Page 1

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

MÓDULO 6: CITAR A INFORMACIÓN ÍNDICE 1. Cando citar 2. Como evitar o plaxio: as citas bibliográficas 3. Como citar dentro do texto: estilo APA 3.1. Como citar palabras exactas dunha fonte de información 3.2. Como citar indirectamente unha fonte de información 4. Como se redactan as referencias bibliográficas: estilo APA 4.1. Pautas xerais para a redacción de referencias bibliográficas 4.2. Como elaborar referencias de documentos impresos 4.3. Como elaborar referencias de documentos electrónicos 4.4. Como ordenar a lista de referencias final

1


1. CANDO CITAR

CITAR é o proceso polo que un autor recoñece que documentos consultou para a elaboración do seu traballo, sexa cal for o seu formato ou soporte. Debe citarse sempre: A fonte orixinal de frases copiadas literalmente. A fonte orixinal de ideas ou textos doutros autores que se parafraseen (ou se reproduzan con outras palabras). A fonte de datos estatísticos, as fontes orais, etc. NON É NECESARIO CITAR os feitos e datos xeralmente coñecidos e que poden atoparse en calquera enciclopedia (por exemplo, a data dun feito histórico, a extensión ou a poboación dun país, etc).

2. COMO EVITAR O PLAXIO: AS CITAS BIBLIOGRÁFICAS Ao realizar un traballo académico é fundamental identificar claramente que ideas e información foron tomadas doutras fontes e autores e cales son propiamente produto do autor do traballo. Este tema ensinará a usar a información correctamente evitando o plaxio. Cando se empregan as palabras ou ideas doutra persoa sen mencionala, cométese un tipo de roubo denominado plaxio. O PLAXIO pode consistir en presentar como propio un documento elaborado por outro, pero tamén é plaxio copiar ou parafrasear ideas ou textos doutras fontes e incluílas nun traballo propio sen indicar quen é o autor das devanditas ideas ou textos.

En España os dereitos de autor están protexidos pola Lei de propiedade intelectual. Podes consultar máis información no seguinte enderezo web: http://www.bbtk.ull.es/view/institucional/bbtk/Propiedad_intelectual/es PARA EVITAR O PLAXIO, cada vez que se utilice o que alguén dixo ou cando se resuma ou parafrasee información atopada en libros, artigos ou páxinas web, debe indicarse sempre a fonte, isto faise mediante as citas ou referencias bibliográficas.

Citar correctamente as fontes consultadas permitirá que calquera persoa poida chegar a elas novamente. Por eso, a bibliografía nun libro, nun artigo, etc é una parte importante,xa que nos axuda a atopar outros documentos sobre a mesma materia.

2


Existen distintos estilos de cita, algúns específicos de determinadas disciplinas e outros empregados por publicacións concretas. As normas e estilos máis utilizados son: A norma ISO 690:2010(E) que substitúe á norma ISO 690:1987 para documentos impresos e audiovisuais e á norma 690-2:1997 para documentos electrónicos. O estilo APA (American Psychological Association) utilizado en psicoloxía, educación e ciencias sociais. A guía de estilo MLA (Modern Language Association) emprégase para humanidades, lingua e literatura. O estilo Vancouver emprégase fundamentalmente para medicina. A guía de estilo Chicago aplícase en historia, humanidades, arte, literatura e ciencias sociais. O estilo Harvard é utilizado en física, ciencias naturais e sociais. A guía de estilo CSE (Council of Science Editors) emprégase nas áreas de bioloxía e ciencias da natureza. 3. COMO CITAR DENTRO DO TEXTO: ESTILO APA Como ves existen moitos estilos de cita, pero neste curso só imos ver o estilo APA O estilo APA establece que as fontes para a elaboración do traballo sexan citadas no texto. Utilízase un método de cita breve (autor, data) que permite ao lector identificar a fonte e localizala na lista de referencias que se coloca ao final do traballo. A continuación indicamos como citar segundo este estilo, pero tamén vos engadimos o seguinte enlace para que vexades a mesma información dunha forma máis visual:

