Page 1

Xaneiro – Marzo de 2009

Nº 1

foi imprescindible, xa que eles mercáronlles os 1/ En portada accesorios necesarios para o seu disfraz. 2/ Entroido Todos gozamos do desfile 4/ Disque din... coa compañía das nosas nais, pais e avós. Segundo 6/ Día da Paz eles, os máis simpáticos 7/ Saídas foron os rapaces e rapazas 9/ Rato Pérez de Educación Infantil. Ó rematar o desfile, todos 10/ A enquisa puidemos gozar dun 11/ A Entrevista delicioso aperitivo, con biscoitos, tortas, orellas, 12/ Aniversario lambetadas, etc... Mentres enchíamos o noso Este primeiro estómago de doces, varios número da revista nenos e nenas aproveitaron do noso colexio ven para sacar fotografías cos cargadiño de seus pais e falar dos plans novidades. para as vacacións de Queremos Entroido, xa que o tempo ía aproveitar para agradecerlle ós a ser bo. Todos os alumnos e alumnas nosos voceiros/as o seu excelente frotábamonos as mans para traballo neste reunirnos o luns en Queen, primeiro número. e disfrutar do Entroido 2009.

Sumario

ENTROIDO 2009 Este Entroido 2009 os rapaces e rapazas do colexio de Atín foron disfrazados de personaxes de contos infantís. Coma todos os anos, todos os rapaces e rapazas presumiron do seu disfraz cun desfile, que puido ser realizado na pista de baloncesto, porque ía unha mañá moi soleada. A maioría dos traxes eran feitos na casa, a axuda dos pais e nais

¡Non volas perdades!

Por Betty de 6º e Alba de 3º


As festas

A voz de atín

Arriba á esquerda temos a clase de tres anos que foron disfrazados do Soldadito de Chumbo: as nenas de bailarinas e os nenos de soldadiños, ¡Estaban moi guapos! Arriba á dereita temos a clase de catro anos que ían disfrazados de Picapedra: as nenas de Betty e de Vilma. A maioría dos rapaces eran Pedro. Os seus disfraces estaban feitos de plástico, ¡Son unha clase moi reciclable!

Arriba temos as clases de cinco anos de infantil e de primeiro de primaria. A clase de infantil foron de Peter Pan: as nenas de Campanilla e os nenos de Peter Pan. Todos moi alegres... ¡Pero era moito verde! Os de primeiro foron de Brancaneves: Naiara era a protagonista e os seis ananos, ¡Un debéuselle perder polo camiño!

Os de segundo ían de Pocahontas: as nenas de Pocahontas e os nenos… non sei, pero paréceme que de “Pocohontos”.

2

Por Elvira de 6º


As festas

Os da clase de terceiro foron os máis graciosos. As nenas ían de lobos e os nenos de Caperuchiña.

A voz de atín

Aquí vemos os de cuarto. Ó principio ó ver que a maioría levaba cartas de corazóns, rombos e picas, non sabía de que conto ían… ó final averigüei que o seu conto era o de Alicia no país das marabillas.

Á esquerda vemos ós de quinto que ían de Sandokán, ¡Todos de piratas! Aínda que agora que me fixo ben nesta foto colouse un porquiño… a ver se ti sabes quen é.

Os nenos e nenas de sexto ían vestidos estilo Lucky Luke. Divertíronse moito disparando as súas pistolas de “martinicas"

3

Por Elvira de 6º


O meco deste ano é un boneco de neve que fixeron os nenos e nenas de 2º. O día que lle fixeron a fotografía había que levar lazos ou pinzas na cabeza ou na roupa, tamén había que levar a roupa do revés,... ¿gracioso verdade?

Este neno chámase Adrián, ten 3 anos e cumpriu todas as normas do meco. A nena que está con el chámase Celia. El di que é a súa moza pero ela cre que é un pesado.

¿Estarán namorados?

