programa grapado.qxp_Maquetaciรณn 1 14/5/19 21:04 Pรกgina 1
#omellorequipoparagobernarcarballo
Mรกis
Carballo
programa grapado.qxp_Maquetaciรณn 1 14/5/19 21:04 Pรกgina 2
CARBALLO
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 3
O MELLOR ESTÁ POR VIR Pensar e soñar o Carballo do futuro. Iso queremos, contigo. Impulsar o noso proxecto de concello vivo, dinámico, consciente do seu potencial e orgulloso da súa identidade. Un Carballo que siga transformándose para recuperar o esplendor que nunca debeu perder, que siga derrubando barreiras con proxectos urbanísticos transformadores e humanizadores e muros con pintura, que reforce o seu liderado no ámbito teatral, no audiovisual, no medioambiental ou no deportivo. Un Carballo que aposte sempre polas persoas, por mellorar a calidade de vida con máis servizos para as familias, máis formación para xerar máis oportunidades laborais, máis participación veciñal para acadar niveis máis altos de democracia e máis coberturas sociais para quen máis o precisa. Un Carballo que aposte polo despegue industrial, que sexa motor de creación de emprego. Carballo, onde nacemos, demos os primeiros pasos e decidimos vivir, é un bo lugar para vivir grazas á ilusión, á dedicación e ao traballo colectivo de todas e cada unha das persoas que formaron parte das nosas candidaturas nos últimos 16 anos. Pero queremos que sexa aínda mellor. Garantindo o acceso de toda a cidadanía aos servizos básicos, á cultura, ao deporte, á atención social, á educación e á sanidade. Pero tamén promovendo proxectos pioneiros que contribúen ao coidado do medio ambiente, coma a implantación de alumeado led; que melloran a empregabilidade dos nosos veciños e veciñas, coma a Escola Municipal de Hostalaría, ou que merecen premios,
coma a nosa estratexia de mobilidade. Queremos seguir sendo referente en toda a Costa da Morte e tamén en Galiza. E temos o mellor equipo para afrontar os retos que se nos presentan. Un equipo sólido que reforzamos con novas incorporacións, con máis proxectos, máis gañas, máis experiencia e máis zume novo. Porque en Carballo hai futuro. Neste mandato avanzamos coma nunca cara o equilibrio territorial, apostando con firmeza pola zona rural e transformando en realidades as prioridades que nos ides marcando a través dos consellos parroquiais, un órgano de participación veciñal único en Galiza. Unicamente nestes últimos catro anos investimos máis de 10 millóns de euros en infraestruturas viarias, redes de abastecemento e saneamento, instalacións deportivas e centros socioculturais que dinamizan o noso rural. E, ao mesmo tempo, avanzamos coma nunca na transformación urbana, porque queremos que Carballo sexa unha vila moderna, ben planificada, cos servizos necesarios para seguir medrando. Un bo lugar para vivir. Pero os tempos en política non permiten acomodarse. Nunca o fixemos nin o faremos. Sabemos que o traballo é intenso, pero tamén sabemos que con máis equipo, máis ideas e o voso apoio, o mellor está por vir.
Evencio Ferrero Candidato á Alcaldía de Carballo polo BNG
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 4
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
Primeiro, as persoas Porque a nosa prioridade son as persoas, dende o BNG seguiremos impulsando unha política social que atende e garante a cobertura das necesidades básicas da veciñanza, pero que ademais aposta pola democratización do deporte, pola universalización da cultura, por políticas que permitan avanzar na igualdade real entre mulleres e homes, e pola defensa dunha educación e dunha sanidade públicas, gratuítas e de calidade. O goberno do BNG ten un fondo compromiso coas políticas sociais. Un dos contratos máis importantes que asinamos neste mandato foi, precisamente, o do servizo de axuda no fogar, cun investimento de 2,6 millóns de euros para catro anos que garante a atención ás necesidades básicas de máis de 170 veciños e veciñas do noso concello. A atención aos maiores, á infancia, ás familias e aos colectivos máis vulnerables da sociedade carballesa é unha prioridade para nós. Por iso vimos incrementando o gasto social ano tras ano, e neste 2019 supera os 90 euros por habitante. Nesa liña, a nosa proposta de futuro inclúe propostas para os vindeiros catro anos pero tamén, e sobre todo, accións estruturais que se manterán no tempo como eixo da nosa política social dentro da Estratexia Carballo 2030. • Facer realidade o novo espazo das entidades sociais coa reforma integral das vivendas dos mestres, mellorando as condicións das entidades xa implantadas e abrindo ese espazo a outras que demandan novos lugares de traballo (AECC ou Afaber).
