Page 1

EL CABLE nº45

C

urso 2013/24

1,2,3,4,5,6... Canta xente sae este ano no periódico!!!!!!!

A min gústanme moito as adiviñas!

A quen entrevistarán este ano? Revista Escolar do alumnado de La Milagrosa Depósito Legal LU - 700 - 1983


Celebraci贸n de Nadal Curso 2013 - 2014

2


CONTIDOS Páxina 2

Nadal e María Milagrosa.

Páxina 3

Contidos.

Páxina 4 e 5

XMV

Páxina 6

Xosé María Díaz Castro

Páxina 7

Visita a Gadis

Páxina 8 e 9

Traditional Bonfires

Páxina 10

Brochetas en 4º de infantíl

Páxina 11

Día do libro en 5º de infantíl

Páxina 12 e 13

Os pequenos fanse maiores...

Páxina 14 e 15

Entrevista con D. Miguel

Páxina 16

Receitas de cociña.

Páxina 17 - 21

Algo de nós...

Páxina 22

Chistes, adiviñas e trabalinguas

Páxina 23

Contacontos

Páxina 24

Pasatempos

Páxina 25

Tamén foi noticia!

Páxina 26

Recordo dos meus amigos..

Páxina 27

Festival das Letras Galegas e celebración de maio

Páxina 28

Curso 2013 - 2014

Cómo éramos e como somos!

3


JMV Este ano en JMV fomos máis que nunca, e pasamos momentos inesquecibles. Grazas a todos por facer posible que todas as actividades fosen marabillosas. Lembramos algunhas... O día 16 de novembro os nenos de JMV fumos de convencia a Marín. O que máis nos gustou foi que xogamos, divertímonos e coñecemos moita xente de Marín, Ribadeo, Vigo, etc Convivencia en Marín Cando chegamos vimos a obra de teatro "El Principito", despois tomamos unha palmera solidaria ummmmm!. Despois de xantar estivemos con todos os personaxes da obra de teatro aprendendo moitas cousas, entre elas que non se debe ser groseiro.

Convivencia Marín 2013

Ao remate do día bailamos todo o grupo de JMV Galicia. Despois volvimos no autobús e... pasámolo xenial!!! Uxía Ojea Tallón

Sembradores de estrelas Para min sembradores é un día no que só ves sorrisos. Fumos polas rúas poñéndolles adhesivos de estrelas e ledicia á xente. Paramos a facer o mesmo no comedor das monxas, pero tamén lles cantamos a canción de sembradores que practicaramos. Ese non foi un día calquera, foi o día no que uns nenos trouxemos a ledicia a Lugo. Porque, en J.M.V sempre logramos un Raquel Cando Santos

sorriso, un xesto amable e amor. .

Curso 2013 - 2014

4


Marcha Mariana Marchamos moi cedo de Lugo ata chegar á Illa de Arousa, alí os nosos catequistas déronnos unhas pulseiras de distintas cores, dependendo da cor que fora a pulseira iamos en distintos grupos: (azul, dourado e lila) Repartímonos nos grupos donde o noso primeiro traballo foi representar un día de Pentecostés.

Marcos Fontenlos Ferreiro

Despois fomos ó porto, ata a imaxe da Virxe do Carme e cantámoslle unha Salve Mariñeira. Logo celebramos misa no campo e comemos. Por último, fomos ó porto e subimos en catamarán, con degustación de refrescos e mexillóns. Finalmente volvemos a Lugo. Foi un día estupendo.

Queremos recordar que este ano nos deixou Sor Celestina Antón Calzadilla,, unha das irmás que tanto ben fixo polo noso colexio e tamén pola xente que o rodea. Agradecerlle unha vez máis a súa labor polo seus iguais, Toda unha vida entregada polos máis necesitados tanto en España como no extranxeiro. Eu son a resurección, o que crea en min, inda que morra, vivirá; E todo aquel que vive e cre en min, non morrerá xamais. Jn 11, 15-26.

