Boletín informativo "O Anllóns", nº 43

Page 1

O ANLLÓNS

boletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo nº 43 maio 2023
# o mellor para carballo

Evencio Ferrero Rodríguez

Alcalde de Carballo e candidato á reelección

Como valora esa confianza constante e crecente que lle outorga a cidadanía?

Non é a confianza nunha persoa senón confianza nun proxecto, un proxecto que ten moito percorrido, que pasou momentos difíciles pero tamén de moita alegría, no sentido de que levamos xa vinte anos facendo o que sempre nos gustou facer, que é traballar por Carballo e traballar por transformar Carballo. Pero para seguir facéndoo é necesario o compromiso e o apoio de todas e todos.

Cales son as claves dese modelo Carballo?

É unha interpretación da realidade, das grandes carencias que tiña Carballo, como a falta de espazo para a cidadanía. O espazo público debe servir para algo máis que para que circulen os coches, e tivemos que ir revertendo esa situación. Foi un proceso transformación gradual, dando pasos para que a propia cidadanía entendese que eses espazos tiñan que ser para o desfrute e que a xente en vez de desprazarse a outros lugares quixese vir doutros lugares a Carballo para desfrutar dunha zona urbana con moi bo comercio, con moi bos servizos de hostalaría, e polo tanto poñer en valor as

grandes potencialidades que Carballo tiña e que ata aquela estaban ocultas ou agochadas.

O Concello de Carballo viu recoñecido ese traballo con premios e recoñecementos que teñen que ver coa xestión do espazo público, a mobilidade, o coidado das zonas verdes, o traballo social, a cultura... Que significado teñen?

Cando un concello coma o noso recibe eses recoñecementos, e algúns deles transcenden máis alá de Galiza, como ser a segunda cidade máis sostible do estado ou a distinción ao FIOT como o acontecemento cultural máis importante do ano 2022 en Galiza, pois algo di. E cando este recoñecemento se fai por persoas que teñen que avaliar a traxectoria e o impacto que determinadas decisións de goberno teñen na cidadanía, pois é de agradecer, e por aí teremos que seguir traballando. Carballo ten que ser ese bo lugar para vivir, ese ten que seguir sendo o obxectivo e cara el teremos que camiñar. Pero a transformación urbana depende de decisións municipais e de decisións de fóra do concello, e iso quere dicir que hai outras administracións que necesariamente teñen que intervir para que todo este modelo urbano tamén sirva para seguir mellorando a

O ANLLÓNS 43 · 2
“Temos que ser inconformistas e pensar que Carballo sempre merece máis”

calidade de vida e as condicións de mobilidade e de habitabilidade dos nosos veciños e veciñas.

Pensa que ese modelo Carballo é extrapolable?

Eu digo que hai unha cultura da xestión municipal que é a cultura do BNG, pero non é o mesmo rexentar unha cidade histórica que un concello coma Carballo. Ter a responsabilidade de gobernar nun concello coma o noso, ao que sempre lle vimos grandes potencialidades, leva consigo ter un grupo de traballo moi sólido, moi forte, moi implicado no traballo do día a día e no traballo político. Penso que temos o mellor equipo para gobernar Carballo, e así é moi fácil traballar pensando no futuro.

Neste mandato saíron adiante importantes proxectos, pero cales serían os prioritarios no horizonte do Carballo 2030?

En política sempre hai que ser incorformista. Nós sempre pensamos que Carballo merece máis, e por iso buscamos o mellor para Carballo. E no mellor para Carballo hai investimentos que transcenden a responsabilidade municipal pero que son claves para o desenvolvemento futuro, como a ampliación do polígono industrial ou a circunvalación. Son dúas claves, pero hai máis. A mellora sanitaria, que tamén nos preocupa moitísimo, e espero que a Consellería de Sanidade poña en marcha

en breve a construción dese novo espazo sanitario con máis especialidades. E quedan outros aspectos como o desenvolvemento do litoral, no que estamos intentando conseguir fondos Next Generation para abordar as primeiras actuacións dos plans que temos para Razo e Pedra do Sal, de 6 millóns de euros cada un, ou avanzar na extensión do ciclo integral da auga, que para nós é outra das prioridades. Outro compromiso que temos coa sociedade carballesa é a construción dese gran centro social no que todas as entidades que traballan no ámbito social teñan o seu espazo. Traballo sempre hai moito.

É Carballo hoxe un bo lugar para vivir?

