Issuu on Google+

Organiza

A TABERNA DE VENTO. Estación de Botos, 38. Tel. 629 306 679 CASA MANOLO. Empalme, 3. Tel. 986 780 382 CASA MOURIÑO. Matemático Rodríguez, 1 y 3. Tel. 986 780 073/786 CASA PABLO. A Goleta, 39. Tel. 986 682 838 CASA SUSO. Carragoso, 33. Tel. 986 780 749 CASA-BAR CURRÁS. Praza da Igrexa, 2 . Tel. 986 781 251 CASA-BAR POLO. Pintor Laxeiro, 4. Tel. 986 780 261 HOSTAL CAMIÑO DE SANTIAGO. Bergazos, 21 – Donsión. Tel. 986 794 078 HOSTAL LAS PALMERAS. Arenal, 8. Tel. 986 780 222 MESÓN O CRUCE. Vilatuxe. Tel. 986 782 428 MESÓN OS ARCOS. Wenceslao Calvo Garra, 3. Tel. 986 780 899 PARRILLADA MODESTO. Observatorio, 12. Tel. 986 781 464 PARRILLADA VILLANUEVA. Corredoira, 84. Tel. 986 780 344 PAZO DE BENDOIRO. Bendoiro – Prado. Tel. 986 794 289 PULPERÍA ROQUE. Matemático Rodríguez, 9. Tel. 986 781 027 RESTAURANTE AGARIMO. Empalme, 2 – Donramiro. Tel. 986 780 902 RESTAURANTE AS VILAS. Arenal, 4. Tel. 986 780 140 RESTAURANTE CABANAS. Pintor Laxeiro, 3. Tel. 986 782 317 RESTAURANTE CATRO CAMIÑOS. Cercio. Tel. 986 682 466 RESTAURANTE FOGAR DE BREOGÁN. Seixo, 1. Santiso. Tel. 986 794 389 RESTAURANTE GASTHOF. C.C. Pontiñas - Local B-29. Tel. 986 781 685 RESTAURANTE HOTEL TORRE DO DEZA. Bergazos. Tel. 986 787 666 RESTAURANTE LA DILIGENCIA. Avda. da Estación. 8. Tel. 986 784 080 RESTAURANTE LA ESTACIÓN. Botos, 48. Tel. 986 780 455 RESTAURANTE LA MOLINERA. Molinera, 3. Tel. 986 781 172 RESTAURANTE LA ROBLEDA. Vilatuxe, 36. Tel. 986 783 679 RESTAURANTE MARÍA JOSÉ. Bendoiro, 15. Tel. 986 794 007 RESTAURANTE NAVAL DO ESPIÑO. Espiño, 29 - Filgueira. Tel. 986 787 064 RESTAURANTE-PARRILLADA TABOADA. Arenal, 37. Tel. 986 780 068 RESTAURANTE PONTIÑAS. Rúa da Ponte, 82. Tel. 986 787 147 RESTAURANTE VENECIA. Rúa B, 71. Tel. 986 784 900 RESTAURANTE O CAZADOR. Cabreira, 4 - Catasós. Tel. 986 782 351 Establecementos colaboradores en Madrid RESTAURANTE COMBARRO. Reina Mercedes, 12. Tel. 91 554 77 84 RESTAURANTE SANXENXO. José Ortega y Gasset, 40. Tel. 91 577 82 72

PREZO ORIENTATIVO CAPACIDADE 25 € 30 25-30 € 70 25-30 € 100 20 € 250 25-30 € 200 25 € 50 25-30 € 25 22 € 125 18 € 80 25-30 € 90 35 € 70 25 € 70 27 € 250 35 € 400 20-25 € 130 35 € 350 25 € 150 35 € 120 25 € 60 21 € 270 18,50 € 134 30 € 300 20-25 € 250 25 € 130 45 € 214 22 € 110 20 € 70 25 € 220 25 € 80 25 € 250 30 € 100 25 € 70

Lembrar o COCIDO de Lalín é exalta-los nosos mellores produtos convertidos pola gastronomía herdada do saber dos nosos antergos e milagre de mantenza e bo vivir. Percuramos que estea ben amosado nesta meirande obra artística, ben nomeada o Testiño, creada polo dezano “Paco Lareo” ¡ O bo é merecente de ser divulgado!