D.E.P Curso 2013 - 2014

5


Gisela González López

Curso 2013 - 2014

Jacobo Fariñas Varela

6


David Abuín Fernández

Carlota Rey Cancio

Noa Abel Sánchez

Ana Isabel Pena Rivas

Curso 2013 - 2014

7


Traditional Bonfires Guy Fawkes Night, originates from the Gunpowder Plot of 1605, a conspiracy by a group of English Catholics to assassinate the Protestant King James I of England and replace him with a Catholic king. Guy Fawkes was caught and executed and the King allowed the people to celebrate he was alive with bonfires. Nowadays on 5th November in the UK, people celebrate Bonfire Night. They make a bonfire and a guy to put on top of the bonfire. When it麓s dark people they stand near the bonfire and watch fireworks. They eat hot dogs and baked potatoes.

Ilustraci贸ns: Raquel Cando Santos

Curso 2013 - 2014

8


A noite de San Xoán (23 de xuño) é unha festa moi importante de Galicia. Celébrase en case todas as cidades , vilas e aldeas galegas facendo cacharelas ou lumeiradas. A xente reúnese para comer sardiñas á brasa, beber, cantar e bailar ao redor da fogueira. Cando xa está practicamente consumida a tradición di que hai que saltar por riba dela. O número de saltos varía segundo os costumes locais: adoita facerse como mínimo tres veces pero, en calquera cso, debe ser sempre un número impar. Hai diferentes versións do que se canta ao saltar, pero entre as cantigas que máis se escoitan esa noite está a seguinte:

Salto por riba do lume de San Xoán, para que non me morda cadela nin can nin bicho viviente que ande polo chan.

Curso 2013 - 2014

Moitos ritos de carácter máximo ou superticioso asócianse a esta tradición: saltar al fogueiras, pór un ramo de herbas de San Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc. Na Coruña fanse as tradicionais fogueiras nas praias do Orzán e Riazor, sendo esta a festa máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de San Xoán na Coruña foi declarada festa de Interese Turístico Nacional.

9


O 5 de novembro, os nenos e nenas de 4ยบ de Infantil fixeron unhas brochetas para estudar os froitos do outono.

Colorea as que mรกis che gustaron!!!

Curso 2013 - 2014

10


Curso 2013 - 2014

11


Os peques fanse maiores.... asĂ­ se ven eles pasando xa ĂĄ primaria

Curso 2013 - 2014

12


MOITA SORTE Curso 2013 - 2014

13


Entrevista con ... Don Miguel Entrevistamos a Don Miguel, párroco da igrexa de San Froilán; que colabora co colexio na maioría das celebracións que temos no centro. * Reporteiros: - Custoulle moito a decisión de ser sacerdote? Cantos anos tiña cando tomou esa decisión? * Don Miguel: - Non me custou moito. Con 17 anos. *R: - Cando lles dixo aos seus pais que quería ser sacerdote, como o tomaron eles? *Don Miguel: -Cando o dixen encantoulles a idea. *R:Que lle gusta facer no seu tempo libre? * Don Miguel: -Pois gústame ir para a aldea, pasear e axudar nas tarefas do campo e da casa e no inverno ás veces ir á costa. * R:- Xa o vimos algunha vez cunha tablet. Para que a emprega? * Don Miguel: - Para dúas cousas ou tres; para rezar, para traballar e para entretemento. * R: Se puidera escoller unha parroquia de España. Cal escollería? * Don Miguel: Na que estou agora mesmo. Jejejeje * R: - Que opina do Papa Francisco? * Don Miguel: -Que está traendo un aire novo á igrexa e gústame especialmente a súa aposta pola austeridade e a sinxeleza. * R: - Gustaríalle ser Papa algún día. Por que? * Don Miguel: -Non me gustaría ser Papa nunca. É moi difícil. Porque hai que ser moi santo. * R: -De pequeno foi a un colexio como este ou a un que non era tan relixioso? * Don Miguel: Eu fun a dous colexios, a un público e a un relixioso, que era o Seminario. * R: - Algunha historia no Seminario? * Don Miguel: -Foi unha etapa moi bonita, porque coñecín moita xente doutros lugares, puiden viaxar moito e, sobre todo, o encontro con Deus dunha forma nova. * R: -Que lle gustaría ser se non fose sacerdote? * R: -Ser sacerdote non é unha profesión, é unha vocación . Gustaríame ser veterinario ou enxeñeiro de montes.