Estamos no camiño, pero ese bo lugar sempre necesitará novas actuacións e novas reflexións. Cando se actúa dende a xestión hai que dar os pasos suficientemente matizados para non ter que dar marcha atrás e que todo sexa un continuo avance. Sempre hai algún tropezo, sen dúbida ningunha, pero eu creo que dende o punto de vista cultural, deportivo, da prestación de servizos, da articulación da sociedade, da solidez da propia sociedade... Carballo é un concello moi exemplar, e esa é unha das grandes fortalezas que ten o noso concello. Por moitos anos que pasen, o reto que teremos por diante sempre será seguir traballando por Carballo, e iso, sen dúbida, paga moito a pena.

Evencio Ferrero Rodríguez pertence a unha xeración que viu desaparecer todos os símbolos que convertían Carballo nunha vila modélica en Galicia. Loitar contra aquel Carballo da desfeita motivou a súa implicación política e o convencemento de que outro Carballo era posible. “No 2003 tivemos a oportunidade política de poñer en marcha ese novo modelo de Carballo. Pouco a pouco fomos tomando decisións e, polo que se ve, foron moi ben aceptadas polos veciños e veciñas de Carballo. E nese proceso estamos, en facer de Carballo un bo lugar para vivir, con erros e con acertos, sen dúbida ningunha, pero eu creo que os acertos superan con creces os posibles erros, e dende logo así o están a avaliar os veciños e veciñas”, di.

O ANLLÓNS 43 · 3

Carballo, un concello de premio

As persoas como centro da xestión municipal, a procura dun espazo público de calidade, a capacidade para xerar oportunidades e o compromiso cun futuro máis sostible son as bases do modelo Carballo. O noso concello é un exemplo dentro de Galicia, e mesmo máis alá, nos ámbitos da cultura, a rexeneración urbana, o medio ambiente, a prestación de servizos ou a protección social ás persoas que máis a precisan. Os recoñecementos que vimos de obter neste mandato avalan o modelo do BNG e converten Carballo nun concello de premio.

Ano 2019

Carballo situouse entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes coas mellores prácticas ambientais. Despois de superar un esixente proceso de preselección, o noso concello acadou o 8º posto entre as 18 cidades seleccionadas como candidatas ao premio Folla Verde Europea.

Ano 2020

A Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego outorgou a Carballo un dos seus Premios Cegasal “pola súa aposta decidida pola economía social”.

Ano 2022

Novo recoñecemento de Cegasal, que nesta ocasión premiou a traxectoria persoal de Evencio Ferrero “e o seu apoio ás persoas que o teñen máis difícil para incorporarse ao mundo laboral”.

Carballo acada o segundo posto no prestixioso Premio Cidade Sostible, organizado pola Fundación Fórum Ambiental, converténdose no segundo concello máis sostible do estado despois de Málaga.

Premio Escoba de Plata (Vasoira de Prata), outorgado pola Asociación técnica para a xestión de residuos e medio ambiente (Ategrus) en recoñecemento ao proceso de transformación urbana, baseado na sustentabilidade, que está a vivir o noso concello.

Premio Alas en tus pies, na categoría de progreso social, polo traballo realizado en favor da infancia como base para un futuro de progreso e desenvolvemento social.

O Concello de Carballo resultou galardoado con 3 Flores de Honra no certame Vilas en Flor en recoñecemento polo traballo realizado na mellora do espazo verde urbano.

Ano 2023

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é recoñecido polo Observatorio da cultura española como o mellor proxecto cultural de Galiza no ano 2022, converténdose na Insignia Cultural de Galiza.

O ANLLÓNS 43 · 4
Evencio Ferrero, na entrega dos Premios Cegasal Luis Lamas, na entrega do Premio Cidade Sostible Maica Ures e Marcos Trigo recolleron o premio Alas nos teus pés Leo Bassi volveu ao FIOT no 2022 (Foto Vanessa Rábade)

O modelo urbano

Neste mandato demos pasos de xigante nun proceso de rexeneración urbana que está a converter Carballo nunha vila cada vez máis amable, habitable e sustentable. Non só se levaron a cabo a práctica totalidade das actuacións previstas no programa electoral do 2019, senón que fomos quen de ir acometendo proxectos que tiñan o seu horizonte fixado para o 2030, como a reurbanización de todo o ámbito dos Baños Vellos ou da contorna do Campo da Feira.

