Page 1

VOCABULARIO 4º ESO (Lingua galega e literatura. Editorial Xerais) TEMA 1.- O tempo cronolóxico. Abrente: Primeira luz do día. Acotío: Decote, De modo continuo ou habitual. Adiar: Deixar para máis adiante. Agoira: Que adiviña, que presaxia o porvir por medios supersticiosos. Alba: Abrente Alborexar: Abrente (saír a primeira luz do día) Amencer: Abrente Anoitecer: Facerse noite, escurecer. Antano: En tempos antigos, no tempo pasado; ou o ano pasado. Antonte: Día inmediatamente anterior ó de onte. Ardentía:Sensación de calor intensa. Arestora: Neste momento. Asemade: Simultaneamente, ó tempo. Atardecer: Caer a tarde, ir transcorrendo a última parte do día. Aurora: Abrente. Bardo: Entre os antigos celtas, poeta e cantor das fazañas dos seus heroes Cendal: Tea moi fina e transparente de seda ou liño. Crepúsculo: Claridade frouxa e difusa que precede o amencer ou o anoitecer. Daquela: Expresa tempo pasado ou futuro; entón, naquel tempo. Decote: Emprégase para indicar feitos que se veñen producindo habitualmente. Empardecer: Anoitecer. Engorde: Con lentitude, con coidado e precaución nunha acción ou movemento. Fúlxida: Resplandecente, que é moi brillante. Gazos: Que é de cor entre verde e azul, aplicado en particular aos ollos. Hogano: No ano ou na época que estamos. Lapso: Espazo de tempo que separa dous momentos. Lumbrigada: Abrente. Luscofusco: Anoitecer. Luzada: Abrente. Madrugada: Período de tempo que abrangue as primeiras horas da mañá. Mañá: Parte do día que vai do amencer ata o mediodía. Mañanciña: Período que comprende as primeiras horas da mañá, inmediatamente despois de abrir o día. Medianoite: Tempo que se corresponde coa parte central da noite. Mediodía: Instante do día no que o Sol chega á súa culminación superior. Milenio: Período de mil anos. Nimbo: Círculo resplandecente que rodeaba a cabeza das imaxes dos deuses e dos emperadores divinizados. Noite: Tempo comprendido entre a postura e saída do sol. Ocaso: Crepúsculo. Outonal: Pertencente ou relativo ó outono. Quincena: Espazo de quince días. Século: Período de tempo que abrangue cen anos. Serán: Atardecer. Solpor: Anoitecer. Tarde: Referido ás horas avanzadas do día, antes da noite. Verdegaia: de color verde clara.

1


TEMA 2.- O mundo dos sentidos. Acariñar: Tocar suavemente, facer caricias. Albiscar: Ver sen distinguir ben ou percibindo con dificultade. Alentar: Aspirar e expirar o aire. Apalpar: Tocar, examinar coa man. Arrotar: Expulsar ruidosamente pola boca os gases que estaban retidos no estómago. Arroutar: Decidir facer algo, sen temor ás consecuencias. Asoar: Limpar o nariz de mocos. Atoutiñar: Acariñar. Axexar: Observar agochado e con cautela procurando non ser visto. Beliscar: Apertar con forza entre dous dedos unha porción de pel ou carne. Bisbar: Falar entre dentes. Boca: Cavidade situada detrás dos beizos na que se atopan a lingua e os dentes. Cantaruxar: Cantar en voz baixa e sen entoar correctamente. Catar: Probar para determinar o sabor e outras características de interese para o consumo. Cheirar: Percibir o cheiro. Chiar: Berrar cun son moi agudo e estridente. Degustar: Catar. Determinar o sabor de algo. Dondo: Suave ó tacto. Enxergar: Albiscar. Feo: Que carece de beleza e ten un aspecto desagradable. Fungar: Asoar. Gusto: Sentido mediante ó cal se distinguen os sabores das cousas. Impar: Chorar con xemidos entrecortados. Lingua: Órgano musculoso que se atopa na cavidade bucal e que serve para a degustación, a mastigación... e tamén para a articulación dos sons. Livián: Que ten pouco peso. Man: Parte do corpo humano que se corresponde coa extremidade do brazo e que está formada por cinco dedos. Mascar: Triturar a comida na boca cos dentes sen chegar a tragala. Mastigar. Nariz: Órgano exterior do olfacto que consta de dúas ventas situadas na parte anterior da cabeza. Observar: Mirar ou examinar con atención. Oído: Sentido corporal polo que se perciben os sons. Oír: Percibir os sons polo sentido do oído. Olfactear: Cheirar. Olfacto: Sentido polo que se perciben os distintos olores Ollar: Fixar a vista atentamente nun obxecto. Ollo: Órgano da vista de tódolos animais. Orella: Parte do oído externo dos mamíferos. Palpitar: Contraerse ou dilatarse alternativamente o corazón. Pel: Membrana exterior que cobre o corpo das persoas e dos animais. Percibir: Coñecer por medio dos sentidos ou da intelixencia. Pituitaria: Capa mucosa que cobre o interior das fosas nasais. Pular: Dar saltos. Rañar: Fregar a pel presionándoa coas uñas ou cun obxecto semellante. Recendente: Que desprende un cheiro agradable. Relatar: Facer un relato ou narración.

