Page 1

AGORA

As flores saen dos seus recunchos. O mundo píntase de moitas cores. O son do vento canta no meu corazón. Unha explosión de ledicia , unha explosión de amor , está aquí , agora.

ANA SALGADO MARTÍNEZ 2ºESO D


FIDELIDADE

Desexo estar contigo, impórtasme sempre. Es luz na penumbra, unidos estamos polos lazos do amor. Sempre te lembrarei, o amor é infinito, o meu amor, eterno.

Carlos Rodríguez Jiménez (2º D)


Es a miña vida, a miña razón de ser, a miña motivación para as cousas, a causa da miña felicidade, a do meu sorriso, a da miña forma de pensar, da miña forma de ver o mundo. Vexo un mundo de felicidade para gozar. Para min es todo.

Aarón 2º D


O AMOR O amor é coma una doce bágoa. Coma follas que caen, nun outono frío e escuro. Coma un cemiterio repleto de almas vagabundas. O amor é invisible. É coma una tarde invernal na que ninguén se atreve a saír. O amor é só para os privilexiados. O amor , ás veces, é una bonita mentira. Un engano mesturado con zume de zucre.

Saioa


Poesías con 2  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you