses, a onde irías? Creo que elixiría o Tíbet ou Australia. Pensas cambiar algo máis no centro? Sempre se van facer cambios, pouco a pouco, segundo os cambios na sociedade.

E para rematar... Sabes algún chiste? Cóntanos algún breve, por fa. Para os chistes son moi malo... pero aí vai: Dous que se atopan pola rúa e un pregúntalle ao outro: «Como estás?» E o outro responde: «Pois anda que ti...»

Esperamos que con esta entrevista aclaredes algunhas das dúbidas que tiñades sobre el. E NON VOLO REPETIMOS MÁIS!!!!

MARTA e ANDREA S., 4ºA


40

Ao noso conserxe, Juan

Este anos nós quixemos facerlle unha entrevista a Juan porque é unha persoa moi importante no cole. Parécenos importante porque entende de todo, fai todos os amaños posibles e sempre está dispoñible: Fai fotocopias, amaña paredes, coida os animais... e sobre todo, sempre está disposto a axudar. ESTE É JUAN, O NOSO CONSERXE! Comezamos cunhas preguntiñas de tipo laboral: Por que comezaches a traballar no noso centro? Polo cartiño. Cantos anos hai que traballas aquí? 28 anos. Estás ben no teu posto de traballo? Si. Que cambiarías deste centro? Non cambiaría nada, penso que está todo ben. Como elixiches ser conserxe? De casualidade. Como levas vivir no colexio? Ben, desconecto cando remata o día laboral. Cando remata o curso, botas de menos os nenos e nenas? Que va!


41 Antón, o noso compañeiro, púxoche o alcume de «multiusos», porque di que vales para todo. Considéraste unha persoa capaz de facer de todo? Non. Moito e ben, nunca. Que foi o que máis che custou arranxar neste colexio? Temas eléctricos. Entre nós, ti que pedirías para mellorar as cousas do teu traballo? Máis medios. Que outra profesión elixirías se non foses conserxe? As obras.

Juan, agora imos facerche unhas preguntas máis... persoais: Que che gusta facer no teu tempo libre? Gústame a agricultura e pasear. Tes algunha afección? Si, a horta. Tendo unha granxa, cal é o teu animal preferido? O meu animal preferido é o gato. Cal é a túa cor preferida? A branca. Cal é a comida que máis que gusta? O cocido. Estando dun lado para outro, sempre estás facendo deporte, pero aínda así tes algún deporte que che guste? Si, a bicicleta. Que tipo de música escoitas? Non teño preferencia, a verdade. Escoito a que lle cadra.

Esta foi a entrevista, que esperamos vos gustase e así poidades coñecer mellor a Juan. Nós dende esta revista pedímoslle que non marche para outro traballo, xa que el sempre será importante para o bo funcionamento do CPI Castro Baxoi.

KATTHY SAGARDUY e DAMIÁN FERNÁNDEZ


42

A Ana Andrés

Todos coñecedes a Ana Andrés, claro!, pero só como profesora, así que decidimos facerlle unha pequena entrevista para coñecela un pouco mellor. Velaí vos vai:

Cantos anos levas sendo profesora de Lingua Castelá? Vintecatro anos. Onde estudaches? En León, onde nacín, e un tempo estudei por aí. Sabes falar outras linguas? Falar fluidamente case ningunha, falei moi ben francés e creo que me defendo en galego, pero ao falalo introduzo castelanismos. Por que estudaches filoloxía hispánica? Porque dentro do que me gustaba era o que me podía permitir. Na túa casa falas de vostede? Non...


43 Se tiveses a oportunidade de cambiar de traballo, de que traballarías? En programación de aplicacións. Comida favorita? Como de todo, agás as «coles de Bruselas». Animal preferido? O gato, aínda que sempre tiven can. Tipo de música favorita? Non me gusta tanto por tipos coma por grupos ou autores. Case non escoito música. Gustache cociñar? Sí. Que fas no teu tempo libre? Preparar clases, pasear, ler, estar coa miña familia... Descríbete en 3 palabras: Non teño esa capacidade sintética, creo que me definiría como socialmente torpe, sosa e analítica. Presumes dos teus alumnos fóra do traballo? Ás veces, pero tamén os utilizo como mal exemplo. Por que nos segues a tratar de vostede despois de tantos anos? Porque penso que non están acostumados e mantén un certo distanciamento que me vén moi ben. Falas sempre cun vocabulario tan complexo? Utilizo ese vocabulario ás veces inconscientemente, pero nas clases fágoo intencionadamente. Pareceche unha situación violenta ter que darlle clase á túa filla? Sempre pensei que fuxiría desa posibilidade, pero de momento levámolo ben. Para rematar, dinos a palabra galega que máis che chame a atención: Cogomelo.

Esperamos resolver dúbidas con respecto á súa personalidade. Temos que dicir que, no fondo fondo, non é tan seria como parece nas clases!

De parte das xornalistas deste ano: ANDREA S. e MARTA, 4ºA


44

Somos escritores Os alumnos de 6ºA inventamos lendas sobre a orixe dos nosos principais entornos naturais

A orixe das fragas do Eume Hai moito tempo, no ceo, iniciouse unha gran guerra, a máis tarde chamada a Guerra dos Mundos, na cal, deuses e demos batallaban pola custodia do ceo. Un deses deuses tiña unha filla chamada Safiin, que era perseguida por un demo que quería acabar con ela. A razón era que tiña o extraordinario poder de controlar os cinco elementos; aire, auga, terra, lume e luz, os factores cos que a terra podía vivir, e se conseguía ese don, podería controlar ata os deuses. O pai de Safiin velaba pola súa seguridade. Tras meditalo moito, decidiu acabar co demo en cuestión. Comenzaron unha encarnizada loita, que durou días e noites enteiras, sen descanso. Intentouno por todos os medios, durante moito tempo. A súa filla estaba moi preocupada, temía que lle pasara algo ao seu pai, porque, en principio, o demo non quería loitar con el senón só con ela. Os días ían pasando... A preocupación de Safiin aumentaba e o seu pai e o demo seguían loitando sen ningún resultado. Ela non podía facer nada porque o seu pai non lle facía caso, estaba moi concentrado na loita, aínda que, tempo despois, con feridas graves, caeu na conta de que esa loita non servía para nada. Ao final, o demo venceu. Segundo uns libros que lera, antigamente chamábanlle á salvación completa «Eunmme», o que lle deu a idea de crear un entorno natural, no que os cinco elementos se complementasen en harmonía e no que Safiin viviría en paz. Ese lugar foi bautizado como «As fragas do Eume» e Safiin, como a fada do Eume, velaba pola seguridade de toda a fauna e flora que alí vivía. MARÍA DOPICO

