Issuu on Google+


Nocións básicas de informática.

ÍNDICE.

CARMEN MARÍA POSE VERES 4º A

o Sistemas operativos, funcións, exemplos. o Software e hardware. Exemplos. o Periféricos de entrada e de saída. o Virus informáticos. Antivirus. o Redes informáticas. Tipos de redes. o Internet. o Principias técnicas de fraude en Internet. o Navegadores. o Utilización das comunidades virtuais. Mundos virtuais, foros, bitácoras, wikis, redes sociais…

SISTEMAS OPERATIVOS, FUNCIÓNS, EXEMPLOS. - Páx 2 -


Nocións básicas de informática.

U

n sistema operativo pódese definir como un sistema que ofrece unha distribución ordenada e controlada dos procesadores, permitindo que o usuario poida executar programas de maneira conveniente nun ordenador. Aínda que consta de múltiples funcións, é importante plasmar as seguintes: -Realiza o interface sistema-usuario. -Permite aos usuarios compartir os seus datos entre eles. -Prevén que as actividades dun usuario non interfiran nas dos demais usuarios. -Recupérase de erros. -Indícalle á computadora a maneira de utilizar outros programas de software e administrar todo o hardware, tanto o interno como o externo, que está instalado na computadora.

Contamos con varios tipos de sistemas operativos como:

WINDOWS MAC

SYMBIAN LINUX

SOFTWARE E HARDWARE. EXEMPLOS. - Páx 3 -


Nocións básicas de informática.

Software.

S

oftware é todo o conxunto de datos e programas dun ordenador. Permite que un ordenador poida realizar funcións intelixentes. Son clasificados en tres tipos segundo as tarefas que executen: 1. Software de Sistema. 2. Software de Aplicación. 3. Software de Programación.

1.SOFTWARE DE SISTEMA. Chámaselle ao conxunto de programas que serven para interactuar co sistema, conferindo control sobre o hardware, ademais de dar soporte a outros programas. A un tempo tamén se divide en tres tipos:

  

Sistema Operativo. Controladores de Dispositivos. Programas Utilitarios.

2.SOFTWARE DE APLICACIÓN. É aquel que fai que o computador coopere co usuario na realización de tarefas tipicamente humanas. Por exemplo:

   

Procesadores de texto. (Bloc de notas) Editores. (PhotoShop, para deseño gráfico) Follas de cálculo. (Excel) Programas de comunicacións. (Messenger)

3.SOFTWARE DE PROGRAMACIÓN. O conxunto de ferramentas que lle permiten ao programador desenvolver programas informáticos, empregando diferentes alternativas e linguaxes de programación, de maneira práctica.

Hardware. - Páx 4 -


Nocións básicas de informática.

H

ardware é o conxunto dos compoñentes que forman a parte material (física) dunha computadora. Por exemplo:

  

Disco duro. Circuítos, cables. Scanners , impresoras.

PERIFÉRICOS DE ENTRADA E DE SAÍDA. Os periféricos de entrada e de saída axudan a introducirlle á computadora datos para que nos axude a resolvelos, é dicir; estes dispositivos axúdannos a comunicarnos coa computadora, para que esta a súa vez nos axude a resolver os problemas que teñamos e realice as operacións que nós non podemos realizar manualmente. Por exemplo:

    

Teclado. Mouse. (Rato) Micrófono. Scanner. Cámaras.

VIRUS INFORMÁTICOS. ANTIVIRUS.

U

n virus informático é un programa que ten por obxectivo alterar o normal funcionamento da computadora, sen o permiso ou o coñecemento do usuario.

Para evitar este suceso que pode danar o ordenador, existen varios antivirus que evitan a súa entrada:

   

Avast. Panda. Norton. AVG.

- Páx 5 -


Nocións básicas de informática.

REDES INFORMÁTICAS.TIPOS DE REDES.

U

nha rede informática é o conxunto de equipos informáticos conectados entre si por medio de dispositivos físicos que envían e reciben datos, coa finalidade de compartir información.

Tipos de redes informáticas.  

Por alcance. Por tipo de conexión.

        

Medios guiados. Medios non guiados.

Por relación funcional. Por tecnoloxía. Por topoloxía. Pola direcionalidade de datos. Polo grao de autentificación. Polo grao de difusión. Polo servicio ou función.

INTERNET. Internet é un conxunto de redes, redes de ordenadores e equipos fisicamente unidos mediante cables que conectan puntos de todo o mundo.

PRINCIPAIS TÉCNICAS DE FRAUDE EN INTERNET. Correos spam. - Páx 6 -


Nocións básicas de informática. Serven para invadir as bandexas de entrada dos nosos correos. Hai que recordar que o seu envío é ilegal e que existe un porcentaxe de receptores que, a consecuencia, adquire productos innecesarios, de baixa ou nula calidade.

Compras on-line. Unha das técnicas máis usuais é a da presentación de facturas falsas ou requerimentos de pago que conducen as súas víctimas a páxinas onde se lles solicitarán datos de acceso, bancarios ou persoais.

Regalos e ofertas inexistentes. Ofrécenlle descontos na compra ou un apetecible premio. Para conseguilo, piden que se cubra un formulario ou incluso pagar unha determinada cantidade. Tamén se empregan xogos nos laterais das páxinas que se visitan, como adiviñar un cantante, un país ou atinar nalgunha diana, saír dun labirinto…

NAVEGADORES. É unha aplicación que opera a través de Internet, interpretando a información de arquivos e sitios web. Hai varios tipos:

Mozilla Firefox

Internet explorer

Safari

- Páx 7 -

Google Chrome


Nocións básicas de informática.

UTILIZACIÓN DAS COMUNIDADES VIRTUAIS. MUNDOS VIRTUAIS, FOROS, BITÁCORAS, WIKIS, REDES SOCIAIS… Un foro é unha aplicación web que permite expresar opinións en liña, permitindo ao usuario poder expresar a súa idea ou comentario respecto ao tema tratado. Unha

bitácora

é

un

sitio

web

periodicamente

actualizado

que

recompila

cronoloxicamente textos ou artigos. As redes sociais son estructuras compostas de grupos de persoas, as cales están conectadas por un ou varios tipos de relacións, tales como amizade, parentesco, e poden falar entre si.

- Páx 8 -


Nocións Básicas de Informática