Page 1

22 PERSONAXES DA GUERRA DE TROIA ▪DESCENDENCIA DE PRÍAMO e HÉCUBA ▪ALIADOS ▪HEROES GREGOS ▪ALIADOS

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

1


CASANDRA posuía o don de predicir o porvir, grazas a Apolo, que se namorou dela. Como desdeñou o amor do deus, este na súa cólera maldiciuna coa descrenza da xente nas súas predicións. Daquela, aínda que Casandra advertiu ós troianos da maldade contida no Predición de Casandra a Príamo, cabalo de Johann Georg Trautmann (1713– Paris e Héitor. madeira e da 1769): Vista de Troia ardendo. Fresco de Pompeia. destrución de Troia, ninguén a creu e mesmo quedou por unha aluada. Cando a caída da cidade refuxiuse no templo de Atenea, de onde Áiax Oileo a arrincou e levouna presa até o campamento grego. Na partilla dos trofeos da guerra, tocoulle ao rei Agamenón, que tampouco lle deu creto cando lle predixo o seu asasinato se volvía a Micenas. Alí agardáballe a morte a ambos os dous de mans de Clitemnestra.

Áiax está a piques de levar arrastro a Casandra que se agarra á estatua de Atenea. Copa ática de figuras vermellas, 440-430 a. C.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

2


DEÍFOBO era o irmán predilecto de Héitor. Cando o combate entre Héitor e Aquiles, Atenea adoptou a súa figura para enganar ao primeiro incitándoo a resistir, e coa mesma causar a súa perdición. Tamén Deífobo recoñecerá a Paris nos xogos fúnebres nos que este venceu a tódolos seus irmáns. Despois da morte de Paris a mans de Filoctetes, Deífobo obtivo a man de Helena en competición co seu Imaxes 20 e 21 do manuscrito da Ilíada Ambrosiana. irmán Heleno malia ser este maior ca el. Cando a caída de Troia, Ulises e Menelao atacan a súa casa e apodéranse dela, Menelao deulle morte e mutilouno. Nos infernos a súa sombra aparéceselle a Eneas.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

3


HÉITOR era o fillo primoxénito do rei Príamo e da raíña Hécuba. Na Ilíada de Homero, é o máis cabaleiroso dos heroes da cidade. Aparece retratado como un esposo solícito Héitor pon a súa armadura diante de Príamo e Hécuba. coa súa muller e o seu Cara A dunha ánfora ática de figuras vermellas, de Eutímedes. Ca. 510 a. C. Procedente de Vulci. fillo. Foi el quen deu morte a Patroclo, feito que forzou a Aquiles a volver ao combate e vingarse nel, matándoo e, despois de atalo ao seu carro, arrastrar o seu cadáver tres veces arredor das murallas de Troia. Porén Afrodita e Apolo preservaron o corpo de Héitor e este foi levado a Troia, trala

Héitor e Andrómaca, pintado por Giorgio De Chirico, no 1917.

embaixada de Príamo, que acudira á tenda de Aquiles suplicarlle a súa devolución. Na honra del celebráronse solemnes rictos fúnebres.

Escena do Canto XXIV da Ilíada: Héitor é devolto a Troia. Detalle de baixorreleve dun sarcófago romano de mármore (ca. 180-200).

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

4


ANDRÓMACA era filla do rei de Tebas (Misia), que foi morto por Aquiles no oitavo ano da guerra de Troia. Casou con Héitor, e representa á muller amante e nobre, fronte á crueza da guerra. Aqueles momentos dos adeuses entre os dous esposos son dos máis emocionantes de Ilíada. Ademais de chorar a morte do seu home, tivo que soportar, en caendo Troia, ver o seu fillo precipitado desde unha torre de Troia, Despedida de Héitor e Andrómaca, que ten ao seu fillo cando era levada presa. Astianacte no colo. Crátera de figuras vermellas, ca. 370–360 a. C. Procedente de Como escrava do fillo Ruvo (Bari). de Aquiles, Neoptólemo, que a levou ao Epiro, será o exemplo de muller víctima da guerra e da humillación do Andrómaca cativa. Frederic Leighton. vencedor. Trala Ca. 1886 - 8. Galería de Arte de Mánchester morte daquel, foi dada en matrimonio a Heleno, o seu cuñado, co que, segundo a Eneida de Virxilio, reinou felizmente no Epiro.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