O xigante Manzanedo Hai moito tempo vivía en Ourense un xigante chamado Manzanedo. Era un home despiadado. Cada día mataba a moita xente e destruía as súas casas. Os pobres aldeáns xa non sabían que facer, estaban desesperados. Zeus, que o vixiaba todo, un día xa non aguantou máis ao ver como Manzanedo acababa con aquela pobre xente e os seus fogares. Así que decidiu loitar con el corpo a corpo. Estiveron tres días loitando e ninguén se rendía ata que Zeus conseguiu darlle cun raio. O gran tipo caeu abatido. O deus Zeus, como castigo por facerlle tanto daño ao pobo ourensán, transformouno en montaña, a que agora chamamos «Cabeza de Manzaneda». É por iso que esta montaña ten o seu cumio redondo. DIEGO GONZÁLEZ PÉREZ


45

En Secundaria tamén escribimos Como todos os cursos, este tamén escribimos. E fixemos cousas ben chulas entre todos-as, ben... todos, todos, todos... NON!!! Porque hai algúns-has que se resisten. Para o curso que vén procuraremos convencelos para que participen. Ben, aí van os nosos libriños deste curso 12-13:

TEXTOS VERDES

Ánimo que para o curso que vén volvemos á carga con novos textos!!! GRUPO

REDACTOR,

4º A ESO


46

Homenaxe a Urbano Lugrís

Na praia chea de area, vendo o amencer, espérote como unha serea desexando que me volvas a querer. Tamara Tenreiro Sendo só perla, morrín petrificada á beira do mar. Isidoro Martínez Serea do ar: chámote dende o mar. Imos ao ceo? Pablo Domínguez Tralo mar azul, as sereas cantando irán e virán. Alejandro Vázquez

Doce serea, nunha torre encantada enriba do mar. Iván Sánchez e Fernando Iglesias Area e mar son coma nós, meu amor, sempre unidos. Carmen Valiño Dun ovo naceu a fermosa serea que no mar vive. Aldara Cameselle e Helena


47

Taller de Poesía Aínda que chova, sempre sairá o Sol. Aínda que neve, sempre volverá a calor. Aínda que te vaias sempre te levarei no corazón. Aínda que me deixes, sempre aquí estarás. Aínda que o mar nos separe, sempre te esperarei. Aínda que nos separe o océano, sempre estarei ó teu lado. Aínda que estea morto, sempre te quererei. As rosas son caramelos, as margaridas, coma o mel; as violetas, coma os teus ollos que brillan sen querer. Os teus ollos son coma a terra, as túas mans, coma o pan; o teu cabelo é coma a seda, a túa pel, suave coma unha ovella. As túas pernas son de algodón, brancas coma unha noite de xiada. No mundo hai países, nos países hai provincias e nas provincias, cidades. Nas cidades hai escolas, nas escolas hai clases, nas clases hai alumnos esperando o sol do verán. No encerado hai oracións, nas oracións hai frases, nas frases hai palabras e nas palabras hai letras. E así sempre... Nos meus ollos hai bágoas, nas miñas bágoas hai amor, no meu amor estás ti e para ti son os meus ollos. ¡Vaia día! Estou saltando de alegría. Estou cantando coa miña prima. ¡Vai día! Estou comendo coa miña tía. Estou xa farta de sardiñas. ¡Vaia día!


48 Non quero traballar na horta, mancharíame sen parar. Non quero traballar no mar, mollaríame sen máis. Non quero ser cociñeira, cortaríame sen cesar. Non quero facer nada, mellor estou deitada. O paxaro xa non voa porque ten unha á rota. O peixe xa non nada porque o mar quedou sen auga. A árbore non ten follas, caéronlle no outono todas.

Onte había bochorno. Hoxe xoguei coa neve. Mañá haberá temporal. ¡Ai que tempo máis rebelde!

O outro día, en Carballo, vin o arco da vella. Onte a chuvia aceda estragou as leiras. Hoxe non vai bo día, está todo anubrado. Mañá seguro haberá unha tormenta no mar. E a semana que vén, disque vai orballar. ¡Este tempo está moi mal! Na praia vai moito sol. A chuvia é auga do mar. A sarabia, cubiños de xeo. Os lóstregos son moi fermosos pero tamén perigosos. Non xoguéi por culpa do trebón. Un tifón arrasou a casa dos avós. A néboa non nos deixa ver e os faros do coche temos que acender.

O home do tempo fala de raios e tronos. Tamén se fala de que virá a tronada.

En Galicia hai chuvascada. Haberá calor no resto de España. Un tornado desfixo Sada. Vai frío na miña casa. Non abre a porta coa neviscada

ALUMNOS

DE

5º A


49

Estes son os poemas que fixeron os nenos/as de Mary Carmen, a profe de Relixión de Primaria Alegría cada día En febreiro vai frío e en maio vai soliño, e enchémonos de alegría cando chega o mes de María. Na primavera todo é paz, na primavera todo é alegría, e levámoslle a María flores os nenos e os maiores. Se queremos que a Virxe María teña alegría debemos portarnos ben cada día. 6º B

Flores e amores Para a Virxe, flores de todas as cores. Para os nenos, xeados de todos os sabores. Para a Virxe, amores de todos os corazones. E para o mundo, paz e felicidad. ROSALÍA, 4º B

A Flor das Flores Chegou a primavera tras unha doce espera, e entre as flores de mil cores está a Virxe María chea de alegría, que coida de nós cada día, e fainos moita compañía. As flores énchense de cor e harmonía cando ven pasar a María. E os paxaros entoan unha melodía para a nosa nai a Virxe María. 5º B