• Potenciar a comunicación entre os equipos de orientación dos centros educativos e o persoal do Programa de Educación Familiar para atallar o absentismo e abandono escolar. • Incrementar as liñas de subvencións tanto para entidades sociais como para permitir o acceso a máis familias ás axudas a particulares. • Reforzar o apoio ás entidades para a colaboración en proxectos sociais (convenio Cáritas e Vieiro). Impulsar os acordos con outras administracións competentes para reforzar estes proxectos. • Mellorar a calidade de vida das persoas que viven nos seus domicilios e requiran algún tipo de apoio para a realización das tarefas básicas da vida diaria. Dando cobertura ás necesidades das persoas dependentes e do seu entorno de coidados. Seguiremos colaborando coas familias facilitándolle tanto axudas técnicas (guindastres, camas articuladas, discos de transferencia, etc.) como sociais. • Estender a sinalización mediante pictogramas a todos os edificios municipais para facilitar a autonomía e a accesibilidade de todas as persoas. • Promover a atención ás adiccións, incorporando as que van aparecendo na sociedade, a través da Unidade de Condutas Adictivas, que vimos de reformular neste último mandato para dar resposta á realidade social. • Apostamos pola igualdade, o empoderamento e a liberdade afectivo-sexual como un piares básicos da nosa sociedade.
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 5
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
• Reforzar e mellorar a atención directa ás usuarias o centro de información á muller. • Favorecer a coordinación entre o eido educativo para impulsar a sensibilización en igualdade da poboación escolar. • Fomentar a participación feminina no termo municipal, impulsando a creación do consello sectorial da muller. • Impulsar a conciliación, dando resposta ás necesidades das familias e facilitando o acceso ao programa Concilia ao maior número de centros do núcleo urbano e do rural. • Traballar para previr e eliminar a violencia de xénero no noso entorno, impulsado a creación da mesa local contra a violencia de xénero así como actividades formativas e de sensibilización. Demostramos o noso compromiso coa cultura, co deporte e coa educación mesmo nos peores momentos da crise, nos que non reducimos nin un só euro en ningunha destas áreas, e seguimos a demostralo neste último mandato reforzando coma nunha os investimentos nelas. Nos últimos catro anos, o gasto real nas áreas de cultura, deporte e educación no Concello dearballo incrementouse nun 62%, e neste ano 2019 están consignados para elas, en total, máis de 5,6 millóns de euros. O compromiso cunha EDUCACIÓN pública e de calidade sempre foi outra das prioridades para o BNG. Seguiremos reclamando que a Xunta de Galicia que asuma as súas competencias, con lealdade institucional, e colaborando na realización das melloras necesarias nos
centros de ensino que nos permitan seguir camiñando cara unha educación cada vez mellor na que tamén terán cabida estoutras accións. • Impulsar un programa de actividades en colaboración cos centros de ensino infantil, primaria e secundaria e as diferentes áreas municipais, consolidando as iniciativas formativas xa implantadas (horto infantil ecolóxico municipal, actividades culturais, visitas ás bibliotecas, semana do libro e a lectura, campaña de reciclaxe, etc.) • Reforzar o traballo realizado durante estes anos no Consello Escolar Municipal de Carballo aportando propostas e alternativas ás necesidades da comunidade educativa. • Continuar coas liñas de subvencións ás ANPAS e centros de ensino para o desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e formativas. • Seguiremos dotando dos fondos necesarios ás bolsas de educación e conservatorio para que as posibles dificultades económicas das familias non impidan o acceso á educación de neno ou nena do noso concello. • Demandar que a actual sección da Escola Oficial de Idiomas se converta nun centro con entidade propia. • Continuar co impulso e a modernización do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, cunha banda municipal propia, integrada polo alumnado do propio centro. • Trasladar á Xunta a necesidade de ampliar a oferta educativa de formación profesional no noso
