Page 1

Museos Científicos Coruñeses Unha información elaborada por

Museos Científicos Coruñeses

Monografías de Comunicación Científica Edición realizada co patrocinio de:

Entidade colaboradora:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

evolución

09


O

24 de novembro de 1859 publicouse un dos libros científicos de maior transcendencia social. Titulábase “A orixe das especies por medio da selección natural” e o seu autor era Charles Darwin. Nas súas páxinas explicaba a vida de todos os organismos, seres humanos incluídos, como un longo proceso de evolución gradual, mediante o que todas as especies están máis ou menos emparentadas biolóxicamente. Este ano cúmprese o 150 aniversario desta publicación e o 200 do nacemento do seu autor.

Os Museos Científicos Coruñeses sumáronse á conmemoración internacional do Ano Darwin con diferentes actividades sobre evolución

! Se os humanos descendemos dos monos, como dixo Darwin, por que os monos seguen existindo?

D

arwin non dixo que os humanos descendemos dos monos e simios actuais, senón que temos un devanceiro común a eles e ao resto dos primates. Daquela, os chimpancés, gorilas e orangutáns non son os nosos “avós” senón os nosos “curmáns”. Estes animais pertencen a outras ramas da nosa familia biolóxica, e na natureza é moi habitual que coexistan diferentes especies cun antecesor común. Todos os primates descendemos duns animais arborícolas que viviron hai 60 millóns de anos, alimentábanse de insectos, tiñan visión frontal e mans co polgar opoñible.

! Cal é o “elo perdido” da evolución?

E

n realidade non hai un, senón moitos. Por exemplo, en 2004 descubriuse o fósil do Tiktaalik, un animal que viviu hai 375 millóns de anos e compartía características de peixe (escamas, branquias) e de anfibio (pulmóns, pescozo flexible). Foi unha transición entre os vertebrados acuáticos e os terrestres. Chamámoslles “elos perdidos” ás especies antigas que serven como exemplo dun salto evolutivo. O seu valor é simbólico, pois para demostrar a evolución non é necesario atopar fósiles de híbridos entre as diferentes especies. Dous anos despois da publicación de “A orixe das especies” atopouse un fósil de Archaeopteryx, presentado como o elo perdido que suxire a relación entre aves e réptiles. Posuía características de réptil (anatomía, dentes) e de ave (brazos alados, plumas)

! Somos os humanos o cumio da evolución?

D

urante toda a historia, moitas culturas humanas nos teñen considerado como a especie elixida. Por iso tendemos a vernos aparte e por riba do resto dos animais, como se fósemos o cumio dunha pirámide evolutiva ou o último elo dunha cadea de progreso. Pero a realidade é moi diferente. A evolución é un proceso movido polo azar das mutacións xenéticas, así que non ten un obxectivo preestablecido. A evolución non significa mellora nin progreso, senón adaptación para sobrevivir nas condicións actuais da Terra, así que non hai especies superiores a outras.

Simpáticas postais editadas polo Museo de Historia Natural de Stuttgart (Alemaña)


! Por que se produce a evolución?

P

orque todos os individuos dunha mesma especie son lixeiramente distintos. E esas pequenas diferencias fan que algúns estean mellor equipados para sobrevivir e reproducirse. Se os seus descendentes herdan esas vantaxes, co tempo poden acabar estendéndose a toda a poboación. Así xurdiron todas as especies. A clave está nas alteracións aleatorias do ADN (mutacións xenéticas), que son as responsables de que aparezan por azar individuos lixeiramente diferentes. Na evolución tamén interveñen fenómenos naturais excepcionais (por exemplo, o impacto de meteoritos).

O popular artista holandés M.C. Escher (1898-1972) ilustrou un peculiar encontro evolutivo entre simios e humanos

! Cando apareceron a intelixencia e a fala na evolución dos humanos?

A

intelixencia e a fala son dúas características humanas das que presumimos moito. Sempre pensamos que son algo moi exclusivo noso e que a súa aparición impulsou a evolución humana. Os fósiles e restos dos nosos devanceiros non permiten precisar cando empezaron a falar, pero si permiten supoñer que podían falar. Por outra banda, sabemos que os chimpancés poden aprender formas de comunicación moi próximas á linguaxe humana. E, sen dúbida, a linguaxe ten un gran valor: permite a comunicación, o coñecemento e o pensamento profundo.

! Como sabemos que os nosos devanceiros veñen de África?