Testiño

Nicolás Alvarellos López

A FEIRA DO COCIDO estructúrase cunha serie de constantes que aínda perduran a día de hoxe e que definen a esencia desta festa de exaltación do prato máis tradicional de Galicia. PREGOEIRO: A lectura do pregón corre a cargo sempre dun persoeiro destacable traído do mundo das letras, da cultura, da política, das ciencias ou do deporte, que resalta dun xeito singular as riquezas culturais, gastronómicas e sociolóxicas da nosa terra. A lista dos pregoeiros está chea de nomes como Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo,Celso Emilio Ferreiro, Antonio Fraguas, Alfredo Conde, Pío Cabanillas, Manuel Fraga, Luis del Olmo, Fernando Ónega, Victoria Prego, Álvarez Cascos, Carlos Casares, Mariano Rajoy, Baltasar Garzón, Moncho Borrajo, Mª. Teresa Campos, Cruz y Raya, Marc Forné, Alberto Ruiz-Gallardón, Karlos Arguiñano, Santiago Rey Fernandéz-Latorre, Carlos Alsina ou María Castro. CARTELISTA: O cartel anunciador da Feira do Cocido encárgase anualmente dende a primeira edición a un artista galego que mostra, de xeito gráfıco, todas aquelas singularidades que o pregoeiro eloxia, aproveitando que Lalín e a Comarca de Deza sempre foron terras de grandes artistas. Entre eles está o noso Laxeiro, Antón Lamazares, Alfonso Sucasas, Moldes, Virxilio, Fortes, Alicia Alonso, Guillermo Aymerich, Paco Lareo, Xavier Arias, Paío, Santiago Valdés, Gloria Alonso, Nicolás González Aller, Álvaro Negro, Armindo Salgueiro, Moncho Borrajo, Fondevila, Macías, Quintana Martelo, Antonio García Patiño, Jorge Castillo ou José María Barreiro. Na edición do ano 2011, correspóndelle firmar a obra reproducida no cartel anunciador da XLIII Feira do Cocido ó recoñecido artista Antón Pulido.

Colaboran

Patrocinan


SAÚDO DO ALCALDE

XORNADAS DE EXALTACIÓN DA GASTRONOMÍA GALEGA EN LALÍN

Amigos e amigas:

Do 15 de XANEIRO ao 14 de FEBREIRO. • XIII MES DO COCIDO DE LALÍN.

A publicación o pasado 28 de xuño no Boletín Oficial do Estado da resolución pola que se concede o título de Festa de Interese Turístico Nacional á nosa Feira do Cocido de Lalín marca un antes e un despois para esta celebración, que agora forma parte do selecto grupo de festexos de referencia a nivel de toda España.

Do 21 de XANEIRO ao 18 de FEBREIRO. • EXPOSICIÓN “EMPORCARTE”. Obras de alumnos da Facultade de Bellas Artes de Pontevedra. Museo Municipal Ramón Aller.

Foron moitos anos de traballo para que, o que naceu como unha xornada gastronómica organizada entre un grupo de amigos, fora medrando tanto na celebración de actividades como no seu recoñecemento a nivel galego, nacional e internacional, como se demostra na presenza de milleiros de persoas polas nosas rúas o día da Feira do Cocido, a incalculable participación de comensais no Mes do Cocido ou na repercusión e o espazo que esta festa ocupa nos medios de comunicación. Unha vez conseguido este recoñecemento, desde o Concello de Lalín xa estamos a traballar para conseguir a concesión do título de Festa de Interese Turístico Internacional, o que daría un pulo definitivo ao noso Cocido para a súa expansión no exterior, cos conseguintes beneficios económicos e sociais que elo conlevaría para o noso municipio.

VENRES, 28 de XANEIRO. • FEITO EN LALÍN. O grupo “A CARBALLEIRA DE CERCIO” pon en escea a obra “COUSAS”. Salón Teatro-Auditorio Municipal. Do 3 ao 28 de FEBREIRO. • Xornadas do COCIDO DE LALÍN EN MADRID. Restaurante Sanxenxo e Restaurante Combarro. VENRES, 4 de FEBREIRO. • FEITO EN LALÍN. Actuación do trío de corda “LALÍN”. Museo Municipal Ramón Aller. Do 11 ao 21 de FEBREIRO. • Concurso de tapas “BOCADIÑOS DO COCIDO”.

Con motivo desta nova edición da Feira do Cocido, Lalín volverase encher entre os meses de xaneiro e marzo de actividades culturais e deportivas (actuacións de Feito en Lalín, concerto da Banda de Música de Lalín coa cantante de fados Ana Laíns, o Titerentroido, o concurso de pinchos e tapas, o Rali do Cocido, o Enduro do Cocido, a Carreira Popular do Cocido ou o torneo de pádel), que se sumarán ás xa tradicionais como o Mes do Cocido, a Matanza do Porco, as xornadas gastronómicas do Cocido de Lalín en Madrid ou a Gala da Gastronomía emitida en directo por Televisión de Galicia.

SÁBADO, 12 de FEBREIRO. • FEITO EN LALÍN. Concerto de BEGOÑA E IAGO DÚO. Museo Municipal Ramón Aller. • CARREIRA POPULAR DO COCIDO - MEMORIAL “VICENTE AGULLÓ”.

Creo que é un programa completo e con actividades para todos os gustos, adaptado ao mesmo tempo ás estreiteces económicas que estamos a vivir. Só me queda desexar aos milleiros de persoas que nos visiten nestas datas que gocen degustando o noso Cocido, que con tanto agarimo e dedicación se prepara para facelo inesquecible. Bo proveito a todos.

