Page 1

DINÁMICA DE NADAL

ARMOUSE O BELÉN


. Materiais: ficha, bolígrafo, fotocopia en cartolina de figuras do Belén, alfinetes, música. . Comezamos cantado a canción SÍGUELE! https://www.youtube.com/watch?v=j-QR_XDitxc . A actividade a realizar ten carácter festivo: 1. Repártese a cada un a ficha de “Armouse o Belén”, un bolígrafo e unha figura de Belén fotocopiada en cartolina cun alfinete para colgala. Elíxense diferentes figuras para dividir os participantes en grupos. 2. Explícase a todos os participantes que a partir dese momento teñen que realizar de forma individual as probas que aparecen na ficha e poidamos concluír, entre todos, que é facer Nadal.

3. Ao final: revisar a experiencia: todo o dito e feito foi facer Nadal?


FICHAS . Fálase do boi de Belén, de "bois mudos", trátase das persoas que non falan ou falan pouco. Descobre a persoa que menos fala en cada grupo e escribe os seus nomes. . As ovellas de Belén tiñan o pelo rizado. Escribe os nomes de todos os compañeiros que teñen o pelo rizado. . Busca os que leven a figura do Neno de Belén e pídelles que recen a oración "Xesús da miña vida" e apúntaa. . Achégate a tres que leven a figura do rei mago, pregúntalles o seu nome e dous apelidos e os regalos que van pedir para reis. . Achégate a todos os que leven o distintivo da estrela de Nadal, dálles un abrazo e deséxalles Feliz Nadal! Se es rapaz apunta o nome das rapazas e se es rapaza apunta o nome dos rapaces. . Vaite preguntando ata que deas con 5 compañeiros que fan o Belén na súa casa. Apunta os seus nomes. . A aqueles aos que lles tocou o papel de María, pregúntalles que opinan sobre Xesús. Anota a resposta que máis che gustou. . Os pastores eran xente pobre e marxinada; achégate aos que fan ese papel e pregúntalles que deron ou pensan dar nesta campaña de Nadal a favor dos máis pobres. Fai a lista das cousas que trouxeron ou van traer. . As mulas son animais movidos. Busca 5 compañeiros que non sexan do teu equipo e que che digan onde van ir nestas vacacións de Nadal. Escribe a lista de lugares. . Pensa con que figura do Belén te identificas máis e por que. Coméntao cunha persoa que te coñeza. Se o compañeiro está conforme co que dixeches, que che asine esta proba.


. No Belén, Deus intercambiou connosco o mellor que tiña: a Xesús. Intercambia cun compañeiro unha peza de vestir e lévaa durante este xogo. . Intenta que che pinten un Belén deste xeito: conseguindo que a quen lle tocou personaxes debuxen cada un a figura que a eles lles tocou (un rei debuxarache aos reis; unha estrela, a estrela...) . Cando chegue o momento final desta experiencia, prepárate a compartir UNHA SESIÓN DE IOGA ESPECIAL NADAL!


FIGURAS


UNHA CLASE ESPECIAL DE IOGA POLO NADAL Empezamos tumbados en Savasana, espertamos e estirámonos.

Un día novo e especial Saúdo ao sol e agradecementos polo novo día

Unha estrela chámanos

“Pateamos” o Mundo destrás da estrela 1º en avión/helicóptero Unha selva: Árbore

León


Morcegos

Tigres

Rinocerontes

Elefantes


Xirafas

Crocodilos

Cruzamos mares Olas

Cabalos de mar

Peixes


Camelos

Cactus

SentĂĄmonos nunha rocha a descansar

Vemos un portal en BelĂŠn

mula


Cangrexos

Delf铆ns

Estrelas de mar

Un deserto Serpes

Salt贸ns


boi

San Xosé

A Virxe María

O neno Xesús

Anxos

Pastores adorando


Arrolamos ao neno

Adoración do Neno Xesús

Gran fogata para quentar ao neno Xesús e ao mundo

Terminamos cantando panxoliñas e bailando todos xuntos “Os prapeiros de Emaús2.

DINÁMICAS DE NADAL  
Advertisement