Vídeo: Cómo citar y elaborar referencias bibliográficas

http://www.ci2.es/objetos-de-aprendizaje/elaborando-referencias-bibliograficas 3


3.1. Como citar palabras exactas dunha fonte de información a) Cita literal de menos de 40 palabras A cita debe expresarse entre comiñas cunha referencia entre paréntese que recolle o autor, ano de publicación, e a(s) páxina(s) da(s) que se extraeu a cita. Os datos da cita pódense colocar xuntos ou separados, dependendo de como esteamos traballando o noso texto. Exemplos Como sinala Gimeno Sacristán (2009) “La verdad es que, en la práctica, la escolaridad ya interviene en el tiempo extra-académico como hemos podido ver con las tareas o deberes para casa” (p.117). “Las competencias no pueden entendese como algo que se tiene o no se tiene, no representan estados o logros determinados, sino estados en proceso de evolución” (Gimeno Sacristán, 2009, p. 29).

b) Cita literal de máis de 40 palabras A cita debe incluírse sen comiñas nun bloque de texto separado do resto, cun sangrado de media polgada (aprox. 1,25 cm.) na primeira liña e a dobre espazo. Exemplo A paixón no ensino é política, precisamente porque é persoal. Se o ensino como traballo está a desprofesionalizarse progresivamente, como se pode ver nas intencións actuais das políticas educativas de todo o mundo, é precisamente porque – de modo paralelo – estase a despersonalizar. (Nias, 1996, pp.305-306).

3.2. Como citar indirectamente unha fonte de información Mediante unha cita indirecta faise referencia ás ideas dun autor sen necesidade de reproducilas literalmente. Neste caso, menciónanse os seus argumentos coas nosas propias palabras e introdúcese unha cita baseada no método Autor-data para identificar a fonte de información. a) Un traballo dun autor No lugar axeitado do texto debemos incluír entre paréntese, o apelido do autor da obra e a data de publicación, separadas por unha coma e un espazo. Exemplo Un estudo do tempo de reacción (Rogers, 1994) indica que se reduce considerablemente.

4


Se o nome do autor forma parte da oración só incluímos a data entre paréntese. Exemplo Rogers (1994) compara os tempos de reacción en cada unha das situacións críticas.

b) Un traballo de múltiples autores Cando un traballo ten 2 autores sempre hai que incluílos aos dous cando a cita aparece no texto. Exemplos Nun estudo do ano 2008 demóstrase que os consumidores vense afectados por este tipo de publicidade (Smith e Jones). Smith e Jones (2008) demostran a influencia deste tipo de publicidade nos consumidores. Cando o traballo ten entre 3 e 5 autores, é preciso citar a todos os autores a primeira vez. Nas seguintes citas só é necesario incluír o apelido do primeiro autor seguido de “et al.” Exemplos Primeira cita Watson, Zimmerman, Rovers, Hansen e Rock (1992) demostraron a incapacidade do líder fronte a este tipo de ameazas. Nas seguintes citas Watson et al (1992) non inciden no seu estudo na influencia do grupo como amortecedor de tensións.

Cando un traballo ten 6 ou máis autores cítase unicamente o apelido do primeiro autor seguido de et al. Exemplos Rodríguez et al. (2005) conseguen vincular no seu estudo o fracaso escolar co nivel de renda familiar. En función da renda familiar prodúcese un distinto fracaso escolar (Rodríguez et al., 2005)

5


Cando citamos un traballo elaborado por un organismo ou entidade a primeira vez que se cita, débese incluír o nome completo. Nas seguintes citas podemos incluír o nome abreviado. Exemplos A primeira cita: (Organización de Nacións Unidas [ONU], 2004). Nas seguintes citas: (ONU, 2004). Cando un autor ten máis dunha publicación no mesmo ano, na cita engádese unha letra minúscula á data para distinguilas. Exemplos (Sánchez Albornoz, 1973a) (Sánchez Albornoz, 1973b)

4. COMO SE REDACTAN AS REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS: ESTILO APA A continuación imos explicar, polo miúdo e con exemplos, a forma de redactar as referencias bibliográficas segundo o estilo APA e segundo a norma ISO 690:2010 (E) de diferentes tipos de documentos. Documentos impresos Documentos electrónicos Documentos audiovisuais É importante salientar, que o estilo APA require a elaboración dunha lista de referencias final que inclúe unicamente, os recursos que foron utilizados na preparación do traballo. Cada cita intercalada no texto ten que ter a súa correspondente referencia na lista final. Tendo en conta que un dos propósitos da lista de referencias é permitir ao lector recuperar e usar as fontes citadas, os datos de referencia deben ser correctos e completos. Cada entrada contén xeralmente os seguintes elementos: autor, ano de publicación, título, e datos de publicación (lugar e editorial). 4.1. Pautas xerais para a redacción de referencias bibliográficas Os datos para redactar a referencia tomaranse do documento orixinal ao que se refiren e extraeranse principalmente da portada. Invírtense os nomes dos autores colocando en primeiro lugar o(s) apelido(s) seguidos da inicial do nome. Poden incluírse ata 7 autores, separados por comas e incluíndo o signo & (en español colocaremos a conxunción “y” e en galego “e” antes do último autor).