Curso 2013 - 2014

14


PARA SABER MÁIS: COR: O azul mariño. COMIDA: Todas menos os tomates. MÚSICA: Gústame Mecano. LIBRO: "Lumen Fidei" la enciclopedia del Papa Francisco, e para desestresarme leo "Memorias del marqués de Sotoancho" de Alfonso Ussía. PELÍCULA: "El Papa de la paz" que é a vida do Papa Juan XXIII. PROGRAMA DE TELEVISIÓN: "Así se hace" de Discovery Max.

María Fernández, Helena Medina, Miguel Carlos Rodríguez e Brais Botana.

Moitas grazas!!

Curso 2013 - 2014

15


RECETAS

Curso 2013 - 2014

CREATIVAS

16


´ ALGO DE NOS

Erick

Violeta

Selene

Naím

Eva

Esther

Valeria

Alba

Curso 2013 - 2014

Alejandro

César

Lucía

Jacobo

Rubén

Luis

Omaima

Nahikari

Nicolás

Andrés

Celia

Gisela

Duán 17


De maior gustaríame ser profesora de Karate porque é moi divertido. O que máis me gusta son os compañeiros porque sempre che axudan, o que menos as escaleiras. Cambiaría as escaleiras, poñería ascensores para nenos. Unha cousa que ninguén sabe é que pola mañá me levanto con pelos de león. O día que pasei máis vergoña foi cando me pillaron lendo ata a unha da mañá. Se puidera cambiar algo de min sería, que non me esforzo demasiado por conseguir as cousas.

De maior gustaríame ser astrónomo porque é moi emocionante e gústame moito a astronomía. O que máis me gustou foi estar cos meus amigos, pásoo moi ben con eles, o que menos as escaleiras. Do colexio cambiaría que houbera un patio para facer o recreo fóra. Unha cousa que ninguén sabe é que ás veces fago bocadillos cando teño fame sin que ninguén o saiba. Se puidera cambiar algo de min sería conseguir non ser tan orgulloso.

De maior gustaríame ser astronauta porque me gusta o espazo. O que máis me gustou foi coñecer novas culturas e amigos, o que menos os pupitres porque son pequenos. Do colexio cambiaría ter un patio para poder xogar ao fútbol. Unha cousa que ninguén sabe é que cando quedo só na casa empáchome a comida e como nocilla. O día que pasei máis vergoña foi cando actuei por vez primeira no teatro. Se puidera cambiar algo de min sería a miña risa contaxiosa.

De maior gustaríame ser mestre ou futbolista. Do cole cambiaría ter un patio para xogar ao fútbol. Unha cousa que ninguén sabe é que cando miña nai compra comida rica cómoa ás agachadas, e tamén, a veces que quedo castigado, xogo sen que me vexan. O día que pasei máis vergoña foi cando miña nai me pillou xogando.

De maior gustaríame ser veterinario, porque me gustan moito os animais. O que máis me gusta son os amigos, o que menos non ter un patio propio para xogar. Cambiaría o pompón porque nos lesionamos facilmente. O día que pasei máis vergoña foi na miña primeira obra de teatro. Se puidera cambiar algo de min sería a actitude.

De maior gustaríame ser enxeñeiro en telecomunicacións porque miña prima ensinoume algúns libros e gustáronme, e tamén porque se gaña moito diñeiro. O que máis me gusta é a asignatura de coñecemento porque me encanta a historia, o que menos lingua porque me parece pouco interesante inda que ensine moito. Cambiaría case todo menos as excursións, coñecemento, a igrexa, JMV e as cousas máis importantes. O día que pasei máis vergoña foi cando en 5º lemos unha cousa sobre San Nicolás. Curso 2013 - 2014

18


De maior gustaríame ser enfermeira, cuidar da xente e axudala. O que máis me gustou son as excursións e os compañeiros e o que menos que nos castiguen e as escaleiras. Cambiaría as escaleiras porque chego cansada á clase. Unha cousa que ninguén sabe é que ás veces sen que me vexan como chocolate da neveira. O día que pasei máis vergoña foi un día que estaba falando cunha compañeira esvarei e caín polas escaleiras. Se puidera cambiar algo de min sería o meu carácter, porque ás veces é algo forte e enfádome coas miñas compañeiras.