Pero o modelo urbano que nos converte nun exemplo a seguir en moitos outros concellos galegos vai moito máis alá das actuacións urbanizadoras que seguimos estendendo por todos os barrios. Na p rocura permanente da seguridade para os nosos veciños e veciñas, no último mandato continuamos co plan de eliminación de barreiras arquitectónicas para avanzar cara a accesibilidade universal, do mesmo xeito que puxemos en marcha os dispositivos para invidentes nos semáforos ou os primeiros pasos

O noso modelo urbano baséase na construción dun espazo público de calidade, ben planificado, no que a cidadanía sexa a gran protagonista. E por iso tamén seguimos derrubando muros con pintura e convertendo o noso festival de arte urbana Rexenera Fest nunha referencia a nivel internacional, impulsamos a creación de novas bolsas de aparcamento nas proximidades das zonas máis comerciais para facilitar a actividade económica e iniciamos neste mandato un plan de mellora integral das zonas verdes e dos parques infantís que continuará estendéndose nos vindeiros anos.

O proxecto Cicl-Ando Carballo

Cando en todo o mundo se falaba dun “urbanismo do desconfinamento”, con beirarrúas son máis anchas e máis carrís bici para garantir a distancia social, en Carballo dábanse os primeiros pasos do proxecto CiclAndo Carballo, que hoxe permítenos disponer unha gran rede de sendas ciclo-peonís para movernos pola zona urbana e para comunicarnos co polígono industrial de Bértoa e a praia de Razo.

Grazas á xestión de fondos europeos por importe de 1,7 millóns de euros fomos quen de acometer un investimento final de 2,1 millóns para a posta en marcha de 18 quilómetros de sendas peonís e ciclistas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas e unha campaña de sensibilización en mobilidade sostible.

O ANLLÓNS 43 · 5

O modelo urbano

Rúas Ourense e Baños Vellos 294.631,77 euros

euros

O
43 · 6
ANLLÓNS
Avenida das Flores (2ª fase travesía de Sísamo) 800.000 Rúas Cándido González Tiradas e travesías Pedra Furada 325.000 euros Mellora da accesibilidade en varias rúas urbanas Investimento (3 proxectos) 685.928,62 euros Rúa Bos Aires 280.775,27 euros Rúa Chile 77.106,49 euros Rúa Concepción Arenal 184.525 euros Rúas Xílgaro, Luis Braille e Enxeñeiro Barreira 446.333,34 euros

O modelo urbano

O ANLLÓNS 43 · 7
Rúas Barcelona e Luis Calvo 422.907,44 euros Rúas Campo da Feira e Cuco 276.417 euros Rúa Perú 188.266,01 euros Rúa Río 156.582,18 euros Rúas Vila de Laxe, Vila de Corcubión e Vila de Noia 250.770,83 euros Rúa Tarragona (treito Barcelona-Saúde) 65.200,11 euros Rúa Laracha 92.807 euros Rúa Pontevedra 151.344,30 euros

O modelo económico

O BNG ten demostrado que é posible ser un concello líder na prestación de servizos, manter unha das presións fiscais máis baixas dos concellos galegos, facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da pandemia, non reducir un só euro en cultura e deporte nin sequera nos peores momentos da crise e, con todo iso, gozar dunha excelente saúde económica. No último mandato fomos quen de incorporar más de 15 millóns de euros procedentes do remanente de tesourería para gastos xerais co obxectivo de crear novas infraestruturas e servizos que melloran a calidade de vida da veciñanza e reforzan a capacidade de Carballo para xerar oportunidades de desenvolvemento económico.

A situación das arcas municipais é un reflexo da vitalidade económica do noso concello, no que florecen os proxectos empresariais vinculados aos más diversos sectores industriais, o comercio e o turismo. No mandato que remata puxéronse en marcha 280 actividades empresariais e construíronse 53 naves no polígono de Bértoa, cuxa ampliación segue sendo unha das grandes débedas pendentes da Xunta de Galiza con Carballo.

Mentres seguimos apoiando as demandas do empresariado local para que se acometa dunha vez por todas o imprescindible desenvolvemento de máis solo industrial, dende o goberno municipal de Carballo impulsamos no último mandato unha serie de investimentos que redundan no incremento da capacidade do noso polígono como polo de atracción de empresas.

· Cesión de uso do edificio municipal á Asociación As Eiroas de Propietarios e Empresarios do polígono de Bértoa.

· Convenio de colaboración coa Cámara da Coruña para crear un espazo de traballo colaborativo no viveiro de empresas: 15.000 euros ao ano.

· Execución da rede de pluviais nas rúas Bronce, Ferro, Cobre e Lousa: 353.476,44 euros.

· Rede de hidrantes: 86.500 euros (financiada nun 80% con fondos autonómicos).