S

egundo aparecen novos fósiles, vaise reconstruíndo a árbore xenealóxica dos homínidos, que é a familia biolóxica á que pertence a especie humana. Darwin xa predixo a orixe africana da especie humana. Isto demostrouse cos estudos xenéticos e a aparición en África dos fósiles máis antigos da nosa liñaxe evolutiva (Australopithecus, Homo habilis, etc.).

! Seguiremos evolucionando? Como seremos os humanos no futuro?

A

! O pescozo das xirafas creceu para así chegar ás follas altas das árbores?

A

lgúns naturalistas do século XIX pensaron que o longo pescozo das xirafas sería o resultado dos esforzos realizados durante xeracións para alcanzar as copas das árbores. Pero os seres vivos non evolucionan guiados polo seu interese ou necesidades. Darwin explicou que foi o azar o que fixo que apareceran algunhas xirafas cun pescozo algo máis longo. E que a selección natural foi favorecendo a supervivencia de xirafas cada vez máis longas de pescozo. O que non está claro é que chegar ás follas altas fose a razón do seu éxito.

! A selección natural fai que sobrevivan os máis fortes e melloren así as especies?

Á

s veces os mellor adaptados son os máis fortes, pero outras veces poden ser os que máis corren, os que mellor se agochan ou, simplemente, os máis fértiles. Como a fortaleza física normalmente require consumir máis alimentos, pode ser incluso unha desvantaxe para a supervivencia en tempos de escaseza. A selección natural elixe as características dos que mellor sobreviven no seu entorno e ademais son quen de reproducirse e transmitir aos seus fillos esas características, sexan as que sexan.

! Se hai evolución, por que temos no corpo cousas que non necesitamos ou estorban? (Por exemplo, moas do xuízo, mamilas nos machos, etc.)

O

s seres vivos conservamos trazos dos nosos antepasados aínda que xa non cumpran ningunha función especial. A selección natural non elimina as características que non aportan nada, e iso proba que non hai un obxectico de mellorar ou perfeccionar as especies. Ás veces as características inútiles para nós foron útiles para os nosos devanceiros, outras veces son efectos secundarios doutros trazos imprescindibles. Tamén pode ser que Pelvis Fémur manteñan por puro azar, pois temos moitos trazos que Moitas serpes conservan estruturas non son resultado óseas vestixiais onde os seus antigos dunha adaptación. antecesores tiñan patas

s especies actuais son o resultado dun proceso de adaptación ás condicións de vida, que foron cambiando desde a orixe da Terra. Por exemplo, o clima cambiou moito desde a época dos dinosauros e seguirá cambiando. Xurdirán novas especies e outras extinguiranse. A evolución seguirá para todas as especies, incluída a nosa. Como a evolución é un proceso no que xogan un papel fundamental o azar e os sucesos inesperados, é imposible predicir como van ser os humanos do futuro ou cando nos extinguiremos.


! Que son os fósiles vivintes?

Experimento sobre a evolución

D

arwin descubriu que as especies evolucionan a distinta velocidade. Algunhas cambian en pouco tempo, pero hai outras especies que se manteñen case inalteradas durante moitos millóns de anos: son os chamados fósiles vivintes. Entre eles se atopan os crocodilos, o náutilo, o ginkgo ou o celacanto, un peixe que se cría extinguido desde hai máis de 65 millóns de anos, ata que en 1938 se capturou un exemplar vivo. Ese peixe era moi parecido aos fósiles dos seus devanceiros do Cretácico!

Intervalo de 5 xeracións durante o que non se realiza seleción

Número de quetas 56 52 48 44 40 36 32 28 24

O Nautilus é un representante vivo dun grupo de animais que apareceron hai uns 600 millóns de anos e apenas cambiaron

0

P

10

15

20

25

30

35

40

Esta gráfica ilustra como varía o número de quetas -pelos ríxidos- de sucesivas xeracións de moscas da froita, segundo o experimentador selecciona os individuos reprodutores.

! O de Darwin é unha teoría pero, na práctica, están seguros os científicos de que as especies evolucionan?

S

i. Os científicos atoparon evidencias da evolución nos fósiles e na comparación da anatomía e os xenes de diferentes especies. E por se aínda quedaran dúbidas, tamén foron quen de observar “en directo” a evolución en poboacións de bacterias, peixes ou insectos. Grazas as evidencias e as observacións directas, a evolución xa non se pode cuestionar: é un feito científico tan demostrado como a rotación da Terra ou a existencia dos átomos. Iso non quita que a teoría que explica a evolución se poida mellorar e ampliar.

