__MAIN_TEXT__

Page 1


2

23 de marzo de 2008 • Diario de Ferrol

NORDESÍA

REPORTAXE

CARVALHO CALERO SEGUE AGARDANDO Como cada ano desde hai unha década, a Fundación Artábria está promovendo a candidatura do intelectual ferrolán Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado no Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, e por primeira vez, a Corporación local asumiu a proposta do colectivo e comprometeuse a levala directamente á Real Academia Galega, responsable de decidir que persoeiro recibirá a distinción. Porén, e malia os esforzos de a primeira reunión inmediataArtábria e doutras mente posterior á celebración do Día das Letras Galegas desentidades e persoas te ano –adicada a Xosé María adheridas á proposta, Álvarez Blázquez–, o Plenario da Real Academia Galega non semella que (RAG) escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa contampouco este ano se memoración o ano que vén. Enlle conceda tal honor tre os méritos que figuran no artigo 7 do Regulamento de Réxime Interno da instituao egrexio ferrolán. ción atópanse os de que “a figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de caSete persoeiros da lidade cultural e humana que mereza propoñerse como cultura galega dan a exemplo á sociedade galega de hoxe”, así como que “deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación súa opinión para ese día” e que “as propostas (...) razoadas e asi-

N

Texto Jose Gómez Fotografías C. Carballeira, Luis Polo, Alfaquí

nadas por un mínimo de tres académicos”. Este ano, como todos desde hai unha década, cando se fundou, a Fundación Artábria vén impulsando unha campaña de adhesións co obxecto de conseguir que o Día das Letras Galegas do ano que vén teña por protagonista ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero, persoeiro que –case ninguén o dubida– reúne os méritos necesarios para que, antes ou despois, goce dun recoñecemento que, para moitos, está a se dilatar demasiado no tempo. Desta opinión son Maurício Castro e mais Sílvia Casal, membros da Fundación que tantos anos leva pulando por unha distinción negada a Carvalho Calero polo que consideran máis unha decisión política que doutra índole. Este ano, a campaña a prol da candidatura do ferrolán está sendo máis intensa que anos anteriores, coincidindo, como explica Casal, co décimo aniversario da fundación da entidade. “Desde que naceu –comenta Maurício Castro–, Artábria tivo en Carvalho Calero o principal referente intelectual polo valor que ten para a nosa cultura e para o noso idioma. A propia existencia de Artábria débese en parte á referencialidade de Carvalho e á defensa das súas ideas lingüísticas, que son basicamente a unidade lingüística galego-portuguesa: tentarmos normalizar o idioma cunha concepción reintegracionista porque é a máis razonable e efectiva, como se ve nestes anos nos que tantos recúos ten habido por causa de precisamente dar a orientación contraria”. Paralelamente, a fundación leva reivindicando desde

as súas orixes a “necesidade” de que a RAG dedique un Día das Letras a Carvalho, malia as reiteradas negativas da Academia, posición que Artábria interpreta “como sectaria porque Carvalho, cando vivía, e a pesar de ser unha personalidade moi destacada, foi sempre bastante marxinado polos ámbitos institucionais da cultura, e agora, cando xa pasaron 18 anos da súa morte, continúa na mesma. E non é normal que unha persoa tan destacada, por exemplo, o primeiro redactor dunha “Historia da Literatura Galega” monumental, que aínda hoxe é o principal referente literario, ou unha persoa tan destacada tamén na elaboración dunha gramática xa nos anos 60, etc, continúe no ostracismo”. Maurício Castro lembra para alicerzar o seu razonamento que a RAG naceu cunha orientación reintegracionista e, explica, “o que aconteceu foi unha dexeneración da orientación orixinaria da RAG, que como o conxunto do galeguismo, no cal se inscribía o propio Carvalho, sempre foi reintegracionista. Foi só a partir dos anos 80, da creación da Autonomía, cando comezou o poder político a fuxir desa orientación histórica. No momento en que era máis necesario porque se introducía o galego na escola, poderiamos ter aberto unhas portas internacionais enormes para axudarnos na normalización do galego coa asunción da ortografía reintegrada, que era o que Carvalho, e tamén Guerra da Cal, defendía. En lugar diso, xogouse ao xogo da lingua minoritaria, que é un xogo do que non poden fuxir nin os cataláns nin os vascos porque non contan cun país independente que teña a súa lingua como lingua oficial. Nós temos aínda esa sorte de que non só temos un país veciño co galego normalizado e oficializado, senón que temos o Brasil, que é unha gran potencia demográfica e política. Entón, estase vendo que é un suicidio levar unha tendencia contraria, mais ate agora, as institucións autonómicas, nomeadamente a Academia Galega están a apostar a perder”. A xuízo de Castro, a RAG está “enrocada en evitar o recoñecemento dunha figura que ten moito máis valor seguramente que a maior parte dos seus integrantes actuais, que se cren con dereito a vetar ou a censurar unha figura histórica como esa, tan importante para o noso nacionalismo e para a nosa cultura. Non sei se este ano van finalmente dar a razón á lóxica galega, pero se non o fan, nós temos claro que imos continuar ata que aconteza”.