· Construción dun aparcamento para vehículos pesados, con 42 prazas: 243.259,84 euros.

· Mellora da seguridade varia: 181.329,37 euros.

· Instalación de cámaras para control de tráfico: 20.000 euros. Aprobado este mesmo ano o investimento con cargo ao remanente do 2022.

A vitalidade económica de Carballo está directamente relacionada tamén cos sectores do comercio e a hostalaría, que seguimos apoiando con liñas de subvencións, a organización de accións formativas e de dinamización, a creación de novos aparcamentos de proximidade, o asesora-

mento permanente a través da Oficina de Promoción Económica, a cesión das instalacións do Fórum Carballo para actividades de todo tipo e a colaboración na intermediación laboral entre empresas e traballadores/as a través da Bolsa de Traballo (BDT), que reforzaremos aínda máis no vindeiro mandato.

O ANLLÓNS 43 · 8
Aparcamento para camións Inauguración dolocal do Centro de Promoción Económica no Polígono de Bértoa Reunión con empresarios no Polígono de Carballo

O turismo é un sector estratéxico para xerar novas oportunidades. Por iso é tan importante atinar nas decisións e sentar as bases para que o desenvolvemento turístico se realice con criterios de sustentabilidade e excelencia, e nese camiño estivemos traballando con especial dedicación neste mandato.

En só cinco anos fomos quen de impulsar a elaboración dos plans especiais de desenvolvemento dos dous polos de atracción turística do litoral, Arnados (Razo) e Pedra do Sal (Lema), que marcarán un antes e un despois na ordenación do espazo pero tamén dos usos, para poder gozar plenamente da nosa costa preservando os valores naturais que posúe. Os documentos están pendentes dos últimos informes para poder ser aprobados este mesmo ano.

Contribuímos tamén á proxección do noso litoral renovando os certificados que garanten a calidade medioambiental e a excelencia na prestación de servizos, estendendo o abastecemento de auga polas parroquias costeiras ou mellorando a accesibilidade coa nova pasarela peonil de Razo ou a senda ciclo-peonil que comunica a praia coa vila de Carballo.

O noso litoral está a vivir unha explosión de negocios de restauración e aloxamentos turísticos, moitos deles ligados ao surf, porque o deporte tamén é economía. Por iso, neste último mandato impulsamos a creación da Rede de Pobos de Surf no norte peninsular e seguimos traballando no obxectivo de converter a Costa da Morte nunha Reserva mundial de surf.

urbano a través de proxectos como o festival de contidos dixitais Carballo Interplay ou o festival de arte pública Rexenera Fest, que nos sitúan na vangarda cultural e nos converten nunha referencia a nivel internacional.

Dende Carballo lideramos tamén o proxecto Os fogóns do Anllóns, xunto co resto dos concellos das ribeiras do río, porque o BNG quere converter a cultura da auga nun recurso turístico. Con esa intención estamos a tramitar dous novos proxectos que nos permitirán, ademais, poñer en valor a nosa singular riqueza termal.

Somos Destino Starlight e pronto veremos como se materializa o Parque do Megalitismo da Costa da Morte, no que o noso dolmen da Pedra Moura (Aldemunde) xogará un papel fundamental.

E xunto co aproveitamento turístico dos nosos recursos naturais, seguimos fomentando o turismo

Un novo impulso para as feiras e o mercado municipal

No último mandato fixemos unha importante aposta polo mercado municipal, afrontando a necesaria reforma do edificio para adaptalo ás esixencias do consumidor actual, elaborando un novo regulamento de funcionamento, facilitando o acceso aos postos cun canon e unhas taxas máis baratas ou modificando a ordenanza que regula as nosas feiras; pero tamén dinamizándoas con obradoiros infantís, xornadas formativas, campañas de promoción da reciclaxe ou xornadas de degustación de produtos do propio mercado como as que estamos a desenvolver os xoves alternos coa colaboración do alumno de Cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual. En definitiva, intentando facer o noso mercado municipal e as nosas feiras aínda máis atractivos.

