Issuu on Google+

Proxecto de investigación 4º ED. PRIMARIA CEIP VITE I - SANTIAGO DE COMPOSTELA

O COMO

HORTO

ECOSISTEMA COORDINADO POLAS PROFESORAS:LUISA G. GARRIDO E CARMELA RODRÍGUEZ MAIO - XUÑO 2014


SERGIO SEIJAS E TANIA CORTÉS

OS ECOSISTEMAS

QUE É UN ECOSISTEMA? Un ecosistema é o conxunto formado polos seres vivos dun lugar (paxaros, insectos, plantas, etc.), o medio físico no que habitan (auga, aire,rochas, etc.) e as relacións que existen entre eles.

TIPOS DE ECOSISTEMAS Terrestre: os seres vivos viven no solo (bosques, desertos, selvas...). Acuático: os seres vivos viven na auga (ríos, lagos, mares..).

ELEMENTOS DUN ECOSISTEMA

Seres VIVOS(BIÓTICOS): plantas, animais, microorganismos, seres humanos. Seres INERTES (ABIÓTICOS): rochas, auga, sol, temperatura...


SERGIO SEIJAS E TANIA CORTÉS

OS ECOSISTEMAS RELACIÓNS NOS ECOSISTEMAS: CADEA ALIMENTARIA

Todos os organismos vivos ou mortos sirven de alimento para outros. A cadea alimentaria está formada por: produtores : fabrican a súa propia PRODUTORES alimentación (plantas, arbustos...) consumidores : aliméntanse de plantas e doutros organismos: •herbivoros •carnívoros •omnívoros descompoñedores : son os que descompoñen a carne e os vexetais (bacterias e fungos)

CONSUMIDORES

DESCOMPOÑEDORES


Noa Feás e Teo Vega

O horto como ecosistema DEFINICIÓN UN HORTO é UN ESPAZO ONDE SE CULTIVAN VEXETAIS PARA COMELOS COMO O TOMATE, A LEITUGA ,O REPOLO.. UN HORTO É UN ECOSISTEMA PORQUE TEN SERES VIVOS, SERES INERTES E RELACIÓNS ENTRE ELES. HAI MOITOS TIPOS DE HORTOS NO MUNDO

HORTO FRUTÍCOLA

ALGÚNS TIPOS DE HORTOS: HORTO FRUTÍCOLA: ONDE SE CULTIVAN FROITAS COMO A MAZÁ, LARANXA... HORTO HORTÍCOLA: ONDE SE CULTIVAN HORTALIZAS EN XERAL: PORROS, LEITUGA... HORTÍCOLA

ORNAMENTAL DE INVERNADOIRO


María Lago e Hugo Martínez

OS SERES BIÓTICOS NUN HORTO COMO ECOSISTEMA ANIMAIS:

hai algÚns animais que son bos e outros que son prexudiciais ao

horto . * Unha eiruga ten influencias prexudiciais nun horto porque come algúns dos seus produtos , como a leituga ( as súas follas); ainda que a eiruga só intente alimentarse .

EIRUGAS

MIÑOCAS

*Unha miñoca é boa para o horto porque fertiliza a planta pola alta cantidade de nutrientes que deixa no solo. Iso fai que a planta siga viva e medre máis rápido.

* As bolboretas, especificamente as súas eirugas, comen hortalizas. E comen moitas, moitas hortalizas. Entre as súas comidas favoritas están a albahaca, a menta, a leituga e o pemento.

BOLBORETAS AVESPAS O seu enorme valor no control de plagas radica na alimentación das súas crías, cunha dieta de larvas de insectos.

XOANIÑAS

As xoaniñas (que son escaravellos), son grandes depredadores de pulgóns e incluso só poñen os seus ovos se teñen asegurada a presenza de pulgón.


María Lago e Hugo Martínez

OS SERES BIÓTICOS NUN HORTO COMO ECOSISTEMA VEXETAIS: Non todas as plantas dos hortos son boas . Hai algunhas que invaden as colleitas acaparando os nutrientes do solo . É mellor un xardín ou parcela con moitos tipos de plantas que cun só. Non favorece ter só un tipo de planta onde non teña outras que a axuden .

Evita o uso de fertilizantes e pesticidas sintéticos. En lugar de recorrer a este tipo de produtos químicos, aproveita o uso de compost , así como preparacións con plantas e elementos naturais que escorrentan os organismos nocivos para os cultivos.

Unha planta deixa residuos orgánicos no solo . Cando plantas doutra especie no oco da anterior, aproveita os nutrientes do mesmo.

outra

ASOCIACIÓNS ENTRE VEXETAIS Hai plantas que se levan moi ben entre elas e outras que, se están xuntas, cáense mal. Hai que aprender cales se benefícian entre si para medrar mellor.