5


PARIS era fillo de Príamo e de Hécuba. Malia un soño que tivo Hécuba de embarazada que foi interpretado como que aquel neno de nacer causaría a destrución de Troia, Paris foi confiado a uns pastores no monte Ida. Alí fíxose un home, do que se namorou a bela ninfa Oenone. Ademais, acadou tanta sona cando participou nos xogos de Troia, que foi proposto por Hermes de árbitro no primeiro concurso de beleza entre as tres deusas aspirantes. El era o Xuízo de Paris. Todas as deusas tentaron subornalo: Hera ofreceulle ser un poderoso gobernante, Atenea unha gran fama guerreira, e Afrodita prometeulle a muller máis fermosa de Grecia. Gañou Afrodita. No entanto, Paris foi aceptado O Xuízo de Paris, de Anton Raphael Mengs. Ca. 1757 na corte de Troia e enviado cunha embaixada a Esparta, onde foi moi ben recibido. Entón dedicouse a facerlle as beiras a Helena. Tempo andando, Menelao tivo que viaxar a Creta e Paris aproveitou para raptar a Helena, quen abxurou da súa patria e marchou con el. Menelao, ofendido, convocou aos outros reis de Grecia e pedíulles axuda: tal foi o comezo da chamada guerra de Troia. No campo de batalla Paris loitou covardemente contra os gregos, foi rescatado varias veces por Afrodita e, ao cabo, foi herido por Filoctetes. Paris volveu xunto a Oenone, que tentou, compasiva, O amor de Paris e Helena, de curalo, pero non o conseguiu. Paris morreu Jacques-Louis David. 1788. aos poucos días e a carón del foi enterrada Oenone, que faleceu de tristura.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

6


AGAMENÓN era fillo de Atreo, rei de Micenas e irmán de Menelao. Cando Atreo morreu a mans do seu irmán Tiestes, Agamenón e Menelao fuxiron a Esparta, onde casaron con cadansúa irmá, Clitemnestra e Helena. De volta a Micenas, Agamenón expulsou a Tiestes e recuperou o trono, co que se Agamenón sentado nunha rocha co fixo daquela o cetro. Fragmento dunha cerámica ática soberano máis de figuras vermellas, do obradoiro do pintor Meidias (410–400 a. C.) poderoso de Santa Lucía (Tarento) Grecia. Cando foi o rapto de Helena, Agamenón Ifixenia conducida ao sacrificio. Fresco de Pompeia. Ca. 62. comandou unha expedición contra Troia, que se reuniu no porto de Áulide. Alí, foi de caza e tivo a desgraza de matar a unha corza consagrada a Ártemis. O calmazo que ordenara a deusa impedía a saída das naves. Por boca do adiviño Calcante esixíaselle a Agamenón que sacrificase a súa filla Ifixenia na ara da deusa. Ao longo do asedio de Troia a súa inimizade con Aquiles case é fatal para os gregos. Cando volveu a Micenas, trala caída de Troia, Agamenón foi covardemente asasinado por Clitemnestra e o seu amante Existo. Pierre Narcisse Guérin. Clitemnestra

dubida antes de matar o durminte Agamenón e Existo incítaa. 1817.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

7


AQUILES, fillo mortal de Peleo e a deusa mariña Tetis, foi o heroe por excelencia da guerra de Troia. Adoita ser calificado como o de “os pés lixeiros” xa que se lle consideraba o máis veloz dos homes. Protagonizou o episodio máis salientable da Ilíada, chamado “a cólera de Aquiles”, cando Agamenón lle arrebatou a súa escrava Briseida. No Aquiles na corte do rei Licomedes seu mito é (detalle). Colección Borghese, Museo do Louvre (París). crucial a súa relación con Patroclo, descrita en fontes diferentes como profunda amizade ou amor. Só cando morre Patroclo, Aquiles decide volver á batalla e inclinar a balanza da guerra a favor dos gregos. É cando mata a Héitor. Lendas posteriores afirman que A cólera de Aquiles. Aquiles era Giovanni Battista Tiépolo. (1757) invulnerable en todo o seu cuerpo agás no seu talón porque súa nai mergullárao na lagoa Estixe. Daquela pereceu ao ser alcanzado nel por una frecha envelenada, que disparara Paris e guiara Apolo. A morte de Aquiles. Peter Paul Rubens (entre 1630 e 1635).