De maior gustaríame ser paleontólogo porque me gusta a investigación. O que máis me gusta son os compañeiros porque son moi bos amigos, o que menos cando nos castigan. Cambiaría as escaleiras porque cansan bastante. Unha cousa que ninguén sabe é que ás veces tiro cousas á casa abandoada que hai ao carón. O día que pasei máis vergoña foi cando tiven que actuar. Se puidera cambiar algo de min sería non rirme tanto na clase.

De maior gustaríame ser profesora para ensinarlles cousas aos nenos e divertirme con eles. O que máis me gusta son as mates porque son divertidas e dánseme moi ben, o que menos cando chove que non collemos no salón. Cambiaría as escaleiras por unhas mecánicas. Unha cousa que ninguén sabe é que tiven cinco patos e deume moita pena cando morreron. O día que pasei máis vergoña foi cando iba vestida cun disfrace e me viron uns amigos. Se puidera cambiar algo de min sería os meus gustos pola comida, xa que son moi exclusivos.

De maior gustaríame ser bailarina profesional de ballet porque é o meu soño dende pequeniña, pero creo que serei abogada ou non sei... teño moito futuro. O que máis me gustou foron as saídas porque podes descubrir sitios novos, o que menos as escaleiras e os deberes. Cambiaría os deberes e ter que levar mandilón. Unha cousa que ninguén sabe é que unha vez con catro anos caín da cama, fun para a habitación dos meus pais e durmin na súa cama toda estirada. O día que pasei máis vergoña foi unha vez en Zaragoza que un can me fixo pis nun zapato e víronme as miñas mellores amigas. Se puidera cambiar algo de min sería a miña forma de contestar e tamén os grans.

Curso 2013 - 2014

19


De maior gustaríame ser psicóloga porque me gusta axudar a xente con problemas. O que máis me gusta é estar cos meus amigos, o que menos enfadarme con eles. Cambiaría as excursións, iría un pouco máis lonxe e máis días e tamén o patio. Unha cousa que ninguén sabe é que cando xogaba no patio da miña casa sempre acababa caendo.

De maior gustaríame ser locutora dunha radio musical porque me resulta un traballo divertido e gústame distraer á xente. O que máis me gusta é ter uns bos e divertidos amigos porque podo xogar con eles e porque me animan, o que menos as escaleiras. Cambiaría poder asistir á biblioteca para estudiar. O día que pasei máis vergoña é cada vez que subo a un escenario porque teño moito medo. Se puidera cambiar algo de min sería non ser tan desastre e desordenada, porque sempre teño algo desordenado ou me esquezo de algo. De maior gustaríame ser cantante porque me gusta cantar. O que máis me gusta do cole é o inglés porque me gusta o idioma, o que menos a lingua porque se me da moi mal. Cambiaría as escaleiras porque custa subilas. O día que pasei máis vergoña foi unha vez que no médico me trabuquei e me metín sen querer no baño dos homes, e había un señor. Se puidera cambiar algo de min sería conseguir non morder as unllas.

De maior gustaríame ser médica, é un soño que teño dende pequena. O que máis me gusta é a hora de ximnasia, porque é a hora máis divertida e animada o que menos as escaleiras. Unha cousa que ninguén sabe é que en algunhas ocasións probo a roupa dos meus irmáns e tamén os tacóns da miña irmá. O día que pasei máis vergoña foi unha vez que en primeiro de primaria non me deixaron ir ao baño e fíxenme pis. Se puidera cambiar algo de min sería a miña actitude cos mestres.

De maior gustaríame ser veterinaria porque me gustan moito os animais. O que máis me gusta é o recreo e os amigos porque me divirten, o que menos as escaleiras. Cambiaría a pizarra porque mola máis a pizarra electrónica. O día que pasei máis vergoña foi no meu primeiro festival das letras galegas. Se puidera cambiar algo de min sería a miña actitude.

Curso 2013 - 2014

20


De maior gustaríame ser peiteadora, porque me gusta moito. O que máis me gusta é ximnasia porque é divertida, o que menos lingua porque é moi aburrida… Cambiaría as escaleiras. Unha cousa que ninguén sabe é que cando marcha a miña nai pórtome moi mal. Cando paso máis vergoña é cando me ven facendo algo que non quero que me vexan.

