Issuu on Google+

Sofía Casanova (Culleredo 1862 - Poznan 1958) A primeira correspondente de guerra Trasládase a Madrid moi nova coa súa familia. Nesta cidade, con 15 ou 16 anos, xa frecuenta varias tertulias e coñece ao nobre e diplomático polaco Vicente Lutoslaswki, co que vai casar e vivir a Polonia. Os desprazamentos continuos, como consecuencia da carreira diplomática do seu home, combínaos co traballo de xornalista e co estudo dos idiomas dos países onde reside, o que lle vai permitir dominar 8 linguas diferentes, incluída a súa, é dicir, o galego. Asemade vivirá acontecementos históricos trascendentais: a loita das sufraxistas en Inglaterra, o desenvolvemento do sindicalismo, a formación do Partido Bolchevique na Rusia tsarista e, sobre todo, a Primeira e a Segunda Guerra Mundial e a persecución dos xudeus polo réxime nazi no gueto de Varsovia. Sofía Casanova só terá fillas motivo polo que é repudiada polo seu marido, xa que non garante a continuidade do apelido paterno. Para sobrevivir escribe crónicas dos acontecementos que estaba a vivir, colabora en xornais como La Época, El Liberal…; en publicacións galegas e en prensa internacional como a Gaceta Polska e o New York

Times. En todos estes traballos manifesta unha postura pacifista e antibélica.

No ano 1952 concédeselle por unanimidade o título de académica de honra pola Real Academia Galega.


SOFÍA CASANOVA