50

As nosas creacións

Este ano tivemos moitos traballos creativos ao longo do curso, na clase de LGL. Fixemos poemas sobre a natureza, relatos, textos que elaboramos a partir dun punto no medio do folio (e nada máis!), unha actividade esta moi divertida, aínda que non o pareza. Tamén escribimos unhas cartas preciosas, modestia aparte, xa que traballamos o xénero epistolar, e cadernos de viaxe e tamén uns libros que lles chamamos en galego «COFITÉIBOLS» (coffee table book), que son uns libros de pastas grosas e duras con moitas fotos que se colocan enriba das mesas para lelos cando tomamos o café ou o té (no caso dos ingleses). Os cofitéibols son sobre temas moi diversos: Aroa traballou co tema do Dépor, Raquel coas flores, Serxio con grupos de Heavy metal, Carlos sobre os animais da selva amazónica, Carmen sobre a reciclaxe, Alex sobre películas de Disney, Isi sobre a guerra de Siria, Aldara traballou con cidades do mundo, Helenita coas películas máis relevantes da historia cinematográfica, Tamara co tema da amizade, Sheila cos cans, Fer e Damián coas árbores, Iván elaborou un «cofitéibol» sobre unha «amiga moi especial» pero non o quixo expoñer, Fran organizou un libro coas festas de Vilarmaior, Chiki fixo un de fútbol, Amador fixo un almanaque industrial e un servidor traballou cos equipos de fútbol galegos –que son os mellores!–. Sofía e Pedro foron os únicos que fixeron un caderno de viaxes. E a tod@s nos gustou moito facelos porque nos quedaron moi ben. Non vos parece? MARTÍN LÓPEZ, 3º A


51

Ecoloxía e Medio Ambiente Quentamento Global Un recente estudo, dirixido por Corinne Le Queré (da Universidade de East Anglia), asegura que as emisións de CO2 procedentes da queima de combustibles fósiles aumentaron a pesar da desaceleración económica mundial. A consecuencia destes datos, o estudo afirma que a tenperatura global se íncrementará ata 6 grados a finais deste século, precisamente polo aumento das emisións de CO2 e a capacidade da Terra para absorber os gases. Parece mentira, pero os países seguen sen darse conta da situación real do noso planeta e seguirán sen pararse neste problema. Coa excusa da economía seguirase aparcando o problema, ata que sexa demasido tarde, sobre todo para os países pouco desenvolvidos. JOHANN 6º B

Depuradoras vexetais Nos últimos anos, e debido ao fenómeno do cambio climático, estase a fomentar o aforro de enerxía e os sistemas eficientes e respectuosos co medio ambiente. Un aforro é unha eficiencia que se pode lograr tamén á hora de depurar as augas residuais. Se ben estamos afeitos a grandes plantas depuradoras que consomen grandes cantidades de enerxía para conseguir que a auga contaminada volva ao seu cauce natural sen restos perigosos, uns investigadores do Departamento de Química Ambiental da Universidade da Coruña conseguiron deseñar e comercializar un sistema que se pode destinar ás comunidades de propietarios, pequenas empresas ou mesmo fincas particulares. A idea é utilizar a propia vexetación para depurar as augas residuais. O procedemento é construír humedais con lagoas pouco profundas (de menos de 1 metro) plantados con vexetais propios das zonas húmidas. Deste xeito, unha planta de tratamento de augas residuais convírtese nunha parcela de xunqueiras e carrizas. Pódense utilizar outro tipo de plantas, pero teñen que ser acuáticas e que resistan en terreos moi húmidos, por exemplo, lirios ou espadanas, depende do adorno que se queira poñer. Os procesos de descontaminación teñen lugar mediante a circulación da auga e as súas interaccións co substrato sólido, os microorganismos, a vexetación e incluso a fauna. IRIA 6º B


52

Adeus ó xeo ártico? O experto na evolución das capas polares, Peter Wadhams, avisa dunha posible desaparición do xeo do Ártico no verán de 2015 ou 2016. A capa de xeo diminuíu case ata mínimos históricos. Nestes momentos o xeo ártico cobre unha superficie de 6.860 millóns de quilómetros cadrados, preto do mínimo rexistrado en 2007. A causa desta posible desaparición é o quentamento global coas súas altas temperaturas. A desaparición do xeo terá un lado positivo, porque será máis sinxelo o transporte e o acceso ás reservas de petróleo e gas, pero tamén terá un lado terrible, porque contribuirá ao quentamento da auga e á aceleración do cambio climático.

CARLA 6ºB

As abellas en perigo Cada inverno, dende hai algúns anos, miles de apicultores de todo o mundo atopan as súas colmeas baleiras da noite á mañá. Os enxames desaparecen sen deixar rastro. A importancia que teñen as abellas trascende do mundo natural ao económico: un tercio da producción alimentaria mundial depende das abellas, debido a que a polinización é indispensable para os cultivos. Uns 30.000 millóns de euros da economía mundial están ligados ao sector apícola. Aquí pasa o mesmo que no resto de Europa: o sector apícola galego pasa por unha crise forte pola desaparición de 1.300 abelleiros nos dez últimos anos. Moitos abelleiros repóñense e volven quedar sen abellas no inverno. Un documental do 2009 xa mostraba a relevancia dos productos químicos agrícolas neste problema mundial e o Parlamento Europeo reclama a adopción de medidas urxentes para protexer as abellas ameazadas. Non olvidemos as palabras de Albert Einstein sobre este tema: «Se a abella desaparecese do planeta, ao home só lle quedarían 4 anos de vida».

SARA 6ºB


53

Tips to keep the environment green & clean

Our planet is very polluted. We are destroying forests and killing species of animals. People in Spain only recycle 25% of our rubbish. Cars, factories, heatings... pollute and destroy the enviroment. In a year, a typical person in the United States will throw away more than 250 kg of paper. The global warming is the principal environmental problem in the world. The temperature of world will increase four degrees centigrades in this century, because cars produce carbon dioxide (it is a greenhouse gas that traps the earth’s heat and contributes to Climate Change) and other gases. In 100 years the state of Florida will probably be under the sea. But, step by step, we can save the enviroment IF: • We can walk or cycle to school, work or home, instead of using cars or buses. Use public transport. • We should recycle, reduce and reuse: • We can recycle paper, cardbord, plastic, metal... We should recycle electric appliances, too. • Segregate household garbage and make compost. Buy things only if it’s necessary. Reuse by donating your stuff.


54 • We must save water. We can turn off the tap while we’re cleaning our teeth, or while we’re washing our hands. • We mustn’t waste energy. We should turn off the lights when we leave a room. and use low-energy light bulbs. • When we go to the beach or to the forest, we must take our rubbish home with us. • We must protect our forests: Trees give oxygen to the atmosphere and this is essential for the environment. Plant trees. • Don’t burn plants or any other waste. If you camp in the forest, protect animals and plants. There are more ways to help the environment; we should carry out them. And REMEMBER...

THE EARTH IS OUR HOME, WE PROMISE TO KEEP IT !!!

