Page 1

Museos Científicos Coruñeses U n h a i n f o r m a c i óBOn e l a b o r a d a p o r PARA O MAR

BO PARA TI

Museos Científicos Coruñeses

BO PARA O MAR

BO PARA TI

Monografías de Comunicación Científica Edición realizada co patrocinio de

sobrepesca

10


A

Caladoiros de pesca índa que existen noticias Atlántico Atlántico Atlántico Nororiental Atlántico Pacífico Centro-Oeste Noroccidental Centro-Oriental Noroccidental Dinamarca, Islandia, sobre o esgotamento de Estados Unidos, Estados Unidos España, Marrocos, China, Rusia, Noruega, Reino Unido, México e Canadá. Senegal e Ghana Corea do Norte Rusia, España, Francia, recursos mariños na e Venezuela e Corea do Sur Países Baixos, Suecia, Total capturas: Total capturas: Total capturas: Irlanda, Alemaña Total capturas: 2,3 millóns de t 3,8 millóns de t antigüidade, a explotación 1,9 millóns de t e Portugal. 33,8 millóns de t Total capturas: pesqueira mundial deu 12,5 millóns de t Pacífico Centro-Occidental sinais de alarma durante a Tailandia, Indonesia, Filipinas, Vietnam, ASIA Pacífico segunda metade do século XX. O Xapón e Malasia Nororiental EUROPA Total capturas: Estados Unidos aumento da demanda debido ao 10,6 millóns de t e Canadá Total capturas: incremento da poboación mundial 12,9 millóns de t AMÉRICA ÁFRICA Índico Oriental e a modernización da tecnoloxía India, Tailandia, Pacífico Mianmar, Indonesia Centro-Este OCEANÍA e Bangladesh. provocou un paulatino México Total capturas: Total capturas: 5,2 millóns de t esgotamento dos recursos 1,2 millóns de t Atlántico Pacífico Pacífico Atlántico Índico pesqueiros. É por iso que as Sudoeste Suroriental Suroccidental Sudeste Occidental República Perú, Chile Arxentina e India, Pakistán, Australia e Sudafricana, noticias relacionadas con este tema e Ecuador Brasil Irán e Sri Lakca Nova Zelanda Namibia e Rusia Total capturas: Total capturas: Total capturas: Total capturas: Total capturas: 0,8 millóns de t 13,3 millóns de t 2,3 millóns de t 4 millóns de t están cada vez máis presentes en todos 4,2 millóns de t Millons de toneladas capturadas ao ano os medios de comunicación. O 0,05 0,2 1 3 5 10 Aquarium Finisterrae participa no ■ Que é un caladoiro? programa europeo “Elixe o peixe s caladoiros son zonas mariscos, polo que os maricorrecto” cuxo obxectivo é convidar a mariñas nas que os ñeiros buscáronos desde a consumir peixes que non poñan en barcos pesqueiros botan antigüidade. A palabra calaas súas artes de pesca. doiro procede do verbo “calar”, perigo os recursos mariños.

O

Trátase de lugares cuxas condicións ecolóxicas promoven a abundancia de peixes ou

Os Museos Científicos Coruñeses recolleron as principais inquedanzas populares sobre o tema, enunciadas en forma de preguntas, para respondelas nesta publicación.

Porcentaxe de poboacións evaluadas

Tendencia mundial sobre o estado das poboacións pesqueiras 60% 50% 40% 30%

Poboacións plenamente explotadas Poboacións pouco ou moderadamente explotadas

20% 10%

Poboacións sobreexplotadas e esgotadas

cuxa definición é “dispor na auga debidamente unha arte para pescar”.

■ Cando se considera que un caladoiro está sobreexplotado?

O

s científicos utilizan fundamentalmente dúas medidas como indicadores do nivel de explotación á que está sometido un caladoiro. Trátase do tamaño medio das especies capturadas e do número de individuos que se capturan. Unha redución de ambos os dous indicadores é sinal de que se está producindo o esgotamento do recurso mariño. O tamaño medio dos peixes capturados nas costas de Terranova reduciuse nun metro entre os anos 1957 e 2000.