2


Retina: Membrana interna do ollo onde se forman as imaxes dos obxectos. Roncar: Facer un ruído rouco ó respirar, especialmente mentres se dorme. Roñar: Protestar falando en voz baixa ou entre dentes. Rosmar: Roñar. Emitir sons entre dentes, xeralmente en sinal de enfado e desaprobación. Ruidoso: Que causa moito ruído. Sabedeiro: Que sabe ben ou ten moito sabor. Saborear: Degustar. Saloucar: Chorar facendo ruídos entrecortados ou suspirando. Impar. Saltar: Pular. Tacto: Sentido externo, propio das persoas e dos animais, que se estende por todo o corpo e polo que se poden percibir, ó contacto coa superficie determinadas calidades como a dureza ou a aspereza. Tentar:1. Apalpar, tocar algo coas mans 2. Incitar a alguén a facer algo malo. Tímpano: Membrana que separa o conduto auditivo externo e o oído medio. Tocar: Entrar en contacto con algo por medio do tacto. Uliscar: Ulir algunha cousa repetidas veces. Ver: Percibir polos ollos a forma e cor dos obxectos mediante a acción da luz. Vista: Sentido animal que permite captar a luz e reproducir a imaxe dos diferentes obxectos. Xantar: Comer ó mediodía.

TEMA 3.- As relación sociais. Acolledor: Que acolle gratamente. Adulación: Acción de gabar servilmente. Afago: Adulación. Demostración de cariño que se fai para agradar a alguén. Agasallo: Obsequio que se lle da alguén como mostra de agarimo. Aldraxe: Inxuria, ofensa. Amizade: Relación afectuosa entre persoas. Anoxo: Enfado ou carraxe que se sente contra algo ou alguén. Cabreo (col). Avinza: Acción e efecto de avir (reconciliar, acceder). Acordo, pacto. Beixo: Toque cos beizos nunha persoa ou cousa en sinal de afecto. Bico: Beixo. Carraxe: Anoxo. Irritación do ánimo dunha persoa a causa dalgún acontecemento adverso. Casar: Unirse muller e home polo casamento. Chorar: Verter bágoas por unha dor ou sentimento. Chucho: Beixo. Bico. Compañeirismo: Calidade dunha persoa de facer o que sexa polos demais. Consolo: Alivio da pena. Cortexar: Galantear. Intentar namorar a alguén. Desconfianza: Acción ou efecto de sospeitar. Desgusto: Anoxo. Impresión mala causada por algo que desgusta. Deslinguado: Persoa que fala en exceso sobre o que no debe. Discordia: Desavinza. Desacordo entre dúas ou máis persoas. Disputa: Altercado. Discusión violenta. Eloxio: Adulación. Comentario ou atribución favorable das calidades e méritos dunha persoa ou cousa.

3


Encabuxar: Anoxarse. Enfadar(se). Enfrontamento: Disputa. Engaiolar: Mentir a alguén facendo que pense que algo é verdade. Enganar. Engano: Engaiolamento. Enredar: Complicar un asunto. Envexa: Sentimento de pesar por mor do ben alleo. Esmorga: Festa. Falangueiro: Deslinguado. Falsidade: Calidade de ser mentiroso. Festa: Celebración, por exemplo, a do patrón da cidade. Gabanza: Adulación. Homenaxear: Celebrar un acto na honra dunha persoa ou dunha institución. Indiscreto: Deslinguado. Laretas: Deslinguado/a. Lealdade: Calidade de gardar a fidelidade debida. Lercho: Deslinguado. Liorta: Disputa. Murmuración: Acción ou efecto de falar en voz baixa. Namoradeiro: Que namora facilmente. Paixón: Expresión emotiva de moita intensidade. Rancor: Resentimento cara algo ou alguén. Respecto: Actitude de consideración cara unha persoa. Rifa: Disputa. Solidariedade: Calidade de ser común a varias persoas Troula: Festa. Xenreira: Disputa. Xolda: Festa.

TEMA 4.- O INVERNO: tempo de Nadal. Acervo: Patrimonio material e cultural que pertence a varias persoas ou a unha comunidade. Achandar: achaiar, achanzar, alisar, aplanar, arrasar, aterraplenar, atreitar, explanar. Acivro: Arbusto da familia das aquifoliáceas, de follas coriáceas e beiras onduladas e espiñentas, co froito en drupa vermello. Bacallau: Peixe do xénero Gadus, da familia dos gádidos. Bruar: Emitir berros característicos o boi, a vaca ou outros ruminantes. Capón: Galo que se castra cando é pequeno e que se ceba para comelo. Carambelo: Capa de xeo que se forma nun líquido cando vai moito frío. Caramelo: Líquido pastoso de cor marrón escura, con olor a azucre queimado, soluble en auga e alcohol diluído, que se obtén mediante o quentamento da sacarosa ou glicosa, engadindo pequenas cantidades dun álcali. Castañeiro: Persoa que asa e vende castañas Chover: Caer auga das nubes en forma de pingas. Chuvasco: Chuvia de curta duración pero moi intensa, xeralmente producida por fenómenos de convección.