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 6
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
concello, pensando nas diferenzas e intereses do alumnado que pretende formarse, tanto nos diferentes ciclos formativos como na FPB (formación profesional básica). Carballo é DEPORTE. Somos dos concellos galegos que máis investimos en deporte de Galiza (90€ por habitante/ano en 2019, un 11,58% do orzamento). O apoio do goberno do BNG ao deporte de base e feminino propiciou que aumentase un 50% o número de licenzas deportivas e mesmo que se duplicasen no caso do deporte feminino. Tamén multiplicamos por dous as subvencións ás entidades, aumentaron as prazas de actividades ofertadas e incrementamos a oito os pavillóns polideportivos a disposición do movemento asociativo deportivo. • É fundamental manter o compromiso cun servizo público e de calidade que posibilite o acceso de toda a poboación á práctica deportiva, apostando por un modelo de xestión deportiva aberto e participativo, centrado no apoio ao deporte de base e federado, á mellora das instalacións deportivas e á actualización continua da oferta de actividades e servizos. • Carballo precisa dun novo gran espazo deportivo que atenda as demandas do Carballo do futuro. Traballaremos para facer isto realidade co desenvolvemento dun proxecto axeitado a esas necesidades. • Precisamos seguir mellorando os complexos deportivos municipais para atender ás necesidades das persoas abonadas, deportistas e entidades. • O atletismo medrou moitos nos últimos anos e precisa dunhas instalacións que permitan realizar adestramentos específicos da súa modalidade.
• Impulsaremos novas liñas de axuda a deportistas e entidades para atender a diversidade deportiva do noso municipio. • Continuar a mellora dos campos de fútbol para deportistas e espectadores, coa renovación dos vestiarios e a construción dun novo graderío no Estadio Municipal das Eiroas. Tamén acometeremos a reforma dos vestiarios e outras melloras nas instalacións do campo de fútbol das Pedreiras. • Seguiremos mellorando as instalacións do Circuíto Municipal do Motor continuando co modelo de xestión participativo do aberto ás entidades do motor de Carballo para que desenvolvan actividades de formación, promoción e competición de calquera especialidade. • Abrir novas canles de comunicación para o sector deportivo, continuando co traballo realizado no Consello Deportivo Municipal, un espazo de participación dirixido ás entidades deportivas do concello. • Atendendo ás necesidades da poboación promoveremos a creación e utilización de novos espazos alternativos para a práctica deportiva, como se fixo coa SkatePraza Rego da Balsa, fomentando a utilización de espazos ao aire libre e no medio natural coa creación dun centro BTT, a homologación de novas rutas de sendeirismo, a apertura de novos carrís bici ou a promoción do surf. A CULTURA é un signo da identidade de Carballo. A intensa e variada actividade da premiada Biblioteca Municipal Rego da Balsa, o impulso de importantes festivais musicais, audiovisuais e das artes escénicas e a consolidación de Carballo como un
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 7
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
referente da arte urbana confirman esta premisa. Pero Carballo a nivel cultural é moito máis. Nesa liña, estes son os nosos obxectivos. • Continuar co apoio ao Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), un referente indiscutible das artes escénicas a nivel estatal, e seguir apostando por novas e actuais iniciativas como o festival de webseries Carballo InterPlay (CIP) ou o Rexenera Fest, que poñen a Carballo á vangarda da cultura galega. • Reforzar o labor desenvolvido pola Aula de Teatro Municipal, promovendo o apoio e colaboración con asociacións culturais a nivel local completando a oferta escénica actual promovendo un festival de teatro afeccionado. • Reforzar a programación anual estable seguindo na liña de programar propostas actuais, de calidade e para todas as idades, sen esquecer a tradición. • Impulsar actividades culturais en espazos diferentes aos convencionais, promovendo unha programación cultural estable de carácter anual na rede de centros sociais en colaboración coas entidades. • Continuar dotando a Rede Municipal de Bibliotecas con