En poco m

Arriba, Maurício Castro e Sílvia Casal na sede da Fundación Artábria


Diario de Ferrol • 23 de marzo de 2008

NORDESÍA

Ramón Mariño Claudio Rodríguez Fer Rodríguez Fer é o editor da poesía castelá de Carvalho. Méritos. “Considero que Carvalho Calero é unha das personalidades máis importantes que deu a cultura galega no século XX sen ningunha dúbida. Polo tanto, precisamente polo seu carácter multifacético, como creador –tanto narrador como poeta, autor teatral– e tamén polo seu inxente labor como lingüísta, como crítico literario e como historiador da literatura galega, loxicamente está fóra de toda dúbida que é unha das persoas que máis méritos fixo, que máis traballo acumulou e sempre traballo de absoluta dedicación a Galicia, que máis merece que se lle dedique algunha vez, cando se estime oportuno, o Día das Letras: Poucas persoas houbo na Historia de Galicia que o merecesen máis. Eu destacaría a dedicación dunha obra monumental e fundacional a Galicia no terreo filolóxico, no terreo crítico e no terreo histórico-literario. Poetas, novelistas, narradores, autores de teatro houbo moitos, e el foi un deles, pero personalidades que se ocupasen con tanto rigor, con tanta dedicación, a establecer a Historia da Literatura Galega e a lingüística, do galego con esa capacidade, rigor, dedicación e extensión non houbo ninguén no mundo, e nese sentido hai que telo en conta, por encima naturalmente de toda clase de posicionamento polémico que poidan suscitar determinadas posicións filolóxicas ou ideolóxicas neste caso, como en todos os outros”. A lingua. “Consideramos que todas as personalidades ás que se lles dedicou o Día das Letras Galegas merecían polo seu labor que se lles dedicase con independencia de que estiveramos de acordo con todo o que dicían. Eu non estou de acordo desde o punto de vista ideolóxico co 90% das persoas que ata o de agora se lle dedicaron o Día, porque moitas delas me parecen en moitos aspectos conservadoras, mesmo reaccionarias, machistas, autoritarias, ou mil outras cousas. Pero claro, temos que ter a xenerosidade de recoñecer os méritos obxectivos das obras realizadas, con independencia de que esteamos de acordo con elas, porque se non dedicariamos o Día das Letras a nós mesmos, pois a única persoa coa que estou completamente de acordo é comigo mesmo. Entón, neste caso, o posicionamento reintegracionista de Carvalho resulta extraordinariamente polémico e eu, que non entrei nunca na guerra filolóxica nin a favor nin en contra, considero que hai que estar moi por riba de calquera discrepancia á hora de recoñecer méritos tan enormes, entre outras cousas porque noutros casos eu tamén discreparía de moitos outros aos que se lles leva dedicado o Día e non obstante paréceme moi xusto que llo dedicaran posto que tiñan méritos de abondo. Na miña opinión o seu posicionamento lingüístico é o hándicap principal e creo que, naturalmente, hai que superalo, o cal non quere dicir adherirse aos seus posicionamentos por parte da RAG, pero tendo en conta que el mantivo unha postura disidente con respecto a ela nese punto e que a RAG dalgunha maneira poida temer que o dedicarlle o Día vai favorecer os seus posicionamentos e contrariando os da propia Academia, creo que esa é a causa principal desta oposición”.

O profesor Ramón Mariño é un dos grandes coñecedores da obra lingüística do ferrolán. “Carvalho ten unha obra que o fai acreedor a ser obxecto de homenaxe, non sei se no ano 2009 ou en anos posteriores. Desde logo, a súa obra non desmerece para nada a traxectoria das persoas homenaxeadas no Día das Letras de anos anteriores. A súa obra é desde o meu punto de vista especialmente notable no campo da creación literaria e da historiografía literaria. Simplemente por isto abondaría para consideralo persoa merecente desta distinción. Para min, a obra lingüística de Carvalho na súa traxectoria é unha obra que chega un tanto tardiamente, é dicir, que chega nun momento no que xa Carvalho Calero levaba moitos anos de dedicación á creación literaria e á historiografía literaria. El comeza a publicar nos anos 30 e unicamente a mediados dos 60 empeza a publicar obras lingüísticas propiamente di-

