Page 1

Sรกbado

21 de maio 17.30hs


4 3

6 5

2

1

7 8


1.- CANTOM DE MOLÍNS Combinamos ao pé do palco da música. Neste local, o companheiro Joám Lopes vai ilustrar-nos com umha pequena contextualizaçom histórica.

2.- PRAÇA DA GALIZA • Rua Irmandinhos • Teatro Jofre. A importáncia do teatro na criaçom das Irmandades. Ferrol foi a primeira cidade, em 1904, em que umha empresa de espetáculos programou dous dias seguidos com a única companhia que na altura representava em galego, a Escola Rexional de Declamación da Corunha, sob a direçom de Lugris e Jambrina, com um notável sucesso. Também foi na nossa cidade que se fundou em 1908 a Escola Dramática Gallega dirigida por Eduardo S. Minho, e que em 1913 agendou umha temporada neste mesmo teatro integralmente em galego. Neste ponto, contaremos com a intervençom de Pim Patinho, professora de secundária no CEIP Carvalho Calero.

3.- TOXOS E FLORES A importáncia e a relaçom dos coros, em especial no caso ferrolano, na criaçom das Irmandades. Neste ponto, realizaremos umha pequena visita ao prédio da entidade ferrolana guiada polo seu Presidente, Arturo Lamas.


Local onde, a 4 de fevereiro de 1917, decorreu um dos primeiros atos organizado pola Comissom promotora da Irmandade Local, em que intevinhérom Vilar Ponte e Lugris Freire.

5.- RUA REAL •Rua Real, 65. Local da rondalha Airiños da miña terra onde decorre a assembleia constituinte da Irmandade da Fala de Ferrol a 15 de abril de 1917. O seu Conselho foi constituido por: Xaime Quintanilha, Conselheiro 1º;Juan García Niebla, Conselheiro 2º;Euxenio Charlom, Secretário;Francisco Cabo Pastor, Tesoureiro. •Rua Real, 32. Local que, a finais de 1917, passa a ser a nova sede da Irmandade Local. A inauguraçom do novo local como também a publicaçom de Galicia. Boletín Rexionalista dérom muitos ánimos às pessoas nacionalistas ferrolanas.

CARICATURA DE VILAR PONTE PO CASTELAO

4.- SALA AMBOAGE


XURDE O GALEGUISMO Novas Irmandades da Fala. O dia 15 do mes que agora fica, fíxose no Ferrol unha xuntanza que tivo por ouxeto costituire a Irmandade da Fala. Os bos e xenerosos reuníronse no local da gabada rondalla, Airiños da miña terra. Entre outros de quenes non nos lembramos agora, asistiron á xuntanza homes de tanto prestixio com'os siñores Bidegain, Comellas, Seoane Pampín, Sánchez Hermida, Abelleira, Rodríguez (X), Ruíz Gómez, García (A) e Lorenzo. D'outras persoas sinificadas recibíronse adesións garimosas. Todol-os reunidos estaban cheos d'entusiasmo fondo, dispóndose a traballar pol-a redenzón da nosa terra. Elixiuse o seguinte Consello: Conselleiro 1º D. Xaime Quintanilla (médico); Conselleiro 2º Sr. García Niebla (mestre de primeiro insino); Segredario-contadore, don Euxenio Charlón Arias; Tesoureiro, Doctor Cabo Pastor. […] Axiña farán o primeiro auto público que há consentire n'unha conferenza, en galego, dende logo, no Círculo Mercantil, a cárrego do conselleiro 1º, Xaime Quintanilla, tan bo médeco, como escritor e oradore. A Nosa Terra: 30-4-1917


6.- EDITORIAL CÉLTIGA (r/madalena 186) O ano 1921, no seio das Irmandades da Fala de Ferrol, funda-se a editorial Céltiga, dedicada à publicaçom de obras em galego. Na sua curta vida, a editorial Céltiga, dirigida por Quintanilha, publicou entre os anos 1921 e 1923 um total de 16 títulos, editados na imprensa de El Correo Gallego. A editora começou publicando três obras de teatro, entre elas Alén de Xaime Quintanilha, e Mal de moitos e Trato a cegas de Euxenio Charlom e Manuel Sanches Ermida.

7.- CANTOM DE MOLÍNS Escolas de Insiño Galego. Em julho de 1923, a proposta de Ángel Casal, cria-se na Corunha a Escola de Insiño Galego, que nasce da necessidade de inculcar às geraçons futuras a consciência galega. Neste ponto, contaremos com a intervençom de Rosalia Cortiças Leira, da Semente Trasancos, que nos falará um bocado da Semente como projeto continuador das Escolas de Insiño Galego.

8.-BUSTO CAMILO DIAS VALINHO Neste ponto, realizaremos umha pequena homenagem às pessoas vinculadas às Irmandades que fôrom represaliadas em 1936.


Entre varios irmáns nosos do Ferrol, acaba de se constituír en aquel pobo unha editorial galega que leva ese nome. Teñen o pensamento, e así faran-o, de imprentar cada mes unha noveliña, obra de teatro, ou libro de versos, n-un folletiño que venderáse ao precio de trinta céntimos. Cada libro levará dibuxos de Castelao, Cebreiro, Lamas e outros artistas galegos. Contan xa con alguns orixinás, e o primeiro número que sairá â venda é unha noveliña curta de Xaime Quintanilla, nomeada SAUDADE. A nosa embora aos queridos irmáns do Ferrol que d'este xeito traballan pol-o erguemento e afincamento da nosa cultura propia. A nosa Terra, 1-3-1922


SAÍDA: 17.30H

PONTO DE ENCONTRO PALCO DA MÚSICA DO CANTOM DE MOLÍNS

DURAÇOM 105 MIN

GUIA JOÁM FRANCISCO LOPES PERES Ldo. em História pola UNED e Guia de Turismo da Galiza com número de habilitaçom: GT-214-XG

COLABORAM - TOXOS E FLORES - SEMENTE TRASANCOS

CONTATO: 635 074 071 (VITOR) ATIVIDADE DE GRAÇA

Profile for brunotrasancos

Roteiro urbano As Irmandades da Fala em Ferrol  

Roteiro urbano As Irmandades da Fala em Ferrol  

Advertisement