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

8


Preséntase a ÁIAX como o fillo de Telemón,rei de Salamina. Para distinguilo de Áiax, fillo de Oileo, chamábanlle Áiax o Grande, Grande Áiax ou Áiax Telamonio. Foi un valoroso guerreiro, o máis forte despois do seu primo Aquiles. Pelexou na guerra con coraxe e destreza: foi quen de rexeitar os troianos cando avanzaban perigosamente cara o campo grego tentando incendiaren as naves. Durante a guerra de Troia, Áiax loitou con Héitor en dúas ocasións. Áiax era sen dúbida un dos heroes máis importantes no campo de batalla, aínda que non tan sabio como Néstor ou Idomeneo, nin tan habelencioso como Diómedes, Odiseo ou Palamedes. Áiax o Grande. Frontón oeste do templo de

Trala morte de Aquiles, pretendeu as Afaia, ca. 505–500 a. C. armas deste; pero Odiseo, apoiado por Atenea disputoullas e obtivo a vitoria. Ultraxado e enlouquecido, Áiax precipitouse sobre da súa espada.

Suicidio de Áiax. É a chamda Crátera Eurytios, ca. 600 a. C.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

9


IDOMENEO foi un rei de Creta, neto de Minos, e o xefe do continxente cretense na guerra de Troia. Foi un dos nove xefes que se presentaron para loitaren nun combate singular contra Héitor cando se creu rematar a contenda entre aqueos e troianos deste xeito.

Manuscrito da Ilíada Ambrosiana. Canto VIII.

Matou no campo de batalla a moitos adversarios e destacou na defensa das naves gregas. Enfrontouse a Deífobo e a Eneas. Nos combates trabados arrredor do corpo de Patroclo tivo mentes de atacar a Héitor, pero tivo que fuxir e refuxiarse no campamento.

Con posterioridad a los acontecimientos narrados en la Ilíada, Idomeneo obtivo una vitoria no puxilato nos xogos fúnebres celebrados na honra de Aquiles. Foi dos que entraron na cidadela de Troia agachados no cabalo de madeira. Segundo a Odisea, a súa volta foi unha das máis felices.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

10


Trala morte de Aquiles, o seu fillo NEOPTÓLEMO foi chamado a Troia para ocupar o seu posto no asedio e destrución da cidade. Foi un dos guerreiros agachados no cabalo de madeira. Precipitou a Astianacte dende os muros da cidade e recibiu a súa nai Andrómaca como botín.

Partida de Neoptólemo. Ánfora atribuída ao pintor Licaón. Ca. de 440 a.C.

Foi el quen matou o rei Príamo de Troia.

Escena da traxedia Andrómaca de Eurípides. Fresco romano de Pompeia. Casa di Marco

Lucrezio Frontone

Neoptólemo mata o rei Príamo. Detalle dunha ánfora ática de figuras vermellas, ca. 520 BC–510 a. C. Procedente de Vulci.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

11


O heroe etolio DIÓMEDES, fillo de Tideo, aparece nos relatos do ciclo troiano como compañeiro de Ulises na maior parte das súas misións: en Esciros, para descubriren a Aquiles; en Áulide, para obrigaren a Agamenón a que sacrifique a súa filla; na tenda de Aquiles, para apracaren a cólera do heroe; na expedición de recoñecemento en Troia, cando matan o espía Dolón e o rei tracio Reso. No campo de batalla distinguiuse pola súa valentía e, coa axuda de Atenea, mesmo chega a ferir a Ares e Afrodita. É famosa a escena da Ilíada na que troca as súas armas con Glauco, neto de Belerofontes. Nas narracións posteriores á Ilíada vémolo acompañando a Ulises a Lemnos na procura de Filoctetes ferido, presenza necesaria para a conquista grega da Diomedes á esquerda cambia as armas co cidade. licio Glauco. Pelike de figuras negras, ca. 420 a. C. Procedente de Xela. Era un orador hábil e os seus consellos foron celebrados polos xefes aqueos. Cando Aquiles mata a Tersites, polos sarcasmos que lle dedicou a Pentesilea, alporízase con el e lémbralle que eran parentes. De tódolos regresos de Troia, o de Diomedes considerouse por moito Escultura de Atenea aconsellando a Diomedes antes da batalla. Albert Wolff, tempo como o máis feliz. Emporén, 1853 (Schlossbrücke, Berlin). decepcionado pola súa esposa Exialea, que lle fora infiel, deixou Argos e foi cara ao sur de Italia onde fundou varias cidades. Tal infidelidade víase cal a manifestación da cólera de Afrodita, rancorosa pola ferida que lle causara. Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

12


Aquiles venda o brazo de Patroclo.

