Tempo Sindical 56

Page 7

entrevista E como dirías que foi a participación dos traballadores?

Aquí foi fundamental a participación nos piquetes, o respaldo e consolidación do día a día na convocatoria de folga, de menos a máis. A presenza da xente, a pesar de haber represión e moita presenza policial, foi moi significativa, e ía a máis. Ten unha valoración máis alá do concreto do acordo e do conseguido, porque isto nos dá pé a que no futuro por este tema ou por outros, chámese negociación colectiva, chámese migración, chámese sinistralidade, contamos cun sector que se pode mobilizar. Cal foi a actitude da patronal neste conflito?

A patronal pensaba, cando fomos nós sós en maio á folga, que isto era unha arroutada da CIG e non tomou en serio o tema, pero a resposta da xente foi definitiva para que eles se tiveran que adaptar ao

novo escenario. Ver que a CIG en solitario, despois de 18 anos, conseguía mobilizar a tanta xente de maneira satisfactoria, foi o primeiro aviso importante. Cando rom-

A CIG demostrou estar á altura das circunstancias na negociación coa patronal pen as negociacións en setembro de maneira definitiva sitúanse á expectativa. Pero se nós xa tiñamos claro que ía haber resposta,

« Foi fundamental a participación nos piquetes, o respaldo e consolidación da folga no día a día» co apoio formal (máis que efectivo) dos outros sindicatos, tiñamos seguro que ía ser un éxito seguro

tempo sindical

-7-

a folga, e de feito así se foi consolidando día a día. Na mesa negociadora, posterior á mediación da Consellaría, tamén a CIG demostrou estar á altura das circunstancias, e cando nos querían meter un acordo moi por debaixo das nosas pretensións, nós levantámonos da mesa, e deixamos ben claro que se querían asinar un acordo tiñan que asinalo coa maioría, que somos nós, e que por aí non iamos pasar. Marchamos e volvemos o xoves, onde a patronal tiña dous camiños: insistir na súa irresponsabilidade e intransixencia, ou aparecer cunha proposta diferente e que se achegara a nós. Esta última posibilidade foi a que se deu, e a patronal trouxo unha proposta económica moi próxima ao que sabían que era a cantidade pola que menos non iamos pasar, e iso facilitou o preacordo. n

decembro 2007


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.