Page 1

O OVO, O NIテ前, A CASA, A PATRIA O UNIVERSO

Candela Rajal Alonso Irene Vidal Cal 1


O OVO, O NIテ前, A CASA, A PATRIA O UNIVERSO

Fotografテュa da cabana de Martin Heidegger en Todtnauberg, Alemaテアa

2


ÍNDICE

Ordenando as ideas

INTRODUCCIÓN........................................................................................................................................................................... 4

SITUACIÓN.................................................................................................................................................................. 5 LUGAR E ENTORNO............................................................................................................................................. 6

LOCALIZACIÓN..................................................................................................................................................... 12 CONDICIÓNS TÉCNICAS DO ESPAZO ............................................................................................... 13 PLANOS e FOTOGRAFÍAS............................................................................................................................... 14 A EXPOSICIÓN.............................................................................................................................................................................. 30 O TEMA............................................................................................................................................................................... 32 AS OBRAS. AS PEZAS E OS PORQUÉS....................................................................................................... 36 DISPOSICIÓN DAS OBRAS EN TORNO Ó ESPAZO .......................................................................... 54

2

3


4

O ovo, o niño, a casa, a patria o universo

INTRODUCCIÓN


4

5

A Liga Santaballesa

SITUACIĂ“N


LUGAR E ENTORNO O espazo e a súa historia A Liga Santaballesa de Educación e Instrucción foi construida no ano 1907. Foi financiada por habitantes de Santaballa que emigraron a América a principios do século XX e conseguiron acadar o éxito. Grazas ós coñecidos como indianos e ó bon facer dos que agardaron por eles, voltaron realidade proxectos que poderían parecer difíciles de alcanzar: crear unha nova oportunidade para as futuras xeracións do lugar. Emblema da Liga Santaballesa, 1997

Na liga Santaballesa, os nenos eran ensiandos a ler, escribir, xeografía, historia, lingua... Mestres con moitas ganas de aportar bos coñecementos ós pequenos, axudaron a educar a florecente sociedade do seu redor. A través de xogos populares, excursións ós montes do lugar e outras actividades, os rapaces aprendían sobre a amizade e a natureza, apreciando e valorando o seu entorno. Como anécdota a favor do aprezo pola súa cultura e a súa comunidade, a Liga Santaballesa foi a primeira institución en impartir leccións en lingua galega. Historia, Xeografía e Lingua adicábanse a Galicia, aínda que fose dun xeito non moi legal, por cuestións da época.

Grupo de nenos na clase da Liga Santaballesa

Grupo de nenas nunha das aulas da escola

Ademáis, os nenos maiores que quixesen continuar a estudar no centro, podían recibir clases prácticas para aprender oficios nos que traballar no futuro coma canteiro ou carpinteiro no caso dos nenos, e costureira no caso das nenas. Deste xeito, os rapaces e rapazas poderían construir un futuro e un refuxio que os emigrados non tiveron.

Tareas cotiás ós arredores da escola

6


A Liga Santaballesa e O ovo, o niño, a casa, a patria, o universo. Esta antiga escola garda tras das súas paredes máis dun século de historia. Vencellada directamente ca emigración, conta cun gran número de testemuños que nos achegan a épocas pasadas: mobles, arquivos, salas... Son evidencias da falta de posibilidades que algúns veciños santaballeses sufrían, tanto que moitos deles, tiveron que emigrar cara o continente americano. Marchaban en busca dun refuxio para combater a amenazante pobreza.

Anque lonxe me vou ¡non’a deixo! siquiera un momento lebareina candamin gardada n-o meu pensamento. Pid-a Dios e os santos benditos pol-a sorte miña Pr’a tornar abrazala contento ¡y-adios nanaiciña!... Cayetano Arias López, veciño de Santaballa

É así como ás veces atopamos onde estar ó abeiro de lugares que non son o noso propio fogar. Son lugares que distan moito das nosas casas e dos nosos pobos, lugares descoñecidos e inimaxinables. Ó emigrante non lle importa o afastado que estea o lugar se atopa a estabilidade que precisa. Quen emigra foxe da miseria e da fame, e inevitablemente tamén foxe da súa casa, polo que necesita establecer un novo refuxio ó que chamar fogar. Coma un caranguexo ermitán, o home gárdase baixo a cuncha que mellor o protexe. É ben certo que isto sucede (e sobre todo en tempos de fame), pero por outra banda tamén é verdade que unha vez atopada a estabilidade nas cunchas extrañas, sentimos un forte desexo de voltar á que nos viu nacer. É esa cuncha a que mellor nos coñece, a máis morna, á que pertencemos. Por esta razón, existe a necesidade de trasmitir esa seguridade acadada no lugar lonxano a quen aínda permanece alí. E é por iso que existe a necesidade de trasmitir esa seguridade acadada no lugar lonxano a quen aínda permanece alí. Lembrando como os paxaros voltan ós seus niños: O niño morno e en calma, Onde o paxaro canta /.../ Lembra as cancións, o encanto, O albor puro, Da vella casa. Jean Caubère, Déserts.

Unha das primeiras fotografías da escola

6

7


O “Modelo” corría. Semellaba unha nube voando a rente do chan, por entre os piñeiros, por entre as viñas. Miguel ía dentro. Pasaba o tempo e non viña a carta. Miña nai rezaba día e noite, e ofreceulle unha vela á Virxe do Carme para que non se afundise o barco onde meu irmán viaxaba. Ata que un día a carta chegou. Miguel estaba ben. Taballaba na tenda do tío Xaquín. Vestía de corte con roupa de garda e zapatos. Ademais folgaba os sábados pola tarde, andaba nun coche de liña e comía pantrigo, queixo e compango todos os días. Eso si que era vida”. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego.

Ilustración de Isaac Díaz Pardo para Memorias dun neno labrego.