Carmen Blanco Carmen Blanco é autora dun dos libros de entrevistas con Carvalho máis coñecidos. “Don Ricardo ten todos os méritos para que se lle dedique o día das letras. Méritos tenos todos e, por suposto, eu engadiría ademais que está sobrado de méritos para que lle adiquen ese Día. As comparacións son odiosas pero teño que dicir que ten moitísimos máis méritos que a outros aos que se lle dedicaron. Por riba de todo, o mérito global está na súa dedicación completa durante toda a súa vida á idea que el tiña de Galicia, á súa Galicia, a traballar e a dedicación completa pola Galicia que el quería e na que el cría. Este mérito global levouno a traba-

tas. É obvio que iso acontece no momento en que se incorpora á universidade de Santiago para desempeñar o labor docente de Lingua e Literatura Galega. Desde o meu punto de vista, a súa obra lingüística ten un nivel inferior ao que ten a súa obra de historiografía literaria; é dicir, a súa investigación no terreo da Historia da Literatura Galega alcanzou un nivel moi notable e por iso creo que da obra académica, lingüística e literaria que deixou, a máis perdurable vai ser a súa obra de historiografía literaria”. A lingua. “Considero probable que a RAG non lle queira dedicar un Día das Letras a por temor a que isto poida reverdecer un conflito normativo que afortunadamente hoxendía está superado. Persoalmente non comparto os postulados reintegracionistas en materia lingüística e, desde logo, non me gustaría que reverdecese agora ese conflito normativo. Non o podo asegurar porque non formo parte da RAG pero sospeito que é posible que esa consideración obstaculice a proposta”.

llar inmensamente no estudo da literatura galega na posguerra sobre todo, e aí fixo unha obra absolutamente monumental, pero xa na preguerra a súa dedicación ao galeguismo democrático e progresista foi moi precoz e moi importante. A iso hai que engadir todo o valor da súa creación”. A Lingua. “Ata hoxe mesmo sabemos que o feito de que non se lle tivese dedicado antes xa debeuse basicamente á opción lingüística reintegracionista dos seus últimos anos, que foi unha opción que el tivo sempre porque estaba na historia do nacionalismo, pero a súa posición máis radical dos últimos anos penso que é evidente que esa é a razón pola que non se lle dedicou. Obxectivamente é algo constatado e confirmado por moita xente”.

3


4

23 de marzo de 2008 • Diario de Ferrol

NORDESÍA

Alfredo Conde Carvalho Calero foi o impulsor do primeiro libro de poemas do escritor de Allariz. Méritos. “Creo que ata polo propio Día das Letras, que así podería redignificarse de novo, seguindo a liña retomada este ano con Álvarez Blázquez e se redignifica, que caera entre a declaración de festivo, que en mala hora se fixo, e algunhas adicatorias a personaxes sen excesivo peso, pois caera e viñera moi abaixo. Que llo dediquen a Carvalho é unha garantía de que se lle

dedica a un home que entregou non só un par de libriños ao cultivo do galego, senón toda unha obra e toda unha vida a ese mismo afán. O traballo inxente que fixo: Carvalho fixo poesía, Carvalho fixo novela, Carvalho fixo unha gramática, Carvalho fixo todo ou de todo, e o fixo ben: foi un home cunha liña moi coherente ao longo de toda a súa vida. Creo que está moito máis que indicada a dedicatoria e sería un acerto que así se fixera dunha vez, porque teñen que pasar un mínimo de dez anos desde o seu pasamento para poder dedicarlle a alguén o día. E xa van”. A Lingua. “Penso que non estivo demasiado afortunado no tema lingüístico, pero en calquera caso o que pensou, pensouno lexitimamente, con todo o dereito. Eu estou na antípoda del, fun moi amigo seu, e débolle o meu primeiro libro, pero entendo que se eu teño dereito a manter unha postura, el ten o mesmo dereito en manter a contraria. Para moitos iso será un demérito; para min, un exercicio de liberdade”.

poesía, que con frecuencia é unha boa poesía, de altura, áspera e rouca e a miúdo conmovente. Como novelista francamente gústame menos, é dicir, “A xente da barreira”, por exemplo, non me parece unha boa novela, nin “Scórpio”, pero como escritor é un dos grandes, desde logo, da súa xeración”. A lingua. “Non sei se o seu posicionamento linguístico pode ser a principal eiva da candidatura de Carvalho, pero a miña opinión persoal é que nos últimos anos da súa vida representou un papel negativo para a lingua galega, precisamente pola súa obstinación na opción lusista ou reintegracionista, e ademais con argumentación cientificamente moi pouco matizada. Entón, eu creo que nos últimos anos da súa vida foi negativo para a lingua, pero esa é outra cuestión que non ten que ver coa súa valía literaria, que é indubidable”.