servizos e horarios amplos e axeitados a todos os colectivos e idades, impulsando a programación anual de fomento do libro e a lectura e un novo concepto de Ludoteca cunha oferta axeitada ás necesidades das familias. • Nos últimos tempos está demostrado que existe unha necesidade de contar cun auditorio de maior capacidade, algo que debe acometerse coa implicación de todas as administracións. • Melloraremos os equipamentos do Pazo da Cultura para seguir prestando un servizo de calidade adaptado á demanda de actividades. • Desenvolver as posibilidades da Biblioteca Rego da Balsa como un espazo para a cultura, o coñecemento, a creatividade e o ocio en Carballo, en colaboración con artistas locais, centros de ensino e entidades ambientais, culturais, deportivas e sociais. • Continuaremos co apoio e impulso ás formacións musicais para que os grupos locais teñan proxección e visibilidade na actividade cultural municipal. • Impulsaremos novas liñas de axuda para atender á diversidade das entidades culturais do noso municipio, dándolle proxección e visibilidade á creación artística.
programa grapado.qxp_Maquetaciรณn 1 14/5/19 21:04 Pรกgina 8
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 9
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
Transformación urbana Carballo experimentou nos últimos catro anos unha importante transformación urbana baseada no principio de converter á cidadanía na gran protagonista da nosa vila. Con ese obxectivo seguiremos traballando nos distintos barrios: modernizando as infraestruturas e os servizos, universalizando a accesibilidade e enchendo o espazo urbano de arte, cores e vida. A renovación das rúas de Carballo é un feito. Carballo estase a converte nunha vila con rúas e prazas accesible e sen barreiras pensada para todos os colectivos e idades. Este proxecto conta cun plan de acción que inclúe a renovación de diferentes rúas de xeito equilibrado entre a zona centro e os diferentes barrios de Carballo. A mellora dos itinerarios peonís no barrio da Milagrosa e na rúa Vázquez de Parga, a reurbanización das rúas Vila de Laxe, Vila de Corcubión e Vila de Noia no Chorís, do entorno do Fórum Carballo na Milagrosa, a 2ª fase da travesía de Sísamo no Barrio das Flores, o itinerario peonil e ciclista Carballo-Coristanco, así como a renovación das rúas Bos Aires, Barcelona, Luís Calvo, Perú, Tarragona e Concepción Arenal serán unha realidade no próximo mandato e transformarán e modernizarán o espazo urbano de Carballo. • Con ese horizonte 2030 tamén se proxectan a renovación do ámbito dos Baños Vellos, completar a contorna do Campo da Feira, reurbanizar o primeiro treito da rúa Gran Vía ata o mercado, a rúa da Igrexa ou a 3ª e última fase da travesía de Sísamo ata o Outeiro. • O impulso da rede de centros
sociais completase cunha actuación no casco urbano, a reforma integral da Escola de Arrabales, para destinala a uso social por parte das asociacións do Barrio da Milagrosa. • Continuaremos co deseño e implantación de RUTAS ACCESIBLES, dentro da Estratexia de Organización do Espazo Urbano, atendendo a todos os colectivos e necesidades, potenciando iniciativas xa implantadas como o PEDIBÚS (rutas escolares), a MOBILIDADE SEN BARREIRAS (atendendo ás persoas con diversidade funcional) ou o METROMINUTO. • Realizar un MANTEMENTO E MELLORA DE CALZADAS E BEIRARRÚAS, atendendo a aqueles itinerarios e espazos máis deteriorados e fomentando a participación veciñal na priorización das actuacións. • Mellorar a VISIBILIDADE DOS PASOS DE PEÓNS e interseccións con diferentes tipos de actuacións comezando