6


Exemplos Camisón, C., Cruz, S. y González, T. (2007). Gestión de la calidad: Conceptos enfoques, modelos y sistemas. Madrid, Pearson Educación. Kassinove, H. & Tafrate, R.C. (2009). El manejo de la agresividad: Manual de tratamiento completo para profesionales. Bilbao: Desclée de Brouwer. Cando unha obra ten 8 ou máis autores, inclúense os 6 primeiros autores, a continuación engádense tes puntos suspensivos (…) e engádese o nome do último autor. Exemplo Wolchik, S.A., Sandler, I.N., Millsap, R.E., Plummer, B.A., Greene, S.M, Anderson, E.R., … Haine, R.A. (2002). Six-year follow-up of preventive interventions for children of divorce: A randomiced controlled trial. Journal of the American Medical Association, 288 (15), 18741881 No caso de obras anónimas, o primeiro elemento de referencias será o título. Se o autor é unha entidade, indicarase o nome da mesma tal e como aparece na fonte. Para escribir o título, respetarase o criterio do uso das maiúsculas na lingua na que se dea a información. Os subtítulos pódense incluír tras o título, separados por dous puntos e espazo. O subtítulo tamén comeza por maiúscula. A data de publicación colócase entre paréntese. Se a data non está dispoñible escribiremos (n.d.). A continuación explícanse, detalladamente e con algúns exemplos, as características de estilo e puntuación prescritas para redactar as referencias bibliográficas en función do tipo de documento. Para coñecer máis en profundidade o estilo APA recoméndase consultar o Publication Manual of the American Psychological Association (6th ed.).

4.2. Como elaborar referencias de documentos impresos a) Monografías As referencias de monografías ou libros elabóranse seguindo o seguinte esquema xeral: Apelido(s), Iniciais do nome. (Ano de publicación). Título do libro en cursiva. Lugar de publicación: Editorial. Opcionalmente poremos a mención de edición, que irá entre paréntese a continuación do título.

Exemplos Pennac, D. (1998). Como una novela. Barcelona: Anagrama. García Marí, F., Costa Comelles, J. y Ferragut Pérez, F. (1994). Las plagas agrícolas. (2ª ed.) Valencia: Phytoma España. 7


b) Mención diferente á do autor Cando se trate de compiladores, editores, coordinadores ou directores, especificarase despois do nome ente paréntese. Exemplos Haynes, L. (Comp.) (1989). Investigación en el aula. Valencia: Generalitat Valenciana. Fernández Berrocal, P. y Melero Zabal, M.A. (Coords.) (1995). La interacción social en contextos educativos. Madrid: Siglo XXI.

c) Capítulos de monografías, entradas de obras de referencia e contribucións a congresos Las referencias bibliográficas de capítulos de monografías, entradas de obras de referencia ou contribucións a congresos, xornadas, simposios, publicados como libro; elabóranse de acordo co seguinte esquema xeral: Apelidos(s), Iniciais do nome. (Ano). Título do capítulo, entrada ou contribución. En A. Apelido(s) Editor A, B. Apelidos(s) Editor B, e C. Apelido(s) Editor C (Eds. ou Comps. etc), Título do libro (pp.xxx-xxx). Lugar de publicación: Editorial.

Exemplos Álvarez, I. y Gómez, I. (2009). PISA, un proyecto internacional de evaluación auténtica: luces y sombras. En C. Moreneo (Coord.), Pisa como excusa: repensar la evaluación para cambiar la enseñanza (pp.91-110). Barcelona: Graó. Penland, P.R. (2003). Learning resource center. In M.A. Drake (Ed.), Encyclopedia of library and information science (pp.1513-1539). New York: Marcel Dekker

d) Artigos de revista As referencias bibliográficas de artigos de revistas elabóranse seguindo o seguinte esquema xeral: Apelidos(s), Iniciais do nome ou nomes. (Ano de publicación). Título do artigo. Título da revista en cursiva, volume da revista (número do fascículo entre paréntese), primeira páxina-última páxina do artigo.