4


Coliflor: Variedade cultivada de col, que se caracteriza por presentar unha inflorescencia, que se engrosa e forma unha masa compacta, tenra e carnosa, normalmente de cor abrancazada, que é a parte comestible. Degoiro: Desexo forte dunha cousa. Anhelo, ansia, arela, degoro. Diluvio: Choiva extremadamente intensa. Cataclismo que consiste nunha gran choiva e inundación universais que, segundo as tradicións relixiosas máis antigas, asolagou a terra como castigo divino, cun anuncio previo por parte da divindade, que deu orde de construír unha nave de salvación. Dioivo: Precipitación intensa e breve de tipo tormentoso. Torrente que se forma como consecuencia dunha precipitación intensa e breve, en que a auga discorre moi rapidamente e desaparece pouco despois de que cese a chuvia. Folerpas: Cada unha das partículas nas que se precipita a neve. Garatuxas: Xesto ou palabra coa que se demostra cariño ou admiración. Habelencioso: Que ten moita habilidade para facer algo, en especial para actividades manuais. Hibernar: Sufrir hibernación un animal. Invernar: Pasar o inverno nun lugar. Invernía: Inverno moi rigoroso. Lambón: Que lle gustan moito as lambonadas. Ollomol: Peixe, da familia dos espáridos, de cor rosa con reflexos prateados nos costados e unha mancha escura no inicio da liña lateral. Panxoliña: Canción popular de tema relixioso que se canta polo Nadal. Pluviosidade: Cantidade de precipitación que se recolle nun lugar, medida en l/m2, ou expresada polo número de días nos que choveu durante o ano. Pulmoeira: Mamite, enfermidade do ubre dunha vaca... Pulmonía: enfermidade que afecta aos pulmóns.Pneumonía. Quente: Que ten unha temperatura elevada. Que produce unha sensación de calor. Repolo: hortaliza da familia das coles Xeada: Fenómeno atmosférico que se produce cando as temperaturas son inferiores a 0°C e que provoca a conxelación da auga. Xear: Solidificar un líquido pola acción do frío. Facer moito frío. Xeado: Que está moi frío. Que está cuberto de xeada. Doce conxelado que se elabora con auga e zume de froita. Xélido: Que está moi frío, á temperatura do xeo. Glacial.

TEMA 5.- Somos cidadáns. Asemblea: Congreso dun partido político ou reunión de persoas que se xuntan cunha finalidade determinada. Botar: Facer saír dun lugar, expulsar. Cámara: Asemblea lexislativa. Cesamento: Acción e efecto de deixar de realizar as funcións e actividades propias dun cargo. Comisión: Labor que se lle encomenda a alguén. Cada un dos órganos administrativos de carácter colexial nos que está representado proporcionalmente un organismo máis numeroso. Competencia: Facultade para resolver un asunto ou entender nel.

5


Concelleiro: Cada un dos membros que, xunto co alcalde, teñen ó seu cargo a administración dun concello. Conselleiro: Persoa responsable de cada un dos departamentos do goberno de Galicia. Conserxe: Empregado que vixía e coida unha oficina ou edificio público. Contribución: Imposto que se lle paga ó estado. Decreto: Resolución do poder executivo de carácter xeral, e que se fai pública segundo as normas prescritas. Delegado: Dise da persoa que recibe poderes doutra persoa para que actúe no seu nome e representación nalgún asunto. Dimisión: Comunicación que se dirixe á autoridade correspondente na que se expresa a decisión de abandonar o cargo que viña desempeñando. Edil: Concelleiro. Elector: Persoa que ten dereito a participar nunha elección. Emenda: Proposta de variación ou cambio total no texto dunha lei. Escano: Asento que ocupan os deputados e senadores nas cámaras lexislativas. Hemiciclo: Sala con forma de medio círculo, xeralmente con fileiras concéntricas de bancadas. Impostos: Cantidade obrigatoria que pagan os cidadáns ó estado para atender as necesidades públicas. Mesa do Parlamento: conxunto dos representantes políticos que presiden o Parlamento. Militante: Persoa que participa activamente nun movemento político. Moción: Proposición feita nunha asemblea, xunta, congreso. Parlamentario: Membro do Parlamento. Parlamento: Asemblea lexislativa dun estado con poderes regulados por unha constitución. Plebiscito: Consulta política directa ós habitantes dun territorio para que estes se pronuncien a favor ou en contra dun acto de goberno. Pleno: Organismo á que deben asistir todos os seus membros. Portavoz: Persoa que fala en representación doutra ou dalgunha institución. Presidente do Parlamento: Persoa que dirixe as deliberacións e traballos do Parlamento. Proposta: Expor unha cousa coa intención de que se acepte. Quórum (latinismo): Número mínimo de membros dunha asemblea presentes para ter validez os acordos tomados. Regulamento: Conxunto de regras que regulan unha actividade ou funcionamento dun organismo. Solicitude: Escrito mediante o cal se solicita algo de maneira formal. Subvención: Axuda económica que unha institución concede a unha persoa ou identidade. Taboleiro de votacións: Táboa máis ou menos estreita e longa que ten diversos usos, como fixar carteis ou anuncios, ou , neste caso, rexistrar o resultado das votacións. Taquígrafo: Persoa que escribe por medio da taquigrafía. Taxas: Prezo, importe, medida ou porcentaxe en que se fixa algunha cousa. Impostos. Tribuna de oradores: Lugar elevado desde onde os oradores falan ao público. Vicepresidente: Quen fai as funcións do Presidente cando este está ausente. Voceiro: Portavoz.