De maior gustaríame ser arqueólogo porque me gusta saber sobre a historia das persoas e dos animais. O que máis me gusta é o recreo e algunhas clases como educación física e música, o que menos as escaleiras. Unha cousa que ninguén sabe é que algunhas veces teño pesadelos. O día que pasei máis vergoña foi un día que se me escapou un eructo moi grande. Se puidera cambiar algo de min sería non ser tan vago e non falar tanto na clase.

De maior gustaríame ser futbolista. O que máis me gusta é xogar cos meus compañeiros, o que menos estudar e facer os exercicios. Cambiaría ter un campo de fútbol para xogar. Unha cousa que ninguén sabe é que algunhas veces escápome ao parque. Cando paso máis vergoña é cando tropezo. Se puidera cambiar algo de min sería mellorar o meu comportamento.

De maior gustaríame ser futbolista porque é un deporte que levo dentro de min inda que non sexa moi bo. O que máis me gusta é o recreo porque nos xuntamos e nos divertimos, o que menos os deberes claro!!. Cambiaría o pompón e tamén non ter que levar mandilón. Unha cousa que ninguén sabe é que ahora son hispanocolombiano. O día que pasei máis vergoña foi cando fixen o tonto na igrexa. Se puidera cambiar algo de min sería a forma de estudiar que teño.

De maior gustaríame ser policía. O que máis me gusta é o recreo, o que menos as matemáticas. Cambiaría as escaleiras. Se puidera cambiar algo de min sería sería o meu carácter.

Curso 2013 - 2014

21


Chistes, adiviñas e trabalinguas Había unh vez uns nenos que se chamaban: Alguén, Ninguén e Tonto. A filla do médico é a muller do avogado.

O médico e a súa filla, o avogado e a súa muller teñen nove pasteis e a todo lles tocan tres. Como é?

Fóronse a pasear e Ninguén caeu ao río e Alguén foille axudar. Tonto avisou a un policía e díxolle: - Tonto: Axuda!!! Ninguén caeu ao río e Alguén trata de axudalo. -Pero é vostede tonto?

Lucía López Festús

- Si, encantado.

Nerea Díaz García

Estaba un raposo andaluz e un burro inglés, e dille o raposo. I´m sorry

Adan e Eva

Non son peixe, nin son cousa rara, sin ser ave nin ser nada, son ave e nada ao revés. Se eu como como como, e ti comes como comes. Como comes como comes?. Se eu como como como?

Lidia Pérez Álvarez

E contesta o burro: I´m burry Nun cemiterio está unha pizza chorando e por detrás chega outra e dille: - Familiar?

No monte vive a carrataplata con corenta carrataplatitos cando canta a carracataplata carracataplean os carrataplitos.

- Non, mediana! Raúl Díaz Fidalgo

Martín Domínguez Besteiro

Ana Piñeiro López

Curso 2013 - 2014

22


Contacontos Sabela Saavedra Rodríguez

Uxía Ojea Tallón

Curso 2013 - 2014

23


Pasatempos

Laura FernĂĄndez LombardĂ­a

Curso 2013 - 2014

24


Tamén foi noticia... Uxía Varela e Ana Pena conseguiron un galardón no concurso "Educar para previr" que organiza o Concello. Uxía Varela Bergantiños

Ana Isabel Pena Rivas

Lucía Castaño conseguiu premio no concurso "Eon, A enerxía das festas"; parabéns para ela. Lucía Castaño López Este ano os nenos de 6º traballaron moito e como resultado gañaron o concurso do museo e tamén o de "Ecovideo", coa colaboración da titora de sexto, Mónica Pérez Silvarrey e a coordinadora TIC, Carmen Rodríguez Lage.

Lucía López Festus, Gisela González López e Alba Piñeiro López resultaron gañadoras do concurso "O Belén de Begonte".

Celia Veiga López e Raquel Cando Santos gañaron o concurso de debuxo organizado pola Delegación Diocesana de Misións.

Curso 2013 - 2014

25


Curso 2013 - 2014

26


Festival das Letras Galegas

Celebraci贸n Maio

Curso 2013 - 2014

27


Un ciclo escolar que temina, unha páxina que chega ao seu fin; un peldaño máis que subir. A oportunidade de comezar de novo; non é o remate, só é o comezo do teu futuro.

Curso 2013 - 2014

28

EL CABLE Nº 45  
EL CABLE Nº 45  

Revista escolar El Cable d colexio La Milagrosa de Lugo, na edición número 34

Advertisement