2nd ESO 22nd APRIL (International Earth Day)


55

Cos pés na terra! Crónica e reflexións sobre un ano de horto escolar, escrita por un profesor e dúas alumnas do proxecto. Gutier. Levamos un ano xa, case acabado o curso, co novo proxecto do horto escolar en funcionamento. Quen o ía dicir! A verdade é que agora resulta moi gratificante. Pero non faltaron tampouco momentos de dúbida ou desilusión por parte de todos. Erika. Pero se os do horto podemos traballar é grazas á axuda voluntaria dalgúns mestres que nos ensinades a coidar as plantas durante os recreos dos luns e dos mércores. Son xornadas nas que os nenos de 7 ata 12 anos traballamos xuntos coidando do horto e limpando os arredores do invernadoiro e turnándonos para regar as plantas de todo o colexio. Gutier. Ben. Nós tiñamos claro dende un primeiro momento cal era a idea clave: un grupo permanente de nenos e nenas que se especializasen no horto e traballasen durante todo o curso para facer que a cousa funcionase e non quedara estancada. O que virá despois desta experiencia non o sabemos, pero o equipo do horto debe seguir e debe ser o eixo de todas as actividades que se fagan nun futuro. Vós sodes os protagonistas disto sen dúbida. Andrea. Foi unha experiencia inolvidable! O primeiro que fixemos foi preparar a terra, botarlle abono, quitarlle as malas herbas... Logo xa plantamos as patacas, as leitugas, os amorodos, as cenouras, os allos e os chícharos verdes. Erika. Si! Os alumnos que traballamos no horto aprendemos a importancia que ten o coidado do medio ambiente e os coidados que precisan as plantas. Hai unhas semanas tivemos a sorte de poder levar a nosa primeira leituga ecolóxica para a casa! Gutier. Je je! Tiñádesvos que ter visto as caras de satisfacción que levabades ese día. Outra idea que tiñamos clara para funcionar era a de tirar polo cultivo 100% ecolóxico. Así


56 dicía dende un principio o «slogan» colgado na nosa web, que tamén foi un soporte semanal no que se amosaban e compartían todos os nosos avances. Andrea. Outro día veu Nacho, que foi moi amable. Amosounos como se podían facer sementeiras con tubos de papel hixiénico e como facer un mini invernadoiro con caixas de Cds. É interesantísimo ver o que algúns veciños están a facer, compartir afeccións e poder aprender directamente deles. Gutier. Ese día foi moi xenial e para min un punto de inflexión na nosa forma de facer. Nos tempos que corren, a xente miuda estaredes fartos de ver todos os días como os adultos vos imos estragando a terra na que viviredes e iso causa, inevitablemente, frustración. Precisamos que collades xa dende agora as rendas disto e comecedes a dar pasos positivos cara un desenvolvemento sostible xa que vós tedes a chave do futuro. O horto converteuse no lugar dos soños no que vós podedes asumir que podedes cambiar cousas sen deixar por iso de ter os pés na terra.

ERIKA YÁÑEZ (EP. 6ºA), ANDREA LÓPEZ (EP. 6º B), GUTIER ÁLVAREZ


57

Somos lectores Unha mochila moi especial!

Durante este curso os nenos e nenas de 2º nivel de Ed. Primaria disfrutamos moito coas mochilas viaxeiras que nos prepararon as nosas profes, escollendo na biblioteca do cole libros divertidos e tamén interesantes.

Mochila de 2º B

Na clase de 2º B os contos que máis nos gustaron foron «Paco Pasmón», «El sueño» e «Contos de Ratiños». Na foto podedes ver o debuxo tan bonito que fixo Fraia sobre «Is this a Butterfly?» no caderno viaxeiro da mochila.

Mochila de 2º A

Na clase de 2º A os preferidos foron «Había una vez un renacuajo» e «Rabbit’s friends», e fixemos uns debuxos preciosos deles. O que se ve na foto é de Sara Simoes.

Pasámolo moi ben lendo estes contos tan divertidos e xa sabedes, están na biblioteca! Non perdades a ocasión de lelos e disfrutar tanto como nós!


58

Somos pintores

Debuxos manga de XIN YING

Debuxo de MIRIAM CRESPO


59

Viaxes e visitas

Semana branca

Este ano, a semana en Jaca foi bastante divertida e con moitos percances. Aínda que fomos poucos de 4º ESO os que participamos na excursión, pasámolo esaxeradamente ben. Estivemos moi contentos cos profes que nos levaron: Patricia, Rosa e Fran. Os anos anteriores tamén o pasamos moi ben porque fomos moitos alumnos e estabamos todos xuntos. Desta vez disfrutamos moito, fixemos moitas actividades e tamén houbo algún que outro accidente: - Á metade de semana un virus afectou a metade do alumnado. Houbo días de estaren dez persoas vomitando e cunha diarrea.... - O primeiro día, Rosa rompeu un tendón da man. - O terceiro día, Ángela caeu e non puido esquiar máis. - Irene rompeu o radio. Así que... se perderon o mellor día de todos: o xoves. Foi espectacular, pasámolo pipa! Fixo un sol de carallo e como se vía con moita claridade, tirámonos por todas as pistas sen medo, agás Martín Lago, de 1º A, que ía «cagadiño». Houbo algunhas caídas graciosas, pero o primeiro premio delas foi para Carlos Vázquez, de 3º A, coa súa caída «en truchas»... para gravala!!! E tamén todas e cada unha das aterrizaxes de Noelia García, de 4º A, que en vez de frear... tirábase ao chan! Canto rimos! Fixemos novos amigos, rapaces e rapazas do cole cos que non teriamos relación de non ser por esa viaxe, así que... ESPERAMOS QUE APROVEITEDES AS PRÓXIMAS VIAXES Á NEVE PORQUE PAGAN A PENA! ÁNGELA ALAGE e NOELIA GARCÍA


60

Visita á Casa das Ciencias

O día 20 de febreiro o alumnado de 2º nivel de Ed. Primaria visitou a Casa das Ciencias de A Coruña acompañado das súas titoras.

Alí poideron levar a cabo experiencias sobre algúns fenómenos físicos, como por exemplo o magnetismo, a forza centrífuga, etc… Tamén viron unha exposición sobre Darwin e a evolución das especies e, por último, disfrutaron dunha sesión de planetario coa proxección de «La niña que sabía caminar al revés».

Foi unha mañá científica moi divertida!


61

As excursións de 3º de Primaria Este ano os alumnos de 3º fomos dar un paseo pola nosa vila.

Como o tema de Coñe sobre a paisaxe nos parecía aburrido decidimos saír e aprender por nós mesmos en vivo e en directo.

Collemos os nosos cadernos de campo, fixemos unha lista dos elementos da paisaxe a observar, sacamos de cámara de fotos, e listos para converternos en científicos exploradores.

