Issuu on Google+

MÂŞ Carmen Pernas Leivas R/Xagoaza, 36 32300 O Barco de Valdeorras Ourense Tfn.: 620 436 015 CIF: G-32311441 http://mulleresrurais.wix.com/veigamuinos

PĂĄxina 1


TITULARIDADE E RAZÓN SOCIAL: Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños Presidenta:

Mª Carmen Pernas Leivas R/ Xagoaza nº 36 32300O Barco de Valdeorras (Ourense) CIF: G-32311441

TELÉFONO DE CONTACTO Teléfono da Asociación: 620 436 015 E-MAIL: mulleresrurais@otmail.com carmelag@edu.xunta.es PÁXINA WEB: http://mulleresrurais.wix.com/veigamuinos DENOMINACIÓN DO PROXECTO: Actividades da Asociación de MM.RR. de Veigamuíños 0.- INTRODUCCIÓN Esta asociación pretende a través dos seus proxectos manter viva a nosa parroquia, ademáis de integrar a todas aquelas persoas que desexen colaborar con nós nas diferentes propostas que imos facendo. Pensamos que as mulleres, e as que viven no medio rural moito máis, precisan de asociacións como esta que axuden a compartir momentos de ocio, de traballo, de lecer e que xuntas podemos emprender proxectos de moito interés. A Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños é unha asociación sen ánimo de lucro, que intenta recuperar diferentes actividades culturais e tradicionais que formaron parte da vida da nosa contorna, do campo, das costumes, das festas, en definitiva dunha forma de vida que nos fai singulares.

Páxina 2


Unha destas actividades son os traballos reflectidos nos obradoiros que cada ano se veñen facendo: cestería, teatro, costura…ademáis dos relacionados co campo, como é o que ten que ver co trigo: sementar, segar, mallar, peneirar… Tamén tentamos manter vivo o noso idioma e recuperar termos utilizados nestas labores. Todo elo veise exposto no Mercado Medieval que cada ano se organiza no pobo. Ademáis a asociación ten outra actividades como son os obradoiros: manualidades, cestería, punto canario, bolillos, ximnasia de mantemento… e excursións. Tamén participa activamente nas festas do pobo e do Concello. Asemade actividades como visitas aos avós, xogos para nenos, entroido...axudan a manter o esprito do noso pobo e porén a nosa identidade. Mención especial queremos facer da importancia que para nós ten a integración dos máis pequenos nas nosas actividades. Os nenos e nenas menores de 18 anos poden acudir a todas as nosas propostas coa única finalidade de crear un clima de convivencia e integración entre tódolos membros de xeito gratuito xa que o noso obxectivo é fomentar o asociacionismo arraigado no propio contorno dende as primeiras eidades. 1.-OS OBXECTIVOS QUE PRETENDEMOS PRINCIPALMENTE SON: Promover o benestar socio-cultural das asociadas e a mellora da súa calidade de vida, aproveitando o medio rural como xerador de recursos para a formación e desenvolvemento persoal e social. Contribuir á dinamización da vida social e cultural do municipio dende o noso pobo. Coidar o medio rural como valor propio ademáis de asesoramento e axuda ás persoas que o precisen. Manter festas e tradicións que se estaban a perder, facendo partícipes delas a nenos/as e mozos/as. Traballar pola cultura local e comarcal. Fomentar o asociacionismo como elemento integrador da comunidade. Fomentar o intercambio de coñecementos. Páxina 3


Participar en intercambios culturais con outros concellos e outra asociacións. Integrar a toda a xente que esté interesada nalgunha das actividades da asociación: mozas/os, inmigrantes aínda que pertezan a outros concellos. Representar a nosa aldea nas actividades propostas polo Concello. Participar en obradoiros de carácter cultural e formativos. 2.-DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE. 2.1-POBOACIÓN Á QUE VAI DIRIXIDA: A Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños está formada por 130 socias. Aínda que hai que destacar que moitas das actividades propostas non son só para socias senón para toda a comunidade: magosto, entroido, mercado medieval. Ademáis non tódalas socias viven no pobo, sendo moitas delas de parroquias ou concellos limítrofes. 2.2.-IDADES DAS PARTICIPANTES: As mulleres da asociación pódense facer socias a partir dos 18 anos; todas as nenas e nenos poden participar nas actividades da asociación de xeito gratiuto ata os 18 anos. Pretendemos así que @s nen@s máis novas se acheguen de xeito natural as actividades e contar con elas en todos as propostas. A franxa de idade maior das socias está a partires dos 50 anos, sendo as xubiladas o grupo maioritario. 2.3.-NÚMERO DE PARTICIPANTES PREVISTO: Os obradoiros fórmanse en grupos de 15 persoas aínda que con frecuencia se organizan actividades, xuntanzas, festas ou proxectos nos que colaboran e participan tanto homes coma mulleres non asociados que se ven beneficiados polas actividades plantexadas por esta asociación (Ex: Magosto popular, Mercado Medieval, Xogos Populares, Entroido). Estas actividades como festas de Sto Tirso, Mercado Medieval, etc... teñen un potencial número de beneficiarios de 1.000 persoas aproximadamente, aínda que esto sempre é complicado de calcular. Páxina 4


