Page 1

Amizade Intento buscarte, pero non te atopo. Sigo esperándote porque son forte. Sei que un día estarás aí, cambiándoo todo, cambiándome a min.

Laura


Ledicia

A ledicia é unha flor que nun momento murcha, pero despois dun tempo é normal que rexurda. A ledicia que desfalece perante o pregoeiro de tinta, pero volve renacer con intensidade e harmonía. A ledicia de ver o sol iluminando o tren da vida. A ledicia que está en min presente cada día.

Brais


Soidade Síntome só. Estou só na escuridade. Estou canso. Canso e desorientado vago polo mundo. Busco e busco... Quero que alguén me faga soñar. Pecho os ollos, e creo que atopei a miña fada. Esperto e... Todo foi un soño. Ti, nunca volverás.

Rubén


Issuu  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you