PATROCLO é o amigo da alma de Aquiles. Cando no décimo ano da guerra, Aquiles se retira do combate, enrabechado con Agamenón, os gregos comezaron a perder moitos homes contra os troianos. Ao cabo en chegando os troianos a queimar as naves gregas, Patroclo persuadiu a

Kílix ática. Ca. 500 a. C. Atribuída ao pintor Sosias.

Aquiles para que o deixara dirixir os mirmidóns e así recuperar posicións e os prisioneiros. Vestido coa armadura de Aquiles, Patroclo fixo retirar aos troianos ata as murallas da súa cidade. Jacques-Louis David, Patroclus, 1780 Porén Héitor conseguiu ferir de morte a Patroclo e, este, xa esmorecendo, profetizoulle a súa morte a mans de Aquiles.

Jacques-Louis David, Os funerais de Patroclo, 1779.

A morte de Patroclo abatiu a Aquiles nun pesar tan fondo que decidiu volver ao combate para vingar a morte do seu amigo, a quen honrou cuns solemnes xogos fúnebres. Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

13


A Ilíada coñece a SARPEDÓN como o xefe dun continxente licio, aliado dos troianos. Pasa por ser fillo de Zeus e Laodamía, filla esta de Belerofontes. Ten un gran papel no ataque ao campamento aqueo e no asalto da muralla. Remata morrendo a mans de Patroclo. Na contorna do seu cadáver trabouse unha boa pelexa. O autor Diodoro establece así a súa a Patroclo, á dereita, mata a Sarpedón, mentres Glauco acode na xenealoxía: súa axuda. O fillo de Europa, Hydria de figuras vermellas do pintor Policoro, ca. 400 a. C. Sarpedón, pasou a Licia. Procedente de Heraclea. Alí tivo un fillo, chamado Evandro, que casou coa filla de Belerofontes, Deidamía. Deste matrimonio naceu o segundo Sarpedón, neto do primeiro e que participou na guerra de Troia.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

14


TEUCRO era o mellor arqueiro de todo o exército grego. Era sobriño do rei Príamo e, a súa vez, o irmán menor de Áiax, con quen participa na guerra. As súas fazañas son considerables. Mesmo tería matado coas súas frechas a Héitor, de non ser pola intervención de Zeus, que rompeu a corda do seu arco. Este heroe estaba ausente por mor dunha expedición de piratería en Misia cando a morte de Áiax. Por isto, o seu retorno non vai ser Estatua de Teucro de Sir William feliz, pois Telamón berraralle por non Hamo Thornycroft. ter sabido protexer a Áiax nin telo vingado. Ademais o seu pai expulsouno, e Teucro tivo que marchar desterrado. Embarcou na procura dunha nova patria. Chegou ás costas de Chipre, onde fundou a cidade de Salamina e casou cunha filla de Cínires. Conta a lenda que navegou polo océano e arribou ás costas galegas. E "namorouse dunha serea, á que perseguiu ata as Casitérides, que son as illas Cíes". Despois fundou unha colonia á que chamou Helenes (a actual Pontevedra).

Estatua de bronce de Teucro en Pontevedra. Obra de Cándido Pazos, 2006.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

15


PENTESILEA era filla de Ares e raíña das amazonas. A mitoloxía di que tivo un fillo chamado Caístro, que deu nome a un río de Asia Menor. Á morte de Héitor, Pentesilea acudira na axuda de Príamo, ao fronte dun continxente de doce amazonas. Alí distinguiuse por moitas fazañas, aínda que non tardou en Miniatura tirada da colección De mulieribus claris de Boccacio. sucumbir a mans de Aquiles. Séculos XV –XVI. Non entanto, ao vela caer, Aquiles quedou conmovido pola súa beleza e o seu valor. Tersites burlouse entón deste sentimento, e o heroe encolerizado matouno. Diómedes, primo de Tersites, botou o corpo da amazona ao río Escamandro. Outros din que foi Aquiles quen a soterrou na súa ribeira.

