Page 1

FOLLA INFORMATIVA DO www.mgs-galiza.org

! á l a s mái

MOVEMENTO GALEGO AO SOCIALISMO

nº 1 Día da Patria 2009

organizámonos por un futuro libre e novo No Día da Patria sae á luz este primeiro número da nosa folla informativa, que xunto á nosa nova revista “Arredista!”, serviranos de hoxe en diante de canle de comunicación directa coa base social do nacionalismo, nesta nova xeira que vimos de iniciar baixo as siglas do Movemento Galego ao Socialismo. O MGS é unha organización en construción, que traballa para aglutinar militantes nacionalistas nun espazo político de clase, independentista e revolucionario. Queremos construir unha ferramenta de loita, e traballamos no seo dos movementos sociais do noso país, desde o sindicalismo ao activismo en defensa da lingua, desde o asociacionismo cultural de base até os colectivos en defensa do noso medio natural. Cremos nos valores históricos do nacionalismo popular e traballamos por recuperalos no seo do BNG: participación, asemblearismo, mobilización, soberanismo, compromiso coas clases populares... Contribuír a recuperar o perfil autodeterminista e de esquerda do Bloque e convertilo na verdadeira casa común de todas as galegas e galegos que aspiran a un país libre e con xustiza social é unha das nosas principais tarefas hoxe en día. Os dous símbolos do noso anagrama representan os dous eixos fundamentais a partir dos cales se nuclea o noso ideario político: a bandeira vermella da clase traballadora na súa loita por un sistema político ao servizo dos hoxe oprimidos, e que non pode ser outro que o socialismo. A bandeira da patria, coa estrela vermella de cinco puntas simbolizando a liberación nacional, como obxectivo estratéxico que para nós só pode concretarse nunha República Galega independente e soberana. Son as dúas caras da mesma moeda, pois nin pode existir xustiza social nun país dependente, nin Galiza poderá ser libre

baixo o actual sistema económico e social. Estamos convencidos de que –máis ainda neste momento histórico- é fundamental que a clase traballadora se dote de organizacións políticas propias que a defendan e representen. Paradoxalmente, as maiorías sociais son actualmente as principais esquecidas das tomas de decisións políticas e económicas, o que se plasma día a día na degradación das súas condicións de vida, polo que compren respostas firmes desde xa. Queremos avanzar tendo os nosos obxectivos claros, cos pés na terra pero coa valentía política que nos permita defender sen complexos os nosos principios. A equiparación das forzas

transformadoras ao que o sistema demanda supón a asunción da derrota antes de tempo, e negámonos a acatar ese dogma reaccionario que di que a esquerda só pode ser marxinal se non quere homologarse ás forzas convencionais. Pola nosa parte, con traballo consecuente e compromiso revolucionario habemos demostrar nas rúas, nos centros de traballo, nas institucións ou onde for preciso que é posíbel manter a coherencia ao tempo que se medra socialmente. Queremos transformar este país, e sabemos que iso só pode facerse desde abaixo, desde a base. Organizando, concienciando e mobilizando o pobo traballador galego, podemos cambiar a correlación de forzas, dobrarlle o brazo a España e ao capital e construír un futuro libre e novo para a nosa patria e para a nosa clase.


A mobilización do 25 de xullo é unha ocasión ben propicia para a reflexión sobre o rumo do nacionalismo, así como un espazo privilexiado de mobilización en clave soberanista e de soberanía social, que supere o mero ritualismo. Desta volta, celebramos un Día da Patria marcado pola crise e a consecuente resposta en forma de loitas proletarias e sociais, polo retorno do Partido Popular ao goberno da Comunidade Autónoma Galega e por unha redefinición e relevo na dirección da fronte nacionalista, entre outros factores. Quizais unha das poucas virtudes desta crise é que poida ser utilizada para estimular unha reflexión crítica sobre o capitalismo e a súa irracionalidade, sustentada na hexemonía ideolóxica que alcanzou ao longo das últimas décadas. O neoliberalismo ofrece un balanzo cruel e desolador para os pobos e os traballadores do mundo, ao que non somos alleos en absoluto; ao contrario, os seus efectos agrávanse ao carécermos de soberanía, de capacidade de decisión sobre os nosos sectores estratéxicos. A crise do capital tradúcese día a día en

despedimentos, ERES e agravamento das diferencias económicas, pero tamén ameaza cunha catástrofe humana e ecolóxica. Unha leitura rupturista do actual modelo socio-económico, que actualice e visibilice os obxetivos estratéxicos do nacionalismo, debe vir acompañada dunha intervención social diaria que faga fronte á patronal e evite que os de sempre rematemos por pagar a crise financeira. Os tempos esixen respostas audaces, e máis nunha nación oprimida como a nosa. Neste momento no que medra a resistencia conflito por conflito debe expandirse tamén a perspectiva socialista, única que permite camiñar cara a elminación das turbulencias inherentes ao capitalismo.

