Page 1

As gaiteiras de Ribadeo

(Ribadeo 1961 - Ribadeo 1966)

O instrumento propio de Galicia, a gaita, é de xénero feminino. Pero…quen a imaxinaría nos anos 60 no colo dunha muller? Pois non unha, senón varias mulleres eran as integrantes do grupo “Saudade” de Ribadeo, a primeira banda de gaitas formada exclusivamente por mulleres de Galicia e do Estado, e posiblemente en todo o mundo. A indumentaria que usaban era a tipíca ribadense do S. XVIII. A súa compositora tamén era unha muller, Amadora Suárez Couto. Inauguraron o ferrocarril da Costa e o primeiro barco de Pescanova en Vigo; filmáronas en Betanzos para a película “Asi es Galicia”; apareceron no NO DO; actuaron no Gran Teatro de Lisboa e na Televisión portuguesa; percorreron Galicia, Asturias, Zamora, Salamanca… E mesmo, as chamaron de Nova Iorque para a celebración do Día da Hispanidade.

Unhas pioneiras na incorporación da muller ao mundo musical, grazas ao compromiso e á dedicación dunhas rapazas, que chegaron a cobrar arredor de 400 pesetas cada unha por saída, a dispor dun minibús e a seren cabeza de cartel de calquera festa ou festival que se prezase.

AS GAITEIRAS DE RIBADEO  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you