! Para que serve a teoría da evolución? Bacteria Escherichia coli

! Como descubriu Darwin a evolución?

V

arios naturalistas xa defenderan a evolución antes que Darwin. Pero el foi o primeiro que soubo explicala. Na súa viaxe arredor do mundo recompilou moreas de exemplos de como a vida parecía adaptarse ao seu entorno. Esa experiencia, e a lectura do libro de Charles Lyell (“Principios de Xeoloxía”) fixeron que na súa volta a Inglaterra xa estivera convencido de que as especies cambian, pero non entendía o mecanismo destes cambios. Finalmente, conseguiu explicalo en 1838, cando deu coa idea da selección natural. Inspirouse nos agricultores que seleccionaban as mellores variedades, e tamén nas ideas do estudoso Thomas Malthus sobre a competencia polos recursos e a loita pola supervivencia.

45

Seleccionando os individuos con máis quetas Seleccionando os individuos con menos quetas

! Os microbios son os seres vivos máis sinxelos: son entón os que menos evolucionaron? ara dicir que unha especie evolucionou máis que outra hai que buscar un criterio obxectivo. Por exemplo, cal delas acumulou máis cambios na súa evolución desde o devanceiro común máis próximo a ambas as dúas especies? Considerando todas as especies, as que máis evolucionaron son precisamente algunhas das máis simples: as bacterias reprodúcense a gran velocidade, acumulando mutacións a un ritmo moito maior que os organismos máis complexos.

5

Xeracións de moscas

E

n primeiro lugar, sérvenos para entender a historia da vida no noso planeta. Tamén, para coñecer como cambian as especies en relación co seu medio natural. Algo moi importante, pois a conservación da biodiversidade é fundamental para a civilización humana. E ademais o coñecemento dos procesos evolutivos inspira aplicacións prácticas en sanidade pública (mellores vacinas), en investigacións policiais (cambios no ADN) e na optimización de deseños tecnolóxicos (pontes, redes de comunicación, programas informáticos).

Darwin investigou a variación das especies (en concreto as pombas) mediante selección artificial. A ilustración mostra o tipo orixinal -no centro- e diferentes variacións obtidas por selección dos reprodutores


! En qué se equivocou Darwin?

D

arwin descubriu o principal motor da evolución, a selección natural, aínda que non entendía de todo como funcionaba ese motor. Non soubo explicar tres cousas importantes: como aparecen novos trazos que diferencian uns individuos de outros, como se herdan os trazos favorecidos pola selección natural, e como se estenden por toda a poboación dunha especie. A teoría da evolución por selección natural estivo incompleta ata que, a mediados do século XX, as investigacións en xenética permitiron resolver esas dúbidas (e considerar novas preguntas).

! Puido crear Deus a vida por evolución?

N

on hai probas científicas de que haxa intervención divina na evolución… aínda que tampouco se pode demostrar o contrario. A ciencia non se ocupa deste tipo cuestións, só investiga feitos e procesos que se poden observar, medir ou recrear. As crenzas relixiosas quedan á marxe da investigación científica. Portada revista TIME

! Os humanos estamos cambiando o curso da evolución?

A

evolución é o resultado da adaptación ao medio natural. E como os humanos temos a capacidade de alterar o medio ambiente, non hai dúbida de que os humanos estamos condicionando a evolución de moitos organismos e provocando a extinción de especies. O impacto humano no noso entorno tamén cambiará a nosa propia evolución. Sen embargo, a tecnoloxía humana (roupas, vivenda, etc.) permite que nos adaptemos a algúns cambios sen modificar a nosa natureza.

! Hai razas humanas máis evolucionadas que outras?

E

n realidade hai tempo que se descubriu que non existen as razas humanas. As diferencias entre os distintos grupos étnicos non teñen relevancia biolóxica. Xenéticamente poden parecerse máis un negro e un branco, que dous negros ou dous brancos entre si. Todos os humanos estamos igual de evolucionados.

Aceptación da Teoría da Evolución Non están seguros

Este estudo, realizado en 2005, quixo ilustrar a aceptación pública da evolución en diferentes países

Falso

I Di slan na d m ia ar Su ca Fr ecia an Re X cia in ap o ón U N nid or o u Bé ega lx Es ica p Al añ em a a Pa ís I ña es ta Ba lia H Lu u ixos xe ng m rí bu a Ir rgo Es lan lo da Fi ven Re nla ia p. nd Ch ia Es eca Po ton rt ia ug M al al Re p. S ta Es uíz lo a v Po aca lo Au nia s Cr tria o Ru ac m ia an Gr ía Bu ec l g ia Li ari tu a a Le nia to Ch nia i EE pre . Tu UU rq . uí a

Verdadeiro

O dodó era un ave das illas Mauricio que o ser humano extinguiu a mediados do século XVII

! Todos os seres vivos veñen dun único antepasado?