polo recén asinado convenio coa Deputación da Coruña. • Seguiremos dando solucións para facilitar a mobilidade do tráfico, ampliando as BOLSAS DE APARCAMENTO NO CASCO URBANO, dun xeito equilibrado para dar solución aos diferentes espazos e demandas (barrios, prazas, mercados, zonas escolares e deportivas, etc). • O BOSQUE debe convertese no gran parque de Carballo. Para conseguilo, continuaremos co proceso de adquisición de solo iniciado neste mandato para destinalo a esa gran zona verde para toda a cidadanía que será o pulmón do Carballo do futuro. A ampliación do PASEO FLUVIAL en dirección á Cheda (iniciada xa coa posta en
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 10
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
marcha da Ruta dos Muíños do Pan) e cara a Sísamo será unha prioridade no desenvolvemento deste entorno como un espazo de desfrute da natureza, ocio e deporte, mellorando ademais o firme, a sinalización e as vías de acceso ao mesmo desde diferentes puntos. • Continuar na mellora dos PARQUES INFANTÍS converténdoos en espazos SEN BARREIRAS adaptados a nenos e nenas con diversidade funcional. • Impulsar a creación de novos espazos de ocio e deporte destinados á mocidade, para dar resposta á demanda de instalacións por parte das mozas e mozos e segundo o modelo de participación cidadá, na liña do feito co Skate Praza Rego da Balsa. • Para poder desviar o tráfico pesado do centro de Carballo seguiremos demandando á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia a execución da CIRCUNVALACIÓN ou ronda leste, unha infraestrutura imprescindible. Ao mesmo tempo esixiremos a
urbanización dos accesos á vila, dando prioridade ás travesías de Bértoa e Avenida de Fisterra, de titularidade autonómica. Mentres isto non sexa posible o concello seguirá a traballar no desenvolvemento dos viais estructurantes incluídos no PXOM, a ampliación da rúa Vila de Negreira ata a C-552 xunto á igrexa de Bértoa e o viario que une a estrada de Razo co Polígono Industrial. • Acometer a necesaria AMPLIACIÓN DO CEMITERIO MUNICIPAL. • No Carballo para tod@s tamén queremos que teñan cabida as mascotas que contribúen a mellorar a nosa calidade de vida e que, segundo diferentes estudos, teñen efectos beneficiosos para a saúde das persoas, ademais de axudar a mitigar a soidade dos maiores ou de axudarlles a sentirse útiles. Crearemos un PARQUE CANINO na zona do paseo fluvial, para o cal xa están en tramitación as autorizacións necesarias, para que dispoñan dun espazo de recreo do que gozar en liberdade e sen provocar molestias á cidadanía.
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 11
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
Impulso para o rural Na procura do equilibrio territorial, dende o goberno municipal do BNG vimos realizando unha forte aposta polo desenvolvemento e a dinamización da zona rural. O plan integral de asfaltados en todas as parroquias, a pavimentación con aglomerado das estradas con maior intensidade de tráfico, a rehabilitación con cemento das vías interiores dos núcleos rurais, o acondicionamento das pistas forestais, a extensión das redes de saneamento e abastecemento de auga, a creación de modernos centros sociais que permiten impulsar cada vez máis alternativas de ocio para os habitantes do rural, a mellora permanente dos parques infantís ou a posta en marcha dos consellos parroquiais foron unha prioridade nas políticas do noso goberno e son exemplos do modelo de parroquias vivas, activas e participativas que queremos seguir impulsando. O aumento do número de vivendas unifamiliares construídas nos últimos catro anos acreditan que cada vez máis xente pensa que o rural de Carballo é un bo lugar para vivir. No BNG estamos convencidos de que as nosas parroquias teñen un gran potencial, e por iso seguimos planificando e implementando políticas que fagan posible o seu desenvolvemento a curto, medio e longo prazo. • O goberno do BNG impulsou os PLANS DIRECTORES DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO pensando na dotación integral destes servizos. Planificamos para que o noso rural teña futuro na Estratexia Carballo 2030. As dúas captacións nos ríos Anllóns e Bardoso permiten, ademais de evitar