Exemplos Kernis, M.H., Cornell, D.P., Sun, C.R., berry, A. & harlow, T. (1993). There’s more to selfesteem than whether it is high or low: The importance of stability of self-esteems. Journal of Personality and Social Psychology, 65, 1190-1204. Maekawa, T., Tobimatsu, S., Inada, N., Onitsuka, T. Kanba, S. & Kamio, Y. (2011). Top-down and bottom-up visual information processing of non-scoial stimuli in high functioning autism spectrum disorder. Research in Autism Spectrum Disorders, 5(1), 201-209. 8


4.3. Como elaborar referencias de documentos electrónicos As referencias de documentos electrónicos seguen, en xeral, mesmo esquema que os documentos impresos. No entanto, é preciso engadir algúns datos que nos revelan o carácter dixital destes recursos de información e axúdannos a localizalos. O estilo APA establece que debemos incluír a referencia DOI do documento. O DOI (Digital Object Identifier) é unha serie alfanumérica única asignada pola editorial a un documento electrónico para identificar o contido e proporcionar unha ligazón consistente para a súa localización en internet. O DOI adoita aparecer nun lugar destacado da primeira páxina do documento. No caso de que o recurso non teña DOI deberemos engadir na referencia a URL (Uniform Resource Locator), é dicir, o enderezo en internet do documento. Empregaremos a frase Recuperado de http://www.xxxxx.com Non é preciso indicar a data de consulta do recurso, agás no caso de que se trate dun material que mude con frecuencia, como por exemplo a Wikipedia. Non se debe colocar un punto final cando a referencia termina cunha URL. A continuación móstrase, a través de distintos exemplos, como elaborar as referencias bibliográficas dalgúns tipos de recursos dixitais.

a.1) Libros electrónicos con DOI Apelido(s), Iniciais do nome. (Ano de publicación). Título do libro en cursiva. doi: xx.xxxxxxxx

Exemplo Rogers, R.R. (2006). Afro-Caribean Inmigrants and the Politics of Incorporation: Ethnicity, Expection or exit. doi:10.2277/051116680X

a.2) Libros electrónicos sen DOI Apelido(s), Iniciais do nome. (Ano de publicación). Título do libro en cursiva. Recuperado de http://www.xxxxxxxx.com

Exemplo O’Keefe, E. (n.d). Egoism & the crisis in Western values. Recuperado de http://www.onlineoriginals.com/showitme.asp?itemID=135

9


b.1) Artigos de revista con DOI Apelidos(s), Iniciais do nome ou nomes. (Ano de publicación). Título do artigo. Título da revista en cursiva, volume da revista (número do fascículo entre paréntese), primeira páxina-última páxina do artigo. doi: xx.xxxxxxxxx

Exemplo Kuusikko-Gauffin, S., Eira, J., Alice, C., Rachel, P., Katja, J., Marja-Leena, M., … Irma, M. (2011). Face memory and object recognition in children with high-functioning autism or Asperger syndrome and their parents. Research in Autism Spectrum Disorders, 5(1), 622-628. Doi: 10.1016/j.rasd.20140.07.007

b.2) Artigo de revista electrónica sen DOI Apelido(s), Iniciais do nome o nomes. (Ano de publicación). Título do artigo. Título da revista en cursiva, volume da revista (número do fascículo entre paréntese), primeira páxina- última páxina do artigo. Recuperado de http://www.xxxxxxxxx

Exemplo Schwarz, P.(2009). La maternidad tomada. Ginecólogos, obstetras y mujeres en interacción. Discursos y prácticas en la clase media. Argumentos. Revista de crítica social (11), 111-135. Recuperado de http://www.argumentos.sociales.uba.ar/index.php/argumentos/article/view/11

e) Web Dúas cuestións importantes neste punto: 1. ¿Cómo citar un sitio web? Cando se cita un sitio web completo e non un documento especifico nesa web , so é necesario poñer a URL do sitio web no texto entre parénteses: Exemplo: Kidspsych é unha páxina web moi interesante e interactiva para nenos (http://www.kidspsych.org).