Camiñamos polo contorno do colexio observando e identificando os elementos naturais e humanizados. Vimos que temos de todo: praias, marisma, outeiros, cantís, autoestrada, vía do tren, campos de cultivo, pontes, construcións, ata porto e lonxa... aquí en Miño non nos falta de nada.

E xa que estabamos na praia, aproveitamos para recoller o lixo e limpala. Moitas veces os seres humanos non nos damos de conta do que podemos danar a natureza ao botar o lixo onde non corresponde.

Tamén observamos a fauna e a vexetación. E mesmo descubrimos unha zona de desove de estrelas de mar na Praia Grande, iso foi impresionante!


62

Aquí nos tedes a todos coas nosas profes, mirade que contentiños estabamos. Estas son as dunas da praia Grande e a súa vexetación. Gustanvos? A foto está feita por unha grande artista de 9 anos. Todas as fotos están feitas por nós. Temos ou non temos nivel no Castro Baxoi? A experiencia foi inesquecible, esperamos repetir para o próximo curso e animámosvos a todos a que fagades o mesmo. Unha aperta moi, moi grande dos nenos de 3ºde Primaria para toda a Comunidade Educativa do Castro Baxoi.


63

A nosa visita a Santiago de Compostela

O pasado 21 de xaneiro, os de 2º de ESO, fomos a Santiago de Compostela. Ó chegar, o primeiro sitio que visitamos foi o Parlamento de Galicia onde nos explicaron que funcións ten, e algúns fixemos de deputados e de parlamentarios. Logo diso achegámonos á Catedral, onde nos deron uns aparatiños cuns cascos para escoitar a explicación das nosas profesoras sen molestar. Fixemos un percorrido polo seu interior e despois subimos por unhas escaleiras estreitiñas polas que se ía ao tellado, sitio desde o que se contemplaba mellor a planta da Catedral. Achegámonos despois á Praza da Quintana dos Mortos, unha praza moi bonita que está ó lado da Catedral. Chámase así porque está enriba dun antigo cemiterio. Alí sentamos nas escaleiras e xantamos. Despois diso, Flor e Carmen Sánchez, as nosas profesoras, deixáronnos ir dar unha volta por alí coa condición de que tiñamos que estar alí a unha hora determinada. Logo achegámonos ao Hostal dos Reis Católicos, un antigo hospital de pobres e peregrinos, onde a guía nos ensinou os distintos claustros, a antiga sala de partos ou a de moribundos,… e levounos mesmo a un dos cuartos máis especiais do agora parador, no que había un balcón do século XV. Asomámonos algúns de nós e uns coreanos comezaron a sorrir e a saudarnos. Logo baixamos e xa tivemos que irnos. Cando chegamos ó sitio no que nos esperaba o autobús, atopámonos outra vez cos coreanos e volveron rir e saudar. Tirámoslles fotos e fomos de volta a Miño. ELENA ABELLA, 2ºA ESO


64

Visita ao Museo de Arte contemporánea

Imos contarvos a nosa visita ao Museo de Arte Contemporánea: unha visita por amor á arte que se converteu no salto á fama ao CRUZARNOS CON MANOLO RIVAS, famoso escritor galego. Primeiramente atravesamos a liña do tempo indo da Idade Media ata a contemporánea, iso si, sen chapar para un exame porque se non... cateo colectivo! Iamos todos de carallada... pero ben, non tanto, algo aprendemos. O momento máis interesante foi cando vimos que na sala do andar superior estaba Manolo Rivas. Tamén estaba a TVG, aínda que non comezaran a gravar. Xa sabedes que Manolo Rivas é o autor de A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro (entre outras obras famosas) e que recibiu moitos premios, como o da Crítica e o Nacional de Narrativa. NOOOONNN??? Pois se non o sabiades, agora xa o sabedes. Cando rematamos de facer esta marabillosa foto que vedes enriba, saímos cos pés por diante, entramos no bus a toda carreira e puxémonos en «modo hibernación» cansos de tanto como aprendemos. Ao espertar xa estabamos en Miño. Esa foi a nosa viaxe ao museo. AYUB (nº 7) e PABLO, 4º A


65

Visitamos varios institutos da zona

O pasado 5 de marzo, os de 4º de ESO visitamos o Francisco Aguiar, xa que é moi posible que o ano que vén vaiamos a maior parte para alí. A nosa impresión non foi moi boa. A verdade é que non temos moitas ganas de irnos de aquí (somos así de rariños), polo que ó entrar no centro, sentimos una sensación moi rara: pensabamos que a nosa escola era vella e destartalada, pero NON! As nosas instalacións son un palacio en comparación con ese instituto! Ademais, unha escola tan grande como esa impón a uns alumnos que levan toda a vida en clases de 14 persoas… non credes?? Así que xa sabedes! Disfrutade o que vos queda aquí que nós xa marchamos... esperemos que nos botedes de menos, porque nós xa o estamos facendo ¡! Tamén aproveitamos este artigo para contarvos que nos pareceron outros institutos da zona: O IES Breamo e o IES Fraga do Eume, aos que tamén fomos de visita no mes de abril. O IES Breamo é moi chulo e o que nos impresionou moito foi a cantidade de escaleiras que hai no vestíbulo (tanto obstáculo non sería bo para algúns torpóns que temos na clase). Para que coñecesemos o ambiente «soltáronnos» no recreo e como broche final invitáronnos a uns bocatas. Despois fomos ao Fraga do Eume. Estabamos ilusionados porque alí hai cursos de cociña e xa nos viamos comendo de novo. Pero non! De todos xeitos, o centro gustounos e o que máis, o reducido número de alumnos que hai por clase no Bacharelato.

IAGO PENA


66

Artigo deportivo Este ano para a revista, decidimos facer unha enquisa deportiva aos alumnos da ESO. Estas foron as súas respostas: 1.

Que deporte practicas?

2.

Equipo de fútbol favorito? Deportivo da Coruña: 23 Fútbol Club Barcelona: 22 Real Madrid: 15

3.

Mellor futbolista? 1º Lionel Messi do Barcelona 2º Cristiano Ronaldo do Madrid 3º Comparten posto Valerón do Deportivo e Iker Casillas do Madrid

4.

Cristiano Ronaldo ou Messi? Lionel Messi: 75% Cristiano Ronaldo: 25%

5.

Lakers ou Toronto Raptors? Lakers: 50 Toronto Raptors: 9

6.

Falando de Formula 1, a quen prefires: Vettel ou Alonso? Vettel: 10 F. Alonso: 54

7.