Días 19 e 20 de FEBREIRO. • FÓRMULA-RALI do COCIDO. Parque Empresarial Lalín 2000.

José Crespo Iglesias Alcalde de Lalín

DOMINGO, 13 de FEBREIRO. • MATANZA TRADICIONAL DO PORCO. A partir das 11.30 horas. Parroquia de SELLO-lugar do Burgo. • ENDURO DO COCIDO - MEMORIAL “EULO-ALBER”. Puntuable para o Campionato Galego.

VENRES, 25 de FEBREIRO • GRAN GALA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA. Retransmitida en directo pola TVG desde o Lalín Arena coa entrega de: - XVII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “ÁL VARO CUNQUEIRO”. - Premios da Gastronomía de Galicia.

SÁBADO, 26 de FEBREIRO • DIVERCOCIDO. Con xogos gratuítos para os pequenos. Centro Comercial Pontiñas-Haley. • CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE LALÍN, acompañada pola fadista ANA LAÍNS. Ás 20.30 horas no Salón Tuno Valdés-Auditorio Municipal. DOMINGO, 27 de febreiro. • XLIII FEIRA DO COCIDO. De FEBREIRO a XUÑO. • TORNEO DE PÁDEL “FEIRA DO COCIDO”, no Lalín Arena. VENRES, 4 de MARZO. • CINE DO COCIDO. Proxección das curtametraxes nas que o porco é o protagonista: “E-pigs” (Eslovenia, 2009), “Pig me” (Dinamarca, 2009) e “The werepig” (Galicia, 2009). Salón Teatro-Auditorio Municipal. Do 5 ao 8 de MARZO. • TITERENTROIDO, con representacións no Museo Municipal Ramón Aller. MARTES, 8 de MARZO. • CATA COMENTADA de formación para hostaleiros de Lalín, a cargo de NACHO COSTOYA EYO (Campión Nacional de Xefes de Sala-Maitres). Museo Municipal Ramón Aller. Do 11 ao 13 de MARZO. • XVII RALI DO COCIDO. VENRES, 18 de MARZO. • FEITO EN LALÍN. Concerto de flamenco a cargo de TUNES-LEGIDO-GARCÍA TRÍO. Salón Teatro-Auditorio Municipal. VENRES, 8 de ABRIL. • FEITO EN LALÍN. Concerto de clarinete e clarinete baixo a cargo de XOCAS MEIJIDE. Salón Teatro-Auditorio Municipal. Do 25 ao 30 de ABRIL. • FESTIVAL DIDÁCTICO DE CINE DE ANIMACIÓN “ANIRMAU ’ 11”. Salón Teatro-Auditorio Municipal.

XLIII FEIRA DO COCIDO - Domingo 27 de febreiro de 2011 PROGRAMA DE ACTOS 10,45 h. - Nova Casa Consistorial: - Recepción do/a pregoeiro/a e autoridades. - Capítulo Xeral da ENCOMENDA DO COCIDO. 12,00 h. - Apertura da Feira. 12,30 h. - Pregón da XLIII FEIRA DO COCIDO no Palco Presidencial sito na rúa Principal. 13,00 h. - Desfile de Carrozas, Charangas e Comparsas. FORMACIÓNS MUSICAIS, CHARANGAS E COMPARSAS BANDA DE MUSICA DE LALÍN BANDA DE GAITAS “OS DEZAS”, DE MONEIXAS-LALÍN COMPARSA “MOITA MARCHA”, DE MARÍN COMPARSA “OS SIN XEITO”, DE FOZ CHARANGA “OS DE SAN XULIÁN”, DE MARÍN COMPARSA “OS DA CAÑA”, DE MARÍN CHARANGA “O MELLOR DE CADA CASA”, DE BURELA COMPARSA “OS CANECOS”, DE POIO CHARANGA “PATAQUEIRADA”, DE BURELA CHARANGA “OS SULFAMIDAS”, DE CAMPOLAMEIRO CHARANGA “OS PAPARIKAS”, DE POIO COMPARSA “AS MARCHOSAS”, DE ARCADE COMPARSA “OS FARILLÓNS”, DE SAN CIPRIÁN COMPARSA “OS REMOLÓNS”, DE VILAGARCÍA CARROZAS ASOCIACIÓN “A CARQUEIXA”, DE A VEIGA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SELLO CABALEIROS DE LALÍN COOPERATIVA DE BOTOS ASOCIACIÓN SANTA MARIÑA DE PESCOSO, DE RODEIRO GRUPO DE BAILE “A CARBALLEIRA”, DE CERCIO ASOCIACIÓN “A BALOUTA”, DE MUIMENTA CABALEIROS DE DEZA ASOCIACIÓN DE RODEIRO “DISCO 70 CARROZA”, DE CASTRO RIBERAS DE LEA CARROZA “EL HECHIZO DE BABILONIA”, DE SAMIEIRA-POIO


Feira do Cocido