Aquiles dá morte a Pentesilea. Kylix de figuras vermellas, 470–460 a. C. Procedente de Vulci.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

16


A filla de Zeus e de Leda, HELENA, foi a muller máis fermosa da mitoloxía clásica. Estaba casada con Menelao, o rei de Esparta, e tivo unha filla, Hermión. Un día Paris foi a Esparta como embaixador de Troia e, namorado dela, raptouna. Daquela desencadeouse a guerra de Troia. Ao morrer Paris, casou con irmán daquel, Deífobo. Despois da caída da cidade, a sorte de Helena non queda moi clara. Uns din que volveu a Esparta con Menelao; outros que foi conducida a Rodas onde morreu; ou ben que Helena de Troia, de Evelyn de Morgan, 1898. casou con Aquiles co que tería un fillo, Euforión. Na Odisea aparece como amante esposa en Esparta, e agasalla a Telémaco cando vai na procura de novas sobre de seu pai Odiseo. Para Homero é a causa da guerra de Troia. Para Virxilio é o “espírito funesto” de Troia por ter deixado voluntariamente o seu home e marchar con Paris.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

17


O troiano ENEAS era fillo de Anquises e da deusa Afrodita. Na guerra de Troia Eneas e Aquiles atopáronse a Afrodita, no centro, cando rescata a Eneas. primeira vez no Ánfora etrusca de figuras negras, ca. 480 a. C. monte Ida, canda as incursións de pillaxe de Aquiles contra os rabaños de Eneas, quen tivo que fuxir. E mesmo tivo que ser salvado por Zeus ao se apoderaren da cidade os gregos. Eneas intervén a miúdo nos combates que se libran ao pé de Troia. Outra vez foi ferido por Diómedes, daquela Afrodita tentou salvalo pero saiu ela ferida. Entón Apolo arrastrou a Eneas lonxe do campo de batalla, envolvéndoo nunha nube, emporiso o heroe volveu ao pouco ao combate e matou a Cretón e Orsíloco. Os poetas posteriores a Homero presentaban a Eneas participando nos derradeiros combates por salvar a cidade e asumindo el o papel do desaparecido Héitor. Fuxiu de Troia cando estaba a arder co seu pai, o seu fillo Iulio e un grupo de fuxitivos. Guiado por un mandato divino chegará a Italia tras moitos atrancos e aventuras. Eneas, Anquises e Ascanio. Gian Lorenzo Bernini. 1618-1619.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

18


NÉSTOR, o rei de Pilos, era fillo de Neleo e Cloris. O seu palacio encontrábase na apracible baía de Pilo. Foi o único que se salvou da mata cando Heracles deu morte a seu pai e os seus irmáns. De mozo, interviu na loita contra os Centauros, na cacería do xabaril de Calidón e foi un dos Argonautas.

Copa de Néstor. Séculos XVI-XV a. C.

Foi o heroe máis ancián na expedición a Troia. É lembrado este venerable heroe, que aparece na Ilíada e na Odisea homéricas, como o modelo de sereno conselleiro e alentador da valentía. Só foi desobedecido unha vez por Agamenón –pois Néstor aconsellárao que non se deixara levar da súa ira contra Aquiles e lle quitara a Briseida, e el fixo o contrario-, malia que logo veu que fora un erro, pola desgraza que sufría o exército grego. Como foi o único guerreiro que se portou con total xustiza no sitio de Troia, Zeus concedeulle unha volta Pazo de Néstor en Pilos. sen atrancos, e xa na súa patria viviu pracidamente na compaña da súa familia. Na Odisea recibe a Telémaco quen fora preguntar polo seu pai Odiseo, e dálle as primeiras novas dos retornos dos gregos trala guerra.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

19


BRISEIDA, filla de Brises, sacerdote de Lirnesia (Asia Menor). Cando os gregos tomaron a cidade, Aquiles levouna cativa. Despois Agamenón quitoulla, e isto determinou o enfrontamento entre ambos os dous heroes, como aparece na Ilíada. Briseida é levada onde Agamenón. Giovanni Battista Tiepolo. 1757