problemas de abastecemento en épocas de seca, como se ten demostrado, ampliar a rede cara á costa. Xa están en marcha as obras de abastecemento ás parroquias de Oza e Razo, cun orzamento de 1,7 millóns de euros, e neste ano 2019 iniciaremos a ampliación cara as parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos e Vilela, cun investimento de 1,5 millóns, para seguir estendendo a rede a continuación cara as zonas sur (Ardaña, Rus e Entrecruces) e leste (Berdillo, Artes e Sofán) do concello. E ademais seguiremos universalizando o servizo de saneamento, que chega xa ao 91% da poboación, co obxectivo de acadar o 100% nese horizonte do ano 2030. • Nos catro últimos anos realizamos o investimento máis alto da historia do Concello de Carballo na REDE VIARIA das parroquias. As comunicacións son fundamentais para un rural ben estruturado, e nesa liña seguiremos avanzando con tres grandes programas de actuación: - Mellora de vías estruturantes entre núcleos - Mellora de vías interiores en grandes núcleos - Programa continuo de mantemento viario que xa se iniciará neste ano 2019. • A rede municipal de CENTROS SOCIAIS segue medrando. Nos últimos catro anos realizamos obras de acondicionamento e mellora de seis centros sociais (Oza, Sísamo, Artes, Rus, Outón e Entrecruces) e, cumprindo o noso compromiso coa veciñanza, construímos o de Ardaña. Neste mandato seguiremos dando resposta ás demandas sociais, con novos proxectos que xa están en marcha: - Reforma do centro social de Lema e acondicionamento da zona exterior do local de Aldemunde
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 12
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
- Construción de novos centros sociais en Bértoa, Goiáns e Sísamo Dende o goberno municipal do BNG non só estamos a colaborar coa veciñanza na adquisición de terreos, elaborando os proxectos e asumindo o financiamento das obras de reforma ou construción de centros sociais, senón que tamén queremos dotalos de contido. Nese sentido impulsaremos as seguintes medidas: • Mellorar o equipamento dos centros sociais para que as entidades poidan desenvolver máis actividades e máis diversas. • Implantar unha programación estable de carácter cultural e recreativo nas parroquias, en colaboración coas entidades, potenciando actividades xa existentes como o programa de exercicio físico para maiores, o ciclo de cinema de verán ou os bailes da terceira idade, e implementando outras como ciclos de teatro, música ou cursos formativos. • Fomentar puntos de lectura nos centros sociais en colaboración coas entidades e a veciñanza dotándoas de fondos en colaboración coas bibliotecas municipais. · Impulsar a práctica do deporte en colaboración coas entidades deportivas das parroquias.
• Carballo foi un concello pioneiro en fomentar a participación real da cidadanía na xestión municipal. Impulsaremos o papel dos CONSELLOS PARROQUIAIS como canalizadores das demandas da veciñanza, converténdoos nunha alternativa real de orzamentos participativos para que sexa a veciñanza de cada parroquia a que estableza as actuacións prioritarias a desenvolver. • A dinamización da zona rural require de políticas que permitan seguir ampliando os servizos á cidadanía e que contribúan á POSTA EN VALOR DOS RECURSOS de cada unha das nosas parroquias. Para conseguilo seguiremos a traballar desde diversas frontes, sempre mediante o modelo participativo e de colaboración coa veciñanza. • Continuaremos coa dotación de servizos nos núcleos rurais (aparcadoiros, prazas, zonas de ocio) • Impulsaremos os proxectos de recuperación do patrimonio natural que iniciamos nas férvedas de Rus e Entrecruces para seguir poñendo en valor os nosos recursos. • Reforzaremos os servizo de limpeza de vías. • Demandaremos a extensión da rede de fibra óptica para acadar un servizo de Internet de alta velocidade en todo o territorio.
