Issuu on Google+

O proxecto campUSCulturae, en colaboración co Espazo de Danza da Universidade de Santiago de Compostela, presenta Espazo Integrado, iniciativa creativa para expresar, por medio da danza, unha nova forma de entender o mundo sen as barreiras artificiais que diariamente nos exclúen ou fan que moitas persoas se sintan excluídas. Espazo integrado será pois, ese lugar ao que tod@s teñamos acceso, con independencia da nosa idade, das nosas supostas ou reais incapacidades e discapacidades, da forma ou tamaño do noso corpo ou dos medos, tópicos ou prexuízos que nos precedan. Baixo a dirección da bailarina e coreógrafa Carlota Pérez, procuraremos construír entre tod@s un momento de arte, de ruptura, de encontro e de integración, coa idea de concretar esa experiencia nun espectáculo final no que as artes e os entusiasmos de cadaquén se dean a man. Para isto necesitamos as túas mans. Se as queres unir ás nosas estaremos encantados de atoparte todos os martes e xoves, de 19 a 21 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación, lugar no que Espazo Integrado desenvolverá os seus ensaios. Quen estea interesado en participar deberá contactarnos a través do correo electrónico campusculturae@usc.es, indicando no corpo do texto o seu nome e apelidos, enderezo completo e teléfono de contacto. A preinscrición permanecerá aberta até o día 7 de xaneiro de 2013. Agardámosvos. Proxecto campUSCulturae

Espazo de Danza da USC

e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535

irene.garcia@usc.es


convocatoria Espazo Integrado