8


Deste xeito, nacen as escolas habaneras ou indianas, que de xeito especial na Terra Chá, deixaron unha importante pegada na historia das súas parroquias e veciños. A xenerosidade do chamado indiano, e a forza de vontade do pobo, fan posible a construcción dun futuro para as novas xeracións. É por todo isto, que a Liga Santaballesa posúe unha forte consonancia cun proxecto que pretende mostrar os refuxios de hoxe reflectidos pola arte contemporánea. O ovo, o niño, a casa, a patria, o universo combina diferentes maneiras de sentirse seguro, en calma e refuxiado dende puntos de vista distanciados en tempo, lugar e contexto. A necesidade de sentirse seguro e buscar alternativas para sentirse abeirado sempre está pesente, polo que o ser humano, ó longo da historia, tivo que artellar diferentes solucións.

Condicións do espazo e actividades actuais. A conservación do espazo e o interese da veciñanza por mantelo en boas condicións fixeron que o edificio siga tendo certas funcións educativas ou de ensinanza. Nenos e maiores participan de labores pedagóxicas coma talleres de artesanía, manualidades ou mesmo tai-chi. Ademáis, realizouse unha curtametraxe na que os veciños se convertiron nos protagonistas dunha reconstrucción. Unha reconstrucción que representaba os acontecementos do entorno da escola na época das migracións a Cuba na I Xornadas de Migracións e Indianos.

Reconstrucción dos veciños na Xornada de Migracións e Indianos

O espazo dispón de medios para organizar visitas guiadas e mesmo para ofrecerlles un aperitivo ó contar cun gran salón e unha cociña. O espazo principal, situado na planta baixa está destinado a actividades coma reunións, concertos ou conferencias, e xa presenciou persoeiros coma o escritor Xosé Neira Vilas (moi vencellado á emigración) ou músicos coma o grupo lucense Batital. Na actuaildade séguense a realizar este tipo de actividades ó mesmo tempo que outros veciños rehabilitan mobles e outros obxectos históricos. Programado para pouco antes do verán de 2012, a Liga Santaballesa conta co remate da rehabilitación dos mobles dalgunhas das salas do primeiro andar, sen descartar a adquisición de novos documentos ou mobiliario para mostrar ós visitantes. Ata o de agora, é posible visitar algunhas salas ambientadas na época de primeiros do século XX, con mobles, decoración e documentos orixinais que nos transportan a outros tempos. Actualmente, outras exposicións están programadas para o ano 2012. Por exemplo, a que terá lugar nos próximos meses con fondos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). 8

9


Localización A Liga Santaballesa sitúase no barrio de Feiranova de Santaballa, Concello de Vilalba. A parroquia trátase dunha zona rural, na que non é habitual recibir proxectos coma o que aquí se presenta. Santaballa é unha parroquia de gran extensión, na que os veciños senten unha especial sensibilidade polo seu patrimonio, implicándose nas actividades que teñen lugar no edificio. A Liga Santaballesa esfórzase por achegar ós habitantes do redor, conferencias, exposicións fotográficas sobre a emigración, cursos, talleres... Tanto o entusiasmo da asociación coma o da Liga, e a participación veciñal, fan posible este tipo de iniciativas. A proximidade do edificio á estrada nacional, fai dela un lugar fácilmente accesible dende concellos como Vilalba ou Xermade tanto en automóbil como transporte público. Ademáis o edificio goza dun amplo aparcadoiro. Preto da Liga atópanse restaurantes coma o Naseiro e hoteis coma o Hotel Husa Spa onde aloxarse. Tamén se pode gozar do patrimonio natural coma a Charca do Alligal de Codesido ou achegarnos ás pegadas que a prehistoria deixou na zona visitanto o menhir Pedrachantada ou a cámara megalítica Medoña do Estelo. A poucos metros do edificio, o campo de fútbol da Liga Santaballesa celebra partidos entre o equipo da parroquia Club Deportivo Santaballés que dende 1933 celebra encontros contra equipos locais e dende 1977 entra en ligas rexionais. A actividade do campo de fútbol xunto con celebracións coma as festas de San Pedro, as cales teñen lugar en xuño, pode favorecer a visita a O ovo, o niño, a casa, a patria, o universo.

Antigo equipo do Club Deportivo Santaballés

10


LOCALIZACIÓN

Liga Santaballesa de Educación Instrucción Feiranova, S/N 27830 Santaballa (Lugo) http://santaballa.es http:facebook.com/ligasantaballesa 10

11


CONDICIÓNS TÉCNICAS DO ESPAZO O edificio está composto por un total de tres andares: planta baixa, primeiro andar e faiado. Conta cun total de 26 fiestras con contras de madeira, algunhas delas con estores para suavizar o efecto da luz natural no interior do espazo. Ademáis, na parte superior delas contan con varandas nas que é posible colgar telas opacas ou outro tipo de materiais con facilidade. Existen dúas portas de acceso ó edificio: unha na fachada (tras subir seis escalóns) e outra na parte de atrás con acceso a minusválidos por medio dunha rampa. No primeiro andar, existen un pequeno trasteiro, unha cociña e aseos para homes e mulleres, ademáis dun espazo con dous ordenadores e un pequeno escenario que conta con equipo de son e de reprodución (unha pantala de televisión e un ordenador). Todo o edificio conta con instalación eléctrica, calefacción e tamén de auga no primeiro andar. En canto á instalación eléctrica (con posibilidade de engadir outras fontes se fose necesario), no primeiro andar hai arredor de seis focos de cincocentos vatios, catro lámpadas de teito e tres lámpadas de tubos fluorescentes; no segundo andar non existe luz artificial no espazo expositivo e no terceiro andar (rocho) hai tres focos de cincocentos vatios. Outras condicións importantes do edificio son a humidade e a seguridade: En canto á humidade, non se dispoñen de datos reais no interior do edificio. Sobre a seguridade, non existe ningunha compañía ou asociación que se encargue da tarefa durante o día ou a noite. As portas de acceso son fechadas con chave cando ningún membro da directiva está presente no edificio. Este atópase nun terreo aberto sen ningún tipo de valado.