Os nenos de segundo trouxeron todo o que mandou o meco. Están moi graciosos coa gorra, as antenas, a perruca, o mandil e a roupa interior por fora.

4

Por Alexis de 6º, Alex Davila 5º e Alex Gándara 4º


En quinto non todos cumpriron as ordes do meco. Por este ano perdoámosllo, sobre todo a Roberto que case non se mira.

En primeiro ían todos moi guapos cos seus delantais listos para empezar a cociñar.

Paula, ¿Que é o que levas na cabeza?

Aquí temos os mestres que están representando o conto titulado “A

toupiña que non sabía quen lle fixera aquilo na cabeza”. A profe

Paula é a toupiña e leva unha cousa cheirenta na cabeza... Nos preguntámonos... a caca que leva a profe Paula, ¿será de verdade?

5

Por Alexis de 6º, Alex Davila 5º e Alex Gándara 4º


A voz de atín

O día 31 de Xaneiro todos os nenos e nenas do colexio pintamos unha bandeira e pegámolas todas nun mural no que se podía ler a palabra PAZ. Despois algúns alumnos e alumnas de primaria dixeron unhas frases de paz, por exemplo, os nenos de 4 anos leron esta frase “Hai paz cando compartimos o que temos”; os de 5 anos dixeron: “A paz é compartir un mundo sen guerras” e así todos os cursos foron dicindo as súas frases de PAZ. Máis tarde os de sexto fixeron a representación dun conto que trataba duns animais que quería coller a pomba da Paz. E ó final todas as clases desexaron algo fermoso.

“Este mundo precisa de amor para que as persoas se queiran mellor. Non guerras, non pelexas, sempre paz para o planeta” Andrea L. de 4º

“Este mundo precisa de paz, alegría e bondade, este mundo precisa máis paz e felicidade”

“Este mundo precisa un pouco de amor, todos temos que quitar señores un pouquiño de rencor” Andrea N. de 4º

Lucía de 4º

6

Por Digna de 6º e Lucía de 5º


O mércores catro de marzo os nenos e nenas de infantil foron de excursión á panaderia Cruceiro que está en Redondela. Como podemos observar na imaxe da esquerda o panadeiro estáballes a ensinar como facer o pan.

Na imaxe que temos á dereita os nenos e nenas de educación infantil estaban a facer a masa do pan. Facíanno moi ben aínda que estaban un pouco manchados de fariña.

Aquí ó lado vemos a … e … amasando cuidadosamente,… ¡Quen puidera probar estes pasteis!

7

Por María Pérez de 6º e Inés de 5º


SAÍDAS

A voz de atín

“Pareceume inxusto que prederamos tan pronto porque estudamos moito, pero estamos moi contentos por ter participado” María, 6º

Aquí temos o equipo que participo no concurso

O martes tres de febreiro, os alumnos/as de terceiro ciclo, fomos visitar a emisora de Radio Voz, situada cerca do Porto de Vigo, para participar nun concurso denominado “Ecopreguntoiro”. Para poder gañar ese concurso as alumnas de 6º: María, Betty, Digna e Elvira e máis o suplente Alexandro, estivemos estudiando algunhas das preguntas que críamos nos ían a preguntar. Despois de ensinarnos todas as instalacións da emisora puidemos participar nun programa de tertulia onde nos fixeron unha serie de preguntas, en directo, sobre o noso colexio. Nós respondemos encantados xa que a maioría dos nosos pais nos estaban escoitando a emisora “Radio Vigo”. Intres despois fixemos un descanso nun parque para almorzar.

Cando rematamos fixemos unhas fotos e voltamos cara a Radio Voz. Alí preparámonos para comezar o “Ecopreguntoiro 2009”. Cuns cascos escoitábamos a voz do presentador e do noso contrincante: O Colexio Carballedo de Cotobade (Pontevedra). O concurso consistía en dez preguntas, algunhas delas eran SOGAMA (valían 2 puntos). A pesar de que ó principio contestamos moi ben as preguntas que nos fixeron, faiamos nunha pregunta que valía dobre e eso fixo que Cotobade fose o equipo gañador desta primeira eliminatoria. A pesar de todo sentímonos orgullosos de ternos esforzado por conseguir a victoria e de visitar as instalacións de Radio Voz. Esperemos que en próximas edicións sigan participando os alumnos e alumnas de sexto e que eles teñan máis sorte da que tivemos nós.