Por exemplo, as leitugas e as cebolas. As cebolas teñen crecemento vertical e as leitugas horizontal e ademais a leituga estará protexida de posibles depredadores coas cebolas arredor.

LEITUGAS E CEBOLAS


María Lago e Hugo Martínez OS SERES BIÓTICOS NUN HORTO COMO ECOSISTEMA .

OS MICROORGANISMOS : Os microorganismos son aqueles seres vivos máis diminutos que unicamente poden ser apreciados a través dun microscopio. Neste extenso grupo podemos incluir os virus, as bacterias, fungos, levaduras e mofos que pululan polo planeta Terra.

OS FUNGOS Os fungos aproveitan os residuos naturais para convertelos en auga ,aire, terra e outros produtos naturais que axudan a realizar a fotosíntese das plantas .

Se non hai fungos ao lado dalgunhas plantas e as mesmas morren e deixan residuos, eses restos pódense utilizar para facer insecticidas que non leven produtos químicos.

Se poñemos fungos ao lado dalgunhas plantas e algunha se descompón, os fungos van aproveitar todos os seus residuos para sacar algo bo deles .

A xente morre por confundir estes dous fungos que se poden plantar no horto .

Fungo velenoso

Fungo comestible

RESIDUOS ORGÁNICOS

Os microorganismos non se poden ver a simple vista pero si cun microscopio. No horto non os podemos ver pero os seus efectos si; por exemplo, na putrefacción dos alimentos e na elaboración do compost.

ABONO (nutrientes para volver a usar)


SERGIO LISTE E ANDRÉS MARTÍNEZ

SERES ABIÓTICOS (os seres que non teñen vida, tamén chamados inertes)

A AUGA A auga é o elemento clave da vida das plantas, xa que a ausencia dela produciría a súa morte. A auga permítelle tomar os nutrientes do solo e ten o seu propio ciclo na planta: Os miles de filamentos que se extenden desde a punta de cada raíz son os que absorben a auga do solo. Envían a auga pola planta arriba. Hai plantas que viven directamente na auga.

O SOLO

A TEMPERATURA

O solo no ecosistema compre a función de substrato para a Un exceso de calor fai que as plantas planta. Da composición e estrutura se sequen e, se fai demasiado frío, do solo, as plantas obteñen o seu queima as follas. alimento. As distintas plantas captan nutrientes en diferentes proporcións. Se o solo é pobre nun dos seus compoñentes, a planta sofre e amosa signos de alteracións no seu desenvolvemento.


SERGIO LISTE E ANDRÉS MARTÍNEZ

SERES ABIÓTICOS (continuación)

O AIRE

É o elemento necesario para a vida da planta: obteñen del o osíxeno e o aire intervén na polinización das plantas.

A LUZ SOLAR O sol é a fonte indispensable para a vida da planta. As plantas necesitan a luz solar para realizar a fotosíntese e elaborar o seu propio alimento.

AS ESTACIÓNS En función da estación do ano na que nos atopemos , o horto terá distinto tipo de plantas, máis ou menos flores e estará máis ou menos verde.


Pedro Valero e Fernando Heredia

A CADEA TRÓFICA NUN HORTO Reflexa quen se come a quen nun ecosistema. A cadea trófica ou cadea alimentaria é o proceso de enerxía e nutrientes que se dá entre as diferentes especies do ecosistema, no cal todos os organismos, vivos ou mortos, son fonte de alimento para outros.

A cadea trófica dun horto:

Empeza cos produtores, as plantas, que son alimento para animais como os vermes, bolboretas... A eses animais cómenos outros como ras, paxaros... E a eses, cómenos as serpes.

Relacións: Os seres vivos relaciónanse entre sí e co medio físico. Nun horto, sobre todo, hai relacións alimentarias. Distintos tipos de insectos e paxaros van alí comer os cultivos; os paxaros tamén comen os insectos.

produtor

CADEA ALIMENTARIA fungos e bacterias descompoñedor

Biomasa:

É unha fonte de enerxía natural usada de combustible que non dana o medio ambiente. Forestal: residuos de cousas de madeira. Agrícola: residuos de cultivos.


Marcos Fernández e Paula Ferrín

O HORTO ECOLÓXICO É unha parcela de terreo onde se sementan diferentes verduras e froitas, das que podes obter alimentos frescos e saudables, sen utilizar produtos

químicos e aumentando a fertilidade da terra. RELACIÓNS NO HORTO ECOLÓXICO Os seres vivos axudan ao horto ecolóxico da seguinte maneira: hai algunhas plantas que atraen os insectos beneficiosos e repelen os insectos dañinos. Exemplos:A menta,a caléndula, etc. A capuchina nun rincón do horto mata os insectos dañinos. A caléndula ten unha cor moi chamativa para atraer os insectos beneficiosos. A menta repele os insectos dañinos, pero sobre todo aos pulgóns.