12


PLANOS E FOTOGRAFÍAS

12

13


14


14

15


1.

Acceso principal

2.

Iluminaci贸n

Escaleiras de acceso 贸 primeiro andar

3.

4.

Escenario

5.

Columnas

Porta de acceso para minusv谩lidos

6.

7.

Zona de ordenadores.

8.

Coci帽a

9.

Aseos 16


16

1.

Fiestra

2.

Escaleiras

3.

Iluminaci贸n

4.

Fiestra

17


FotografĂ­as exteriores

Exterior e aparcadoiro da escola

Zonas verdes do edificio

Parte posterior do edificio

18


Un dos accesos á escola

Fotografías interiores PRIMEIRA PLANTA

Vestíbulo e porta de entrada

Vestíbulo e fiestras con estores

18

19


Vestíbulo, escenario e escaleiras á segunda planta

Vestíbulo e acceso para minusválidos

Sistema de iluminación

20


Detalle da varanda que bordea as paredes na primeira planta

ESCALEIRAS

Escaleiras de madeira reconstru铆das e con estructura s贸lida

20

21


Vista en picada dende as escaleiras

SEGUNDA PLANTA

Vestíbulo de acceso as habitacións reconstruídas

22


Habitaci贸ns reconstru铆das a modo de museo

Corredor de acceso a algunhas das habitaci贸ns reconstru铆das

22

23


Reconstrucci贸n da habitaci贸n do mestre

Reconstrucci贸n do despacho do mestre

Reconstrucci贸n dunha das antigas aulas da escola

24


Detalle da parede entre andares

Detalle das chaves da luz fieis ĂĄs da ĂŠpoca

24

25


FAIADO

Detalle da varanda no faiado

Amplo faiado reconstru铆do

Faiado coa actual exposici贸n de fotograf铆a sobre a emigraci贸n

26


26

27

A EXPOSICIÓN


O TEMA

O ovo, o niño, a casa, a patria, o universo

“Tódolo que fan os boques, os ríos, o aire cabe entre estos muros que cren pechar a estancia; acudide, cabaleiros que atravesades mares, só teño un teito de ceo, atoparedes o voso lugar”

Así nos falaba Jules Superville do seu concepto de casa, no seu libro Les annus inconnus. Unha casa dende a que se ve o mundo, e que ó mesmo tempo o contén. O mundo vólvese a nosa casa, e é alí onde debemos atopar o noso propio recuncho, o noso niño, a nosa cuncha, a nosa inmensidade íntima. É o refuxio, unha saudade vital para o ser humano, a necesidade incesante de construír uns límites racionais onde atoparse seguro e protexido. “ O ovo, o niño, a casa, a patria, o universo” é un percorrido a través das diferentes concepcións, que o ser humano entende ou entedeu ó longo da historia, como refuxio. O refuxio está vinculado na súa totalidade á vida pero é un concepto que experimenta cambios constantes. Ó igual que nos mostra o director Jacques Annaud na película Na busca do lume, dende a nosa época primitiva vémonos ante un mundo hostil, e é a calor do lume o único xeito de acadar a supervivencia. Alí onde estea o lume, onde está o fogar, é alí onde atoparemos a seguridade, o noso refuxio. “O benestar que experimento ante o lume cando o mal tempo cunde, é todo animal. A rata no seu buraco, o coello na súa toca, a vaca no seu cortello deben ser felices coma min” Vlaminck O lume lémbranos ó máis primitivo de nós, e ó mesmo tempo, á nosa natureza animal. Coma os animais, o noso refuxio estará en estreita relación con nós e cos nosos corpos, o noso niño anicarase, ocultarase ou alongarase. Nós pedímoslle benestar e o niño devolvénolo en forma de calidez e de suavidade. Debe ser axeitado para a vida. E representa en si mesmo ó esforzo e empeño do constructor, que busca e recolecta os mellores materiais. O paxaro moldea e escolle as pólas acuncándoas co seu propio corpo, o niño é así o espazo más íntimo e propio que existe, case palpita. Está creado á imaxe e semellanza do noso propio corazón, que é a nosa chama inesgotable. O niño é para o paxaro o mesmo que para o molusco a cuncha. A cuncha cumpre a función de habitar dende a súa postura de fortaleza natural. Aínda que o inimigo poida apoderarse dunha parte dela, o núcleo central quedaría sempre dispoñible, sempre afastado do perigo. Coma unha bóveda en forma de espiral á que é dificil de chegar. A forma de espiral é deste xeito, case unha imaxe cautivadora. Unha profundidade atormentadora, soamente o ser que posúe unha morada subterránea, sabe controlar os espantos ordinarios. Case coma unha gruta-cuncha, que se convirte nun espazo fortaleza. Este concepto de refuxio traénos recordos da imaxe do cativo xogando e recolectando coxíns e sabas para crear a súa propia fortificación. Eses muros endebles gardan moito máis do que semellan, imaxes, infinitos mundos de fantasía. De certo xeito, esas imaxes mentais de refuxio non rematan na infancia. Hoxe en día non son poucas as grandes portas de ferro blindadas, as cámaras de vixilancia ameazantes, aramados fonteirizos...¿Non é acaso levar ó límite o concepto de habitar?¿Non estamos construíndo un mundo de infinitos castelos saídos de contos fantásticos? Co paso dos anos, e ó longo da nosa historia, o concepto de habitar e de refuxio fóronse transformando ata chegar a lindes insospeitados. Lonxe queda o niño cálido das nosas casas, que adquiriron o seu concepto de habitar case como unha necesidade imposta. Casas cada vez máis grandes, con máis aparellos, con controles de seguridade case infranqueables...A sociedade moderna creou durante anos artificios, aparellos, que algún día nos resultaron monstruosos e que hoxe forman parte da nosa vida cotiá. Convertíronse pouco a pouco en lugares imaxinarios de refuxio.

