A COMUNICACIÓN LITERARIA

Page 163

UNIDADE 3

(susurroume). Como podes ver, cada un deles engade matices diferentes. Todos estes verbos son verbos de lingua: - Dicir, falar, proferir, asegurar, opinar, soster, afirmar, chamar, nomear,... - Murmurar, borboriñar, susurrar, latricar, rexoubar, fungar, rosmar,... - Preguntar, consultar, cuestionar, demandar, inquirir, interrogar... - Berrar, gritar, vociferar, roñar, exclamar, proferir... - Expor, expoñer, explicar, manifestar, amosar, exteriorizar, expresar, concretar, insinuar, declarar, recalcar, subliñar, resumir... - Responder, contestar, obxectar, opoñer, replicar... - Requirir, precisar, reclamar, esixir, solicitar, sentenciar... 45. Elixe os verbos axeitados para matizar as seguintes maneiras de falar: -

Falar alto: Falar facendo unha pregunta: Falar en voz baixa: Falar dando unha resposta: Falar facendo unha petición: Falar con enfado: Falar mal de alguén:

46. O texto seguinte está tirado do libro de Manuel Rivas ¿Que me queres, amor?. Como ves, é unha conversa teléfonica entre dous interlocutores na que só “escoitamos” a un deles. Le o fragmento e, a continuación, completa o diálogo escribindo ti a parte que falta: -

Ola, Ma. ¿Como vai iso? ... Ben. Dille que se poña. ... ¿Como que non lle diga nada? ... ¿Que non lle berre? Ti es peor ca el. Unhas hostias, iso é o que necesita ese mocoso.

163


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.