1468

Page 1




Este cómic é unha colaboración integrada na programación cultural ofertada no XX aniversario do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Grazas á A.C.Cherinkas polo seu apoio e infinita paciencia. 1468 Rubén Rial (www.cankente.tumblr.com) Versión dixital: Rubén Rial Versión Impresa Edición: A. Cherinkas (www.asaltoaocastelo.org) Imprime: Deputación da Coruña Asalto ao Castelo 2015


Prólogo da versión impresa:

A

banda deseñada presenta orixes moi primitivas, malia que a súa consideración como tal se vincule coas primeiras décadas do XX. Neste sentido, establece unha ponte entre a Literatura e o Cine a través da súa sucesión de imaxes en papel. Xaora, polas súas veas negras transcorre un ADN interxeracional, o que o mantén con fortes defensas –e vida alegre– ante a invasión das TIC; porque, alén disto, moitas das características da literatura cibernética sempre estiveron presentes no cómic. En efecto, o hipertexto e o hipermedia son compoñentes de seu: xa na lectura

–o termo pide matiz– xa na mestizaxe artística e sensorial. Para nós é, pois, un gusto enorme poder presentar esta mostra sui géneris, xa que encaixa á perfección co espíritu do Asalto ao Castelo, festa que escapa das ríxidas clasificacións: ante todo integradora e, á vez, identitaria. Agradecemos o esforzo e ilusión postos polo autor, e estendemos tamén as grazas á Excelentísima Deputación da Coruña, como concreción desta realidade hoxe tanxible. Un saúdo de A. CHERINKAS