Tempo Sindical 56

Page 35

breves

- 35 -

A CIG-Transporte denuncia a directivos de Monbús por coaccionar traballadores

A Unión Comarcal da Coruña tribútalle unha homenaxe a Xosé Lois Seixo Un centenar de persoas rendeulle na Coruña unha merecida homenaxe a Xosé Lois Seixo, histórico sindicalista da CIG-Ensino que acaba de se xubilar. No acto, organizado o 26 de outubro pola Unión Comarcal da Coruña, fíxoselle entrega a Xosé Lois dunha figura e dun álbum con fotos da súa dilatada traxectoria no sindicalismo nacionalista. Xosé Lois Seixo participou activamente no traballo sindical desde a fundación da UTEG a mediados dos anos setenta. Desde aquela desempeña diversos cargos de responsabilidade na dirección do sindicato. Entre 1981 e 1986 foi secretario xeral da UTEG. Alén da súas responsabilidades de dirección, centrou o seu traballo na bisbarra da Coruña, onde actualmente forma parte da Executiva comarcal da CIG.

A CIG presentou unha denuncia penal contra os directivos do Grupo Monbús por coaccionar os traballadores de Luber S.L., empresa filial que se dedica ao transporte escolar. Raúl López e Juan Gómez Piña, presidente e adxunto á presidencia de Monbús, respectivamente, represaliaron os 15 choferes de Luber enviándoos a traballar a destinos tan afastados como Francia, Alemaña ou Luxemburgo. Raúl López pretendeu sen éxito efectuar o ano pasado un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) co persoal de Luber S.L., co obxecto de converter os empregados en fixos descontinuos para que ficasen no paro durante os meses nos que non hai transporte escolar. Ao comprobar que a Autoridade Laboral desestimou este expediente, Raúl López e Juan Gómez Piña represaliaron os choferes de Luber e obrigáronos a traballar nos meses de verán por Europa adiante en empresas de transporte internacional. “Raúl López pretende con coaccións o que legalmente non puido conseguir”, conclúe Ernesto López Rei, responsábel comarcal da Coruña da CIGTransporte.

tempo sindical

decembro 2007


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.