No tema do tenis: Rafael Nadal, Djokovic ou Federer? Nadal: 59 Djokovic: 3 Federer: 7

8.

Que equipo prefires na dinámica de fútbol sala: Barsa, Pozo Murcia ou Inter Movistar? Barsa: 27 Pozo Murcia: 20 Inter movistar: 10


67 9.

Xa que estamos en Galicia, Deportivo ou Celta? Deportivo: 47 Celta: 15

10. Vendo que este verán houbo moita rivalidade: Usain Bolt ou Blake? Usain Bolt: 43 Blake: 20 11. Usain Bolt ou Michael Phelps? Usain Bolt: 32 Michael Phelps: 31 12. Quen é o teu ídolo deportivo? Lionel Messi 13. Circuíto de Formula 1 preferido? Mónaco 14. Que deporte prefires ver pola televisión? Fútbol: 33 Motociclismo: 7 Baloncesto: 6 Outros: 15 15. Gústache o motociclismo? Si: 84% Non: 16% 16. Cal é o teu corredor de MotoGp preferido? 1º Valentino Rossi 2º Dani Pedrosa 3º Lorenzo 17. Cal é o deporte máis estraño que coñeces? Cricket ————————————————————> 18. Prefires os deportes acuáticos ou terrestres? Terrestres: 42% Acuáticos: 39% NS/NC: 9% 19. Sofá ou deporte? Deporte: 72% Sofá: 28% 20. Levas unha dieta saudable? Si: 30 % Non: 15% Máis ou menos: 55%

Grazas pola vosa colaboración nesta enquisa deportiva e esperamos que vos guste como quedou. ADRIÁN, LUKAS e NEREA


68

Para pasar o rato Aínda recordo as derradeiras palabras do meu pai: -Fillo, non movas o andamio! -Sabes como se chamaba Hitler? -Si. Hei! CARLOS VÁZQUEZ

Nunha cidade pequena, un axente de tráfico detivo a un automobilista que ía a gran velocidade pola rúa principal. O mozo comezou a protestar: -Señor axente, deixe que lle explique. Eu... -Silencio! Retereino ata que chegue o meu xefe. -Pero, señor oficial... escóiteme. Teño présa! –insistía o mozo. -Cale agora mesmo! Ao cárcere! –replicou o axente. Varias horas despois, o garda foi ver ao detido e díxolle: -Tivo vostede sorte. O xefe estaba na voda da súa filla. Cando regrese, estará de bo humor e seguro que o perdoará. -Non estea tan seguro, axente... –explicou o mozo– Eu son o NOIVO! TAMARA ALLEGUE Paciente: Debo estar quedando xordo, doutor. Xa non me oio tusir! Doutor: Ben, pois tome estas pastillas. Paciente: Son para oír mellor? Doutor: Non, son para que tusa máis forte! HÉCTOR

BUSCA AS DIFERENZAS ANDREA PIÑEIRO, AYUB e MIRIAM


69

Aprendemos a facer figuras coas mans

Sombras chinesas As sombras chinesas son un xogo popular e unha arte que consiste en interpo帽er as mans entre unha fonte de luz e unha pantalla ou parede, de maneira que a posici贸n e o movemento das mans proxectan sobre a pantalla sombras que representan distintos seres.


70

Xeroglíficos

PO PO PO

U

1. Que comerás?

2. Como es capaz de facer tantos xeroglíficos?

3. Nome dun peixe

Solucións: 1. POSTRES - 2. Uso a mente - 3. Anchoa


71

As mellores frases graciosas

• A máis diñeiro, menos amigos e máis amizades. • Con mil canóns por banda, afundiuse o barco por sobrecarga. • Como diría Jack o Destripador, imos por partes. • Moléstame a xente que non dá a cara. (Anónimo). • Nunca puiden estudar Dereito. (O xorobado de Notre Dame). • Todos os meus fillos son de apelido distinto (Chámome Carlos Distinto). • Teño nervios de aceiro. (Robocop). • Teño un corazón de pedra. (Unha estatua). • En realidade as tartarugas saben voar, o que pasa é que son tan lentas que non conseguen despegar. • Fixéronlle un test de inteligencia e deu negativo. • Vaiamos ao gran. (Un dermatólogo). • A miña esposa ten un bo físico. (Albert Einstein). • Non ao paro. (Un cardíaco). • Teño un nó na gorxa. (Un aforcado). • Non vexo a hora de irme. (Un cego). • Rompeume o espertador! (A Bela Durminte). • Antes sufría de amnesia, agora non me acordo. • Soñar non custa nada, o que custa é erguerse. • Vou escribir algo profundo... subsolo. • Ninguén é perfecto Atentamente: Ninguén. • Hai tres tipos de persoas: as que saben contar e as que non. • O que ri o último non ri mellor, simplemente é porque non entendeu o chiste. GRUPO

REDACTOR


72

Recoñecedes estes/as alumnos/as do noso colexio? A

Rapaz moi simpático, con pencas, que está como unha regadeira e ás veces faise un pouco pesado. Gústalle moito o fútbol, sempre leva os mesmos tenis.

B

É gracioso, pero moi vago, pel moi morena e non vive en Miño.

C

Unha rapaza moi, moi lista, que sempre fai os deberes e angústiase facilmente. Leva lentes desde hai pouco. É moi amiga dunha tal Helena.

D

Un rapaz un pouco vago, pero boa persoa. Pintáronlle paxariños no aire.

E

Nena que estuda moito, pero angústiase nos exames. Participou nunha escena da Festa da Palabra deste ano.

F

Unha nena moi alegre, aínda que un pouco borde, morena e cun floco moi gracioso. É do Barça.

G

Rapaz moi simpático, cuns ollos azuis moi bonitos. Gústalle moito o fútbol. (Pista: Ondas do lago Constanza)

H

Rapaz un tantiño agresivo e algo vago. Case sempre leva o pelo en crista e é do FC Barcelona.

I

Rapaz vago. Bastante alto e moi delgado. Ten serpes no pelo.

L

Rapaz moi aplicado. É riseiro. Gústalle o fútbol e é do Dépor.