O ANLLÓNS 43 · 9

Candidatura

1/ Evencio Ferrero Rodríguez

2/ María Belén Lendoiro Esmorís

3/ Xosé Regueira Varela

4/ Ánxeles Pacoret Rodríguez

5/ Daniel Pérez López

6/ Maruxa Suárez Cotelo

7/ Juan Seoane Collazo

8/ Maica Ures García

9/ Iván Andrade Tasende

10/ Luis Lamas Álvarez

11/ Mar Eirís Villar

O ANLLÓNS 43 · 10
CARBALLO

12/ Miguel Vales Mallo

13/ Ramón Varela Rodríguez

14/ Begoña Moscoso Varela

15/ Daniel Barreiro Quintáns

16/ Raquel Rodríguez Pose

17/ Roberto Martínez Puga

18/ Carmen González Lago

19/ Santiago Ramiro Domínguez

20/ Milagros Lantes Seara

21/ Marcos José Trigo Facal

Suplentes

22/ Diana Suárez Ferreiro

23/ Alberto Liñares Lamas

24/ Irene García Areosa

25/ Horacio Castro Fabeiro

26/ Sabela Alonso Fraga

27/ Luis Guillín Puñal

28/ Pilar Trigo Varela

29/ David Castro Reigía

30/ Ángela Criado Fernández

31/ José Buño Suárez

O ANLLÓNS 43 · 11

#omellorparaorural

Dende o goberno municipal vimos traballando na consolidación dun modelo de parroquias vivas, activas e participativas que se ten convertido nun dos sinais de identidade das políticas do BNG. Esa aposta pola dinamización da zona rural concrétase na creación de novas infraestruturas e servizos, pero tamén dunha rede de equipamentos sociais e alternativas de ocio que contribúen a facer das nosas aldeas bos lugares para vivir.

Rede de equipamentos sociais

A rede de centros equipamentos sociais seguiu medrando nos últimos catro anos coa construción dun novo centro social na parroquia de Bértoa, as reformas integrais realizadas en Lema e na Escola de Arrabaldes do barrio da Milagrosa, e a mellora da antiga escola de Aldemunde como remate da nova praza. Pero tamén se deron os pasos precisos para que o centro social de Goiáns poida ser unha realidade nos próximos meses, conseguindo deste xeito que en todas as parroquias do noso concello exista un equipamento social a disposición do movemento asociativo e da veciñanza.

Pero tamén estamos a dotar de contido os equipamentos sociais con iniciativas como a ximnasia para maiores, o ciclo itinerante Teatro en Ruta, cursos de manexo dos teléfonos móbiles, o programa Actívate, proxeccións audiovisuais, bailes sociais, cursos de memoria ou concertos do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo. Fomentar puntos de lectura e ampliar esa programación de carácter cultural e recreativo son obxectivos inmediatos.

O ANLLÓNS 43
12
·
Centro social de Bértoa | Orzamento: 389.994,27 euros Centro social e parque infantil e biosaudable de Lema Orzamento: 182.659,22 euros Praza e centro social de Aldemunde | Orzamento: 125.000 euros

Desde o goberno municipal seguimos e seguiremos colaborando coa veciñanza na adquisición de terreos para poñer á súa disposición edificios e espazos multiuso (aparcamentos, campos da festa, prazas...) como o que vimos de habilitar neste mandato en Alborín (Rus) ou o que estamos acondicionando agora en Sísamo. Esa fórmula de cooperación veciñal e institucional ten demostrado o seu éxito, e seguiremos apostando por ela para dotar ás nosas parroquias de equipamentos que melloran a calidade de vida de maiores e pequenos.

As próximas actuacións serán a reforma integral dos parques infantís de Razo e A Ponte de Bértoa, que contará cunha zona deportiva renovada e aparatos de calistenia, ámbolos dous en

fase de contratación, e a construción dunha nova zona de xogos en Artes, que sairá a licitación en breve. Entre os tres superan os 300.000 euros de investimento.

Tamén agardamos adxudicar en breve os proxectos de construción da Praza do Pombal de Vilela, e o acondicionamento da contorna da igrexa de San Martiño de Cances, dous espazos veciñais nos que investiremos outros 375.000 euros e que nos permitirán continuar na liña de actuacións como as realizadas neste mandato coa mellora do lavadoiro de Entrecruces, a recuperación da fonte de San Pedro de Cances, a humanización da contorna da igrexa de Rus ou os campos da festa de Aldemunde e Oza.

#omellorparaorural
Praza de Oza Lavadoiro de Entrecruces
O ANLLÓNS 43 · 13
Igrexa de Rus

Un investimento de máis de 9 millóns de euros no ciclo da auga

O goberno do BNG impulsou os plans directores de abastecemento e saneamento co obxectivo de estender o ciclo integral da auga á totalidade do territorio. As dúas captacións nos ríos Anllóns e Bardoso non só permiten evitar problemas en épocas de seca, senón tamén seguir ampliando a rede de abastecemento, que chega xa ao 90% da poboación e que seguirá medrando co obxectivo de acadar o 100% de cobertura no ano 2030. Paralelamente seguimos estendendo a rede de saneamento, un servizo do que xa dispón o 92% da veciñanza.