“Gustáronme moito as instalacións de Radio Voz” Emilio, 6º

“A visita foi moi divertida, esperamos gañar a próxima vez” Olga, 6º

8

Por Betty de 6º e Alba de 3º


O RATO PÉREZ

A voz de atín

Durante este curso no noso colexio houbo varias nenas e nenos os que lle caeron os dentes, por iso os redactores desta revista decidimos crear esta sección adicada a eles.

De esquerda a dereita temos a: Ariadna, Laura, Ahinoa, Jessica, Carolina, Adrián, Noa e Marisol.

Erea de 3 anos declarou que:

Ainhoa opina sobre o Rato Pérez:

“Cando tiña tres anos caeume un dente e o rato tróuxome un puzzle” “O Rato Pérez trae cousas e o dente lévallo a outros nenos que non teñen dentes” Simón de 4 anos pensa que:

“O Rato Pérez é un rato que quere comer queixo” Joan 5 anos cre que:

“O Rato Pérez é un rato que trae xoguetes”

Jose Antonio de 4 anos admitiu:

“Non sei quen é o Rato Pérez”

9

“O día que deixei un dente debaixo da almofada tiven que durmir na cama da miña avoa porque non quería que o rato caese polas escaleiras”

¿Quen é o Rato Pérez?

“O rato colle os dentes dos nenos para pegalos na súa dentadura” Mario de 5 anos contounos do Rato Pérez:

“Cando me caue un dente púxeno nunha bolsa e mentino debaixo da almofada. Estiven esperto toda a noite e cando chegou rato pechei os ollos porque tiña medo, pero vin un pouquiño e creo que era azul.” “O Rato Pérez é bo porque me deixou unha tartaruga Ninlla vermella, que era o que eu quería”

Por Digna de 6º e Lucía de 5º


A enquisa

A voz de atín perruqueira

veterinario mestre

policía

oficinista

¿Que queres ser de maior? 11 10 9

Nº de alumnos/as

8 7 6

Serie1 nenos nenas Serie2

5 4 3 2 1 0 perruqueira 1

veterinario/a 2

policía 3

mestre/a 4

cantante 5

médico/a 6

oficinista 7

futbolista 8

electricista 9

outras 10

PROFESIÓNS

Este ano preguntamos aos nenos e nenas de primaria que querían ser de maiores, e resultou que o traballo preferido polas nenas foi o de perruqueiras e o dos nenos policías. Na enquisa tamén mencionaron algunhas profesións curiosas como a de Rafael de 3º que quere ser Inventor (para poder fabricar cousas) e a de Betty de 6º que quere ser pianista (porque lle encanta tocar o piano). Guillermo de 2º quere ser astronauta para pode ir a

10

lúa e Digna de 6º quere Sergio 6º: “De maior quero ser xogadora de ser electricista porque me baloncesto profesional. Pero tal vez a resposta máis curiosa sexa a de Antonio David de 2º que non é que queira ser piloto de fórmula un, senón que quere ser Fernando Alonso. ¡Boa profesión!

gusta fozar nos cables”

Álex 5º: “Quero ser policía porque así pódome enfrontar ós ladróns, asistir a incendios e rescatar á xente” Roberto 5º: “Gustaríame ser bombeiro porque é un traballo perigoso e a min gústame o perigo”

Alexander 4º: “De maior quero ser paleontólogo porque me gustaría descubrir especies novas de dinosauros”

Andrea 5º: “Quero ser perruqueira porque me gusta peitear á xente”