28


“Cando se produce tal reacomodación, a cotidianidade restáurase, o benestar vívese agora coma unha situación de novidades, nun novo lugar de espazo de posibilidades que se tranformaron coma resultado da invasión da prótese” Fernando Broncano, no seu libro A melancolía do ciborg, preséntanos un mundo de ciborgs, que unha vez foron humanos, e que agora están nun mundo cheo de artificos, de conceptos creados por unha clase dominante. E agora son seres con protésis culturais e técnicas, e vense vulnerables ante un mundo de agresións continuas. Atópanse perdidos entre un mundo natural e artificial. Nunha época na que a fronteira, a peregrinaxe e o nomadismo son os únicos refuxios. “ Este signo de retorno sinala infinitos ensoños, porque os retornos humanos realízanse sobre o gran ritmo da vida, ritmo que franquea anos, que loita polo soño contra tódalas ausencias” A poética do espazo. Gaston Bachelard Somos seres exiliados, cuxa identidade se constrúe con categorías que teñen máis que ver co espacial, con formas de habitar contextos, de poboalos e recorrelos, coa viaxe non entendida coma destino, senón coma exploración. O espazo cada vez se fai máis diverso e cheo de fronteiras invisibles. O noso conceprto de refuxio é un concepto artificial imposto por unha sociedade capitalista. Atopamos o noso benestar na felicidade ficticia, no que nos fan crer que é un refuxio. E non contentos con crear os nosos propios refuxios artificias, creamos refuxios articias para os demáis seres vivos: gaiolas, paxareiras, invernadoiros, parques naturais protexidos, zoolóxicos.... E que ocorre cando nos decatamos da nosa vivencia ciborg, ¿onde atopamos o noso refuxio, o noso límite, se tódolo que nos rodea só nos ataca apocaliptícamente? As continuas imaxes, os continuos símbolos e signos. O único recuncho que atopamos é a nosa inmensidade íntima. Non é un límite físico, é un espazo no que nós eliximos onde comeza e onde ramata, pero que é un espazo inmenso. Comeza no máis profundo do noso interior. Foxe da imaxe e de contado está lonxe, noutra parte, no espazo da “outra parte”. E é esa parte onde se atopa o natural, o noso espírito, a expasión de ser que a vida reprime. “Cando estamos inmóbiles, estamos noutra parte; soñamos nun mundo inmenso. A inmensidade é o movemento do home inmóbil. A inmensidade é un dos caracteres dinámicos do ensoño tranquilo” A poética do espazo. G. Bachelard Un estado de meditación, profundo, sagrado e ancestral, que se convirte nun transcendente psicolóxico. Intimamente ligado coa soidade, nunha consonancia entre a inmensidade do mundo e a profundidade de ser íntimo. Baudelaire escribe nos seus Diarios íntimos: “En certos estados da alma case sobrenaturais, a profundidade da vida revélase por enteiro ó espectáculo, por corrente que seña, que un ten baixo os ollos. Convírtese nun símbolo”. A alma medita e soña, unha inmensidade que espera as imaxes da inmensidade. E cando atopa nun obxecto inmenso, atopa tamén o perfecto,o redondo e o eterno, e este convertirase no niño da súa inmensidade. “Despois do ensoño hipertrofiado hai que voltar ó ensoño que se designa pola súa simplicidade primeira”. Como conta Gaston Bachelard, nun libro que nos serve de guía a través de todo o noso percorrido, A poética do espazo. A deconstrucción do espazo poético que realiza non é máis ca un prólogo sobre a existencia humana. De como o home habita na terra, como constrúe e como plantexamos os nosos lindes e de como convívimos con eles, modificando ás veces os nosos propios hábitos.

28

29


“ Ó habitar chegamos, así parece, só por medio do construír. Éste, o construír, ten a aquél, o habitar, como meta”. Martin Heidegger Para Heidegger, o concepto de refuxio está vinculado á búsqueda do hábitat perfecto. Os espazos nos que habitamos, son ás veces máis irremediables que elixibles: a casa, a oficina, o supermercado, as rúas... Pero a necesidade dun lugar propio onde poder sentarnos a ler un libro, escribir, filosofar, pensar... é indispensable para o individuo, que deberá resignarse e adaptarse ó espazo permisible. Moitos máis artistas e filósofos, como Wittgenstein, Jung, Nietzsche ou Goethe, víronse na obriga de escapar da urbe, e erixiron frías cabanas no medio da natureza. ¿Quizáis debreriamos nós levantar as nosas propias cabanas onde reflexionar?¿ Quizáis chegamos a un punto na historia da humanidade, no que os refuxios irremediables gañan o terreo ás cabanas para pensar?

30


30

31

As pezas e os porqués

AS OBRAS


RIVAS, Xavier Mud, 2006 C-Print 50 x 60 cm CGAC

“O benestar que experimento cando o mal tempo cunde, é todo animal. A rata e o seu burato, o coello na seu tobo, a vaca na súa corte deben ser felices coma min”, como nos facía ver Vlamink no seu libro Poliment, o ser humano ó igual ca os demais seres vivos, necesita dun lugar onde abeirarse, onde protexerse do hostil mundo exterior. Unha forma de estreitar ou marcar a fronteira entre o noso corpo e o espazo, cun ritmo marcado polo contacto ao noso movemento. Un movemento case morno que nos pode lembrar mesmo á aperta da nosa nai, o colo, o berce, onde nos atopamos seguros. E é esa seguridade ansiada, case dunha maneira primitiva, a que nos recobra a ese instinto natural, volvéndose unha necesidade permanente e indispesable. Unha función vital, tal como alimentarse ou reproducirse. Nesta obra de Xavier Rivas móstrase 30 imaxes de buratos feitos na terra por diferentes animais que atoparon nela un refuxio. Estos buratos semellan verdadeiras obras en sí mesmos, vóltanse estéticos ante o lenzo da natureza. A súa perfección e o seu primitivismo é case fráxil. Como unha peza aurática, vémonos atraídos pola curiosade da beleza que nela se agocha, pero ó mesmo tempo sentímonos alleos. Non podemos tocala, como se dunha forza superior se tratara.