0% 1970 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005

anos

Evolución da biomasa de reproductores de bacallau e da mortalidade por pesca

■ Canto

tempo tarda en recuperarse un caladoiro sobreexplotado?

U

n exemplo coñecido de sobreexplotación é o que aconteceu coa pesca do bacallau nas costas de Terranova. A redución de capturas foi tan importante que finalmente se aceptou unha parada total en 1992; o caladoiro aínda non se recuperou. A capacidade de recuperación depende de cuestións como o tempo que tardan as especies en acadar a madurez sexual para reproducirse, o número de crías que nacen, a cantidade de parellas reprodutoras que se salvaron da sobreexplotación, o estado do medio no que vive a especie ou as medidas de protección que se adopten. Canto maior sexa a restrición pesqueira, máis rápida será a recuperación. Os bacallaus, por exemplo, tardan uns 10 anos en acadar a madurez sexual.


■ Que

peixes están en perigo de extinción debido á sobrepesca? Estase terminando o peixe que compro?

A

índa que existen peixes en perigo de extinción (como o peixe gato xigante de Tailandia, ou o salmón do Pacífico de Estados Unidos) é difícil responder con rigor xa que aínda faltan por coñecer moitos datos sobre as especies mariñas. Sábese que, por exemplo, moitos tiburóns están en perigo debido á sobrepesca. Outras especies que están ame-

azadas pola sobreexplotación son: atún, anguía, escarapote, lagostino, linguado, raia, pescada, peixe espada, peixe vela, solla, peixe sapo e salmón atlántico. Cando a pesca destas especies deixe de ser rendible desaparecerán dos mercados, non do mar, algúns dos peixes que agora estamos comprando.

■ Acabarán por desaparecer os peixes do mar?

É

moi difícil que isto aconteza pero, aínda así, deberiamos actuar para evitalo. O 80% dos caladoiros mundiais están explotados ao máximo ou sobreexplotados, unha Pesca de captura mariña e continental cifra que non deixa de Dez principais países produtores en 2006 medrar. En 1974, o 40% China 17,1 dos caladoiros estaban Perú 7,0 EE.UU. moderadamente explo4,9 Indonesia 4,8 tados, pero en 2005 só Xapón 4,2 quedaba o 23% nesa Chile 4,2 situación. India 3,9 Federación de Rusia

3,3 2,8 2,3

Tailandia Filipinas

0 2 4 6 Millóns de Toneladas

8

10

12

14

16

18

250.000 200.000

outras cousas se están facendo para evitar a sobrepesca?

O

s expertos recomendan eliminar o uso das artes de pesca que destrúen o fondo oceánico e as pouco selectivas (capturan unha gran diversidade de organismos, e moitos deles se tiran), crear reservas mariñas onde as especies estarían a salvo (na actualidade só cobren o 0,01% da superficie mariña), reducir a capacidade da frota pesqueira e suprimir as axudas gobernamentais que manteñen en activo frotas que non son rendibles. Tamén se aconsella aplicar con rigor os controis que xa existen e a determinación de tallas mínimas de captura. Moitas institucións nacionais e internacionais están facendo leis que recollen estes consellos con maior ou menor rigor; existen, para iso, servizos de inspección pesqueira que velan polo seu cumprimento.

son as confrarías de mariñeiros?

100.000

S

50.000 0

■ Que

tipo de peixe debo comprar? E cal debo evitar?

R

■ Que

■ Que

150.000

19 95 19 96 19 97 19 98 19 99 20 00 20 01 20 02 20 03 20 04 20 05 20 06 20 07 20 08 20 09 20 10 20 11

Cantidade de adultos (en toneladas)

Tendencia da poboación do atún vermello no Atlántico Oriental

ecoméndase comprar aqueles que se pescan nas zonas máis próximas ao consumidor; por iso as especies varían en función do lugar onde se reside. En Galicia, a recomendación é incrementar o consumo de xurelo, sardiña, xarda, lirio, congro, faneca, escachos, sargo e bogamuxo. Outros consellos xerais son respectar as épocas do ano nas