A zona costeira, prioritaria no plan director

No ano 2020 entrou en servizo a rede de abastecemento a Oza e Razo, financiada exclusivamente con fondos municipais con case 1,7 millóns de euros. Coa colaboración da Deputación da Coruña, entre os anos 2021 e 2022 puidemos estender o servizo ata Lema e Pedra do Sal, completando un investimento de máis de 3 millóns de euros no litoral.

Dende o ano 2021 estamos agardando polo proxecto que se comprometeu a redactar a Xunta de Galicia para completar o abastecemento de auga na zona costeira e chegar aos lugares das parroquias de Lema, Vilela, Noicela e Rebordelos máis afastados da condución principal.

Na seguinte relación figuran proxectos que entraron en servizo neste mandato, que están en fase de execución ou contratación, ou que, en calquera caso, contan xa cun orzamento consignado. En total, máis de nove millóns de euros:

Rede de abastecemento de auga dende Santa María de Ardaña ata Canosa (Rus): 323.203,69 euros (executada)

Rede de abastecemento de auga dende A Canosa (Rus) ata Entrecruces: 632.306,75 euros (fondos xa consignados no POS+2023)

Rede de saneamento nos lugares de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar (Artes): 199.884,67 euros (executada)

Redes de saneamento e abastecemento nos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega (Bértoa): 368.311,59 euros (executadas)

Rede de saneamento en A Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños (Entrecruces): 215.000 euros (executada)

Rede de saneamento de Taboada e A Granxa (Entrecruces): 231.080,81 euros (executada)

Rede de abastecemento de auga aos núcleos de Serantes (Oza) e Xoane (Goiáns), 171.006,65 euros (executada)

· Rede de abastecemento ao Espiño, Ramil (Sísamo), O Piñeiro e Goiáns de Arriba (Goiáns): 221.208,87 euros (incluída no POS+ 2023 Complementario)

Construción da rede de abastecemento ao núcleo de Lema: 431.876,23 euros (executada)

Redes de saneamento e abastecemento de auga en Cambre de Lema e Cambrelle (Razo): 416.971,86 euros (executadas)

Rede de saneamento no Igrexario de Lema e en Arnados (Razo): 128.097,05 euros (próximo inicio)

Rede de saneamento en O Pinar e Pedra do Sal (Lema), Vilar do Carballo (Oza), Razo da Costa e Santa Mariña (Razo): 182.867,41 euros (executada)

Rede de abastecemento a Pedra do Sal: 687.472 euros (executada)

Redes de saneamento e abastecemento a Vila de Uz (Oza): 230.194,51 euros (executada)

Rede de abastecemento a Oza e Razo: 1.699.912,75 euros (executada)

Redes de saneamento nos lugares de Betrís e Ribeira (Rus): 96.609,75 euros (executadas)

· Redes de abastecemento de auga e saneamento dos lugares de Figueroa e Outeiro (Sísamo): 257.125 euros (executadas)

Rede de saneamento en A Piña e Evas (Sofán): 224.058,27 euros (executada)

Rede de abastecemento de auga potable á zona baixa de Sofán: 700.171,12 euros (en licitación)

Redes de saneamento e abastecemento nos lugares de O Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda (Verdillo): 275.001,32 euros (executadas)

Execución da rede de pluviais nas rúas Bronce, Ferro, Cobre e Lousa, do parque empresarial de Bértoa: 353.476,44 euros (incluída no POS+ 2023 Complementario)

· Melloras na rede saneamento en nove puntos da zona urbana: 173.622,10 euros (en execución)

· Posta en marcha dun sistema de desbaste na EDAR da Cepeira para evitar os problemas ausados polas toalliñas e outros residuos impropios da rede de saneamento: 616.481 euros (en servizo)

Melloras da rede de abastecemento nunha vintena de rúas urbanas: 169.192,22 euros (executadas)

Conexión do depósito de Seixo Branco coa ETAP do rio Anllóns: 145.158,91 euros (executada)

Ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta (Carballo): 103.636,44 euros (executada)

O ANLLÓNS 43 · 14

A extensión do ciclo da auga é a gran prioridade do BNG. Seguiremos a ruta trazada, avanzando do despregamento das redes e modernizando os sistemas existentes para prestar uns servizos cada vez máis sostibles. Neste 2023 xa presentamos e aprobamos no pleno unha solicitude de fondos Next Generation por importe de 3,9 millóns de euros, un investimento que nos permitirá instalar equipos tecnolóxicos de última xeración que redundarán na mellora da eficiencia enerxética e nun impacto positivo no medio ambiente grazas á redución das fugas por debaixo do 20%.