32


ALMEIDA, Helena Días quasi tranquilos, 1986 Fotografía b/n 79,05 x 70 x 2,50 cm Fundación ARCO

Helena Almeida móstranos outras maneiras de sentirse refuxiado por medio de diferentes recursos. A inclusión da figura no fondo, o mimetismo co que trata a figura humana dentro dunha paisaxe amórfica, o tratamento do branco e o negro... Son chaves que nos descobren a importancia da intimidade e da soidade para sentirnos seguros. Desaparecer, do mesmo xeito que no Camiñante fronte a un mar de néboa, reflicte a impotencia dun ser envolto nunha inmensidade que o devora. O refuxio está tamén presente na habilidade de non ser visto. Coma no cadro de Friedrich, onde o ser humano está case difuminado entre as nubes, Almeida introduce á figura nunha inmensa masa de negrura. “ A inmensidade está dentro de nós, está adherida a unha especie de expansión de ser que a vida reprime, que a prudencia detén, pero que continúa na soidade.” Gaston Bachelard, A poética do espazo. Procuramos o negro, a sombra, a penumbra, onde atopamos a invisibilidade e a soidade. É unha maneira de agocharnos máis mística que física, sentindo o acougo cando ó redor non hai nada. Ante o mundo descoñecido e informe, o descanso e a inmobilidade libérannos, xa que se non se sabe onde se está, tampouco se sabe a onde se vai. Non hai lugar, só un espazo para a intimidade no que manterse impermeable ó que nos rodea. Atópase entón na fotografía de Helena Almeida o refuxio no espazo branco, ou pola contra na negrura?

32

33


ROSENFELD, David Les modernes, nº10 , 2000-2001 Fotografía cor 28,80 x 34,30 x 2,80 cm CGAC

ROSENFELD, David Les modernes, nº7 , 2000-2001 Fotografía cor 28,80 x 34,30 x 2,80 cm CGAC

Dúas obras que se mimetizan nunha mesma polo seu significado e estética. Coma un xesto dividido no tempo e no espazo A pesares de tratarse de dúas fotografías tomadas en diferentes intres, mostan a continuidade dun mesmo xesto de introspección. Ocorre que ás veces o único acougo posible se atopa dentro de nós, precisando dun esforzo por parte dun mesmo para conseguir un alento de tranquilidade. Unha función introspectiva case inmóbil, que chama á quietude, lévanos a un acougo de curta duración semellando un suspiro que nos mergulla nunha inmensidade íntima sen límites. Vémonos entón envoltos a unha actividade natural do noso ser insignificante, actividade dun ser inmóbil. Nace así, dentro de nós, a creación dun universo profundo tan grande como podamos imaxinar.

“Todo iso non existía máis que na súa imaxinación; pero era o suficiente para que esas pequenas propiedades quiméricas adquirisen realidade nos seus ollos” “Gaston Bachelard, A poética do espazo”

34


CERVIÑO, Xoán Sen título. Serie Paisaxe Artificial, 1998 Codia de ábore virxe 95 cm de diamétro CGAC

“As imaxes da redondez absoluta axúdannos a recollernos sobre nós mesmos, a darnos a nós mesmos unha primeira constitución, a afirmar o noso ser íntimamente, por dentro. Porque vivida dende dentro, sen exterioridade, a existencia soamente pode ser redonda”. Gaston Bachelard, A poética do espazo. O primeiro que chama a atención nesta peza de Xoán Cerviño é a dicotomía existente entre a natureza do material e a súa forma. Ó ver o material, asociámolo directamente ca súa procedencia, e polo tanto ca súa apariencia. Neste caso, a fortaleza e robustez dunha árbore vese concentrada nunha forma redonda, suave e íntima. Remóntanos á orixe e ó primitivismo, do mesmo xeito que o paxaro constrúe o seu niño instintivamente utilizando o que a natureza lle ofrece. O artista convértese en paxaro, toma o orgánico para ser moldeado. A redondez remítenos ó concepto de seguridade e polo tanto ó benestar do refuxio. A árbore reprégase en si mesma, agochándose coma un ourizo, manténdose dentro do seu armazón que o illa do exterior. Coma unha verdade absoluta, a obra fálanos da existencia en toda a súa calidade inmediata, ó igual que a noz se redondea na súa casca. Lembrándonos á concentración do ser no seu núcleo vital, coma o núcleo terrestre na inmensidade do cosmos.

34

35


ALMEIDA, Efrain A Casa que Virou Árvore, 200 Madeira de Cedro 35 x 25 x 27 cm Fundación ARCO

“ Xa a árbore que ten a honra de albergar un niño participa no seu misterio. A árbore é xa para o paxaro un refuxio” Gaston Bachelard . A poética do espazo Dunha maneira moi plástica e artificial, unha materia prima coma a madeira alónxanos da idea directa de natureza, pero ó mesmo tempo devólvenos un sutil residuo de vida a través das súas pólas. O artista xoga co material coma un artefacto, dándolle diferentes lecturas. A madeira busca o contacto ca súa orixe e o seu estado primario. Nembargantes, a madeira non pode conseguir ser árbore nunca máis. Atopámonos ante a representación do niño por excelecia, o que o ser humano relaciona co concepto de refuxio instantaneamente, ó que nós chamamos fogar. Ás veces esquecemos que a idea de refuxio é intrínseca a cada ser vivo, empeñándonos en traspasar a nosa imaxe de niño a outras especies, creando un modelo que se reproduce en cadea. A caseta do noso can ou as paxareiras de xardín foron conquistadas pola idea de acubillo humano. A casa construída quere voltar a ser niño construído, do mesmo xeito que as pólas queren volver a albergar o niño primixenio.