2.4.-LUGAR DE REALIZACIÓN Tódalas xuntanzas, obradoiros e demais actividades realízanse no local da antiga escola do Piñeiro en Veigamuíños (O Barco de Valdeorras); local que tamén compartimos co pobo que utiliza principalmente para concellos ou reunións O centro está dotado do mobiliario básico: mesas e cadeiras, un ordenador, e un TV. Recentemente instaláronse un grupo de ordenadores con conexión a internet a disposición dos veciños do pobo. 2.5.-MATERIAIS NECESARIOS. Especifícanse en cada proxecto. 2.6.- RESPONSABLE DO PROXECTO Cada obradoiro ten unha persoa encargada, que normalmente é unha socia. Todos eles están coordinados por Mª Carmen Pernas Leivas que ocupa o cargo de presidenta da asociación. As socias pagan unha cuota anual de 12 €. 3.- METODOLOXÍA A SEGUIR. Tódolos anos no mes de setembro convócanse unha xuntanza para presentar todas as propostas de actividades e o posible calendario do "curso". Unha vez discutidas en asamblea xeral, procédese á votación e así quedan clarificadas as actividades que se levarán a cabo durante o curso: obradoiros, excursións, cursos, normas de funcionamento xeral, horarios... Estas reunións organízanse de xeito trimestral para ir adecuando os obxectivos plantexados á realidade do momento e facer os cambios necesarios que poidan ir xurdindo, así imos facendo unha avaliación progresiva das distintas actividades e o seu desenvolvemento. Asemade, temos un especial atención as novas socias que cada ano desexan participar na asociación, especialmente no caso de emigrantes que poidan ter alguna dificultade no idioma, costumes, etc. 4.- CONTIDO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES: Aspectos a ter en conta:

Páxina 5


1.-O número de actividades foi de trinta ao longo do ano; aída que é difícil cuantificar tódolos proxectos e programas que fomos presentando durante este tempo, tentarémolo facer o máis claramente posible. Celebrouse o X Mercado Medieval durante os días 20 e 21 de Xullo no que as socias expoñen os produtos que se veñen elaborando durante todo o ano: encaixes, xabóns, cestas, ademáis de todo tipo de lambetadas de elaboración caseira e realizacións artísticas coma pinturas ou manualidades. A esto únense invitados dos arredores ou mesmo doutros concellos que desexan presentar as súas propostas y que cada ano fan deste mercado un punto de encontro onde intercambiar coñecementos, ideas, tradicións, habilidades... Esta é tal vez a actividade máis destacada da asociación e que nos gustaría seguir mantendo polo seu carácter anovador no noso Concello (único mercado deste tipo no Concello) así pola súa relación coa cultura local e comarcal (representación de malla e criba). Baixo a perspectiva mercantil ofrecemos tamén teatro, música, danza, poesía, actividades que fan deste mercadiño unha exposición de “cultura ao natural” e que lle da este carácter tan particular e especial para nós e os nosos visitantes. 2.-Respecto ao mantemento de obradoiros culturais, hai que sinalar que cada ano se van incorporando novos obradoiros aínda que algún mantense dende os comezos da asociación, hai 10 anos, coma Bolillos ou Punto Canario, outros como Costura, Pandereta ou Cestería levan seis anos de actividade continuada. Fóra do noso Concello este ano participamos no IV encontro de Teatro Aficionado celebrado na Rúa no mes de xuño e xullo, e posteriormente no encontro de teatro celebrado en Córgamo. 3.-Según a participación e a repercusión social debemos destacar a gran influencia que as actividades realizadas pola asociación teñen na aldea de Veigamuíños e mesmo no Barco, posto que moitas das socias non viven aquí, senón en diferentes puntos do concello, e mesmo da comarca. Móstrase gran interese polas actividades que a asociación propón non só de xeito puntual como é o Mercado, que nos axudou a situar Tremiñá (Veigamuíños) no “mapa” do Concello, senón tamén todas as propostas que diariamente se fan e dan dinamismo e unidade aos veciños.

