Issuu on Google+

Exposición ilustraMundos http://ilustramundos.wordpress.com/

Pazo de Fonseca, 20 de febreiro-20 de abril de 2012 Ilustradores participantes: Mónica Weiss (Arxentina) David Pintor (Galicia) Fernando Vilela (Brasil) Carme Solé Vendrell (Cataluña) Marc Taeger (Suíza) Joanna Domanska (Polonia) Machiel Braaksma (Países Baixos) Elena Odriozola (Euskadi) Piet Grobler (Sudáfrica) Kristina Sabaite (Lituania) Antonio Seijas (Galicia)

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012

Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación Luns, 20 de febreiro 09.00-10.30 Entrega de documentación 10:30

Inauguración por parte de Juan Casares Long, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, e de Francisco Durán Villa, Vicerreitor de Cultura, Estudantes e Formación Continua

11:00

Conferencia inaugural: Ilustración e cultura galega, a cargo de Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia

12:00

Pausa

12.30

Conferencia plenaria: Os nenos do mar, a cargo da ilustradora Carme Solé Vendrell (Cataluña)

16.00-18.30 Sesión de comunicacións 19.30

Inauguración da exposición ilustraMundos no Pazo de Fonseca

Actuación do Grupo de Danza Contemporánea da USC 20.00

Cóctel de benvida no Claustro de Fonseca

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012

Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación Martes, 21 de febreiro 10:00

Conferencia plenaria: Multiculturalidade e libros ilustrados. Luces, sombras, latexos e pantasmas no xardín americano, a cargo da ilustradora Mónica Weiss (Arxentina)

11:00

Conferencia plenaria: Autoidentificación infantil nos debuxos animados: a conceptuación postmoderna do arquetipo do heroe, a cargo do investigador Márcio Danilo Mota (Brasil)

12:00

Pausa

12.30

Debuxando á ilustradora Elena Odriozola (Euskadi). Entrevista coa autora e debate moderado polo crítico e investigador Gustavo Puerta Leisse (Venezuela)

16:00-19:00

Obradoiros formativos:

Obradoiro 1

Libros ilustrados de autor (parte 1), a cargo da ilustradora Carme Solé Vendrell (Cataluña) [lingua de traballo: castelán]

Obradoiro 2

Do álbum ilustrado ao cinema de animación (parte 1), a cargo de Marcos López (Galicia), coordinador de OQO Films, e do director de animación e guionista Zé Carlos Pinto (Angola/Portugal) [linguas de traballo: galego e portugués]

Obradoiro 3

Reciclando a ilustración (parte 1), a cargo do ilustrador Machiel Braaksma (Países Baixos) [lingua de traballo: inglés]

Obradoiro 4 19-20:30

Variacións (**) (parte 1), a cargo do ilustrador Marc Taeger (Suíza) [lingua de traballo: castelán] Mesa Redonda: Arte e ilustración: binomio ou redundancia? Mónica Weiss (Arxentina), Carme Solé (Cataluña), Marc Taeger (Suíza), David Pintor (Galicia) Moderadora: Fátima Otero, historiadora, crítica de arte e xornalista (Grupo El Correo Gallego)

20.30

Living Room, espectáculo a cargo do actor Joshua McCarey (EE.UU)

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012

Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación Mércores, 22 de febreiro 10:00

Conferencia plenaria: Ilustración contra a crise e o paro, a cargo da ilustradora Joanna Domanska (Polonia)

11:00

Conferencia plenaria: Reorganizando, un xeito diferente de ilustración, a cargo do ilustrador Machiel Braaksma (Países Baixos)

12:00

Pausa

12.30

Conferencia plenaria: Grande e grosa pequena Literatura: unha introdución á narratoloxía do cómic infantil a través do tempo, a cargo da investigadora Olalla Hernández (Asturias)

16:00-19:00

Obradoiros formativos:

Obradoiro 1

Libros ilustrados de autor (parte 2), a cargo da ilustradora Carme Solé Vendrell (Cataluña) [lingua de traballo: castelán]

Obradoiro 2

Do álbum ilustrado ao cinema de animación (parte 2), a cargo de Marcos López (Galicia), coordinador de OQO Films, e do director de animación e guionista Zé Carlos Pinto (Angola/Portugal) [linguas de traballo: galego e portugués]

Obradoiro 3

Reciclando a ilustración (parte 2), a cargo do ilustrador Machiel Braaksma (Países Baixos) [lingua de traballo: inglés]

Obradoiro 4

Variacións (**) (parte 2), a cargo do ilustrador Marc Taeger (Suíza) [lingua de traballo: castelán]

19-20:30

Mesa Redonda: Ilustrar en diversidade de soportes Julio Fernández, presidente de Fílmax (*), Santiago Gutiérrez, presidente de AGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Olalla Hernández, experta en cómic, Lucila Ventoso Casais, directora de Andavira Editora e responsable de Meu Book Universidade Moderador: Xesús Fraga, escritor e xornalista (La Voz de Galicia)

20.30

Contos que nin pintados, sesión de contacontos e ilustración, a cargo da contadora Ana Carreira e do ilustrador Rodrigo Chao (Galicia)

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012

Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación Xoves, 23 de febreiro 10.00

Conferencia plenaria: Boas intencións, mala praxe. Estereotipo e literatura infantil e xuvenil, a cargo de Gustavo Puerta Leisse, crítico e investigador, especialista en literatura infantil e xuvenil (Venezuela)

11.00

Conferencia plenaria: Novos discursos estéticos: unha ollada sobre a obra dalgúns dos novos ilustradores españois, a cargo de Antonio Ventura, escritor, editor, director de publicacións infantís de Oxford University Press España e director de Ediciones El Jinete Azul.