O ANLLÓNS 43 · 15
Saneamento na Piña Abastecemento na Pedra do Sal Conexión entre depósitos Abastecemento en Razo

As nosas aldeas, mellor comunicadas cada día

Nos últimos anos vimos de realizar o investimento máis elevado da historia do Concello de Carballo na rede viaria da zona rural. Máis de catro millóns de euros en total. As comunicacións son fundamentais para estruturar as nosas parroquias, e nesa liña seguimos dando pasos con catro grandes programas de actuación.

Aglomerado de vías estruturantes entre núcleos

• Xamozo (Artes) - Santa María (Ardaña)

• Paradela - Prearada (Sofán)

• Xoane - Piñeiro (Goiáns)

• A Canosa (Rus) - Pereiro Vello (Entrecruces)

• Igrexario de Lema – A Vixía (Lema)

• Feira de Verdillo (Artes) – O Moucho (Verdillo), executada pola Deputación da Coruña

• Bolón (Sofán) - Vilar de Francos (Artes), en contratación

• As Labradas (Carballo) – Ponte de Bértoa (Bértoa), en contratación

• As Torres (Oza) - Cances Grande (Cances), próxima licitación

• Pereiro Vello - Outón (Rus), próxima licitación

• Arnados (Razo) - Sambade (Rebordelos), próxima licitación

Pavimentación con cemento de núcleos tradicionais

• Os Vilares (Sísamo)

• Contorna da igrexa parroquial de Santa María de Rus

• Acceso ao centro social de Artes

• Castrillón (Lema)

• Vilar de Cidre (Razo)

• Cambrelle (Razo)

• Cambre (Lema)

• Baixa de Entrecruces

Asfaltado de vías secundarias

Plan de asfaltado de accesos a vivendas, explotacións e parcelas de uso público nas 18 parroquias. Reparación de vías secundarias nas parroquias de Ardaña, Artes, Berdillo, Bértoa, Carballo, Lema, Oza, Razo e Rus.

Próxima contratación do servizo de conservación, mantemento e reparación das vías públicas municipais por un período máximo de catro anos e un orzamento total de 1,4 millóns de euros, repartido practicamente ao 50% entre a zona urbana e a zona rural.

Acondicionamento de camiños forestais Realizadas actuacións nas parroquias de Rus, Sofán, Ardaña, Aldemunde, Sísamo e Verdillo.

A Deputación da Coruña e o Concello de Carballo investirán 2,4 millóns na terceira e última fase das obras da travesía de Sísamo, dende o acceso ao IES Monte Neme ata o lugar do Outeiro. O proxecto inclúe a instalación de servizos de saneamento e abastecemento de auga, pavimentación, beirarrúas, aparcamentos, mobiliario urbano e xardinería.

O ANLLÓNS 43 · 16
Asfaltado en Vilela Cemento nos Vilares (Sísamo) Aglomerado en Artes

O modelo social

O goberno municipal do BNG ten demostrado o seu compromiso coas políticas sociais. O contrato máis importante que asinamos neste mandato foi o do servizo de axuda no fogar, por 8 millóns de euros para catro anos (tres veces máis que o anterior). A atención ás persoas maiores, pero tamén á infancia, á mocidade, ás familias e aos colectivos máis vulnerables da poboación carballesa é unha prioridade para nós. Por iso vimos incrementando o gasto social ano tras ano, e reforzando o apoio ás entidades para colaborar nos proxectos sociais que desenvolven. E por iso, unha vez realizados todos os trámites urbanísticos, este mesmo ano realizaremos a demolición das antigas vivendas dos mestres para construír nese solar o gran centro das entidades sociais de Carballo.

“Sempre Carballo” a tarxeta máis solidaria

A COVID-19 obrigou a redistribuír os recursos municipais para estar a carón das persoas cando máis o precisaban. Dende a área de Benestar abrimos unha canle de comunicación e acompañamento a 700 persoas vulnerables durante todo o confinamento, puxemos en marcha o comedor social, que distribuíu 1.992 menús en dous meses; activáronse as tarxetas de comedor para 495 nenos e nenas e, entre outras moitas medidas, atendemos un incremento do 80% de familias que precisaban axuda puntual para cubrir necesidades básicas.