6


Vogal: Cada un dos membros dunha institución ou asemblea que ten dereito o de intervir nos debates. Votar: Participar na toma dunha decisión mediante o sistema de votos. Xuntanza: Reunión de varias persoas ou dunha institución corporativa.

TEMA 6.- O entroido. Anaco: Parte pequena. Antefaz: Careta que tapa a parte da cara situada derredor dos ollos. Auga: Líquido incoloro, transparente, inodoro e insípido. Azucre: Substancia alimenticia soluble de sabor doce que se extrae da cana e doutras plantas. Botelo: Embutido feito co bandullo do porco cheo de carne e ósos picados, adubados con pemento, sal... Cachelos: Anaco de pataca pelada que se coce en auga con sal. Cachola: Cabeza do porco salgada. Callar: Deixar que o leite se solidifique para conseguir o chamado requeixo. Carauta: Máscara que se coloca diante da cara para tapala. Careta: Carauta. Chanfaina: Embutido feito coas tripas grosas que se fai aproveitando a carne ruín do porco e as vísceras. Chocas: Instrumento de metal semellante a unha campaíña que se colga no pescozo dalgúns animais e que levan algúns personaxes populares do entroido. Chourizo: Embutido elaborado con carne de porco adobada e curada ó fume. Cigarrón: Disfrace propio do Entroido de certas zonas do sur da provincia de Ourense. Comparsa: Conxunto de persoas que se disfrazan de maneira semellante/Conxunto de persoas que tocan, de xeito festivo, diversos instrumentos musicais. Culler: Utensilio de uso doméstico que se emprega para levar a boca líquidos ou substancias poucas consistentes. Cunca: Recipiente cóncavo que serve para beber ou para tomar alimentos líquidos. Disfrace: Traxe que se pon no Entroido para caracterizarse dunha maneira determinada. Fariña: Po que se obtén do gran moído dos cereais. Filloa: Doce feito de fariña, leite, ovos e, ás veces, sangue de porco. Fritir: Cociñar un alimento nunha tixola con manteiga ou aceite fervendo. Grelos: Follas tenras e comestibles do nabo antes de florecer. Grilanda: Coroa de flores que se cingue na cabeza. Lacón: Cada unha das patas dianteiras do porco, despois de matado e despezado. Leite: Líquido branco que segregan as glándulas mamarias das femias dos mamíferos e que serve para alimentar as súas crías. Manteiga: Substancia graxa e sólida que se obtén da tona do leite unha vez batida. Marmelada: Doce de marmelo ou doutros froitos cocido e mesturado con azucre. Máscara: Carauta. Mesturar: Unir unha cousa con outra, xuntar.

7


Mimosa: Flor aromática de diversas plantas da familia das mimosáceas. Morro: Parte da cabeza dalgúns animais, onde están a boca e o nariz. Orellas: Doce do entroido, feito de fariña, azucre, ovos, anís, manteiga... Ovo: Produto comestible da posta dalgunhas aves, principalmente da galiña. Pallaso: Personaxe cómico e burlesco do circo que divirte o público coas súas grazas. Pantalla: Máscara coa que se cobre a cara do entroido nalgúns lugares, xeralmente na provincia de Ourense. Peliqueiro: Personaxe do Entroido, propio de Verín, que se caracteriza por levar un traxe moi vistoso, e pola carauta; é semellante ó cigarrón. Perruca: Cabeleira postiza. Raxo: Cada unha das dúas tiras de carne magra que están situadas ó longo do lombo do porco, unidas ao espiñazo. Recheo: Conxunto de ingredientes para encher un alimento. Roxón: Residuos das distintas partes e graxa do porco, unha vez extraída a manteiga ou o pingo. Serpentina: Fita de papel de cor, estreita e longa, que se lanza nas festas como diversión. Soá: Parte do porco que se corresponde co espiñazo. Tixola: Utensilio de cociña, de forma circular e con mango que se emprega para fritir. Touciño: Cada unha das dúas partes en que se divide o lombo do porco despezado unha vez que se lle retira o magro. Vincha: Doce característico do entroido; a masa feita cunha serie de ingredientes introdúcese na vexiga do porco convenientemente curada, e despois cócese. Xema: Parte globosa central de cor amarela do ovo. Xestas: Plantas arbustivas, de talo leñoso de cor verde, e con flores amarelas ou brancas Zorza: Carne de porco picada e adobiada para facer chourizo