Darío Xohán Cabana O escritor e académico da RAG cre que “Carvalho Calero, coma outros moitos, hai outros moitos autores xunto con el, hai neste momento, dígoo persoalmente, hai dez ou doce autores que merecen o Día das Letras Galegas moi inmediatamente. É dicir, non é coma antes, ou cando se empezou, porque había, digamos, poucos mortos ilustres; agora hai moitos. Evidentemente tivo varios méritos, o mérito que non tivo foi o de lingüísta porque a min me parece que nin nos tempso nos que non era lusista era un gran lingüísta, nin nos tempos en que se fixo lusista tampouco o era. Ese non é un dos méritos que eu lle atribúo, atribúolle méritos como autor de teatro, como poeta e mesmo como historiador da literatura: niso si ten uns méritos indubidables. Dentro da súa valía literaria destacaría o seu teatro, que é interesante; a súa

Miro Villar O poeta Miro Villar cre que “as razóns serían extensas de enumerar, e destaco a súa faceta como investigador, pero a min interésame especialmente unha faceta que moitas veces pasa desapercibida, a de poeta. Abondaría con lermos o seu poema autobiográfico “Halley: 1910-1987” para xustificarmos a proposta, pois este texto magnífico serve perfectamente para adentrármonos no ronsel dun dos nosos mellores poetas da posguerra, malia non recibir a atención merecida, se callar porque a dimensión científica dos estudios lingüísticos e literarios do profesor Carvalho Calero relegaron esta faceta. Os seus versos agardan por nós, pois as edicións dos seus libros aínda son asequibles. E se non, eis unha boa antoloxía preparada pola poeta Pilar Palarés, “Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero)”. Claro que cando unha persoa ten unha dimensión tan grande nunha faceta da súa vida, hai outras facetas que quedan un pouco máis ocultas, e ese é o caso de Carvalho Calero poeta, e incluso do Carvalho Calero narrador, que penso que na época da posguerra foi moi importante nesa xeración. O seu labor investigador ao que lle dedicou tantas horas foi eclipsando iso”.

Vázquez Pintor Vázquez Pintor cre que “méritos literarios tenos todos porque non desmerece para nada a outros homenaxeados doutros anos: cada un ten a súa personalidade literaria e humanista e creo que Carvalho Calero ten todos os merecementos para ser honrado a ese nivel. No ámbito da lingua, tamén, porque non lle van perdoar seguramente esa deriva cara a outras formas da escrita na que o galego ten a súa salvación ou o seu método de expansión. En calquera caso, hoxe estamos padecendo esa mesma ansia de que non morra a lingua. Seguramente a nosa salvación, como dicía Carvalho, está no mundo atlántico, e creo que hai que achegarse ao portugués, pero non podemos esquecer a riqueza do noso léxico, inzada de matices e de palabras que

A Lingua. “Eu creo que o seu posicionamento lingüístico é o único motivo polo que se cuestiona a súa figura, eu non vexo outro motivo polo que se poida cuestionar. Ben sabemos que a RAG é a garante das actuais normas do galego, e evidentemente moitos dos que apoiaron as normas do galego tiveron enfrontamentos incluso persoais moi fortes con Carvalho Calero, así que penso que igual teñen que pasar uns anos para que se estañen esas feridas, aínda que non o sei porque non son académico. Si sei que a súa candidatura foi barallada noutras ocasións e non saíu cando si saíron escritores con moita menor dimensión tanto poética ou literaria en xeral como investigadora, así que a única razón que se me ocorre ten que ser esa”.

non podemos perder por achegarnos a un lado ou a outro: o futuro do galego está no seu vocabulario. Neste punto teño que dicir tamén a miña opinión: como veño da oralidade do país, durante un tempo, facendo caso das súas teses, escribín varios libros nos que optaba por esa versión que el apuntaba de achegamento ao mundo luso, á fala portuguesa, e a min pareceume moi correcta a separación das formas átonas do pronome. Esa concordia que eu xa soñaba naquel tempo nunca foi posible e aínda hoxe estamos niso. Carvalho, entón, sería homenaxeado tamén como máis alá dos radicalismo de “a” ou de “b” e, polo camiño do medio, tería o recoñecemento no sentido de que o tentou como unha superación da nosa lingua e que nunca máis tiveramos a preocupación da súa desaparición por outros ámbitos, neste caso polo mundo portugués-brasileiro. Tamén hai que dicir que nós temos tamén a nosa propia raíz e a nosa propia realidade, ducias, centos de palabras que son nosas de sempre e non conviña transferilas dun xeito así subordinado á normativa portuguesa. Pero a intención del, que é concordar dunha vez por todas, sería ideal”.

Profile for brunotrasancos

Reportagem no Diário de Ferrol  

O Diario de Ferrol publicou no passado domingo umha reportagem dedicada à campanha da Fundaçom Artábria em favor de um Dia das Letras para R...

Reportagem no Diário de Ferrol  

O Diario de Ferrol publicou no passado domingo umha reportagem dedicada à campanha da Fundaçom Artábria em favor de um Dia das Letras para R...

Advertisement