Pesca mediante redes

que non deben consumirse as especies (vedas) e só comprar exemplares que excedan as tallas mínimas. Tamén deberiamos descartar o consumo de especies (como as cigalas ou o linguado) que se capturan mediante artes de pesca de arrastre de fondo. E sería de grande axuda reducir o consumo de especies ameazadas pola sobrepesca.

on organizacións formadas polas persoas que traballan e viven das actividades pesqueiras (patróns, armadores, mariñeiros, etc.). Teñen a súa orixe social nas agrupacións que se creaban para facer fronte ás múltiples desgrazas que sufrían os mariñeiros. Serven para representar, defender, promover, participar e colaborar coa administración pública na ordenación da pesca, o marisqueo e a acuicultura así como a comercialización dos seus produtos.


■ Cales son as características nutricionais do peixe?

de arrastre de fondo

Fondo oceánico polo que pasou unha rede de arrastre de fondo

■ Por

que se di que as redes de arrastre son malas para o mar?

E

ste método de pesca utiliza redes con forma de bolsa de grandes dimensións (como campos de fútbol) que capturan todo o que encontran ao seu paso. Cando se lastran para arrastraras polo chan mariño, arrincan do fondo todo o que atopan (algas, esponxas, corais, etc.) o que resulta especialmente des-

trutivo. Ademais, é un método de pesca moi pouco selectivo, que xera un gran volume de capturas que non son de interese comercial e descártanse tirándoas ao mar (na meirande parte dos casos estes organismos non sobreviven). En moitas ocasións os descartes representan a metade ou máis das capturas.

■ Como

se aplican no mar as leis de pesca? Que pasa cos países que non respectan as moratorias internacionais?

P

ara entender a situación actual hai que lembrar que ata 1982 non estaba lexislado o uso ou explotación do océano. Nese ano a ONU aprobou a “Lei do Mar ”, mediante a que permitía aos estados costeiros reclamar como propio o territorio mariño Os tamaños mínimos que se afasta da súa costa ata uns 370 quilómetros. Isto fixo recaer pódense controlar mediante o tamaño da sobre os estados costeiros a xestión da maior parte das pesquerímalla da rede pesqueira as marítimas. Así que cada estado pode aplicar normativas diferentes; para facer cumprir esas leis existen controis e inspectores. Os tribunais internacionais intentan resolver os conflitos entre diferentes países, pero a aplicación de sancións resulta moi complexa.

T

rátase dun alimento san, completo e de doada dixestión. Contén proteínas de elevado valor biolóxico, vitaminas (especialmente A, D e as do grupo B) e minerais (fósforo, iodo, calcio, etc.); tamén é importante polo seu baixo contido en graxas, e porque as que ten son de moi boa calidade (os peixes son unha fonte importante de acidos graxos omega 3, coñecidos pola súa acción beneficiosa fronte ao colesterol). Outra cuestión interesante é que achegan poucas calorías á dieta.

■ Con que frecuencia se debe comer peixe? En que país se come máis?

R

ecoméndase consumir unha ración de 125150 gramos de peixe (sen contar os desperdicios) entre 3 e 4 veces á semana. Algúns países consumen ao ano unha media de menos dun quilo por persoa (Asia Central) mentres que outros poden achegarse aos 100 (Islandia). A media mundial é de 16,4 quilos. O consumo medio en España rolda os 28 quilos ao ano por persoa. Case un terzo desa cantidade represéntano o consumo de pescada ou pescadilla; despois están a sardiña, o bocarte, o atún fresco, os peixes planos, o bacallau e o salmón. Estase incrementando moito o consumo de dourada e de salmón. Os maiores consumidores de peixe son Islandia, Xapón e Portugal.

Consumo medio de pescado por individuo

■ Que eu cambie os meus hábitos de consumo, de verdade axuda a mellorar a situación?