12:00

Pausa

12.30

Conferencia plenaria: A novela gráfica como vehículo para a integración, a cargo de Miguel Ángel Giner Bou, ilustrador e autor de cómic (Valencia)

16.00-17.30

Soñando novas historias 1: exposición de proxectos de ilustración

17.30-19.00

Soñando novas historias 2: proxección de curtas de animación

19.00-20.30

Mesa Redonda: O libro ilustrado: territorio da diversidade Miguel Ángel Giner Bou, ilustrador, Antonio Ventura, escritor e editor, Lola Puerta Louro, libreira, responsable da Librería Aenea, Marcos López, coordinador de OQO Filmes Moderadora: María Solar, escritora e xornalista, presentadora do programa cultural Zig-Zag (Televisión de Galicia)

20.30

Entrega de diplomas e clausura

(*) pendente de confirmación (**) título provisional

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012 Información xeral: Matrícula: aberta e gratuíta até cubrir o límite de prazas. Para poder participar é imprescindible, en calquera caso, a inscrición previa enviando -antes do 10 de febreiro de 2012- un correo electrónico ao enderezo campusculturae@usc.es cos seguintes datos: Nome completo:

Data de nacemento:

DNI/pasaporte:

Nacionalidade:

e-mail:

Teléfono:

Obradoiro formativo no que se inscribe:

Profesión/actividade:

Enderezo postal:

Presentación de comunicacións, vídeo-animacións e proxectos de ilustración: aberta e gratuíta até o día 10 de febreiro de 2012. É imprescindible realizar a inscrición previa no congreso. Todos os traballos presentados deberán tratar -de maneira directa ou indirecta- contidos que relacionen a ilustración, o libro ilustrado e/ou a animación coas seguintes temáticas:  diversidade cultural  multilingüismo  Interculturalidade  inclusión e/ou eliminación das barreiras que dificultan a convivencia e a aceptación da diferenza

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012

A presentación de propostas de comunicacións, vídeo-animacións ou proxectos de ilustración consistirá no envío, ao enderezo xestion.campusculturae@gmail.com dunha mensaxe co encabezamento que corresponda: “proposta de comunicación”, “vídeoanimación” ou “álbum ilustrado” acompañada de: 

“proposta de comunicación”: adxunto en documento Word no que se faga constar título e resumo (de non máis de 200 palabras) da comunicación, incluíndo até 5 palabras clave descritivas do contido; nome do autor/a e institución, empresa ou actividade laboral á que está vencellado/a e enderezo de correo electrónico. Poderanse presentar comunicacións nas linguas de traballo do congreso.

“vídeo-animación”: adxunto en formato de vídeo cunha duración máxima de 10 minutos e texto en documento Word no que conste: título e ficha técnica da proposta, nome do autor ou director, institución, empresa ou actividade laboral á que está vencellado e enderezo de correo electrónico. Esta documentación deberá ser enviada nalgunha das linguas de traballo do congreso. A lingua do vídeo é libre; no caso de non ser algunha das citadas, deberá ofrecer subtitulación nalgunha delas.

“proxectos de ilustración”: adxunto en documento Word no que conste título do proxecto e descrición do mesmo (de non máis de 200 palabras), incluíndo un máximo de 5 imaxes en baixa resolución das ilustracións relacionadas co traballo.

O día 15 de febreiro comunicaráselle a cada interesado a selección de comunicacións, vídeo-animacións e proxectos de libro ilustrado aceptados para a súa presentación pública durante o congreso. Cada autor/a seleccionado/a disporá dun máximo de 10 minutos para a presentación da súa proposta na sesión e horario que se lle asigne.

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012

O autores de comunicacións, vídeo-animacións e proxectos de libro ilustrado recibirán un certificado con recoñecemento europeo que acredite a súa condición de relatores no congreso. campUSCulturae poderá publicar os textos das comunicación (recoñecendo expresamente o nome dos autores dos mesmos, que renuncian a percibir calquera remuneración en concepto de autoría). Asemade, poderá divulgar as vídeo-animacións e os proxectos de libro ilustrado a través da súa web, das súas publicacións impresas ou da canle campUSCulturae RTV, solicitando sempre a autorización previa e expresa dos autores, cos que subscribirá os oportunos contratos.

Diplomas: Todos/as os/as inscritos/as recibirán un diploma con recoñecemento europeo que acredite a súa participación no congreso internacional Ilustrando a Diversidade.

Linguas de traballo do congreso: galego, castelán, inglés e portugués. En las conferencias plenarias se ofrecerá servizo de tradución simultánea.

Para resolver calquera dúbida ou recibir más información poden dirixirse a: Xosé A. Neira Cruz (neira.cruz@usc.es) e Irene García García (irene.garcia@usc.es), comisarios do congreso e coordinadores de campUSCulturae.

Máis información sobre el proxecto en: http://www.usc.es/gl/proxectos/campusculturae/

www.facebook.com/campUSCulturae

www.usc.es/campusculturae

campusculturae@usc.es


CONGRESO INTERNACIONAL Ilustrando a Diversidade Santiago de Compostela, 20-23 de febreiro de 2012

EXPOSICIĂ“N ilustraMundos 20 de febreiro-20 de abril de 2012

http://ilustramundos.wordpress.com/

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.


Ilustrando a Diversidade