Page 1

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837- Padrón 1885)

Era filla dunha fidalga de Santiago, e dun sacerdote, con cuxas irmás Rosalía pasou parte da súa nenez. É probable que a partires dos cinco anos Rosalía pasara a vivir coa súa nai, dona Teresa. Como tantas protagonistas dos seus poemas, súa nai era a pobre muller namorada e enganada polo varón. Pero tamén a muller que, finalmente, se enfrontou á sociedade para recoñecer o froito do seu descoido e reparar así a súa falta. A instrución de Rosalía parece que foi escasa, como demostran as abundantes faltas de ortografía dos seus manuscritos. Estudou algo de Debuxo e Música nas aulas da Sociedade Económica de Amigos do País. Contrae matrimonio con Manuel Murguía en 1858. O matrimonio formaba parte da corrente federalista e republicana que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida, con liberdade relixiosa, libre comercio, sufraxio universal... Neste ambiente de ilusión, Rosalía escribiu en 1863 os Cantares gallegos, que marcou o inicio do Primeiro Renacemento. No "Prólogo" intentou suavizar as posibles reaccións contra o libro polo seu carácter reivindicativo, o uso exclusivo do galego e a autoría feminina. Ao fracaso da Revolución do 68 e á Restauración Borbónica, seguiu o desengano, agravado polas dificultades económicas. Publica o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880). O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia. No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de maio á celebración do Día das Letras Galegas. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan hoxe no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

ROSALÍA DE CASTRO  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you