S

i. Un dos conceptos científicos máis elementais e que inflúe pouco no comportamento das persoas é que a suma de pequenas accións pode conseguir un resultado de grande alcance. De feito, a demanda de millóns de persoas sobre certas especies é o principal motivo polo que

durante anos continuou a sobrepesca. Por iso a maior parte das campañas teñen ao consumidor como obxectivo principal. Só con que cada europeo “deixase de comer unha pescada ao ano” poderiamos salvar unha poboación de 500 millóns destes peixes.

0-2

2-5

5-10

10-20 20-30 30-60

›60

Kg/ano


■ Se o mar está moi contaminado, é bo comer peixe?

Riscos das piscifactorías mariñas Introdución de pensos

Medicamentos

Praguicidas

A

índa que deberiamos evitar o consumo de especies mariñas que se capturan en zonas moi contaminadas, a maior parte dos peixes non teñen este perigo. Doutra banda, existe lexislación que Residuos obriga a controlar a contaminación que poidan sufrir as especies máis sensibles (atún, peixe espada, etc.). Pero convén lembrar que os animais terrestres que consumimos son herbívoros (vacas, etc.), mentres que os peixes adoitan ser depredadores. É dicir, que desde un punto de vista ecolóxico, os equivalentes terrestres á pescada ou ao atún serían os leóns, tigres ou lobos. Este feito é importante xa que os produtos contaminantes vanse concentrando nas especies segundo pasan duns a outros a través da alimentación. É dicir, unha alga pode ter pouca contaminación, pero o peixe que se alimenta dela acumula algo máis xa que come moitas algas; e o peixe que se alimenta de peixes contaminados presenta o meirande nivel de contaminación.

Control de depredadores Matanza de animais predadores para controlar os peixes cultivados

Fuga de especies non nativas

Enfermidades e parásitos Residuos (alimento non inxerido, feces, etc)

A putrefacción dos residuos baixo as áreas de cultivo produce zonas desérticas, nas que non poden crecer os organismos

■ Por

que non se constrúen piscifactorías e se deixa de pescar no mar?

A

índa que pareza que esta alternativa podería resolver o problema, os científicos alertan de que tamén podería empeoralo. Como moitos dos peixes que se crían son carnívoros, necesitan comer penso de peixe; e para fabricar estes pensos cómpre capturar outras especies. Por exemplo, as piscifactorías de salmóns consumen máis pescado do que producen; necesitan tres quilos de penso para obter un quilo de salmón. A acuicultura sería unha boa opción se a cría das especies non consumise penso de peixe (xa se está investigando o desenvolvemento de pensos alternativos); sería o caso, por exemplo, dos mexillóns ou das tilapias (un peixe herbívoro).

■ Como afectaría ao equilibrio ecolóxico a desaparición dunha especie?

A

índa que depende moito da especie da que se trate, o perigo máis importante da sobrepesca é a alteración do equilibrio ecolóxico. E iso é o que está acontecendo ao reducirse as poboacións de moitas especies. Por exemplo, no último medio século os océanos mundiais perderon o 90% dos grandes peixes depredadores. Unha das consecuencias que ten este feito é o incremento das poboacións doutras especies das que se alimentaban que, pola súa parte, esquilman as súas fontes de alimento e buscan outras. Estas repercusións actúan formando unha cadea cuxas consecuencias aínda non se coñecen. Os desequilibrios ecolóxicos poden causar, entre outros moitos efectos, o crecemento de poboacións de especies mariñas non desexadas, como as medusas

■ Se os mariñeiros saben que se están extinguindo os peixes, por que seguen a pescar?

A

s ideas que temos sobre como é e como funciona o mundo natural ímolas desenvolvendo a través dun conxunto de camiños (educación, experiencias, etc.), e algúns deles pódennos levar a erro. Por exemplo, unha idea popularmente arraigada é que vivimos nun mundo inmenso de recursos inesgotables; e pensar o contrario parece que pode ir en contra do sentido común. Por iso é tan difícil convencer a todas as persoas de que a saúde do planeta está en perigo. Actualmente moitos

mariñeiros xa o asumen e actúan en consecuencia. Pero, como pasa en calquera outra actividade humana, algúns prefiren pensar nos seus propios beneficios, ou incluso en non respectar a lexislación.

■ É posible repoboar o mar con peixes?