Páxina 6


Ben é verdade que a maior complexidade e o maior esforzo organizativo despregado, tanto dende o punto de vista humano como económico vai sobre o Mercado Medieval que comezou con 15 postos o primeiro ano e imos en 72 nesta edición, ademais das exposicións e actuacións que se representan nestes dous días. Para todo isto precisamos moita axuda posto que os nosos recursos humanos e económicos non son suficientes para dar resposta satisfactoria á demanda que ano tras ano presenta esta actividade. 4.-Respecto a participación nas actividades organizadas polo Concello do Barco, sinalar que vimos presentándonos dende hai 7 anos aos concursos de Maios e Coplas, no que este ano fumos premiados en ambas categorías (3º Premio de Maio Enxebre). Asemade participamos no desfile de Entroido organizado polo Concelloe en tódolos actos culturais que nos é posible. 5.-Presenza do galego: A nivel oral o galego é a nosa lingua de comunicación habitual tanto nas actividades desenvolvidas, como de xeito expontáneo. Tamén tódolos escritos da vida asociativa: convocatorias de reunións, anuncios, programas, bases de cursos... tanto para uso da asociación como para promoción pública realízanse en lingua galega: invitacións, felicitacións, carteis, sendo o galego o idioma utilizado de xeito cotiá polas socias de modo natural e tamén a lingua vehicular coas socias máis cativas coas que temos un especial tento neste eido. Loxicamente o concurso de poesía así como o teatro realízase en lingua galega. 6.-Tratamento da diversidad. Entendemos a diversidade como enriquecemento e respecto á diferenza así como convivencia coas persoas de distintas cultura, por elo, é doado demostrar que a diversidade das contribucións de todas/os enriquécennos a todo o grupo (cociña, agricultura, música…) Por ser esta unha asociación de mulleres non esquece a importancia do papel que temos na sociedade, toda vez que a pesares de nomearnos como “mulleres rurais” ninguén queda fóra por razón de xénero. Diversas actividades coma Teatro, Mercado, Maios…están realizadas por homes e mulleres onde promover a igualdade así como o uso non sexista da linguaxe e a imaxe. Destacar que a poboación inmigrante participa de xeito activo connosco e forman en este momento o 35 % aproximadamente do noso grupo de socias, o que pon de relevo a boa acollida que se ofrece a todo o que desexe achegarse, así como o enriquecemento que tod@s acadamos con este feito. Páxina 7


En definitiva queremos potenciar a participación de mozos e mozas en actividades específicas coma Xogos para nen@s e moz@s nas festas do Sto. Tirso, concurso de Poesía para moz@s e, Teatro, e así potenciar dende o pobo o seu interese pola propia cultura e a nosa realidade.

Páxina 8


5.-CADRO DE ACTIVIDADES:

ACTIVI-

DATAS

TEMPO

DESTINATARI@S

DADES

MATERIAL NECESARIO

IDIOMA USADO

LUGAR

De 6 anos Outubro a Xullo

19 socias

Aportan as socias

Galego

Antiga escola

6 anos Pandere- De Outubro a ta Xullo

11 socias

Aportan as socias

Galego

Antiga escola

Costura

Bolillos

De 10 anos Outubro a Xullo

14 socias

Aportan as socias

Galego

Antiga escola

Punto Canario

De 9 anos Outubro a Xullo

13 socias

Aportan as socias

Galego

Antiga escola

Teatro

De 7 anos Outubro a Xullo

10 homes e mulleres de 6 a 90 anos

Pintura, Galego traxes, telas, CD, megafonía

De 6 anos Os mércores outubro a Xullo ... xuntanza

Todas as Aportan socias que as socias o desexen

Elabora- Todo o ano ción de carteis, invitacións, programas

Todos

Páxina 9

Na Antiga escola Rúa Córgomo

Galego

Antiga escola

Tinta, Galego ordenador Folios

Antiga escola


Campionato de Tute e brisca

28 de xaneiro

10 anos

Todo o pobo

Cartas

Galego

Antiga escola

Xogos Populares

27 de xaneiro

10 anos

Nen@s e moz@s

Cordas, sacos, ovos, culleres, mazás

Galego

No pobo

Concurso 20 e 21 de 7 anos de Poesía xullo

Nen@s e moz@s

Carteis, folios

Galego

No pobo

Sementa Xaneiro do trigo

10 anos

Homes e mulleres do pobo

grao

Galego

No pobo

Entroido Febreiro

10 anos

Tod@s os interesados

Material Galego para con- (Pancarfec-ción de ta) disfraces

Merenda Febreiro para participantes no entroido

10 anos

Os/as participantes no desfile.