2. ¿Cómo citar un documento ou texto atopado nunha páxina web? As referencias bibliográficas de documentos dentro de sitios web elabóranse de acordo co seguinte esquema xeral: Apelidos, Iniciais do autor. ( Data de publicación na web: Ano). Título en Cursiva [Descrición do formato] Recuperado de http://www.xxxx

10


A descrición do formato entre corchetes só se emprega cando o formato non é o habitual (por exemplo: revista ou libro) senón unha entrada nun blog, foro en liña, etc . Só poremos a data de recuperación cando o documento non teña DOI e tamén no caso de empregar unha URL que puidera cambiar co tempo como ocorre coas wikis, blogs, etc. Deste xeito o esquema xeral con data de recuperación sería: Apelidos, Iniciais do autor. ( Data de publicación na web: Ano). Título en Itálica [Descrición do formato] Recuperado o dd/mm, aaaa de http://www.xxxx

Recordade que nos dous casos a cita no texto redáctase co esquema xeral: (autor, data)

Exemplos American Psychological Association. (2011). APA Style . Recupeado o 13/05,2011 http://www.apastyle.org/ Rampersad, T. (2005, 8 Xuño). Traditional knowledge and traditional cultural expressions [Foro en liña].Recuperado de http://www.wipo.int/roller/comments/ipisforum/Weblog/theme_eight_how_can_cultural#comments UNIVERSIDAD NACIONAL DE EDUCACION A DISTANCIA. No a la venta [Vídeo]. Recuperado o 12/08, 2011: http://youtu.be/QVjd4NxAo5s Freakonomics. (2010, October 29). E-ZPass is a life-saver (literally) [Blog post]. Recuperado o 11/11, 2010 de http://freakonomics.blogs.nytimes.com/2010/10/29/e-zpass-is-a-life-saver-literally/ Psychology. (n.d.).En Wikipedia. Recuperado o 14, 2009 de http://en.wikipedia.org/wiki/Psychology

Nos casos onde non apareza o autor será o titulo o primeiro elemento da referencia: Exemplo: New child vaccine gets funding boost. (2001). Recuperado o 21/03, 2001 de http://news.ninemsn.com.au/health/story_13178.asp

Cando na páxina web non apareza a data de publicación poremos: (n.d.) no caso de que non teñamos autor introducimos directamente o título, seguido do ano e o resto de datos.

11


4.4. Como ordenar a lista de referencias final O estilo APA establece que a lista de referencias estea elaborada a dobre espazo e que en cada entrada o texto deba ir sangrado con respecto á primeira liña de cada referencia (segundo o denominado sangrado francés). Exemplos De Landsheere, G. (1985). Diccionario de la evaluación y de la investigación educativa. Vilassarde Mar, Barcelona: Oikos-Tau. Vaquero Rico, J. (2008). Navegación costera: problemas resueltos. (6ª ed.). Madrid: Pirámide.

As referencias bibliográficas deben presentarse ordenadas alfabeticamente polo nome do autor, ou do primeiro autor no caso de que sexan varios. Se un autor ten varias obras mostraranse por orde de publicación. Exemplos De Landsheere, G. (1982). La investigación experimental en educación. París: UNESCO. De Landsheere, G. (1985). Diccionario de la evaluación y de la investigación educativa. Vilassarde Mar, Barcelona: Oikos-Tau. De Landsheere, G. (1986). La recherche en éducation dans le monde. París: P.U.F.

Se dun mesmo autor existen varias referencias dun mesmo ano especificaranse os anos seguidos dunha letra minúscula e ordenaranse alfabeticamente. Exemplos Freire, P. (1978a). Pedagogía del oprimido. Madrid: Siglo XXI. Freire, P. (1978b). Pedagogía y acción liberadora. Madrid: Zero. Se son traballos dun autor en colaboración con outros autores, a orde virá indicada polo apelido do segundo autor, independentemente do ano de publicación. As publicacións individuais colócanse antes das obras en colaboración. Exemplos Stake, R. E. (1978). The case study method in social inquiry. Educational Researcher, 7, 5-8. Stake, R. E. & Easley, J. A. (comp.) (1978). Case studies in science educations, vol. 1, 2. Illinois: CIRCE, University of Illinois. Stake, R. E. & Gjerde, C. (1971). An evaluation of TCITY: The Twin City Institute for Talented Youth. Occasional Papers n. 1. Kalamazoo: University of Western Michigan.

12

Profile for Biblioteca da Facultade de Matemáticas USC

Referencias bibliográficas. Estilo APA  

Referencias bibliográficas. Estilo APA  

Profile for buscmat
Advertisement