Issuu on Google+

02_ Relatos de viaxes E agora estamos na sección de personaxes da nosa revista do ano 1904. Curros regresa a Galiza no ano 1904... velaí o texto que escribía Galo Salinas na súa revista para saudar a chegada do Celanovés. ACTIVIDADE 1 DÁMOSLLE VOLTAS AO TEXTO Lemos e resolvemos as dúbidas que temos do texto. Facede unha lectura en silencio da noticia. É posíbel que durante a lectura aparezan palabras, expresións, frases, parágrafos, feitos e situación que non entendas. Aproveita para preguntar todo que sexa comprensíbel. Coa axuda das túas/teus compañeiras/compañeiros e da/do profesora/profesor resolverás as túas dúbidas. 

Anota todas aquelas cuestións que tiveches que resolver:

_____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ Foi preciso revisar o significado dalgunhas palabras? Pensades que é de axuda resolver as dúbidas a primeira vez que vos enfrontades a elas. Recomendámosvos traballar sempre un apartado de fichas léxicas no voso caderno. Ficha léxica 1. Palabra descoñecida: significado (contexto) __________________ : ________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ 2. Podes deducir o significado grazas ao contexto? 3. Quen pode axudarche? 4. Consulta no dicionario a súa definición se non estás de todo segura.


5. Se precisas algunha aclaracións máis consulta coa/co túa/teu profesora/profesor.

NIVEL LINGÜÍSTICO Cuestións de ortografía Seguro que xa vos fixastes: a lingua escrita na época de M. Curros Enríquez ten trazos que non son propios da lingua galega actual. Neste texto de Galo Salinas atopamos diferentes trazos e formas que hoxe só son propias da lingua oral ou que teñen sentido á hora de facermos unha lectura do texto. Por exemplo, debemos dicir “pra” na oralidade (nunha lectura ou calquera conversa) mais “para” é a única forma para a representación escrita. Revisade o texto e anotade aquelas cuestións que hoxe só son validas na oralidade, indicade a forma correcta na escrita. Clasificade os trazos segundo os tipos de palabras. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ Outras diferenzas salientábeis son as cuestións ortográficas referidas a diferentes fenómenos. Por parellas, revisade os seguintes aspectos do texto: o uso do guión, os artigos, os pronomes, os adverbios, as preposicións, grupos consonánticos, sufixos e terminacións (masculino/feminino e outras que chamen a túa atención). Indicade como escribimos e dicimos hoxe estas formas. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ Que outras cuestións ortográficas chamaron a vosa atención? _____________________________________________________________ _____________________________________________________________


Nivel semántico Escribe o campo semántico de barco e mar. Localiza varias das palabras do texto que forman parte deles. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ Nivel etimolóxico De onde procede a palabra ciclope? Formula unha hipótese. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ Investiga sobre a orixe etimolóxica da palabra ciclope. Bota man dun dicionario ou da túa/ teu profesora/profesor. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________

INTEPRETAMOS A NOTICIA DE GALO SALINAS 1. O primeiro que nos di o autor da noticia é “Témolo eiquí”. De onde vén Manuel Curros Enríquez? 2. O primeiro que nos di o autor da noticia é “Témolo eiquí”. De onde vén Manuel Curros Enríquez? ____________________________________________________________ 3. A que “lembranzas de feitos que non se poiden esquencer” fai referencia Galo Salinas? Deben ser tristes xa que o cronista di que o noso poeta está “salayando”. ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ 4.

Segundo o texto, que tipo de relación podemos deducir entre o seu autor e Curros?

____________________________________________________________


____________________________________________________________ ____________________________________________________________ 5. Galo Salinas di poder perdoar mais non esquecer. A seguir, enaltece a figura do noso poeta: : “Pró, non importa. O noso poeta, cal esquife, gallardo e maxestuoso que resiste denodado os bandazos das enritadas ondas de iñorancia, que canto más n él baten mais práitico o fan pra se defender d’elas que en folerpas de salitrosa escuma desfanse no madeiramen da obra morta sin dañar o interior, tamén el, co a enteireza, a sinceridade, a despreocupación e a tenacidade que son a característica, seguirá resistindo os embates da envexa, mais o seu corazón puro, limpo, inmaculado non se rendirá senon cando o frio da morte paralice as suas palpitaciós, e ainda despois d’esto a forza do seu latir sentirémolo os que ó presente co él convivimos e a él amamos”.

Reescribe este texto de xeito que calquera persoa sen ter moitos coñecementos sobre a figura de Curros Enríquez poida comprender o seu contido, despois da súa lectura. ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________

REPENSAMOS O TÍTULO: Agora xa sabemos algo máis do que nos quería contar Galo Salinas cando daba noticia da chegada de Curros. Escribe un título axustado ao contido desta noticia e un subtítulo que condense a información máis significativa. ____________________________________________________________ ____________________________________________________________


____________________________________________________________ Na mesma revista o seu amigo e compadre Francisco Tettamancy cóntanola doutro xeito. NIVEL ANALÓXICO DA LECTURA Recorda historias ou contos sobre as viaxes que realizaron e realizan os galegos e as galegas cando volven a Galiza da emigración. Trata de reflectir o dobre punto de vista das persoas que chegan e das que agardan a chegada. Se non coñeces ningunha historia, pregunta ás persoas maiores da túa contorna. ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ Despois de ler as vosas historias pensade: a quen pensades que lle dedicaría a portada dun xornal da vosa cidade/vila/concello... se chegase á vosa localidade. 