Galego

No Barco

Febreiro Cea de comadres

10 anos

Socias

Galego

No Barco

8 anos

Homes e mulleres do pobo

Estructu- Galego ra de maio,flores, xestas.

No Barco

Maios e coplas

Maio

Páxina 10

No Barco


Dende hai Socias 10 anos a diferentes lugares

Transpor- Galego te comida

Oviedo

Obradoi- Xuño ro de danza tradicional

6 anos

Socias

Equipo música

Galego

Antiga escola

Xuño Seitura do trigo e merenda convivencia

10 anos

Homes do pobo

Galego

No pobo

Agasaios Decembro 10 anos aos avós e avoas do pobo

Tódolos Cestiña maiores de doces de 80 anos do pobo

Galego

Domicilio dos avós/as e residencias de anciáns

Actualiza Xulloagosto ción páxina Web

Grupo de mulleres e asesor

Galego

Web

Excursión

Maio

2 ano

Páxina 11


Mercado 20 e 21 de 10 anos Xullo Medieval: fiada, malla, criba cestería, xogo de bolos. Decoración e ambientación do pobo

Todo@s os Traxes, Galego interesa- Carteis, dos trípticos, representación, actuación musical e teatral, Poesías, megafonía iluminación de postos.

Tremiñá

Asamblea xeral

Setembro, 10 anos

Socias

Galego

Antiga escola

Cestería Tradicio nal

Novembro 6 anos

Tod@los Mimbres e Galego interesado salgueiros s

Antiga escola

Magosto

5 de 9 anos Novembro

Tod@los Castañas, Galego interesado chourizos, s pan, viño

Patio da antiga escola

Todas as Lá, fusos interesada Espades las

Antiga escola

Obradoi- Maio Xuño ro Fiada

5 anos

Galego

6.-DATAS DE REALIZACIÓN- CALENDARIO DE ACTIVIDADES: Xaneiro

Xogos para nen@s nas festas de Santo Tirso. Elaboración de Carteis para os Xogos e o campionato de tute e brica. Campionato de tute e brisca

Páxina 12


Cursos:Costura, Pandereta, Bolillos e Punto Canario. Teatro Sementa do trigo para o Mercado Medieval. Febreiro

Participación no Desfile de Entroido. Cea de comadres onde todas as socias van disfrazadas. Preparación da comparsa do entroido para todos os que o desexen: socios e non socios. Participación no desfile organizado polo Concello do Barco. Merenda para tod@s os integrantes da comparsa. Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto Canario. Teatro

Marzo

Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto Canario. Teatro

Abril

Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto canario. Teatro

Maio

Elaboración do maio e coplas para participar no concurso organizado polo Concello do Barco. Comida para os colaboradores. Excursión a Oviedo: día 17 de maio. Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto Canario. Teatro. Fiada

Xuño

Obradoiros: Danza Tradicional, Teatro:(Elaboración de traxes, decorados e Representación na Rúa e Córgomo). Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos e Punto Canario. Fiada Seitura do trigo: Homes e mulleres do pobo participan e fan unha merenda para @s traballadores.

Xullo

Preparación do Mercado Medieval: Traxes, Teatro, Pandereta, Danza, Fiada, Malla, Cestería, Recollida de obxectos para exposición etnográfica, Decoración e ambientación do pobo, Campionato de bolos (entrégase un xamón de premio). Páxina 13


Elaboración de carteis, invitacións, e trípticos Cursos: Costura, Pandereta, Bolillos Punto Canario. Fiada. Teatro (Representación no pobo, A Rúa, Córgomo) Mercado Medieval durante dous días. Envio de invitacións para participar no Mercado poñendo postos a xentes de diferentas lugares de Galicia e fóra de Galicia, ademáis de asociacións culturais do Concello: Asfaval, Morea...entre outras. Setembro

Asamblea Xeral e programación de actividades: Horarios, Obradoiros, espazos...

Outubro

Comezo dos obradoiros e cursos que se farán durante todo o ano: Cursos: Costura, Pandereta e Punto Canario. Bolillos. Cestería. Ximnasia de mantemento. Os Mércores... "Xuntanza": Para outras actividades que non se dan nos cursos: xogos, deporte, falar...

