Issuu on Google+

A CANCIÓN DO POBO (OS MISERABLES) Canta o pobo a súa canción Nada o vai acovardar Esta é a música da xente E non se deixa asoballar Se che salta o corazón Cando rebumbia o teu tambor Un novo porvir nacerá Co fermoso albor Uniraste á nosa causa Ven e loita canda min Porque tra-las trincheiras Hai un mañá que vivir Nacermos escravos ou ceibes depende de ti Canta o pobo a súa canción Nada o vai acovardar Esta é a música da xente E non se deixa asoballar Se che salta o corazón Cando rebumbia o teu tambor Un novo porvir nacerá Co fermoso albor Ven disposto a combater Hai unha loita que gañar Moitos van hoxe morrer Estás disposto a derramar O teu sangue nas rúas francesas e te liberar”? Canta o pobo a súa canción Nada o vai acovardar Esta é a música da xente E non se deixa asoballar Se che salta o corazón Cando rebumbia o teu tambor Un novo porvir nacerá Co fermoso albor Canta o pobo a súa canción Para a liberdade conquistar Este é o cántico da xente Que as tebras vencerá


Miserables, a gañar!!! Na nosa loita coa dor Ata a noite máis escura Rompe co sol Triunfará esta Irmandade Nos dominios do señor Non nos cumprirán gadañas Nin coitelos nin canóns Rachemos cadeas e os xustos terán compaixón Uniraste á nosa fe? Pelexarás perto de min Porque detrás destes valados Hai un mañá que vivir Canta o pobo a súa canción Cando rebumbia o seu tambor Son badaladas dun futuro Que escomenzou Uniraste á nosa fe? Pelexarás perto de min Porque detrás destes valados Hai un mañá que vivir Canta o pobo a súa canción Cando rebumbia o seu tambor Son badaladas dun futuro Que escomenzou


A canción do pobo