Poñede en común o nome das personaxes.

Que profesións teñen? Cal é o seu sexo? De onde proceden?

Valoramos os resultados: semellanzas e diferenzas entre as escollas.

REPENSAMOS O TÍTULO: Agora xa sabemos algo máis do que nos quería contar Galo Salinas cando daba noticia da chegada de Curros. Escribe un título axustado ao contido desta noticia e un subtítulo que condense a información máis significativa. ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ ____________________________________________________________ CONVERTÍMONOS EN ESCRITORAS E ESCRITORES Moitos dos textos que escribimos refírense a cousas que acontecen de xeito excepcional ou a diario. Houbo sucesos na vida do escritor ourensán que lle inspiraron varios poemas: “Ben chegado”, “¡Ai!”, “Na morte da miña nai”. Cal pensas que foron os motivos polos que os


escribiu. Buscádeos na biblioteca ou no centro. Lembra que podedes consultar a bibliografía que aparece neste caderniño) _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ Agora tócavos a vós. É o momento de convertervos en pequenas e pequenos escritores. Pensade en feitos destacados da vosas vidas que vos levarían a escribir un poema. _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ Compartide coas vosas compañeiras e cos vosos compañeiros cales foron. Seguro que así vos coñeceredes un pouco máis e veredes como non sodes tan diferentes. Agora, imos escribir o noso poema. Podedes axudarvos daquelas cuestións que aprendestes das vosas lecturas. Como proposta creativa e vangardista lembrámosvos os caligramas. E, como proposta de escritura creativa: en primeiro lugar escribimos un alfabeto do feito importante da vosa vida que ides poetizar. A seguir, pensade nun ritmo e nunha ritma e deixade que a vosa man se deslice sobre o papel. Por exemplo Mariña escribiu sobre “a súa primeira folga”. Primeiro creou un alfabeto: Amigos Berrar Consignas, cántigas Dereitos Estudantado Folga Galego (...) E despois fixo un significativo poema. É a vosa quenda: _______________________________________________________________


ACTIVIDADE 5 Na actividade anterior, unha noticia avanzábanos a volta de Curros á Coruña. Agora é o seu amigo e compadre, o escritor Francisco Tettamancy quen nola conta doutra maneira: “A Curros Enríquez” Retorna, aló de lonxe a nave presurosa fendendo co seu hélice as azuradas olas, que en fervescente escuma tórnanse pulidoras para bater con fúrea nas aceiradas bordas, estallando harmonías pola galega costa. A nave vén voando axiña, deseiosa de rendire viaxe nas praias garimosas. Dentro dela cobixa rica e preciada xoia: é o noso gran poeta, o bardo de máis sona que atópase na terra das tradiciós formosas; o que ao chan ha cantado endeitas seductoras coma outro non cantara o que en virís estrofas defendendo a súa terra dos que decote a zomban, valiulle como premio presecuciós noutrora…! *** Xa non se ergue gallarda, preguiceira se arrola sobre do mar galego a nave maxestosa. Seu hélice non fende as bravecidas ondas, nin montanas de escuma seu hélice provoca, nin ledas harmonías espalla pola costa… Deslízase tranquila tristeira e morriñosa


sobre as ágoas azures a nave pulidora. Nela vai noso vate recrinado na borda; dos seus ollos, as bágoas trenguelean nas olas… deixando o berce amado, fundíndose en congoxas, acorada súa ialma pola ausencia remota que o destino maldito a cotío lle dona. Francisco Tettamancy, outono 1904.  Que semellanzas atopades na maneira de contar a volta de Curros Tettamancy e Salinas?  Ademais do aspecto formal, que diferenzas atopades? Guiádevos polo esquema de traballo da actividade anterior.

LECTURA DO POEMA Preparade en voz baixa, por parellas, a lectura do poema.  Que unha persoa de vós lle lea á outra o poema: sen ter en conta nin a puntuación, nin a estrutura das estrofas nin o significado das palabras.  Comentade que sensación vos causa.  Subliñade as palabras (verbos, adverbios etc.) e as secuencias (substantivos co seu adxectivos, series de versos etc.) máis significativas do poema. Lédeas de xeito que resaltedes o seu significado.  Estabelece as pausas de entoación no poema. Fixádevos en que tipo de pausas resultan ao final do poema.  Lede novamente o poema. Procurade responder coa mellor interpretación que saibades. Na primeira volta, o resultado seguro que vos parece desproporcionado mais xa veredes como cando fagades a lectura en voz alta a vosa lectura resulta máis espontánea.  Podedes gravar as lecturas e subilas ao blog da nosa aula. No espazo de marcadores tedes varias ferramentas coas que podedes subir as vosas gravacións ao blog da aula. Buscade nos “tags”: “xerador” e “podcast” o http://delicious.com/manuelcurrosenriquez/xerador+podcast o http://ferramentasweb.wikispaces.com/


relatos_de_viaxes