36


LONG, Richard Wind Stones (Carpeta de Joseph Beuys), 1986 Litografía Offset e serigrafía en cartón branco 60 x 70 cm CGAC

“Por derradeira vez, cabana, deixa que bique os teus modestos muros e ata a tu sombra, cor da miña pena” Teophile Briant, Saint-Pol Roux Escritores, filósofos e pensadores atoparon o seu refuxio lonxe da urbe en cabanas construídas nos lugares máis afastados da civilización onde poder aillarse para pensar. Fuxir do cotián para refuxiarse nun lugar que apenas cumpre as funcións máis básicas, permítelle ó individuo conseguir a soidade necesaria para poñer en orde os seus pensamentos e aliviar as súas penas. Cabanas construídas en plena natureza, soterradas no terreo, fúndense nun co chan, creando unha coraza protectora e aillante. Habitamos numerosos lugares: o noso fogar, o lugar de traballo, a cidade, incluso o mundo... Pero non sempre é posible escoller onde o facemos. Segundo Martin Heidegger, “Ó habitar chegamos, así parece, soamente por medio de construír. Éste, o construír, ten a aquél, o habitar como meta”. É aquí onde queda visible un dos nosos instintos máis primarios, o de construír. Ligada a este instinto, está tamén a necesidade de recolección anterior, ó igual que animais coma o castor constructor da súa presa.

36

37


OLIVEIRA, Maria Pia In-in, Out, 2002 Fotografía cor 104 x 130,90 cm CGAC

“Este signo de retorno sinala infinitos ensoños, porque os retornos humanos realízanse sobre o gran ritmo da vida humana, ritmo que franquea anos, que loita polo soño contra todas as ausencias” Gaston Bachelard, A Poética do espazo. Nesta fotografía de Maria Pia Oliveira, unha personaxe protagonista e central atópase nunha estancia pechada e envolvente. Trátase dun lugar de ensoño, dotado de paredes de apariencia feble e plácida, que incitan mesmo a ser tocadas. A pesares de contar con tódalas características para ser acolledor, o protagonista parécese estar preparando para saír da estancia. Por outra banda, a estancia non ten saída, e o individuo está condenado a vivir eternamente nun espacio do que ten que marchar. A controversia que se produce entre o deber e o querer saír reflicte a loita interior que existe entre as convencións externas a nós, impostas, e os nosos sentimentos. A imaxe de néboa que produce a estancia, eliminando a posibilidade de ver, provoca unha sensación de introversión ata chegar ó refuxio íntimo.

38


CECCHINI, Loris No Casting, 2002 Impresión Lambda, silicona e metacrilato 59,60 x 59,60 cm CGAC

“ Hai unha reconciliación cunha forma de ser que está entre a vida e a morte, entre a representación e a realidade, entre o ceo e a terra, entre o divino e o humano. Esa fronteira é realmente o lugar da experiencia humana”. Fernando Broncano. A melancolía do ciborg. Loris Cecchini crea un ambiente entre o real e o ficticio, desafiando á verosimilitude das súas fotografías. A tensión que se produce froito da dúbida ante o que estamos a ver, potencia a sensación de credibilidade. As obras pertencentes á serie No casting, están a medio camiño entre o convencemento e a inverosimilitude. O sentimento de familiaridade tanto cos materiais coma cas situacións e paisaxes, provocan a identificación do espectador ca obra. O artista crea paisaxes posibles, en pequenas maquetas construídas con materiais tan convencionais que poderían tratarse incluso de infantís. Nebargantes, esta fotografía pese a estar feito con materiais que se achegan ó xoguete, presenta unha situación tráxica, espertando en nós unha vontade de axuda. O personaxe semella un rapaz abatido pola sociedade, abandonado e falto de rerfuxio. Parece que a fronteira entre a sociedade e o individuo é o propio refuxio. O plástico está a xerar un efecto burbulla que ó mesmo tempo que o illa, estao a protexer.

38

39


CASEBERE, James Two Tunnels from Right (Horizontal), 1998 Cibachrome sobre aluminio 122 x 152, 50 cm CGAC

“No calabozo húmido a terra convertida, a Esperanza foxe coma un morcego ferido, batendo nos muros a súa á entumida e estrelando o seu voo contra o teito podre.” Charles Baudelaire, A flor do mal. O espazo subterráneo refúxianos e protéxenos do teito podre. Un teito podre que é o chan dun espazo exterior do que nos queremos illar. Casebere preséntanos na súa fotografía unha rede de túneles que semellan estar soterrados e construídos para o home. Non está construido para vivilo, senón que semella un espazo provisional de fuxida nunha situación de alerta. O medo fainos crear este tipo de guaridas nun estado de desesperación ante o mundo exterior. Un illamento necesario contra o perigo coma un búnker ou un rerfuxio antinuclear. Os dous túneles preséntanse como diferentes posibilidades de fuxida ou acubillo. Lémbranos ós pasadizos segredos dos contos, que poden encerrar un misterio oculto, remitíndonos ó concepto de escondedoiro ancestral. Na fotografía de James Casebere, un zapón protagoniza o centro da fotografía, lembrándonos a esperanza perdida. Sentímonos pechados ó mesmo tempo que outras vías que quedan abertas están presentes. Danos a seguridade de voltar á realidade, ó espazo exterior, no momento que o precisemos. A luz convírtese na certidume de volver.