MIGUEL GARCÍA, EDUARDO SEIJO, JUAN TEMPRANO, BREZO FERNÁNDEZ, ÓSCAR ROCA, ENRIQUE VEIGA

¿Saberías responder a pregunta? Pregunta:

Resposta:

E vós, ¿que tal? Conseguiralo cubrindo os cadros coas iniciais das palabras definidas agora, seguindo esa orde. • • • • • • • •

Peza de ferro magnetizada que atrae certos metais. Período de mil anos. Elemento químico gasoso indispensable para a vida dos seres superiores. Día da semana agardado con ansia polos adolescentes. Facíao Sherlock Holmes para resolver os casos. Árbore que dá como froito noces. De color semellante ó ouro. Premio cinematográfico anual que se concede en Hollywood. JULIA VALIÑO (As solucións no final do artigo seguinte)


73

De qué árbore caíches? Estas son as vosas árbores, segundo a data do voso nacemento (recordade que temos un libriño feito por todos-as na nosa biblioteca e tamén que todas estas árbores están plantadas no noso cole!).

Eu caín dunha bidueira, e ti?

ABELANEIRA (avellanas): O Extraordinario (22-31 marzo / 24 setembro-3 outubro) ABETO (abeto): O misterio (2-11 xaneiro / 5-14 xullo) ÁLAMO (álamo): A incerteza (4-8 febreiro / 1-14 maio / 5-13 agosto) AMIEIRO (hornbeam): O bo gusto (4-13 xuño / 2-11 decembro) BIDUEIRA (abedul): A inspiración 24 xuño CARBALLO (roble): A valentía 21 marzo CASTIÑEIRO (castaño): A honestidade (15-24 maio / 12-21 novembro) CEDRO (cedro): A confianza (9-18 febreiro / 14-23agosto) CIPRÉS (ciprés): A fidelidade (25 xaneiro-3 febreiro / 26 xullo-4 agosto) FAIA (haya): A creatividade 22 decembro


74 FIGUEIRA (higuera): A sensibilidade (14-23 xuño / 12-21 decembro) FREIXO (fresno, de cinzas): A ambición (25 maio- 3 xuño / 22 novembro-1 decembro) MACEIRA (manzano): O amor (23 decembro-1 xaneiro / 25 xuño-4 xullo) NOGUEIRA (nogal): A paixón (21-30 abril / 24 outubro-11 novembro) OLIVEIRA (olivo): A sabiduría 23 setembro OLMO (olmo): Mentalidade nobre (12-24 xaneiro / 15-25 xullo) PIÑEIRO (pino): O particular (19-28 febreiro / 24 agosto-2 setembro) PRADARIO (arce): Mente aberta (11-20 abril / 14-23 outubro) SALGUEIRO (sauce): A melancolía (1-10 marzo / 3-12 setembro) SORBEIRA (serbal, rowan): A sensibilidade (1-10 abril / 4-13 outubro) TILEIRO (tilo, limas): A dúbida (11-20 marzo / 13-22 setembro)

O

GRUPO REDACTOR

Solucións aos pasatempos de 2º ESO: Recoñecedes...? A. Quique. B. Adérito. C. Irene de Ron. D. Miguel García. E. Helena Beceiro. F. Nuria Rodríguez. G. Martín Lago. H. Juan Temprano. I. Brezo. L. Eduardo Seijo. Saberías responder...? IMOS INDO


75

Encebolámonoooos!! Nesta nova edición da revista Dtodo, ensinarémosvos a elaborar tres exquisitos pratos nos que, como non, o ingrediente principal será a nosa Cebola Chata de Miño. Trátase dun menú rápido, económico e moi fácil de preparar, así que esperamos que vos guste!

Sopa de cebola gratinada Como primeiro prato ensinarémosvos a preparar unha sopiña moi sinxela e ademais gustosa para catro persoas. Para preparar a nosa sopa precisaremos de: • 6 cebolas. • 2 xemas de ovo. • Tomiño. • 100 gramos de queixo raiado. • 1 litro de caldo de polo. • Pan tostado. • Aceite de oliva. • Sal e pementa.

Para continuar, debemos de seguir unha serie de pasos. En primeiro lugar debemos cortar as cebolas en tiras o máis finas e longas posibles. Deseguido, nunha pota engadimos aceite de oliva e pochamos a cebola durante uns 25 minutos. Engadimos o noso caldo de polo e cocémolo durante 3 minutos. Logo, axustamos de sal e pementa. Terminado isto último, poñemos o caldo nun bol ou recipiente e engadimos a xema de ovo, cubrimos con láminas de pan tostado, un pouco de tomiño e o queixo raiado. Cando estea todo preparado gratinamos o noso prato.


76

Polo á laranxa con cebola chata Aquí vos traemos o segundo prato do noso menú. Trátase dun prato moi exótico e en pouco menos de unha hora estará máis que preparado. Esperamos que vos guste!! Os ingredientes deste prato serán os seguintes:

• 8 muslos de polo pelados.

• 3 laranxas.

• 6 culleradas de queixo magro.

• 3 cebolas chatas picadas.

• Unha cullerada sopeira de cognac.

• 2 culleradas sopeiras de Maicena.

• 1 culler sopeira de aceite de oliva, sal e pementa negra.

Preparación: Para comezar a elaborar o noso segundo prato debemos engadir un choriño de aceite de oliva nunha tixola e dorar os muslos de polo durante 8-10 minutos. Engadimos o cognac, as laranxas e as cebolas e deixamos que ferva. Tapámolo e deixámolo a lume manso durante uns 20 minutos. Diluimos a Maicena cun pouco de auga e mesturámola co queixo. Incorporamos a salsa da tixola e deixámolo que ferva suvamente. Salpementamos e servimos con arroz, pasta ou cunha ensalada de escarola.


77

Marmelada de cebola Por último, xa como postre, ensinarémosvos a preparar un delicioso prato que poderemos acompañar de queixo. Para iso precisaremos de:

• 800 gramos de cebola chata.

• 100 gramos de azucre moreno.

• 10 gramos de manteiga.

• Un petisco de sal.

• Mel.

Para poder ramatar co toque final no noso menú especial, cómpre seguir os seguintes pasos: Comezamos a marmelada de cebola partindo a cebola en ariños. Cando a teñamos partida, collemos unha tixola e botámoslle manteiga. Poñémola ao lume, e cando se derrita, engadimos a cebola xunto cun pouquiño de sal. Deixamos pochar lentamente ata que a cebola estea branda (hai que ter ollo de que non se pase). Cando estea lista, engadimos o azucre e seguimos facendo co lume en posición baixa. Estará lista cando o azucre se disolva e quede ben ligado coa cebola. Agora engadiremos o mel para o toque final. Removemos e deixamos que se siga facendo durante outros 5 minutos. Apartamos a tixola do lume e deixamos que arrefríe.