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 13
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
Un espazo económico estratéxico Nunca se realizara un investimento tan importante en promoción económica no noso concello coma nos últimos catro anos. Carballo é hoxe un referente, e para que reforce aínda máis a súa posición seguiremos apoiando e incentivando o comercio e a hostalaría, ao tempo que continuaremos demandando a necesaria ampliación do noso polígono industrial para que siga sendo un elemento dinamizador da economía local. Cremos firmemente na potencialidade económica do noso territorio no seu conxunto. Estamos a impulsar o POLÍGONO INDUSTRIAL DE BÉRTOA con medidas que incentivan a instalación de empresas, mais tamén apostamos por incorporar persoas á economía tradicional agroforestal. Nestes últimos anos fixemos a diagnose das capacidades de xerar emprego no rural e imos apoiar o desenvolvemento de PROXECTOS PRODUTIVOS vinculados aos sectores primarios, que contribúan a xerar oportunidades laborais e a fixar poboación a través do aproveitamento sustentábel dos nosos recursos naturais As empresas de nova creación contarán, ademais de co VIVEIRO DE EMPRESAS, cun novo espazo de TRABALLO COLABORATIVO, que acaba de habilitarse no FÓRUM, e que pretende incentivar e apoiar o emprendemento e o talento empresarial local. O COMERCIO e a HOSTALERÍA local son eixo fundamental da nosa economía, e Carballo é unha das vilas
galegas nas que aínda sobrevive o pequeno comercio, resistindo con vigor á agresividade do comercio online e das grandes superficies. O Concello de Carballo vén facendo un enorme esforzo na dinamización do comercio e a hostalería local con campañas e eventos que animen o CONSUMO DE PROXIMIDADE. En TURISMO, a nosa marca local, Carballo a un paso, e a nosa programación, é un referente de como posicionarse nos escaparates partindo de tres factores estratéxicos na programación: DINAMIZACIÓN, DIFERENCIACIÓN e DIVERSIFICACIÓN; e buscando conseguir a EXCELENCIA na xestión, para o que implantamos unha marca propia de calidade, a C3 (CARBALLO, COMPROMISO coa CALIDADE), a que se teñen adherido multitude de comercios, hostalería e aloxamento local. Mais, para conseguir a excelencia debemos contar cos mellores profesionais e coas empresas máis competitivas. De aí nace a ESCOLA MUNICIPAL DE COCIÑA, que busca unha formación específica que ten a calidade como obxectivo e que pretende xerar oportunidades laborais e incrementar a competitividade do noso sector. O obxectivo agora é ampliar a formación municipal en hostalería ao PERSOAL DE SALA. Co sector COMERCIO e SERVIZOS programamos talleres e seminarios de actualización e mellora da imaxe comercial, buscando tamén formar e informar nas cuestións puntuais que ou ben detectamos, ou ben nos trasladan. Colaboramos coas empresas ofrecéndolles ORIENTACIÓN PROFESIONAL, tanto pública a través da OFICINA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, como privada a través de talleres e xornadas específicas; ademais de subvencionar
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 14
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
as entidades empresariais para facilitar a súa actividade colaborativa. Ese vigor comercial e hostaleiro do noso concello, débese en grande medida á boa saúde das nosas feiras e mercados. As FEIRAS, feiróns e mercados seguen a ser un punto de encontro para milleiros de persoas da provincia cada 2º,4º e 5º domingo de cada mes, e cada xoves. Mais queremos seguir medrando e diversificando o noso potencial económico nas nosas feiras e mercados tradicionais, buscando incrementar a GARANTÍA DE ORIXE dos produtos á venda, buscando incrementar a presenza os produtos biolóxicos e ecolóxicos procedentes da nosa horta de KM 0 O 2020 é tamén o ano de reformular o MERCADO DE ABASTOS. Será aí onde todos os espazos comerciais dese edificio municipal saian novamente a licitación pública, cunha nova ordenanza de prezos e de xestión que innovará e potenciará todas as capacidades comerciais que ten ese edificio ubicado no corazón da vila. Unha oportunidade laboral e comercial para moitas iniciativas empresariais