TEMA 7.- Imos de romaría Advocación: Título dado a unha parroquia, templo, capela, imaxe ou semellante polo feito de estar dedicado a Xesus Cristo ou a un santo. Advocar: Chamar, invocar, facer vir. Besta: Mamífero solípede femia de crina e rabo longos, que se domestica facilmente e resulta moi útil para o home. Candea: Peza de cera cunha mecha no interior que se emprega para alumar. Cesta: Recipiente xeralmente feito de vimbio ou con láminas de madeira, e dúas asas. Crina: Pelo longo que medra ó longo do pescozo e do rabo dalgúns animais, especialmente dos cabalos. Cruceiro: Cruz monumental de pedra que se coloca sobre unha columna e asentada sobre unha plataforma graduada. Curro: Lugar descuberto e cercado onde se xuntan os cabalos para marcalos. Devoto: Que sente admiración por algo ou por alguén, piadoso. Estadea: Visión fantástica e fantasmal que aparece de noite envolta nunha túnica branca.

8


Exvoto: Ofrenda feita á divindade en agradecemento dun beneficio recibido. Garañón: Cabalo que funciona como xefe dunha grea de eguas que andan ceibas polo monte. Grea: Rabaño dunha mesma clase de gando, especialmente o de eguas e cabalos bravos coas súas crías. Herba de namorar: Planta herbácea de flores rosáceas, que florece entre marzo e agosto. Loitador: Que manifesta unha actitude de loita. Manteigada: Especie de bola feita con manteiga e outros ingredientes doces (azucre, anís...) Meigallo: Acto de meigaría que se supón que ten efectos malignos sobre algo ou alguén Mortalla: Vestidura branca que certos penitentes levan en cumprimento dun voto. Peto de ánimas: Pequena construción cun peto cavado na pedra cunha portiña de ferro e un buraco para botar moedas. Poldro: Cabalo dende que nace ata que muda os dentes, máis ou menos ós catro anos. Rapa: Acción na que se lle corta o pelo a un animal. Romaxe: Festa popular ó redor dunha ermida ou santuario. Romeiro: Persoa que vai en romaría. Rosquillas: Doce pequeno, redondo e cun furado no medio. Sanandrés: Figuriñas de pan sen fermentar pintadas de vivas cores, (exvotos de San Andrés de Teixido). Santeira: Persoa que fabrica ou vende imaxes de santos ou relacionados con estes. Santuario: Templo onde se venera a imaxe ou reliquia dun santo e que é o centro de peregrinación. Tangaraño: Diaño ou trasno que, segundo a crenza popular, ataca os nenos deixándoos raquíticos e deformes. Raquitismo que sofren algúns cativos nas pernas.

TEMA 8.- O noso concello: Allaricense: Natural ou habitante de Allariz. Arrabaldes: Espazo que está preto dunha poboación e arredor dela. Barrio: 1. Cada unha das partes en que se dividen as poboacións grandes, os seus distritos ou as parroquias, e que o singularizan con respecto ás demais. 2. Arrabaldes. Benestar social: Concellería que se encarga de que a poboación leve unha vida cómoda e sen problemas. Bergantiñán/á: Natural ou habitante de Bergantiños. Bretoñés/esa: Natural ou habitante de Bretoña, municipio da Pastoriza. Burelense: Natural ou habitante de Burela. Camariñés/esa: Natural ou habitante de Camariñas. Concello: Corporación ou cámara municipal formada polo conxunto de concelleiros ou representantes municipais. Consistorio: 1. Concello municipal; 2. Casa do Concello.

9


Deportes: : Concellería que se encarga de organizar actividades que implican un exercicio físico. Dezao/á: Natural ou habitante de Deza Focense: Natural ou habitante de Foz Grovense: Natural ou habitante de O Grove Limego/a: Natural ou habitante de A Limia Limiao/limiá: Natural ou habitante de Xinzo de Limia. Lixo: Restos ou residuos inservibles de calquera material. Medio ambiente: Concellería que se encarga do medio natural. Conxunto de factores físicos, químicos e biolóxicos aos que está sometido un ser vivente. Mercado: Lugar ou edificio público destinado ás actividades de compravenda. Moañés/esa: Natural ou habitante de Moaña. Muller: Concellería chamada de muller e xuventude que se encarga de realizar actividades para xente nova e defender os dereitos da muller. Obradoiro: Lugar onde traballan os artesáns ou se fan traballos de carácter manual. Ordenanzas: Conxunto de normas polas que se regulamenta un concello. Padrón: Lista oficial de habitantes dunha cidade, vila, onde figuran os seus nomes. Parques: Concellería chamada de parques e xardíns que se encarga de coidar e os parques e xardíns e tamén de instalalos. Parroquia: Unidade básica da división territorial de Galicia, cuns límites naturais claros e definidos, e unidade histórica, social, relixiosa e administrativa. Pedáneo: Alcalde que exerce as súas funcións en barrios, parroquias... Praza de abastos: Lugar onde se realiza un mercado no que se venden alimentos de consumo diario. Prevaricación: Utilización indebida que un gobernante ou funcionario fai do seu cargo aproveitándose del para sacar vantaxes económicas ou doutro tipo. Recadación: Acción e actividade de cobrar impostos. Sanidade: Conxunto de servizos gobernamentais encargados de preservar a saúde pública. Sarriao/sarriá: Natural ou habitante de Sarria Sonense: Natural ou habitante de Porto do Son Taxas: Cantidade obrigatoria que pagan os cidadáns ós entes públicos pola prestación de servizos. Tenente de alcalde: Concelleiro encargado de certas funcións da alcaldía. Tudense: Natural ou habitante de Tui. Urbanismo: Concellería que se encarga dun conxunto de medidas técnicas, administrativas, económicas e sociais necesarias para o desenvolvemento humano das cidades. Varredura: Lixo e desperdicios que se xuntan ó varrer. Vías e obras: Concellería que se encarga das construcións das obras e vías realizadas no municipio. Xardíns: Concellería chamada de parques e xardíns que se encarga de coidar e os parques e xardíns e tamén de instalalos. Xuventude: Concellería chamada de muller e xuventude que se encarga de realizar actividades para xente nova e defender os dereitos da muller.