Por María de 6º e Laura de 5º


A ENTREVISTA

A voz de atín

1.- Sra. Alcaldesa, ¿onde naceu?, ¿a que parroquia pertence? Nacín en Vigo, pero os meus avós son de Mos e crieime nos dous concellos. Dende moi pequena pasaba as fins de semana e as vacacións de verán en Mos, na casa dos meus avós, ata fai aproximadamente 10 anos, cando me trasladei definitivamente a vivir aquí. 2.- ¿En que colexio estudiou? ¿Que recorda con máis agarimo da etapa escolar? Estudiei en Vigo, nun colexio que se chama Amor de Dios e que se atopa na Avenida de Europa, moi preto da praia de Samil. As lembranzas máis doces da etapa escolar son as dos xogos durante os recreos e o ben que o pasabamos nas festas de fin de curso. 3.- Logo de acabar os estudios, ¿como dirixiu a súa vida profesional? Dende que acabei a miña carreira de Químicas, que estudiei no Cuvi (Complexo Universitario de Vigo), sempre estiven vinculada á política. Comecei con 24 anos coma concelleira de Servicios Sociais e Medio Ambiente en Mos, logo pasei a ser deputada pola provincia de Pontevedra e, dende fai xa case tres meses, son alcaldesa de Mos.

6.- O acceder ó cargo de alcaldesa ¿supuxo moitos cambios na súa vida persoal? Traballo moito e iso supón sacrificar en parte á miña familia, xa que paso menos tempo con eles. O posto de alcaldesa implica moitas horas de dedicación ó Concello, pero o esforzo vese compensado con creces e son moitas tamén as satisfaccións que reporta. Para min é algo moi importante o poder chegar a mellorar a calidade de vida dos meus veciños e do meu pobo. Este cargo é un dos principias retos da miña vida, por iso facer unha boa xestión do Concello é fundamental para min. 7.- ¿Cal e o proxecto máis importante que se vai a levar a cabo en Mos? Hai dous grandes proxectos: o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) e dotar ó Concello dunha identidade consolidada. A prioridade do meu equipo de goberno é a atención ó veciño, que se lle resolvan os problemas coa maior brevidade posible.

8.- E xa falando do noso cole ¿cales son as actuacións que teñen previsto para mellorar as súas faltas? Levaremos a cabo unha reparación xeral do sistema eléctrico para solucionar os problemas de falla de potencia e do alumeado interior e exterior. Melloraremos a iluminación do aparcadoiro e estamos a 4.- ¿Por que decidiu dedicarse á política? Porque o meu avó materno foi concelleiro de Educación revisar tamén as tuberías do colexio e o durante moitos anos e decidín seguir os seus pasos. sistema de calefacción. Gustábame o que facía e quixen traballar eu tamén a prol Ademais vaise reparar todo o alicatado dos do municipio de Mos, en beneficio de tódolos seus veciños azulexos que están a caer, faremos unha pequena adaptación nunha aula de e veciñas. educación infantil e unha reforma nos 5.- ¿Que e o que máis lle gusta de Mos? baños; e vaise colocar un sistema de barras O Castro de Herville e o Pazo dos Marqueses. A meirande para aparcar os quads e as bicis. parte dos meus recordos da infancia son ó redor do pazo. Cando era nena, eu e máis as miñas amigas reuniámonos 9.- ¿Teñen previsto construír unha pista polas tardes, durante o verán e as tardes das fins de semana o de educación viaria para substituír á que resto do ano, para xogar en torno ó cruceiro. Xa de mozas tiñamos antes e que foi destruída para aparcabamos as nosas Vespino, coas que conduciamos levantar o pavillón? tardes enteiras polas corredoiras de Mos, xunto a ese mesmo Estamos estudiando esta posibilidade e sopesando as opcións das que disporiamos cruceiro e falabamos ata o anoitecer. en caso de poder levala a cabo.

11


aniversario

12

A voz de atĂ­n

A voz de Atín n.1  

Revista escolar do alumnado do CEIP de Atín - Cela (Mos, Pontevedra)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you