S

i, e nalgúns casos xa se fixo, aínda que non existe unanimidade en que esa sexa a forma de resolver a sobrepesca. Un dos problemas que se percibe é que a cría en catividade adoita reducir a variabilidade xenética da especie, polo que se se utiliza para recuperar poboacións salvaxes, podería perderse a diversidade natural. Ademais, das algo máis de 23.000 especies de peixes coñecidos só unhas poucas se puideron investigar e conseguir a súa reprodución en catividade. Se se extinguisen agora desaparecerían para sempre.


■ Os “peixes correctos”, saben igual de ben que os que comemos agora?

A

elección de alimentos é unha cuestión que está moi relacionada coa rexión xeográfica na que vivimos, coa cultura e cos hábitos xerais, e tamén depende do gusto de cada persoa. A campaña “Elixe o peixe correcto” convida a incrementar a compra de especies que xa están nos mercados e estanse consumin-

do habitualmente, aínda que en menos cantidade do que sería recomendable. A case ninguén lle poden resultar descoñecidos os mexillóns, a sardiña ou o xurelo. Aínda que menos populares, existen numerosas e saborosas receitas para degustar calquera outra das especies recomendadas (xarda, lirio, congro, faneca, escacho, sargo e bogamuxo).

■ Como

podo saber se é legal o peixe que vén de fóra?

E

n xeral, temos que confiar nas nosas autoridades. Para iso, a Unión Europea dispón de varios regulamentos que obrigan aos produtores, transformadores e distribuidores a asegurar a trazabilidade dos produtos de peixe. A trazabilidade dun alimento é a posibilidade de seguir o seu rastro a través de todas as etapas polas que pasa ata chegar ao consumidor. Os datos que deben aparecer nas etiquetas dos produtos de peixe, ademais das xerais para calquera alimento, son a zona de captura ou cría, os datos do expedidor, a denominación comercial e científica, o peso neto, o método de produción (extractivo ou cultivo) e o xeito de presentación ou tratamento.

■ De onde veñen os peixes que se venden nas peixarías? Como podemos saber se son locais?

A

nivel mundial comercialízanse unhas 7.000 especies de peixes. A maior parte das que chegan aos nosos mercados son de orixe nacional, aínda que está aumentando a presenza de especies importadas. En España, durante 2009, importamos mariscos e peixes duns 50 países. Polo seu valor económico, e nesta orde, os que máis entraron nos nosos mercados foron de Marrocos, Arxentina, Ecuador, China, Francia, Reino Unido, Portugal e Namibia. A maior parte das robalizas, douradas, rodaballos, troitas, mexillóns e salmóns son especies producidas en acuicultura. En calquera caso, os peixes deben ter unha etiqueta na que figure a súa orixe.

As especies de consumo recomendado pola campaña para Galicia proceden da costa galega e cantábrica NOME COMÚN

NOME CIENTÍFICO

• Xurel

Trachurus trachurus (otras especies T. mediterraneus)

• Sardiña

Sardina pilchardus

• Xarda

Scomber scombrus

• Lirio

R

BO PARA TI

Micromesistius poutassou

• Congro

Conger conger

• Faneca

Trisopterus luscus (+Trisopterus minutus)

• Rubio

BO PARA O MA

Chelidonichthys lastoviza, Chelidonichthys lucerna, Trigla lyra, Chelidonichthys cuculus, Chelidonichthys obscura, Chelidonichthys gurnardus, Lepidotrigla cavillone

• Sargo

Diplodus sargus

• Boga

Boops boops

• Mexillón

Mytillus galloprovincialis

BO PARA O MA

R

BO PARA T I

ACQUARIO DI GENOVA D

ESEÑO E

MAQUETACIÓN

Sobrepesca (galego)  

A décima Monografía de Comunicación Científica de mc2 responde á preocupación polo esgotamento dos recursos mariños. «Sobrepesca» forma par...

Sobrepesca (galego)  

A décima Monografía de Comunicación Científica de mc2 responde á preocupación polo esgotamento dos recursos mariños. «Sobrepesca» forma par...

Advertisement