Novembro

Magosto tradicional: Sábado, día 5: Chourizos, viño, castañas e...alegría! Elaboración de carteis do Magosto. Cursos: Costura, Pandereta, Punto Canario, Bolillos, Ximnasia de mantemento Os Mércores... "Xuntanza": Para outras actividades que non se dan nos cursos: xogos, deporte, falar....

Decembro

Visita ás persoas maiores do pobo e as residencias de anciáns. Entrega de agasaios a tod@s @s nos@s maiores. Cursos: Costura, Pandereta, Punto Canario, Bolillos e Ximnasia de Mantemento. Páxina 14


Os Mércores..."Xuntanza": Para outras actividades que non se dan nos cursos: xogos, deporte, falar.... Merenda de “Lembranzas” (Coa aportación de cada socia) Envio felicitacións de Nadal.

7.-OUTRAS COLABORACIÓNS: Participación en cursos de informática nas dependenzas do Concello do Barco. Coa Biblioteca Municipal: Temos en préstamo unha serie de volúmenes, dos que as socias poden beneficiarse. Tamén, entidades particulares fan doazóns para ampliar os nosos fondos. Coa Asociaciación de Loita Contra o Cancro, Asociación Cultural de Portela. Con Asfaval e Morea no Mercado Medieval. Concurso de poesía en Galego. Representación teatral en Galego. Asociación Femuro. 8. - AVALIACIÓN. O feito de que durante dez anos esta asociación veña tendo actividade continuada, e de que o número de socias se incremente progresivamente, fainos concluir que o traballo que realizamos é positivo e enriquecedor tanto para as socias como para todos os veciños da nosa aldea. Continuar é labor de todas, e todas estamos nelo. Queremos poñer en valor, o noso, o rural, e porén o asociacionismo como ente que nos enriquece a todos e do que todas e todos participamos. Durante este tempo, na asociación todas as mulleres temos aprendido algo, e todas temos ensinado algo tamén. Esta é a maneira en que nós vivimos as relacións como nexo de crecemento, saúde e disfrute. Páxina 15


Por elo a nosa valoración neste momento é moi positiva en tódolos aspectos, xa que pouco a pouco imos integrando tradición e novas tecnoloxías e creando nexos dentro e fóra do noso pobo que poñen no mapa humano e xeográfico a nosa pequena aldea.

Asdo.: Mª Carmen Pernas Leivas

Páxina 16


ANEXO I IMAXES Malla

Coplas 2013

Entroido

Cea de Comadres

3º Premio Maios

Indo para Santiago…

Xogos populares

Teatro

Xuntanza

Danzas tradicionais

Grupo Tornaxeira

Pandereteiras

Obradoiro Cestería

Postos do mercado

De troula

Malla

A nosa páxina web:

http://mulleresrurais.wi x.com/veigamuinos Campionato:

Tute-Brisca

Teatro en Córgomo

Mercado Medieval

Páxina 17


Oficios

Disfrutando da festa

Maios

Lembranzas

Teatro en Córgomo

Costura

Confección de traxes

”Pisabarros” na Rúa

Fiadoiro

Co mimbre

Na Sega

As nosas tradicións

Páxina 18


ANEXO II ALGUHAS RESEÑAS DE PRENSA

Cita co medievo en Tremiñá-Veigamuíños

en Cultura, Cultura, Última hora 21 de Xullo de 2013 Esta localidade do Barco celebra o seu Mercado Medieval nesta fin de semana do 20 e 21 de xullo

Con éxito vén de celebrarse a primeira xornada do X Mercado Medeival de Tremiñá-Veigamuíños (O Barco). Numerosas persoas percorrían na tarde de onde as súas estreitas rúas para visitar os ao redor de 70 postos desta edición, nos que podían atoparse todo tipo de produtos. A tarde estivo animada pola música, polos xogos populares, ademais houbo demostracións de oficios tradicionais e representouse a obra de teatro “Vila das Donas”. O programa continuará hoxe domingo con multitude de propostas. Foto: Carlos G. Hervella Percorrido pola X Feira Medieval Tremiñá-Veigamuíños

en Galerías de fotos 2 de Agosto de 2013 Multitude de postos nun ambiente de época medieval no que non faltou o teatro, nin a música. Por décimo ano consecutivo a Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños, en colaboración co Concello, fixeron posible esta iniciativa lúdico-festiva.