Dende o colexio, todos os chefs do C.P.I De Castro Baxoi desexámosvos un Feliz Menú Encebolado e que vos aproveite!!!! AYUB LAHBIB e MIRIAM CRESPO


78

Desexos e lembranzas As nosas arelas • Desexo coñecer o mundo, outras culturas, ver como vive a xente noutros lugares e aprender a aceptar a xente diferente. • Desexo ser feliz, e que a xente que me rodea tamén o sexa. • Desexo saúde e amor. • O meu desexo é dominar o inglés á perfección, non só para asegurar o meu futuro senón porque son unha persoa á que lle gusta moito viaxar, e creo que co inglés vou ter moitas oportunidades. • Encántame ver Españois polo mundo só para saber como se vive noutros lugares e para que o día de mañá saiba a onde quero ir vivir. IRENE

DE

RON e TADESE PRIETO

Unha ollada atrás: intres memorables ¿Lembrades a María Méndez indo porta tras porta buscando o responsable do rotulador no paraugueiro?... ¿Ou o famoso hit do noso compañeiro Miguel García (Micky Rivera) «Te pintaron pajaritos en el aire»?... Nós si, e ímolo recordar: O pasado trimestre apareceu un paraugueiro cheo de tinta dun calibrado. María Méndez decatouse e foi porta por porta buscando o responsable. Ninguén confesou, así que… tocounos pagar do peto a todos. Castigáronnos limpando todo o colexio. Ó remate, pasámolo moi ben e deixamos o colexio limpísimo. P.D.: María, xa podes ficar contenta. O noso «famoso» compañeiro Micky River» deleitounos coa súa «marabillosa» voz xunto con Carol Lorak, o noso excompañeiro. Graváronse na Praia da Ribeira, de Miño, cantando e despois colgárono en Youtube. ¡Tiveron case mil visitas! Pero desafortunadamente borraron o vídeo. Esperamos outro con impaciencia. ¡Ah! E como esquecer o noso concurso de panxoliñas, que outro ano máis gañaron os de cuarto! Pero para o ano xa vos podedes preparar, ¡que imos gañar nós! Este ano pasámolo xenial, aínda que rifas de Patricia aínda tivemos… ¡E a nosa Festa da Palabra! Este ano o tema foi «Palabras da serena», inspirado no poema Ten a serena o canto, de Curros Enríquez. P.D.: Graña, para o ano tamén queremos participar. HELENA BECEIRO e NURIA RODRÍGUEZ


79

Adeus...

4º A ESO ímonos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Chegamos á meta. O noso curso xa remata e, orgullosos do camiño que deixamos atrás, comezaremos unha nova etapa como estudantes. A maioría de nós viñemos a esta escola ben pequerrechos. Outros entramos algúns anos máis tarde, pero a pesar diso sempre fomos unha GRAN PIÑA!!! Por non falar dos mestres! Todos e todas tiveron un gran papel nesta familia, coidándonos como auténticos pais-nais postizos... algúns quizais como avós... Somos como somos e o que somos grazas a todos e cada un de vós!!! Deixamos moitos recordos bonitos pero tamén os levamos connosco! E tamén levamos todo aquilo que vós, profes, fixestes posible ensinándonos a ser mellores persoas! («Que bonitooo, que bonitoooo... ! GRAZAS!» –Estas son palabras da nosa titora–) Dende esta revista dicímosvos: ATA SEMPRE!

Un bico moi grande de 4º A


80

4º B ESO tamén nos imos!!! O ciclo de PDC dura dous anos, nós cremos que os máis importantes da ESO (3º e 4º) porque con eles ramatamos e obtemos un título. Nós tivemos, por un lado, a sorte de ser un grupo pequeno, o que nos facilitou moito o estudo, as clases e os traballos. Ao ser poucos, tamén temos poucos profes, polo que somos algo parecido a unha «familia». A principios do curso pasado eramos sete alumnos, pero a causa das «fugas» (alleas ao noso cole) acabamos sendo cinco e así seguimos este segundo ano de 4º. Os profes, en xeral (dicimos EN XERAL, eh?) pórtanse ben connosco. En x-e-r-a-l... volvemos repetir!!! :-) Por outro lado, ao seren poucos profes, pasamos moito tempo con eles e ao final as clases acaban facéndose algo pesadiñas... non todas, eh??? En 3º, o curso pasóusenos máis rápido xa que non nos coñeciamos e foi moi divertido. Este curso tivemos algún que outro problema, que se solucionou rápido, con 4º A ESO, pero agora xa nos levamos todos ben. Resumindo: foron uns bos anos. E agora despedímonos, con algo de tristeza... CARLOS e ANTÓN

Agora imos escribir un pensamento cada un • Os dous cursos de PDC para min foron moi divertidos porque nos pasaron moitas cousas dignas de risa que foron moi agradables, como as miñas faltas de puntualidade que son graciosas cada vez que entro en clase, porque os compañeiros, e ata os profes, rin... CARLOS • Para min foron moi diferentes os dous cursos de PDC. Levo moitos recordos, aínda que me gustou máis 3º que 4º de ESO. Grazas a estes dous anos, sacarei o título. Por iso doulles as grazas aos mestres que nos dan clase. Doume conta de que somos como unha familia. KATHY • Para min foi unha experiencia nova. O ciclo pasoume moi rápido, sobre todo 3º, Agora estamos xa algo cansos porque traballamos moito, en especial este curso final. Grazas ao PDC creo que conseguirei sacar o título. Os profes son moi agradables e bos, axudáronme e nunca deixaron que tirase a toalla, a pesar de que estiven a piques de facelo varias veces. E sempre estiveron apoiándome e animándome. DAMIÁN • É unha experiencia que recordarei toda a vida porque levo comigo novos amigos, xa que dous anos coas mesmas persoas (e tan poucas) tanto tempo fai que lles collas cariño. Dou as grazas a esta oportunidade que me ofreceu o cole. Dou as grazas a todo o profesorado que estivo estes dous anos ao meu lado porque estou sacando o título da ESO con ánimo e con ganas, aínda que tamén con esforzo xa que sen isto non se consegue nada. TAMARA • Para min o PDC foi unha boa experiencia porque me facilitou moito obter o título. Se non fose por estes dous anos, non sería capaz de obtelo. Ao principio dubidei entrar nel porque non sabía como ía ser, pero agora que este segundo curso está a piques de rematar non me arrepinto nada porque para min o PDC é diferente: fas cousas doutra maneira, é máis divertido e práctico e iso gústame moito. Sempre, ou case sempre..., traballei con ganas e iso é o que vale. ANTÓN



Debuxo de Sergio Laxe