Pola súa banda, CRISEIDA era a filla de Crises, o sacerdote de Apolo. Na guerra de Troia, Agamenón fíxoa a súa escrava. O pai Crises tentou rescatala, pero foi cruelmente ofendido polo rei. Apolo mandou daquela un andazo ao campo grego que só rematou cando Criseida foi devolta a seu pai. Agamenón, moi alporizado, esixiu que se lle entregara a Briseida, a Odiseo devolve Criseida a seu pai. escrava de Aquiles. E el foi a Claude Lorrain. 1644. orixe do conflicto fatal entre os dous.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

20


ODISEO ou Ulises, príncipe de Ítaca, era fillo de Laertes e de Anticlea. A súa muller era Penélope e o seu fillo Telémaco. Cando o exército grego se concentrou para a expedición contra Troia e Odiseo foi obrigado a participar nela, tentou subtraerse semellando unha tolemia. Daquela atopárona labrando as súas terras coa axuda dun boi e un asno e sementando sal nos sucos. Palamedes que foi na súa busca, deixou o noviño Telémaco diante do arado e cando Odiseo arredou del, delatouse. Antes de chegaren cos outros expedicionarios a Troia, foi enviado a esta cidade para reclamar a Helena. Foi el tamén quen de descubrir a Aquiles cando se agachaba en Esciros porque rexeitaba estar na expedición contra Troia. Na guerra de Troia combateu con valentía, porén sobresaiu pola súa sagacidade e a súa elocuencia, calidades polas que era escollido, as máis das veces, como negociador ou espía. Na Ilíada, Odiseo é unha figura moi importante: conduciu ao Vaso coa máis antiga representación combate os coñecida do Cabalo de Troia. homes de Procedente de Miconos, ca. 670 a. C. Cefalenia e, na compaña de Diómedes foi de recoñecemento ao campo dos troianos. A este heroe “rico en estratexias”, Anónimo florentino, O atribúeselle a idea do Cabalo de Troia. naufraxio da nave de Ulises, No entanto, Odiseo é o personaxe 1390-1400 ca., Biblioteca Apostólica Vaticana, MS lat. central da Odisea, a epopea do seu 4776. Cidade do Vaticano. retorno da guerra de Troia. Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

21


O outro Atrida MENELAO estaba casado con Helena, filla de Zeus ou de Tíndaro, de quen herdaría a autoridade en Esparta. Cando Helena foi raptada por Paris, Menelao resolveu co seu irmán Agamenón reunir a todos os príncipes gregos para formaren unha expedición contra Troia. Ao pé da cidadela troiana foi un heroe valente e sobranceiro. Venceu, entre outros, a Paris nun combate singular, loitou contra Eneas e contra Héitor e defendeu o corpo de Patroclo. Foi un dos que entraron na cidade agachados no cabalo de madeira. Menelao recupera a Helena. Hydria ática de figuras vermellas, ca. 480 a. C.

Trala caída de Troia volveu á patria con Helena, logo dunha pereginaxe dun ano.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

22


Fixeron esta presentación as alumnas e alumnos de CULTURA CLÁSICA de 3º ESO B e C do IES de POIO:

J. Adrián Martínez 3ºB: Casandra Manuel Expósito 3ºC: Deífobo Lidia Martínez 3ºB: Héitor Sara González 3ºB: Andrómaca Andrea Expósito 3ºC: Paris Laura Currás 3ºC: Agamenón M. Belén Q. Collazo 3ºB: Aquiles Sandra Quintela 3ºB: Áiax ou Aiante Irati Roncero 3ºB: Idomeneo Andrea Muñiz 3ºB: Neoptólemo Estefanía Martínez 3ºB: Diómedes Cristina García 3ºB: Patroclo Paola Torres 3ºB: Sarpedón Sabela Nacemento 3ºC: Teucro Andrea González 3ºB: Pentesilea Cristina Álvarez 3ºC: Helena Giovanna Alvariñas 3ºB: Eneas Iván Torres 3ºB: Néstor Sabela Soto 3ºB: Criseida e Briseida Tamara Rial 3ºB: Odiseo Alexandra Wills 3ºC: Menelao

Imaxes: Wikimedia Commons. Información tirada de resumos de mitoloxía.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

23

22PERSONAXES DA GUERRA DE TROIA  

STUDENTS OF 3rd CLASSICAL CULTURE FROM IES de POIO PRESENT THEIR WORK ON HEROES OF THE TROJAN WAR

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you