10


TEMA 9.- A ecoloxía: un mundo mellor. Aceite: Graxa líquida de procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles. Aerosol: Suspensión coloidal de partículas líquidas ou sólidas nun gas. Apuntamento: Nota de pouca extensión feita con rapidez. Batedor: Utensilio que se utiliza en cociña para bater ou mesturar alimentos. Biodegradable: Que é susceptible de sufrir biodegradación. Caderno: Conxunto de follas de papel, en branco ou impresas, pregadas e encaixadas en forma de libro. Cartafol: Carpeta para gardar documentos ou outros papeis que se acostuma usar para escribir sobre ela nunha mesa. Cartolina: Cartón delgado, liso e flexible. Cartón: Material ríxido e groso que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras. Cueiro: Peza de lenzo ou doutros materiais hixiénicos e absorbentes que se lle pon aos nenos pequenos entre as pernas para que non manchen a roupa. Degradar: Alterar as calidades dunha persoa ou cousa para que se envileza ou perda o seu honor. Desenvolvemento: Acción e efecto de desenvolver ou desenvolverse. Sostible: Que se pode soster Desenvolver: Sacar unha cousa do seu envoltorio. Deixar de estar envolto algo. Envoltorio: Material co que se envolve algo, especialmente un papel, unha tea ou algo similar. Esfera: Sólido interior a unha superficie esférica constituído por todos os puntos que teñen unha distancia ao centro menor ou igual ca o raio. Estoxo: Caixa ou funda que se usa para gardar ou protexer algo. Excrementos: Materia constituída polas substancias sometidas á dixestión e eliminadas a través do orificio anal. Fertilizante: substancia orgánica ou química que serve para aumentar a fertilidade dun solo. Orgánico: Relativo ou pertencente a un órgano ou a un sistema de órganos dun ser vivo. Froita: Froito comestible para o home. Goma de mascar: Lambetada formada por unha base mastigatoria plástica que está constituída por gomas e resinas, naturais ou sintéticas, bálsamos, graxas ou ceras, e azucres, aromatizantes, colorantes e outros ingredientes. Impacto ambiental: Repercusión de calquera actividade humana no medio natural ou na paisaxe. Iogur: Alimento que se obtén pola fermentación láctica de leite enteiro ou desnatado, normalmente hixienizado, concentrado ou non. Letal: Que é capaz de producir a morte. Lixivia: Líquido alcalino empregado para branquear a roupa ou quitarlle as manchas. Menciña: Preparado que serve para aliviar calquera tipo de mal ou pena. Neveira: Refrixerador, especialmente o de uso doméstico, que se dedica a manter frescos alimentos ou bebidas ou a poñelos a arrefriar. Nicho ecolóxico: función que un ser vivo desempeña no ecosistema. Olivas: Froito en drupa da oliveira, monospermo, máis ou menos redondo e de cor e dimensións moi diversas.

11


Reciclable: Transformar un material xa utilizado para volver ser empregado. Refugallo: Aquilo que sobra ou que non se aproveita dunha cousa. Reutilizable: Que se pode volver a utilizar. Suavizante: Que suaviza. Térmico: Relativo ou pertencente á calor ou á enerxía calorífica. Tixola: Utensilio de cociña de forma redonda e pouco fondo que ten un mango para suxeitalo e que serve para fritir alimentos. Tóner: Substancia semellante á tinta que empregan as impresoras e fotocopiadoras. Tornar: Facer que unha persoa ou animal marche de onde está ou cambie de dirección. Tóxico: Aplícase ás substancias pezoñosas ou velenosas. Transxénico: Aplícase ao animal ou planta que contén algún xen alleo en todas as súas células somáticas e xerminais, introducido artificialmente. Xampú: Preparado de xabón líquido para lavar o pelo. Xénese: Creación ou formación de algo.