Fotos: Carlos G. Hervella

Sábado, 21 de Mercado Medieval, en Tremiñá Tremiñá (Veigamuíños - O Barco de Valdeorras) A aldea de Tremiñá, na parroquia de Veigamuíños, acolle os días 20 e 21 de xullo unha nova edición, a décima, do seu Mercado Medieval. A organización corre a cargo, un ano máis, da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños que conta coa colaboración do Concello do Barco.

O programa de actividades é o seguinte: Sábado, 20 de xullo: 18.00.- Exposición e venda nos distintos postos do mercado. Páxina 19


19.00.- Grupo de gaiteiros e demostración de fiada, cestería e palilleiras. 19.30.- Teatro coa representación da obra: Vila das donas, polo grupo Pisabarros. Actuación das pandereteiras de Veigamuíños. 22.00.- Baile e verbena. Domingo, 21 de xullo: 12.00.- Postos de polbo e viño. Exposición e venda nos distintos postos do mercado. 18.30.- Demostración de fiada, cestería e palilleiras. Actuación da Banda de Gaitas e pandereteiras do Concello da Veiga. 19.30.- Danza tradicional. Final do campionato de bolos (Premio: Un xamón). 20.00.- Demostración da malla e crilla. 21.30.- Música tradicional a cargo do grupo Tornaxeira. LOS BARQUENSES ACUDEN MASIVAMENTE A SU CITA CON MAYOS Y COPLAS

La Praza do Concello de O Barco centró la atención de los vecinos de la villa en la mañana de este miércoles, que acudieron en buen número a presenciar la fiesta de ‘Os Maios’. Fueron 10 los mayos que se presentaron al concurso, dividido en dos modalidades: artística y enxebre. A su vez, seis colectivos se subieron a la tarima montada ante el antiguo Consistorio para leer sus coplas.

Los ganadores del concurso de maios en la variedad enxebre fueron los siguientes: ANPA Julio Gurriarán (1º), ANPA Divina Pastora (2º) y Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños (3º). A su vez, los premiados en el estilo artístico fueron la Escuela Infantil Los Juglares (1º), Disvalia (2ª) y ANPA Otero Pedraio de Viloira (3º). El Divina Pastora fué el más votado por el público con 170 apoyos. fuente: La Región

3 May, 2013

.

Con miras na quinta edición 6 de Agosto de 2013 Oito grupos de teatro, entre eles Sarabela, participan nas Xornadas da Rúa

Cun balance “moi positivo” en canto a calidade e entrega dos grupos participantes, e tamén de público, clausurábanse as IV Xornadas de Teatro A Rúa, organizadas pola Asociación Cultural de Teatro A Ruada e feitas “co agarimo das anteriores e co propósito de facerlles disfrutar de momentos agradables. Se de verdade o conseguimos xa nos damos por satisfeitos” en palabras do presidente do colectivo Ramón Díaz. Foron sete días de intensa actividade teatral nos que os grupos convidados deron o mellor de si mesmos para arrincar un aplauso do público e, un ano máis conseguírono. Especialmente os rapaces de Morea coa súa obra “Espagueti con chourizo”. “Foi total e á xente encantoulle” di Maribel Campo un dos tres pés sobre os que se asenta este proxecto. Un proxecto cultural que nacía hai catro anos co obxectivo de reunir todo o teatro afeccionado que hai na zona, que é moito, e amosarllo á xente “que todo o mundo teña a posibilidade de ver o que se fai” explica Maribel. Foto: Mónica G. Bellver

Páxina 20


El teatro revive en Córgomo El teatro vuelve a Córgomo. Cuatro años después de la última edición de las 'Xornadas teatrais', Anxo Baranga pretende recuperar su espíritu con la ayuda de los grupos aficionados de la zona y menos presupuesto. Esta edición del programa 'En Construcción' apenas costó 700 euros, el dinero que este vilamartinés empleó en comprar tres focos de obra y algún otro gasto de escasa cuantía. En todo caso, Anxo Baranga se tomó estos pagos como una inversión. 'Para o ano que ven sairá máis barato, pois non terei que compralos', comentó. Esta precariedad de recursos obligó a reclamar el apoyo de los grupos de teatro aficionado que comienzan a proliferar por Valdeorras. Gargallada Teatro ya dio su sí a la invitación, una respuesta que también confía en encontrar en las compañías de Arcos (Vilamartín), Veigamuiños, Vilamartín y A Rúa. El alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, también demostró su colaboración y cedió el pequeño palco. JOSÉ CRUZ. O BARCO Sábado 21 de septiembre de 2013

Páxina 21


Memo 2013