40


BREUER, Frank Sans Titre (605 Liége), 2000 Impresión C-Print Diasec 40 x 50 x 1,80 cm CGAC

“A viaxe que comunica os barrios, os países, os lugares, define unha forma de esperanza ou desesperación e por elo de identidade construída no espazo: a pateira, o metro, son os transportes hacia os lugares con significado, ó shopping center, ó parque temático, ó lugar de supervivencia ou ó imaxinario.” Fernando Broncano, A melancolía do ciborg. Nesta fotografía de Frank Breuer, móstrase a realidade dende un punto de vista moi obxectivo, sendo o único concepto subxectivo o encadre do artista. Isto fai que a imaxe recibida polo espectador funcione coma un slogan publicitario: é unha mensaxe clara e contundente, subvertendo a transformación dos iconos publicitarios en tótems do sistema capitalista. O artista sustrae da realidade un xogo de palabras no que a palabra home se vincula totalmente á de mercado, cando que un mercado é totalmente contrario ó concepto de fogar. O límite difuínase entre o espazo íntimo e público, trocando o noso ámbito familiar por outro compartido con estraños. Pasamos dun lugar cálido a outro máis frío e austero, e é entón cando o concepto de refuxio se transforma nunha imaxe creada por unha sociedade de consumo. Estanos intentando vender o concepto de calidez do noso fogar para atraernos e crear un benestar ficticio. Nunha época na que o capitalismo goberna o noso sistema, esos artefactos convírtense nunha potente arma que chega a meterse dentro de nós, asumíndoos como verdadeiros. É tal o costume a este tipo de estratexias, que cando chegamos a eses lugares, sabemos a onde ir e que facer. Do mesmo xeito que nas nosas casas sabemos o que facemos e onde gardamos as cousas, chegamos a coñecer cada estante do supermercado.

40

41


FERNÁNDEZ, Rainiero Antillas, 1955 Fotografía b/n, Papel Bromuro. Multigrade IV FB virado o selenio 25,50 x 37,50 cm CGAC

“Pensar que se pode vir ó mundo nun lugar que nun principio non saberíamos nombar sequera, que se ve por primeira vez e que, neste lugar anónimo, descoñecido, se poida crecer, circular, ata que se coñeza o seu nome, se pronuncie con amor, se lle chame fogar, se afundan nel as raíces, se albuerguen os nosos amores, ata o punto que, cada vez que falamos del, o fagamos como amantes, en cantos nostálxicos e poemas desbordantes de desexo. “ William Goyen, A casa do alento Non temos coñecido a esos nenos, nin a súa historia, nin sequera podemos ver as súas caras, pero esta imaxe resúltanos moi familiar. A emigración en Galicia non é máis ca unha unha historia de heterodoxias e resistencias, de malestares e rebeldías, que acompañaron ó ser humano ó longo de tódolos tempos. O nomadismo é visto coma un refuxio cando a nosa seguridade e benestar perigan. Fuximos de situacións que nos forzan a buscar outro lugar, e cando chegamos alí, intentamos que ese novo lugar teña as mesmas características do anterior: o fogar. Do mesmo xeito que o molusco sae brandamente da súa cuncha para atopar outra que lle de seguridade, o emigrante parte indefenso da súa patria, en busca dunha nova oportunidade, unha nova cuncha. Neste caso, o refuxio vese supeditado á necesidade, é un refuxio necesario. Emigrar convírtese nunha orde imposta por condicións externas ó individuo, non nacen dun exercicio voluntario. A dor de deixar a cuncha na que nos criamos vese agochada pola necesidade, tendo que deixar a un lado os sentimentos para poder emprender tan dura viaxe. É entón cando a xeografía humana se convirte en refuxio, en espazos de posibilidade. Partimos hacia lugares descoñecidos, sen nada máis que a nosa vulnerabilidade e nosos sentimentos, esos que non nos queren deixar marchar. Sentimentos que intentamos deixar atrás pero que irremediablemente viaxan connosco na nosa bagaxe.

42


CUADRADO, Isabel Olor de multitudes,1999 Mixta sobre lenzo 89 x 89 cm CGAC

“A vida é probablemente redonda” Vincent Van Gogh Cando algo redondo é perfecto tendemos a vincular a xeometría ca pureza: o redondo é pleno e verdadeiro, sen recunchos, sen esquinas, sen segredos. Do mesmo xeito que o noso ser busca unha forma definitiva, sen principio nin fin, a fenomenoloxía do redondo atopa a eternidade na súa esencia atávica. Isabel Cuadrado constrúe os seus propios límites nas súas obras, nun exercicio de autodelimitación necesaria que marca as fronteiras entre uns espazos e outros. É case coma unha emancipación intrínseca ó máis profundo do ser humano. Ó mesmo tempo que nos delimitamos, estámonos a separar das multitudes e do que nos rodea, illándonos e convertindo o círculo nun sinónimo de soidade. Pechando ese círculo, creamos un linde que divide todo aquilo que nos perxudica do que nos conforta. Créanse así círculos familiares, de amizades, ambientes, espazos... Nunha época de continuas migracións e viaxes, parece que as fronteiras se dilúen, semellando que non pertencemos nin a un sitio nin a outro. O ser humano emprende así a incesante búsqueda do seu propio círculo, onde sentirse cómodo e seguro. A xeometría e os volumes son superficies que nos limitan, pero “Olor de multitudes” deixa un oco baleiro para escapar se así o desexamos.