CURIOSIDADES: Coa ortiga pódese facer un tipo de abono natural: métense as ortigas nun cubo, machácanse cun pao ata que se queden de cor verde oscuro, engades auga e xa tes o abono.

POR QUE UN HORTO ECOLÓXICO? A xente que fai os seus propios hortos ecolóxicos pensan que é mais san e así coidan o medio ambiente.


Roberto Carro e Sandra Cortés

HORTO ECOLÓXICO

COMO FACEMOS O ABONO ORGÁNICO? Un xeito de manter a fertilidade da terra é incorporándolle abono. E nada mellor que un abono orgánico, desprovisto totalmente de químicos. Para preparar abono orgánico só necesitamos un pedaciño de terra, paciencia e constancia.

O REGADO

Os restos de alimentos que nos serven para preparar este abono son as cascas de ovos e de froitas, verduras, a herba e o café usado, follas, esterco e algúns restos de poda.

O regado solar

O regado por aspersión Úsase para os hortos . Inconveniente: ao mollar follas e froitos favorece a aparición de fungos.

O

Para pequenos cultivos, como pode ser unha horta caseira, pódense utilizar elementos de uso diario, como botellas de plástico PET (as da auga), requirindo ademais moi pouco mantemento sendo soamente necesario reabastecer de auga o depósito cando sexa necesario e arrincar as plantas que puidesen medrar no interior do sistema. QUE NECESITAMOS?

regado por goteo Resulta ideal para hortalizas e cada vez úsase máis que o regado por sucos: que é o que máis se utiliza nos

botella pequena

unha botella de tamaño máis grande qUe a outra, por exemplo (unha de 5 litros e outra de 1 litro e medio) colocadas como se indica na imaxe.


NADHIFA - LUCÍA - ANDRÉS FELIPE

AS HORTALIZAS NO HORTO URBANO DA USC. CLASIFICACIÓN FOLLA

FROITO

INFLORESCEN CIA

RAÍZ

SEMENTES

TALO

ESPINACAS

PEMENTOS CENORIA

CHÍCHAROS

PORROS

ESCAROLA

AMORODOS CEBOLA

TIRABEQUE

APIO

LEITUGA

TOMATES

CEBOLIÑO

REPOLO

CABACIÑA

PATACA

(bulbo)

(tubérculo)

VERZA

DEFINICIÓNS/VOCABULARIO froito

follas

TALO: é unha das partes da planta que suxeita as follas. TUBÉRCULOS: son talos subterráneos engrosados que acumulan reservas de nutrientes.

flor talo

RAÍZ: serve para suxeitar a planta e absorbe auga e minerais que hai na terra. BULBO: é un tipo de raíz. Os allos e as cebolas son plantas de bulbo.

As cebolas son bulbos.

As patacas son tubérculos.

INFLORESCENCIA: É a parte da planta onde se localizan as flores.

A coliflor é unha inflorescencia

FROITO: é a parte dos vexetais, procedente da flor, encargada de protexer as sementes e dispersalas.

semente froito

A SEMENTE forma parte do froito e dá orixe a unha nova planta.


Mario Grela e Óscar Casais HORTO ECOLÓXICO:CONSELLOS E CURIOSIDADES 1- Os alimentos procedentes dun horto eco teñen mellor calidade...e están máis ricos! Teñen un sabor natural e auténtico. Ademais ao non ter produtos artificiais, coma pesticidas ou outros, presentan niveis máis altos de vitaminas e minerais. Son máis saudables e nutritivos. Esta berenxena ten mellor calidade porque é dun horto ecolóxico.

3-Está demostrado que coidar un horto reduce a ansiedade e o estrés. Ver medrar as plantas e recoller os seus froitos é unha das sensacións máis gratificantes do mundo! E ademais relaxa moito...

5- Aforramos diñeiro na cesta da compra. Vale que non conta como vantaxe para o noso organismo (ou si?)... pero todo axuda para gastar un pouquiño menos.

2- Estar en contacto co sol (sempre con protección!) apórtanos unha dose extra de vitamina D, que é esencial para fortalecer os nosos ósos. Así mesmo, estimula a produción da serotonina coñecida como a hormona da felicidade-, que mellora o noso estado de ánimo e axúdanos a sentirnos un pouco máis felices.

4- Aínda que pareza mentira, a terra contén minerais e bacterias que fortalecen as nosas defensas... e non se nos ocorre mellor forma de ensuciarnos as mans que mimando as nosas plantas!

6- Facemos exercicio sen decatarnos: Cortar, plantar, regar, recoller... supón un ex er cici o mod erado que vén fenomenal.


O horto, un ecosistema