A

ciencia ten evidencias de que todas as especies actuais teñen un devanceiro común: por exemplo, o feito de que todos os seres vivos da Terra temos o mesmo código xenético, ou que no interior das células de todos os organismos teñen lugar procesos que seguen as mesmas pautas bioquímicas. Ainda hai incógnitas sobre a orixe da vida, pero os datos a sitúan hai 3.500 millóns de anos. E segundo os coñecementos actuais, os primeiros organismos vivos puideron ser un tipo de bacterias moi simples.

! Despois de 150 anos, a teoría de Darwin quedou anticuada ante os novos avances científicos?

D

arwin demostrou que a evolución é un feito e descubriu que a selección natural é o principal motor da evolución. Esas son as súas dúas grandes aportacións científicas e hoxe en día están máis vixentes que nunca. Outras ideas da súa teoría foron melloradas e completadas grazas a novas investigacións. Tamén xurdiron novos datos que manteñen aberto o debate sobre algúns detalles, como sucede con todas as teorías científicas.


! Está prohibida a teoría da evolución nalgún país? ¿Tivo Darwin problemas de censura e incomprensión?

A

lgúns descubrimentos científicos provocan rexeitamento porque contradicen ideas ou intereses moi asentados. Iso sucedeu coa teoría da evolución. En moitos países, incluida España, prohibiuse o seu ensino durante décadas. Hoxe son menos, pero a

batalla continua en Estados Unidos, onde hai grupos antievolucionistas moi activos. De feito, unha nova película sobre Darwin atopou problemas para estrearse alí no 2009. Tamén no Ano Darwin, censurouse un artigo sobre a súa figura nunha revista científica de Turquía.

Portada censurada da revista turca “Ciencia e tecnoloxía” xunto á que finalmente chegou ao público

Diferentes debuxantes ironizaron sobre as ideas de Darwin reflectindo o rexeitamento social que causaban

Museos Científicos Coruñeses

Charles Darwin

(12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882)

C

onsidérase que é un dos científicos máis relevantes da historia. Manifestou unha vocación temperá pola ciencia natural, na que, ademais de importantes contribucións, provocou unha revolución. Hoxe considérase que a evolución da vida e do ser humano é un feito científico, e que o seu principal mecanismo é a selección natural.

! A viaxe do Beagle O suceso máis fundamental na vida de Charles Darwin foi a súa viaxe a bordo do Beagle, unha travesía marítima na que

Darwin embarcou con 22 anos no HMS Beagle, para realizar unha viaxe ao redor do mundo que se prolongou desde 1831 ata 1836

Museos aCientíficos Coruñeses natureza (plantas, animais salvaxes durante cinco anos estudou e domésticos, fósiles, etc) de moi diferentes lugares do mundo. As experiencias, estudos, lecturas e reflexións coas que desembarcou situárono no camiño que o levaría anos despois a propor as súas ideas sobre a evolución.

! A orixe das especies

Darwin logo de finalizar a súa volta a bordo do Beagle

Esta era a súa aparencia cando publicou “A orixe das especies por selección natural”

Nos derradeiros anos da súa vida

Tras 23 anos de reflexións, experimentos e outros traballos Darwin fixo públicas as súas ideas no libro “A orixe das especies por selección natural”. O principal motivo que impulsou esta edición foi a recepción dunha carta dun naturalista, chamado Científicos Coruñeses Alfred Wallace, na Museos que lle presentaba unhas ideas sobre a evolución da vida que eran similares ás súas. O temor á reación que a súa proposta podía provocar aconselloulle realizar no escrito unha mínima alusión ao ser humano, pero a polémica social que causou a súa teoría deulle o protagonismo a este tema. Moitos entenderon que as súas palabras contradicían as da Biblia e a orixe divina do ser humano.

Museos Científicos Coruñeses

DESEÑO E MAQUETACIÓN

O CTO P UBLICACIONES

Evolución (galego)  

http://www.casaciencias.org/docs/mc2-evolucion-gl.pdf

Evolución (galego)  

http://www.casaciencias.org/docs/mc2-evolucion-gl.pdf

Advertisement