Issuu on Google+

Departamento de Automoción

REPORTAXE DA VIAXE A BIRMINGHAM XANEIRO DE 2013 O pasado mes de xaneiro os alumnos de segundo curso de Automoción de Electromecánica de vehículos e carrocería tiveron a oportunidade de desprazarse a Reino Unido co gallo de realizar unha visita ao salón internacional de Birmingham, salón de gran renome mundial, onde as principais marcas e fabricantes presentan as súas novidades técnicas para este ano en curso. A visita durou 4 días, tendo a oportunidade de coñecer cidades tan importantes coma Oxford ou Londres. En Oxford visitáronse numerosos museos, destacando a visita o museo da historia da ciencia e o Museo Ashmolean da Universidade de Oxford, onde se expoñen numerosas obras de arte do século medio. A visita a Londres programada para o último día resultou de gran interese para os alumnos, tendo a oportunidade de coñecer o British Museum e o Museo de Arte Moderna sito a veira do río Támesis onde se puido gozar das magnificas vistas que a ponte de Calatraba nos proporcionou. En canto á visita técnica, indicar que foi moita a información recollida polos alumnos e entre outras moitas cousas puideron disfrutar das distintas universidades técnicas que en Reino Unido ten, expostas todas elas no Salón. Tamén puideron observar diversos deseños de automóbiles e escoitar a pilotos de gran renome no panorama actual da Fórmula Un, destacando entre eles Pol Di Resta ou Jensom Button. Cabe destacar que tanto nas visitas ás distintas cidades como nos actos programados os alumnos mostraron gran coñecemento do idioma inglés, non tendo ningún tipo de problema para desprazarse nos medios de transporte precisos como para desenvolverse nas actividades de acotío, tendo inclusive a coraxe de alugar na cidade de Londres bicis para coñecela na súa totalidade.

1


Sal贸n autom贸bil de Birmingham.

2


3


Primeira baterĂ­a elĂŠctrica fabricada, exposta no museo de Oxford.

4


Ponte sobre o Tรกmesis fronte ao museo de Arte Moderna.

5


Reportaxe da viaxe a Birmingham