As súas consecuencias concéntranse no deterioro da situación laboral, nun sector agrario en auténtica emerxencia e unha natureza acosada e expoliada. En particular, salienta a agresividade da súa campaña contra a nosa lingua –que xa tivo unha primeira resposta social contundente no 17 de maio- que se ten convertido nun dos principais obxetivos do goberno autonómico: unha auténtica exclusión do galego da vida social encoberta

Despois de catro anos de bipartito –cuns resultados francamente magros e lastrados polo continuísmo- o goberno do Partido Popular representa unha notábel aceleración das políticas neoliberais e da planificada destrución da nosa identidade nacional, e polo tanto un desafío que debemos afrontar con todas as consecuencias.

baixo a nova etiqueta do “bilingüismo harmónico”. Tamén hoxe a dereita celebrará desde o goberno o seu particular “Día de Galicia”, no que pasará por riba do momento crítico que vive a nación, tentará ocultar toda resistencia e diluir todo o carácter reivindicativo da data. Por último, o BNG vive un novo ciclo aberto de forma traumática. A fronte atópase sumida nun proceso de reformulación que non rematou na última Asemblea Nacional, con debates abertos que non estarán exentos de contradicións nin tensións.


Somos conscientes de que só o nacionalismo constrúe un proxecto resistente ante a asimilación e a dominación. Non é sorprendente, neste sentido, que só o sindicalismo nacionalista opte por un modelo alternativo baseado na mobilización e non no pactismo e no recurte de dereitos. Mais é preciso que a acción política, tanto o traballo político como a xestión institucional transformadora, se incardine nun proxecto de construción nacional, sen medo aos condicionantes do sistema. Como de resto todos os proxectos transformadores, o nacionalismo está submetido a unha presión ideolóxica focada a

perder a súa coeréncia nacional e de esquerdas, que remata nunha chantaxe ben clara: se mantén os seus principios e obxetivos estratéxicos, é condenado á marxinalidade; se quere aspirar a un lugar sob o sol, debe modificar estes principios e esquecer o que chaman “radicalismo”, convertirse nun partido moderno e ocupar un lugar ideolóxico difuso ou neutro, como se isto fose posíbel. Aínda que este discurso teña os seus adeptos mesmo dentro do nacionalismo, debemos preguntarnos seriamente que interese real pode ter a dereita e o españolismo no reforzo da

fronte soberanista, e que utilidade tería para o país un partido político convencional que se limitase a súa acción a concorrer ás eleccións e xestionar as institucións, que aceitase a inmobilidade das estruturas xurídicas españolas, que se convertise nun proxecto inofensivo para o imperialismo. Sen embargo, os resultados da estratexia da moderación foron os contrarios dos agardados polos seus promotores (e desgrazadamente, bastante próximos dos anunciados polos seus críticos), xa que non só non se aumentou o corpo eleitoral, senón que non se avanzou en conciencia nacional. Aínda que se apreza unha certa rectificación no discurso, desde o MSG seguimos a defender a necesidade dun xiro en clave soberanista e de esquerdas, que non se quede en palabras senón que chegue ao plano dos feitos: realizando a oposición máis contundende aos proxectos do españolismo neoliberal; traballando desde a base pola conquista da autodeterminación; priorizar o traballo social e superar carencias de modelos anteriores; fuxir da homologación cos partidos políticos convencionais; recuperando e mellorando o asamblearismo, practicando un pluralismo inclusivo e desterrando os verticalismos e as estruturas piramidais. O nacionalismo no seu conxunto ten que ser capaz de converter o dereito de autodeterminación nunha reivindicación para xa: explicando que se trata da única alternativa que nos permite decidir o noso propio futuro, relacionármonos en pé de igualdade co resto de pobos e contribuir a outros avanzos, tan necesarios, en todo o globo. Á vez, debemos perfilar alternativas reais para confrontar o