TEMA 10.- A XUSTIZA. Acusación privada: Inculpación realizada contra unha persoa por ter o convencemento de que cometeu un delito. Auto: Conxunto de actuacións ou documentos que se producen nun xuízo. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘propio, a si mesmo, por si mesmo, de si mesmo’. Avogado defensor: Persoa que fala en defensa doutra. Barrete: Gorro que se usa en actos solemnes, de forma prismática e cunha borla de distintas cores na parte superior. Citación: Acción e efecto de citar. Convocatoria emitida por un xuíz ou tribunal a unha dilixencia xudicial para que alguén, nun prazo fixado, compareza nun proceso co fin de responder á acción que lle é proposta ou para pronunciarse acerca do obxecto que lle é proposto. Delinquir: Cometer un delito. Delito: Acción ou omisión dolosa ou culposa prohibida pola lei, segundo o ordenamento xurídico de cada estado, baixo a ameaza dunha pena grave. Delituoso: Que constitúe delito. Demanda: Acción procesual mediante a que se realiza a petición dun dereito ante un xuíz ou tribunal de xustiza. Ditame: Xuízo ou opinión que se emite sobre un asunto. Dura lex, sed lex: (latinismo) A lei é dura, pero é lei Estrado: Sala dun tribunal de xustiza. Exculpado: persoa que é descargado de culpa Falso testemuño: persoa qe testifica en falso, para facerlle mal a outra Fiscal: que representa e defende xudicialmente os intereses do Estado e da cousa pública Habeas corpus: (latinismo) Procedemento destinado á protección do dereito á liberdade persoal, que trata de impedir que a autoridade poida prolongar de forma arbitraria a detención ou prisión dun ciudadán. A través do hábeas corpus, unha persoa privada de liberdade pode obter a súa inmediata posta a disposición da autoridade xudicial competente, que resolverá acerca da legalidade ou ilegalidade da detención.

12


Impugnable: Que pode ser impugnado. Impugnación: Actividade dirixida a combater a validez ou eficacia dun acto xurídico. Impugnador: Que impugna. Impugnar: Oporse con razóns e argumentos ao que alguén dixo ou sostivo. Imputado: Aplícase á persoa sobre a que cae unha imputación. In dubio pro reo: (latinismo) En caso de dúbida, a favor do reo In fraganti: (latinismo) Coller a alguén no mesmo instante en que está cometendo un delito Procesar: Formar causa criminal contra unha persoa para xulgala. Procesual: Relativo ou pertencente ao proceso. Querela: Acusación escrita que se presenta diante do xuíz contra alguén que comete un delito para que sexa penalizado. Reo: Persoa que cometeu un delito. Sentenciar: Ditar ou declarar por sentenza Sentencioso: Que inclúe unha sentenza ou máxima. Sentenza: Decisión dun órgano xudicial que pon fin ao proceso ou xuízo. Sobreser: Realizar un sobresemento. Sub iudice: (latinismo) Baixo a autoridade do xuíz Testemuña: Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe. Testemuña de cargo: É a persoa que acusa. Testemuña de descargo: Persoa que defende. Testemuñar: Dar testemuño de algo. Testemuño: Declaración de alguén para certificar unha cousa que viu ou sentiu, para establecer ou probar un feito. Toga: Peza longa ata os pés que empregan maxistrados, avogados e mestres universitarios. Tribunal: Conxunto de persoas que teñen que xulgar e administrar xustiza. Xuíz: Persoa que ten capacidade legal para administrar xustiza e sentenciar. Xuízo: Causa en que o xuíz ou o tribunal ten que pronunciar a sentenza. Xulgado: Órgano xudicial composto por un xuíz e persoal auxiliar. Xulgar: Someter un caso á decisión dun xuíz ou tribunal e pronunciar sentenza.

TEMA 11.- En acción. Acariñar: Tratar con agarimo. Afluente: Corrente de auga que desemboca noutra máis importante. agatuñar: Subir por un lugar un animal axudado coas mans e cos pés. Ferir na pel leve e superficialmente coas unllas. Gabear, gatear, rubir, rabuñar. Alcumar: Poñer un alcume a unha persoa, atendendo a unha calidade ou característica que destaque nela. Aloumiño: Acción de aloumiñar. Caricia ou aceno cariñoso que se lle fai a alguén co propósito de contentalo ou facelo feliz. Xestos cos que os namorados manifestan o seu amor. Agarimo, arrolo, caricia, cariño, meco. Anoar: Unir ou atar por medio de nós. Axeonllar: Facer que alguén se coloque coas pernas dobradas e cos xeonllos apoiados nunha superficie. Bocexar: Abrir a boca involuntariamente a causa da fatiga, o sono ou a fame.