Despois da crise sanitaria, as familias máis vulnerables deben enfrontarse a unha nova crise provocada polo encarecemento da vida Dende a pandemia incrementamos xa en tres ocasións os importes dos vales de alimentos (ata un 75% en total), ao tempo que abrimos unha liña de axudas específicas de 200 euros/ano para familias usuarias do bono social que, por motivos de saúde, precisan dispoñer nos seus domicilios de aparatos de gran consumo eléctrico.

A necesidade de facer fronte ás novas necesidades provocadas pola COVID-19 obrigou a reformular o orzamento do ano 2020. Dende o Concello de Carballo optamos por inxectar 1,4 millóns de euros financiar os gastos extraordinarios derivados da crise sanitaria pero tamén para fomentar o consumo e dinamizar sectores estratéxicos para a economía local, como a construción, o comercio ou o turismo. Ese foi o obxectivo da tarxeta Sempre Carballo, un modelo que despois imitarían moitas outras administracións, mesmo a Xunta de Galicia, pero que chegou ao noso concello cando máis se precisaba. O Concello de Carballo concedeu subvencións de 30 euros a un total de 18.045 carballeses e carballesas, o que supón un importe total de 541.350 euros que contribuíron a fomentar a economía circular, porque só foron válidos no noso concello, e a reactivar a economía en plena crise da COVID-19, xa que só puideron gastarse nas empresas afectadas polo estado de alarma que quixeron adherirse ao programa: un total de 262 dos sectores máis variados. Durante o período establecido para utilizar as tarxetas realizáronse con elas 22.618 operacións de compra por un importe total de 525.902 euros, que xeraron un movemento económico moi superior.

As cifras abraian, pero sobre todo énchennos de orgullo do que somos e do lugar que construímos e habitamos, e reafírmannos no camiño iniciado coa participación masiva e o apoio incondicional da cidadanía de Carballo, unha vez máis.

O ANLLÓNS 43 · 17
ANO GASTO REAL REALIZADO (*) PERSOAS USUARIAS SAF TOTAL PERSOAS ATENDIDAS AXUDAS DE EMERXENCIA IMPORTE DAS AXUDAS DIRECTAS ÁS FAMILIAS 2020 2.100.680,50 € 356 2.800 356 108.000 € 2021 2.094.720,59 € 390 1.971 390 52.000 € 2022 2.163.040,27 € 345 1.650 650 53.000 €
(*) Só se inclúe o gasto en SAF e axudas de emerxencia (non se inclúen as axudas para o pago da luz, vales de comedor, escolas infantís, etc)
Homenaxe as vítimas da Covid

O modelo social

NOVOS ESPAZOS PARA A CULTURA, O DEPORTE E A CONVIVENCIA

Un xardín para lembrar a Rosalía de Castro nas ribeiras do Anllóns

O centro social Escola de Arrabaldes dinamiza o barrio da Milagrosa

Renovación do histórico edificio e da exposición permanente do Museo de Bergantiños

Instalacións deportivas a punto coa reforma do Carballo Calero e o novo pavillón do CEIP Gándara-Sofán

Habilitados dous parques caninos para mellorar a calidade de vida das mascotas

Novas gradas, servizos e iluminación no campo de fútbol das Eiroas para acoller competicións de primeiro nivel

O
43 · 18
ANLLÓNS
Unha praza para Xela Arias como símbolo do compromiso coa cultura e coa igualdade A reforma integral dos parques infantís do Chorís e O Hospital marcou o inicio da creación dunha rede de parques integradores

#omellorparacarballo

Nas eleccións galegas de 2020 conseguimos, por primeira vez na nosa historia, contar cun deputado do BNG de Carballo no Parlamento de Galiza

Dende Carballo apoiamos o cambio galego, con Ana Pontón á fronte

Os nenos e nenas nados nos anos 2020 e 2021 empezaron a plantar a Carballeira do futuro no polígono de Bértoa

Saímos á rúa cada 8 de marzo, cada 25 de novembro e sempre que sexa necesario, para defender a igualdade e rexeitar as violencias

Presumimos da nosa historia, do noso pobo, da nosa xente

O ANLLÓNS 43 · 19
Homenaxeamos ás persoas históricas do partido co gallo do 40º aniversario do BNG

Rúa Doutor Fleming 6, baixo carballobng@gmail.com

www.bngcarballo.gal @bng_carballo

facebook.com/BNGdeCarballo CARBALLO

Descarga aquí o mellor para Carballo

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.