42

43


MAGALHÃES, Rita Sem título, Série Indoor, 1999 Cibachrome 3 elementos de 34 x 43,80 x 3 cm c/u 5 elementos de 23,80 x 34 x 3 cm c/u CGAC

“Ela pide anualmente ó ceo tanta neve, saraiba, e xeadas cantas pode conter. Necesita un inverno canadense, un inverno ruso... Con elo o seu niño será máis cálido, máis dóce, máis amado.” Chales Baudelaire. Rita Magalhães preséntanos oito fotografías cunha clara influencia do mestre Johannes Vermeer. Figuras de mulleres melancólicas, fráxiles, case detidas no tempo, ficando na súa soidade. O seu desamparo semella estar vinculado á situación social que viviu a muller, ó papel de muller encargada das tarefas do fogar e condenada a permanecer dentro del. As mulleres, nun exercicio contemplativo, anhelan outro xeito de vivir, convertíndoo na súa maneira de refuxiarse. Asumen dunha maneira resignada a súa realidade aflixida, reivindicando unha pequena luz que ilumine a súa xélida situación. David Barro fala sobre a obra de Magalhães: “Quizais esa sexa a chave: envolver un espazo dentro doutro. Falamos de atmósferas, de tempos. De ahí que esa imaxe se resolva difusa, coma cando Rita Magalhães se dedica a fotografiar os reflexos da imaxe na auga das piscinas. Ou a través de espellos ou fiestras que se nos ofrecen como transparentes cortinas dun mundo tan real como distorsionado ou imaxinado. O tempo semella detido, ou máis concretamente fuxidío, vendo como os contornos expiran e se desvanecen. A atmosfera encantada parece ser producto dunha película de pel da realidade, unha sorte de viaxe onírico capaz de construír unha nova realidade dende o fráxil, unha realidade que se insinúa e se esconde ata perderse.”

44


SANTOMÉ, Diego Out of nowhere, 2005 Vídeo 00:01:42 CGAC

O ser humano está a reclamar o seu espazo. Loita desesperadamente por conseguir de volta o seu refuxio. Un ritmo ameazante que avanza sen cese, mantén ó individuo alerta e actuando para recuperar a estabilidade que xa non existe. Un dos medos máis terribles do home é o temor á perda do seu refuxio. Nalgúns casos, é o único que ten. A perda do seu fogar suporía en parte unha perda da súa identidade moi difícil de suplir. “A identidade dun suxeito ten moitos estractos, na medida na que contén elementos coma o carácter, a personalidade, etcétera. O que nos importa neste momento é o suxeito en tanto a suxeito de acción. A identidade neste nivel está determinada pola súa axencia ou capacidade de intervir na realidade.” Fernando Broncano, A melancolía do ciborg. O lugar que nós habitamos é parte do noso ser, polo que a dor do desaloxo pode chegar a ser unha das máis intensas.

44

45


PENONE, Giuseppe Respirare l ´Ombra, 1999 Rede metálica, follas de loureiro 370 x 2.200 x 8 cm CGAC

¡Oh loureiro divino, de alma inaccesible, sempre silencioso, cheo de nobreza! ¡Verte nos meus oídosa túa historia divinoa, a túa sabiduría profunda e sincera! Federica García Lorca, Invocación ó laurel, Libro de poesías A presenza do loureiro nesta obra é imprescindible polo grande significado que esta aporta ó concepto xeral do conxunto. Esta planta tivo unha gran bagaxe popular ó longo da historia da humanidade, formando parte de mitos e lendas chegando a formar parte da cultura nalgúns lugares. Está vinculada a conceptos diversos coma o de eternidade ou victoria. O loureiro destaca pola perennidae das súas follas e o seu lento crecemento sobrevivindo a xeracións de homes e conseguindo un carácter case divino. Respirare l’ombra mestura o concepto de eternidade do loureiro co espertar dos sentidos. O olor, a textura e as diferentes tonalidades da folla seca do loureiro provoca unha sensación de calidez e conexión co natural e o primitivo. Ó igual que o niño, a estancia na que está situada a obra convírtese por uns instantes nun fogar. Ó activares os sentidos, iundámonos dun efecto placebo que nos transporta á inmensidade íntima. A luz tenue, a amplitude lindada polas caixas de laurel, a experiencia visual e o olor intenso, chámanos ó ensoño. Cremos estar noutro lugar, onde poder pechar os ollos e desaparecer. “Irán os meus pensamentos á riba cando non de follas verdes o loureiro; quedo no meu corazón, secos os ollos, verán xearse ó lume, arder a neve: porque no teño eu tantos cabelos cantos por ese día agardan anos.” Francesco Petrarca, A unha xove baixo un verde loureiro (Fragmento da poesía que inspirou a Giuseppe Penone para crear Respirare l’ombra).

46


DISPOSIÓN EN TORNO Ó ESPAZO

1.RIVAS,

Xavier.

Mud 2.

ALMEIDA, Helena. Días quasi tranquilos

8.

ALMEIDA, Efrain. A Casa que Virou Árvore

9.OLIVEIRA,

4.CERVIÑO,

Xoán. Sen título. Serie Paisaxe Artificial

10.

5.

ROSENFELD, Davi. Les modernes, nº10

11.CASEBERE,

6.ROSENFELD,

12.

3.

David Les modernes, nº7

46

SANTOMÉ, Diego Out of nowhere,

7.

LONG, Richard Wind Stones (Carpeta de Joseph Beuys) Maria Pia.

In-in, Out CECCHINI, Loris No Casting James Two Tunnels from Right (Horizontal),

BREUER, Frank Sans Titre (605 Liége)

47


CUADRADO, Isabel Olor de multitudes,

13.

FERNÁNDEZ, Rainiero Antillas

14.

MAGALHÃES, Rita Sem título, Série Indoor

15.

48


PENONE, Giuseppe Respirare l ´Ombra

16.

48

49


O OVO, O NIテ前, A CASA, A PATRIA O UNIVERSO

Candela Rajal Alonso Irene Vidal Cal

50

O ovo, a casa, o niño, o universo  

Curatorial project

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you