A décima Monografía de Comunicación Científica de mc2 responde á preocupación polo esgotamento dos recursos mariños. «Sobrepesca» forma parte da campaña europea "Elixe o peixe correcto", liderada en España polo Aquarium Finisterrae, e cuxo obxectivo é convidar a consumir peixes que non poñan en perigo os recursos mariños. Esta campaña tamén está a ser desenvolvida en Francia por Nausicaa Centre National de la Mer, e en Italia, a cargo do Acquario de Genova.