13


Combatente: Que combate. Debruzar: Inclinar o corpo cara a adiante apoiando os cóbados nalgún sitio. Delincuente: Que comete un delito. Dicente: Que di algo. Diminución: Cantidade en que diminúe unha cousa. Durmir: Estar unha persoa ou animal nun estado de repouso durante o que se suspende a consciencia e os sentidos Empurrar: Facer forza contra algo ou alguén para movelo do seu lugar Envexoso: Que ten ou sente envexa. Envolveito: (Participio irregular do verbo envolver) Cubrir algo ou a alguén cunha cousa, especialmente papel ou outro material flexible. Envolto. Espreitar: Vixiar algo ou a alguén con atención e con disimulo. Esquecer: Deixar alguén de ter algo na memoria. Estudar: Exercitar a memoria e o entendemento para aprender ou comprender algo ou a alguén Insurxente: Que actúa en contra das autoridades civís ou militares. Insurrecto. Lamber: Pasar a lingua pola superficie dunha cousa. Ler: Distinguir os sons figurados polas letras dun texto ou dunha lingua determinada. Mágoa: Amargura ou dor moral que sente unha persoa. Pechar: Encaixar por completo algo que se abre no seu marco ou oco correspondente. Peitear: Pasar o peite para alisar, desenlear ou compoñer o cabelo. Rabuñar: Ferir coas uñas ou cun obxecto aguzado. Rubir: subir agatuñando coas mans… Saliente: Que sobresae nunha superficie. Servente: Que serve. Tixola: Utensilio de cociña de forma redonda e pouco fondo que ten un mango para suxeitalo e que serve para fritir alimentos Troula: Diversión ruidosa dun grupo de persoas. Uliscar: Ulir algunha cousa repetidas veces. Xantar: Inxerir alimentos ao mediodía.

TEMA 12.- De vacacións! … Antuca: Aparato portátil construído por un mango que sostén unhas variñas cubertas por unha tea e que serve para protexerse do sol. Bañadura: Acción e efecto de bañar ou bañarse. Bañista: Persoa que se baña no mar, nun río ou nun establecemento de baños. Bikini: Traxe de baño feminino de dúas pezas. Boia: Corpo flotante suxeito a un cabo, unha cadea ou un cable, que se fixa polo outro extremo ao fondo do mar e que serve de marca ou sinal. Bordo: Extremo onde remata un obxecto. Costado dun barco, desde a auga ata a borda. Bungaló: Vivenda pequena de madeira, cun só andar, rodeada de corredores e situada en lugares destinados ao descanso. Céspede: Formación herbácea mesta e de baixa altura que cobre unha extensión de terreo.

14


Chancleta: Calzado co talón descuberto ou dobrado que se suxeita ao pé pola parte dianteira. Corvo mariño: Ave acuática, da familia dos falacrocóridos, que presenta plumaxe negra brillante, pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada. Cuncha: Cuberta dura e ríxida dun animal, como a calcaria da maior parte dos crustáceos e dos moluscos, e os ósos dos quelonios. Desaugadoiro: Canle pola que saen as augas. Descansada: Que non require moito esforzo. Descansadoiro: Lugar onde se descansa ou se pode descansar. Diversorio: Cousa que divirte. Diversión, divertimento. Escada: Utensilio formado por dúas barras longas e paralelas que se unen por travesas equidistantes, que realizan a función de chanzos para subir ou descender. Esquís: Cada unha das táboas, rematadas pola parte dianteira en punta curvada cara a arriba, que se suxeitan aos pés e serven para escorregar sobre unha superficie, especialmente a neve ou a auga. Fraga: Extensión de monte, xeralmente illado e de difícil acceso, poboado de árbores de folla caduca, plantas herbáceas, mofos e liques e onde convive gran diversidade de fauna. Gaivota: Ave mariña, da familia dos láridos. Xeralmente de tons cincentos no dorso e brancos no ventre nos adultos, nos máis novos e inmaduros a plumaxe é habitualmente parda. Son especies de hábitos costeiros. Iate:Embarcación, de vela ou de propulsión mecánica, que se emprega para a navegación deportiva e de recreo. Jacuzzi: Bañeira ou piscina de hidromasaxe. Mergullar: Meter algo ou alguén na auga ata quedar cuberto por ela Mergullo: Acción ou efecto de mergullar ou mergullarse. Nadadeira: Instrumento para aprender a nadar. Navegabilidade: Calidade de navegable. Paisaxista: Que cultiva a paisaxe. Tamén referido a un artista. Pareo: Peza de roupa que se pon sobre o traxe de baño. Patín: Aparato que se fixa á sola do calzado, provisto dunha folla metálica vertical ou de rodas, que se emprega para deslizarse sobre o xeo ou sobre unha superficie lisa. Pucha: Peza de vestir redonda, con ou sen viseira, que serve para cubrir a cabeza. Rompente: Lugar onde rompen as ondas. Rota: Tribunal ou consello de xustiza dun príncipe. Rotar: Realizar unha rotación. Senda: Camiño estreito que se forma ao pasar continuamente as persoas e os animais por un mesmo sitio. Vestiario: Conxunto de pezas de vestir que teñen unha ou diversas persoas, especialmente os actores. Viaxada: Viaxe de recreo. Viaxata. Viaxe longa. Viaxante: Que viaxa moito. Representante comercial que se dedica a facer viaxes para negociar compras ou vendas. Xogatín: Amigo dos xogos de cartos. Xogueta: Gusto excesivo polo xogo, sobre todo arriscando diñeiro.

FIN

15

Vocabulario galego 4º ESO temas 1-12 Edit. Xerais  

Vocabulario de Lingua galega. Temas do 1 ao 12 do libro de texto da Editorial Xerais para 4º ESO