xoves e innovadoras, que reforzaremos con MEDIDAS FISCAIS incentivadoras. Carballo en turismo é sinónimo de creatividade, actividade e competitividade. Temos un marcado perfil de TURISMO FAMILIAR, que se basea na cultura, no deporte e no ocio para todos os públicos. A nosa programación de festivais e probas deportivas, complementan á perfección aos nosos sectores comerciais e hostaleiro. Carballo tense convertido en referente estatal en citas culturais e deportivas que atraen cada vez a máis persoas. Somos TURISMO URBANO e CONTEMPORÁNEO, co streetart, o skate, ou os contidos dixitais como referencia mesmo a nivel internacional; somos TURISMO DEPORTIVO con probas competitivas
e non competitivas de múltiples disciplinas; somos TURISMO DE PRAIA e SURF, referente absoluto e pioneiro nesta práctica deportiva. Somos TURISMO RURAL, de familias que buscan a beleza da nosa natureza, e que pronto lles poderemos ofrecer ademais de rutas de sendeirismo, un circuito BTT. Carballo aspira, co resto da Costa da Morte, a ser un referente mundial no mundo do surf, unha oportunidade na que debemos aspirar a ser o motor da candidatura a RESERVA MUNDIAL DE SURF, unha certificación que nos permitirá posicionarnos a nivel mundial, e traerá oportunidades de diversificación económica sustentábel. Mais o noso litoral é moito máis que surf, somos un importantísimo, e sensíbel, ESPAZO NATURAL PROTEXIDO. Neste mandato apostamos por incrementar as esixencias de calidade medioambiental e de xestión de servizos nas nosas praias, e no vindeiro centrarémonos na consolidación da ISO 14.001 e do Esquema Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS), moito máis esixentes que a bandeira azul. Mais tamén toca estender o subministro de auga á contorna litoral e mellorar os accesos ás praias buscando a accesibilidade universal no uso deste espazo, diversificar as fórmulas de chegada á toda área litoral con sendas ciclabeis e peonís; así como ampliar as infraestruturas de ocio complementario que existen xa no ámbito costeiro, para conseguir que as nosas praias, que xa contan cun amplo de abano de servizos e cun servizo de salvamento e socorrismo estábel e altamente cualificado, que ampliaremos á praia da Arnela, sigan sendo unha referencia de turismo de praia seguro e de calidade. Mais nese espazo natural, tamén temos oportunidades de xestión turística baseadas na biodiversidade dos nosos
programa grapado.qxp_Maquetación 1 14/5/19 21:04 Página 15
PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2019 Carballo o mellor está por vir CARBALLO
ecosistemas. O TURISMO ORNITOLÓXICO é un dos retos que nos marcamos para un aproveitamento sustentábel dos nosos recursos. Debemos buscar unha fórmula turística estival que permita gozar plenamente do litoral preservando os valores ecolóxicos que posúe. O FÓRUM CARBALLO é un espazo único, un centro de formación permanente e dinámico que nos últimos anos se ten convertido nun servizo municipal de referencia en Galiza. Consciente de que as competencias en materia de emprego superan o ámbito municipal, no BNG queremos poñer o acento na formación para mellorar as posibilidades de empregabilidade das persoas. Atendendo ás necesidades do empresariado, seguiremos incrementando e diversificando a FORMACIÓN PROPIA, como fixemos coa Escola de Cociña.
A BDT, Bolsa de Traballo Municipal, é unha ferramenta moi útil de conexión entre a demanda e as ofertas de emprego que se xeran en Carballo e toda a súa contorna. A boa saúde económica do Concello de Carballo permitiranos manter incentivos fiscais para a creación de empresas, entre os cales figura a bonificación do 95% do ICIO, IBI e IAE, e para a contratación de traballadores formados no Fórum. Continuaremos promovendo e apoiando a formación permanente de traballadores e empresarios dos diferentes sectores produtivos con presenza no noso termo municipal para mellorar a competitividade das empresas locais e seguir consolidando Carballo como o gran centro empresarial da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte.
programa grapado.qxp_Maquetaciรณn 1 14/5/19 21:04 Pรกgina 16
CARBALLO
CARBALLO
facebook.com/bngdecarballo twitter @bng_carballo