Page 1

FRASES E COMENTARIOS DE LÚA DO SENEGAL

“A curiosidade e o medo viven entrelazados no seu interior. “ Gustoume esta frase porque tanto a curiosidade como o medo están no interior das persoas, para min gaña a curiosidade por coñecer cousas e persoas novas, por vivir novas aventuras, pero o medo sempre está aí, agochado no interior das persoas, o medo ó descoñedido, o medo a facer dano a outros e a un mesmo, o medo sempre está acechando no interor disposto a saír cando menos o esperas. Eu sinto moita curiosidade por todo, pero o medo faime dar marcha atrás. Helena Pousada

“A curiosidade e o medo viven entrelazados no seu interior.” Eu penso que ás veces temos curiosidade polas cousas, queremos saber, entender e comprender pero hai algo que nos frea no noso interior, na nosa cabeza, que nos dá medo de que ó saber ou descubrir as cousas talvez non sexan o que esperamos ou desexamos que sexa e que poida pasar algo inesperado que nos asuste e non saibamos como debería ser.

Sergio Pérez


'' A curiosidade e o medo viven entrelazadas no seu corazón '' Esta frase é moi interesante porque é una realidade que temos todos os días. A min pásame a miúdo porque moitas veces escoito ruídos de fóra da casa e teño medo , pero ó mesmo tempo quero saber que é . No caso de Khoedi sente medo, a curiosidade por coñecer e ter una nova vida ten máis importancia porque chega a un país novo. Ela quere saber como é pero dálle medo o que poida atopar . Gústame porque é moi realista. Antonio Porto

''O resto teria que deixalo atrás,marchar case tan libre como as cegoñas que cada ano vía emigrar na procura dunha nova terra''. Khoedi deixaba moitos recordos, amigos,a escola...Deixaba a mamá Feriane, a súa avoa.E só levaba a súa nai, a súa irmá,pero no corazón levaba todo Senegal. Gabriel Prada ''Soñei que o meu corazón pertencía a unha rapaza chamada Naima. Por ela percorrería todos os países do mundo ata encontrala, pois só dese xeito sería feliz''. A min gustoume esta frase porque mostra o amor que lle ten a unha persoa, e que por esa persoa tan especial para ela, Naima,a súa irmá, percorrería todo o mundo ata encontrala e estar con ela e ser felices. Lucía Martín


A mín gústame esta frase porque tamén algún día me gustaría poder viaxar por diferentes países, coñecer diferentes culturas, costumes, maneiras de ser e pensar. Viaxar para ver cousas novas, diferentes e abraiantes, e tamén para aprender maneiras de ver a vida distinta a mín. Viaxar para descubrir lugares distintos e fermosos. En resumo, poder percorrer o mundo e espremelo para saber todo del. Sergio Pérez Rivas

"Desexaba como nunca que mama Feriane estivese comigo." Que a nena estaba moi nerviosa e quería a axuda da avoa,botábaa moito de menos. Koedhi desexaba que mamá Feriane lle botase unha man e a calmara un pouquiño. A min costaríame moitísimo deixar a miña vida atrás, e non durmiría en toda a noite.

Brais Prieto

Comentarios Lúa do Senegal  

Comentarios Lúa do Senegal

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you