Referencias bibliográficas. Estilo APA

Page 6

Cando citamos un traballo elaborado por un organismo ou entidade a primeira vez que se cita, débese incluír o nome completo. Nas seguintes citas podemos incluír o nome abreviado. Exemplos A primeira cita: (Organización de Nacións Unidas [ONU], 2004). Nas seguintes citas: (ONU, 2004). Cando un autor ten máis dunha publicación no mesmo ano, na cita engádese unha letra minúscula á data para distinguilas. Exemplos (Sánchez Albornoz, 1973a) (Sánchez Albornoz, 1973b)

4. COMO SE REDACTAN AS REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS: ESTILO APA A continuación imos explicar, polo miúdo e con exemplos, a forma de redactar as referencias bibliográficas segundo o estilo APA e segundo a norma ISO 690:2010 (E) de diferentes tipos de documentos. Documentos impresos Documentos electrónicos Documentos audiovisuais É importante salientar, que o estilo APA require a elaboración dunha lista de referencias final que inclúe unicamente, os recursos que foron utilizados na preparación do traballo. Cada cita intercalada no texto ten que ter a súa correspondente referencia na lista final. Tendo en conta que un dos propósitos da lista de referencias é permitir ao lector recuperar e usar as fontes citadas, os datos de referencia deben ser correctos e completos. Cada entrada contén xeralmente os seguintes elementos: autor, ano de publicación, título, e datos de publicación (lugar e editorial). 4.1. Pautas xerais para a redacción de referencias bibliográficas Os datos para redactar a referencia tomaranse do documento orixinal ao que se refiren e extraeranse principalmente da portada. Invírtense os nomes dos autores colocando en primeiro lugar o(s) apelido(s) seguidos da inicial do nome. Poden incluírse ata 7 autores, separados por comas e incluíndo o signo & (en español colocaremos a conxunción “y” e en galego “e” antes do último autor).

6


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.