capitalismo, en defensa dos intereses da clase traballadora e en contra do, á vez que mantén unha interlocución fluida cos sectores sociais máis agredidos no noso país. A actuación no contexto actual non é incompatíbel coa formulación explícita da nosa meta, que debemos asociar a todos os embates: a constitución dunha república galega libre sen explotación de clase. Insistimos desde hai tempo en que non há lugar para unha construción nacional desde a dereita: nada podemos agardar de quen se reviste de “galeguista” para aumentar os seus beneficios. En definitiva, o nacionalismo popular acertou cando definiu o seu proxecto histórico como alianza dos sectores populares, cando equiparou a causa da Galiza coa dos seus traballadores, cando actuou consciente de que nunha nación oprimida non hai patria sen revolución. E equivocouse, e equivócase, cando beira o interclasismo. Iso é todo.


Desde que se iniciou a actual crise económica estásenos a bombardear coa única idea de que non hai ningún responsábel desta e, en todo caso, de existiren responsábeis estes limítanse a uns poucos avaros que quixeron aproveitarse do sistema. Polo tanto, incúlcannos a idea de que nin podemos, nin debemos, acusar a ninguén, e de que esta crise non ten responsábeis. Perseguen que nos convenzamos de que nin o sistema económico capitalista, nin os gobernos, nin os especuladores financeiros inherentes á economía capitalista son responsábeis de nada, co fin claro de que adormecer a clase traballadora, de tentar convencernos de que a actual situación económica foi irremediábel, e de que o mellor é estarmos calados e arrimarmos o ombreiro para saír desta situación, non vaia ser que... Porén, podemos preguntarnos: Se non hai responsábeis, por que son os gobernos os que saen ao rescate do gran capital financeiro e empresarial? Se esta situación económica é unha máis das crises cíclicas do capitalismo, non será que o que non funciona é o proprio sistema? Se nós, a clase traballadora, non provocamos esta crise, por que se están a empregar os nosos cartos, os cartos públicos, para “regalarllos” á Gran Banca e ao Gran

Capital? Se pretenden reducirnos a indemnización por despedimento, por que, novamente cos nosos cartos, se lle estan a aboar indemnizacións millonarias aos xestores deste sistema económico? Afirmamos, polo tanto, que si hai culpábeis. Son culpábeis os gobernos que unicamente se apresuran a “socializar as perdas” para que os responsábeis da crise poidan sanear a súa exclusiva economía, cando non incrementar os seus beneficios. Son culpábeis os que cos nosos cartos pretenden pagar as súas debedas mentres nos condenan aos/as traballadores/as ao desemprego. É culpábel a patronal que durante os anos de bonanza encheu exlusivamente o seu peto e agora, aproveitándose da situación xerada, pretende recortar dereitos laborais. Son culpábeis, polo tanto, os mecanismos económicos inherentes á chamada “economía de mercado” que nos conduciu até a actual situación de crise económica. É culpapel o sistema económico capitalista. Polo tanto, é chegada á hora de lles respostar. Temos de mudar esta situación, temos de denunciar que o seu sistema nin funciona, nin funcionou. É hora de defendermos o emprego, os dereitos laborais e as prestacións sociais, e chegado o momento de loitarmos por outro modelo socioeconómico, por un modelo económico que estea ao servizo da maioría social, ao servizo da clase traballadora, por un modelo socioeconómico que so é posíbel no marco dunha Galiza soberana e socialista. Xa é hora dunha folga xeral.

Reboiras Moncho

Hai que lles respostar: folga xeral!

a mellor homenaxe é a vitoria O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) realizará o próximo 12 de agosto unha commemoración do asasinato do militante nacionalista e comunista Moncho Reboiras, abatido polos disparos da policía franquista en 1975, xa nos estertores dun réxime sanguento até o final. Reboiras aunou intelixencia e compromiso para actuar como un organizador nato ao longo da súa vida, tanto na reconstrución política do nacionalismo en plena ditadura como no campo cultural e no incipiente sindicalismo nacionalista, e finalmente en accións armadas. Recuperamos unha memoria e un exemplo que xa son patrimonio de todo o nacionalismo; porque o franquismo foi reformado polas elites, pero pecharon o camiño aos obxetivos revolucionarios; porque non puideron matar as súas ideas: sabemos que a única homenaxe posíbel é construír poder popular ata a vitoria, a independencia e o socialismo.

acto do mgs 12 de agosto - 13:00h Cemiterio de Imo (Dodro)

Máis Alá! nº1  

Folla informativa do Movemento Galego ao Socialismo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you